Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica da expresión musical Código 652G01023
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura está encamiñada a proporcionar aos graduados en Educación Infantil os coñecementos básicos da formación musical, os fundamentos psicopedagóxicos, as estratexias didácticas e os procedementos necesarios para programar os contidos Musicais do currículo de Educación Infantil.

Competencias do título
Código Competencias do título
A53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
B1 Aprender a aprender.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal. A54
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Aprender a aprender. B1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. B22
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. A57
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. A55
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A53
Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade. A56

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. Audición: Coñecemento dos elementos que constitúen a manifestación musical a través da práctica auditiva. 1.1. Calidades do son
1.2. Elementos constitutivos da música tonal occidental.
1.2.1. Ritmo.
1.2.2. Melodía.
1.2.3. Harmonía.
1.2.4. Forma.
1.3. Análise auditivo da sonoridade.
1.3.1. Timbre.
1.3.2. Dinámica.
1.3.3. Textura.
1.4. Realización de dictados.
1.4.1. Melódicos.
1.4.2. Rítmicos.
1.4.3. Mixtos.
MÓDULO II: Práctica vogal-instrumental. 2. 1. Individual.
2.1.1. Interpretación de cancións.
2.1.2. Realización de ritmos con percusión corporal.
2.1.3. Interpretación de melodías na frauta doce.
2.1.4. Realización de acompañamentos harmónicos básicos en instrumentos polifónicos.
2.2. Colectiva.
2.2.1. Fundamentos do canto coral.
2.2.2. Grupo instrumental mixto.
2.2.3. Improvisación.
MÓDULO III. Música, movemento e xogo. Integración de diferentes recursos na expresión musical. 4.1. Representación espacial do son.
4.2. Creación e aprendizaxe de coreografías.
4.3. O conto musicalizado.
4.4. O xogo musical
4.5. O teatro musical.
MÓDULO IV: Bases teóricas. Estudio das mais importantes liñas da pedagoxía musical xurdidas no século XX 5.1. Métodos relevantes del século XX, entre outros:
5.1.1. Emile Jaques-Dalcroze.
5.1.2. Zoltán Kodály.
5.1.3. Carl Orff.
5.1.4. Edgar Willems.
5.1.5. Justine B. Ward.
5.1.6. Shinichi Suzuki.
5.2. Novos enfoques do ensino musical, entre outros:
5.2.1. David J.Hargreaves.
5.2.2. Keith Swanwick.
5.2.3. Elliot David J.
5.2.4. Lucy Green
5.2.5. David K. Lines
MODULO V: Introdución ás TIC e ás novas tecnoloxías aplicadas ao ensino musical. 6.1. Secuenciación MIDI.
6.2. Edición de partituras.
6.3. Edición de audio.
6.4. Transferencia de arquivos.
6.5. Emprego de Software libre

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A53 A54 A55 A56 A57 3 15 18
Proba mixta A53 A54 A55 A57 1 11 12
Obradoiro A53 A54 18 18 36
Investigación (Proxecto de investigación) B1 B22 B25 C3 C7 C8 1 19 20
Actividades iniciais A53 A54 B1 C7 3 0 3
Prácticas a través de TIC B1 B25 1 5 6
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 A57 15 30 45
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable.
Estas propostas poderán ter o apoio dos seguintes recursos:
1. Musicalización de textos, dramatización musical e creación de xogos musicais.
2. Interpretación de pezas vogais, instrumentais e mixtas.
3. Empleo de playback, audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
Os traballos serán realizados por grupos de cinco membros como máximo, e para que sexan válidos deberán responder aos obxectivos e contidos da materia.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vogal.
2. Interpretación instrumental (tanto de modo individual como colectivo).
3. Elementos básicos de dirección vogal e instrumental.
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Investigación (Proxecto de investigación) Indicarase un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profesor/a guiarán ao alumnado no proceso de realización. Indicaranse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Prácticas a través de TIC Emprego de recursos informáticos tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a investigación, onde se deberá facer unha análise estadística dos resultados.
As Tic tamén se poden empregar como recurso complementario para a práctica do dictado musical.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Actividades iniciais
Obradoiro
Proba mixta
Descrición
Os traballos tutelados e a proba mixta requiren atención personalizada, por iso as titorías terán unha importancia relevante para resolver as dúbidas que o alumnado poida presentar.

Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 A57 Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes xeito de comprobar se a aprendizaxe foi significativa. Para elo empregaranse diferentes tipos de probas:
1.1. Probas de resposta breve.
1.2. Preguntas tipo test.
1.3. Preguntas abertas.
1.4. Exercicios prácticos.


25
Investigación (Proxecto de investigación) B1 B22 B25 C3 C7 C8 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia no que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso axeitado das fontes documentais.
4. Uso axeitado de TICs.
5. Seguridade e claridade na exposición oral.
10
Traballos tutelados A53 A54 A55 A56 A57 Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá as dúas partes:
- Coreografía que se llevará a cabo ao final do cuadrimestre (50%)
- Elaboración de proposta didáctica con material manipulable (50%)

Teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade.
2. Creatividade.
3. Utilidade práctica e viabilidade.
4. Coherencia cos obxectivos e contidos da materia
5. Emprego de TICs.
15
Obradoiro A53 A54 Dado que se trata dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados.
Será necesario ter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter un 5 neste apartado, polo que implica a obrigatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado.
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1 punto por cada asistencia, podendo chegar á máxima calificación coa asistencia ás 15 clases do cuadrimestre.
En caso de situacións excepcionais, poderase recuperar algunha clase previo consenso có profesorado.
15
Proba mixta A53 A54 A55 A57 Realizaránse as seguintes probas prácticas:
1.1. Lectura musical (25%)
1.2. Dictado musical (15%).
1.3. Entoación vogal. (30%).
1.4. Interpretación con frauta doce. (30%).
30
Prácticas a través de TIC B1 B25 Emprego de TIC 5
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario obter un 5  en cada un dos
apartados  anteriores. No caso contrario non se fai media.

Na parte de Obradoiro, como se trata dunha interpretación instrumental grupal, o estudante que non poida realizar as 10 prácticas mínimas obrigatorias (por ser alumnado con dedicación a tempo parcial ou dispensa académica) deberá vir á proba acompañado como mínimo de catro persoas. No caso de non ser posible isto, o discente examinaráse cun acompañamento instrumental das pezas en formato dixital realizado por él. En todos os epígrafes a porcentaxe da avaliación será a mesma que a do alumnado asistente, que é a que figura en cada un dos apartados das probas, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota
obtida.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras áreas
comúns da Facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e esté libre) có fin de realizar os ensaios de frauta  e da
coreografía nese espazo.

En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. En caso de reiteración,
daráse traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.


Fontes de información
Bibliografía básica ALSINA, P., Díaz, M., GIRÁLDEZ, A. e IBARRETXE,, G. (2010). 10 ideas clave: El aprendizaje creativo.. Barcelona:Graó
DOMEQUE, M., LAGARRIGA, E. y SEGALÉS, E (1988). Audición musical. Barcelona: Teide.
DÍAZ, M. y RIAÑO, M. (Coords.) (2007). Creatividad en educación musical. . Santander: Servicio de Publicaciones Universidad de Cantabria. .
SANJOSÉ HUGUET, V. (1997). Didáctica de la Expresión Musical para maestros. Valencia:Piles
GIRÁLDEZ, A. (Coord). (2011). Didáctica de la música. . Barcelona:Graó
PASCUAL, P. (2006). Didáctica de la música. . Madrid: Pearson Prentice Hall
FORRAI K., FRISS G. y OTROS. (1981). Educación musical en Hungría. (Revisión española de M. Angulo). . Madrid: Real Musical
ALSINA. P. (1999). El área de educación musical. Barcelona:Graó
CHAO FERNÁNDEZ; R. (2005). Fundamentos didácticos de los métodos pedagógicos del siglo XX a la actualidad.. Vilalba: Conservatorio Municipal.
HARGREAVES, D. (1991). Infancia y educación artística. Madrid: Morata.
GARCÍA, P. y ESTEBARANZ, A. (2005). Innovación y creatividad en la enseñanza musical. . Barcelona: Octaedro
Román-García, S. (2017). JalMus. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 70, pp. 76-78
MALAGARRIGA, T. y A. VALLS. (2003). La audición musical en la Educación Infantil. Barcelona: Ceac.
LINES, D. (comp.) (2009). La educación musical para el nuevo milenio. . Madrid: Morata.
Román-García, S. (2016). LenMus. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 69, pp. 79-80
Román-García, S. (2016). MuseScore. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 67, pp. 74-76
HARGREAVES, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona:Graó
GREEN, L (2001). Música, género y educación. Madrid: Morata.
ELLIOT, D. (Ed.). (2005). Praxial Music Education: reflections and dialogues. . Oxford: University Press.
LEVITIN, J. (2011). Tu cerebro y la música. El estudio científico de una obsesión humana. . Buenos Aires. Lumen