Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Didáctica da expresión musical Código 652G01023
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernández, Aurelio
Correo electrónico
aurelio.chao@udc.es
Profesorado
Chao Fernández, Aurelio
Correo electrónico
aurelio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura está encamiñada a proporcionar aos graduados en Educación Infantil os coñecementos básicos da formación musical, os fundamentos psicopedagóxicos, as estratexias didácticas e os procedementos necesarios para programar os contidos Musicais do currículo de Educación Infantil.

Competencias do título
Código Competencias do título
A53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
B1 Aprender a aprender.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal. A54
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Aprender a aprender. B1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. B22
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. A57
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. A55
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A53
Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade. A56

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. Audición: Coñecemento dos elementos que constitúen a manifestación musical a través da práctica auditiva. 1.1. Calidades do son
1.2. Elementos constitutivos da música tonal occidental.
1.2.1. Ritmo.
1.2.2. Melodía.
1.2.3. Harmonía.
1.2.4. Forma.
1.3. Análise auditivo da sonoridade.
1.3.1. Timbre.
1.3.2. Dinámica.
1.3.3. Textura.
1.4. Realización de dictados.
1.4.1. Melódicos.
1.4.2. Rítmicos.
1.4.3. Mixtos.
MÓDULO II: Práctica vogal-instrumental. 2. 1. Individual.
2.1.1. Interpretación de cancións.
2.1.2. Realización de ritmos con percusión corporal.
2.1.3. Interpretación de melodías na frauta doce.
2.1.4. Realización de acompañamentos harmónicos básicos en instrumentos polifónicos.
2.2. Colectiva.
2.2.1. Fundamentos do canto coral.
2.2.2. Grupo instrumental mixto.
2.2.3. Improvisación.
MÓDULO III. Música, movemento e xogo. Integración de diferentes recursos na expresión musical. 4.1. Representación espacial do son.
4.2. Creación e aprendizaxe de coreografías.
4.3. O conto musicalizado.
4.4. O xogo musical
4.5. O teatro musical.
MÓDULO IV: Bases teóricas. Estudio das mais importantes liñas da pedagoxía musical xurdidas no século XX 5.1. Métodos relevantes del século XX, entre outros:
5.1.1. Emile Jaques-Dalcroze.
5.1.2. Zoltán Kodály.
5.1.3. Carl Orff.
5.1.4. Edgar Willems.
5.1.5. Justine B. Ward.
5.1.6. Shinichi Suzuki.
5.2. Novos enfoques do ensino musical, entre outros:
5.2.1. David J.Hargreaves.
5.2.2. Keith Swanwick.
5.2.3. Elliot David J.
5.2.4. Lucy Green
5.2.5. David K. Lines
MODULO V: Introdución ás TIC e ás novas tecnoloxías aplicadas ao ensino musical. 6.1. Secuenciación MIDI.
6.2. Edición de partituras.
6.3. Edición de audio.
6.4. Transferencia de arquivos.
6.5. Emprego de Software libre

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A53 A54 A55 A56 A57 B22 C3 C8 7 35 42
Proba mixta A53 A54 A55 A57 1 11 12
Obradoiro A53 A54 15 21 36
Actividades iniciais A53 A54 B1 C7 3 0 3
Prácticas a través de TIC B1 B25 1 5 6
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 A57 15 30 45
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dúas partes:
1. Elaboración dun portafolio que conterá o diseño de tres actividades didácticas baseadas nos obxetivos e no contido propio da materia, sendo a terceira destas unha proposta didáctica consistente na realización dunha coreografía que, como as outras actividades, deberá contar cunha xustificación, así como coa formulación dos obxetivos e a especificación dos contidos que a sustentan.
2. Unha vez creada a coreografía, será escenificada e gravada en vídeo polos membros de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguientes recursos complementarios.
- Percusión corporal.
- Dramatización musical.
- Creación de xogos musicais.
- Uso de reprodución, medios audiovisuales, musicogramas dinámicos, etc.
- Empleo de escenografía e traxes.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abarcarán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumentalmediante frauta doce e/ou melódica.
3. Práctica auditiva.
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e á educación musical.
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Actividades iniciais
Obradoiro
Proba mixta
Descrición
Os traballos tutelados e a proba mixta requiren atención personalizada, por iso as titorías terán unha importancia relevante para resolver as dúbidas que o alumnado poida presentar.

Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 A57 Realizarase unha ou varias probas escritas a través de Moodle, que integrarán diferentes xeitos de comprobar se a aprendizaxe foi significativa. Para elo empregaranse diferentes tipos de probas:
1.1. Probas de resposta breve.
1.2. Preguntas tipo test.
1.3. Preguntas abertas.
1.4. Exercicios prácticos.


30
Traballos tutelados A53 A54 A55 A56 A57 B22 C3 C8 Realización de 3 traballos grupais con un mínimo de 3 integrantes e un máximo de 6.
No proceso de avaliación observaranse as seguintes normas:
• Cada traballo escrito terá unha extensión entre 3 e 4 páxinas word sin contar portada, índice e bibliografía.
• Cada presentación escénica terá unha duración entre 2 e 3 minutos.
• Os traballos serán entregados a través da plataforma informática que se indique.
Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Adecuación ao currículo de Educación Infantil.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos.
30
Obradoiro A53 A54 Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a disposición de integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados.
É imprescindible asistir a un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos).
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumaranse puntos por cada asistencia tendo en conta o calendario académico, adaptándose ó número de clases de cada grupo
En casos excepcionais, poderá recuperarse algunha clase tras un previo consenso co profesorado.
20
Proba mixta A53 A54 A55 A57 Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Ditado musical (15%)
2. Lectura e medida (15%)
3. Expresión vocal (35%)
4. Interpretación con frauta doce e/ou melódica (35%)
10
Prácticas a través de TIC B1 B25 Os exercicios prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades:
1. Manexo de editores de partituras.
2. Manexo de editores de audio.
3. Deseño de exercicios de percusión corporal.
4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical
5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais.
10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario obter un 5  en cada un dos
apartados  anteriores. No caso contrario non se fai media.

Na parte de Obradoiro, como se trata dunha interpretación instrumental grupal, o estudante que non poida realizar as 10 prácticas mínimas obrigatorias (por ser alumnado con dedicación a tempo parcial ou dispensa académica) deberá vir á proba acompañado como mínimo de catro persoas. No caso de non ser posible isto, o discente examinaráse cun acompañamento instrumental das pezas en formato dixital realizado por él. En todos os epígrafes a porcentaxe da avaliación será a mesma que a do alumnado asistente, que é a que figura en cada un dos apartados das probas, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota
obtida.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras áreas
comúns da Facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e esté libre) có fin de realizar os ensaios de frauta  e da
coreografía nese espazo.

En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. En caso de reiteración,
daráse traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña” (Art. 6.b) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 7º.3), o profesorado recollerá nas guías docentes de maneira específica as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”.

Describir as implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación, indicando, por exemplo: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".


Fontes de información
Bibliografía básica Alsina, P., Díaz, M., Giráldez, A. e Ibarreche, G. (2010). 10 ideas clave: El aprendizaje creativo.. Barcelona:Graó
Felpeto-Guerrero, A. y Chao-Fernández, R. (2019). Audacity: una herramienta de edición de audio multiplataforma. Material de consulta y ampliación del curso MOOC «Música para el siglo XXI. Aportaciones del software libre a la educación musical. Servicio de publicaciones UDC
Domeque, M., Lagarriga, E. y Segalés, E (1988). Audición musical. Barcelona: Teide.
Díaz, M. y Riaño, M. (Coords.) (2007). Creatividad en educación musical. . Santander: Servicio de Publicaciones Universidad de Cantabria. .
Cremades Andreu, R. et al (2017). Desarrollo de la Expresión Musical en Educación Infantil. Paraninfo
Sanjosé Huguet, V. (1997). Didáctica de la Expresión Musical para maestros. Valencia:Piles
Chao Fernández, A., Chao-Fernández, R. y Castro Alonso, V. (2022). Didáctica de la Expresión Musical. Grado de Educación Infanti. Servicio de publicaciones UDC
Giráldez, A. (Coord). (2011). Didáctica de la música. . Barcelona:Graó
Pascual, P. (2006). Didáctica de la música. . Madrid: Pearson Prentice Hall
Forrai K., et al (1981). Educación musical en Hungría. (Revisión española de M. Angulo). . Madrid: Real Musical
Gillanders, C. (2001). Educar en la música. Música y Educación, 4(48), 33-48
Alsina, P. (1999). El área de educación musical. Barcelona:Graó
Willems, E. (1981). El valor humano de la educación musical. . Paidós
Chao Fernández, R. (2005). Fundamentos didácticos de los métodos pedagógicos del siglo XX a la actualidad.. Vilalba: Conservatorio Municipal.
Hargreaves, D. (1991). Infancia y educación artística. Madrid: Morata.
García, P. y Estebaranz, A. (2005). Innovación y creatividad en la enseñanza musical. . Barcelona: Octaedro
Román-García, S. (2017). JalMus. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 70, pp. 76-78
Malagarriga, T. y A. Valls. (2003). La audición musical en la Educación Infantil. Barcelona: Ceac.
Lines, D. (comp.) (2009). La educación musical para el nuevo milenio. . Madrid: Morata.
Willems, E. (1979). Las bases psicológicas de la educación musical. Eudeba
Román-García, S. (2016). LenMus. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 69, pp. 79-80
Román-García, S. (2016). MuseScore. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 67, pp. 74-76
Vázquez-Sánchez, R. y Chao-Fernández, R. (2019). MuseScore: crea y edita tus propias partituras. Material de consulta y ampliación del curso MOOC «Música para el siglo XXI. Aportaciones del software libre a la educación musical. Servicio de publicaciones UDC
Hargreaves, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona:Graó
Green, L (2001). Música, género y educación. Madrid: Morata.
Hemsi de Gaínza, V. (2002). Música: amor y conflicto. Diez estudios de psicopedagogía musical. Lumen
Hemsi de Gaínza, V. (2002). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Lumen
Elliot, D. (Ed.). (2005). Praxial Music Education: reflections and dialogues. . Oxford: University Press.
Martenot, M (1993). Principios fundamentales de formación musical y su aplicación. Rialp
Gillanders, C., Tojeiro, L. y Casal, L. (2018). Sonorizando contos infantís. Elos 5, 119-136
Levitin, J. (2011). Tu cerebro y la música. El estudio científico de una obsesión humana. . Buenos Aires. Lumen
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías