Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura infantil e a súa didáctica Código 652G01024
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Carballal Miñan, Patricia
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende proporcionarlle ao alumnado unha formación básica sobre a literatura infantil e as estratexias didácticas para a introducir na escola, tanto desde a aula como desde a biblioteca escolar.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

Mantéñense todas as metodoloxías.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico: empregarase para solucionar dúbidas puntuais e solicitar encontros virtuais.
Moodle: segundo as necesidades que vaian xurdindo, poderanse abrir foros para debates e resolución de dúbidas.
Teams: realizaranse titorías en pequeno grupo para o seguimento do traballo tutelado e titorías individuais para calquera outra consulta.

4. Modificacións na avaliación

Mantéñense os tipos de probas indicados na guía.

*Observacións de avaliación:

Caso de que se suspendesen as sesións presenciais, para poder optar á modalidade de avaliación en grupo, o alumnado deberá participar nas actividades que se propoñan a través do Moodle ou Teams.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B21 Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a tradición oral e o folclore. A45
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e o seu ensino. A47
A48
A52
B21
C2
Coñecer e utilizar correctamente recursos de animación á lectura. A1
A4
A6
A13
A28
A29
A41
A42
A43
A44
A45
A49
A50
A51
A55
A57
B1
B3
B4
B5
B6
B11
B12
B15
B16
B19
B24
B25
C1
C4
C7
C8
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil. A51
Achegarse á evolución e ás características fundamentais da literatura infantil no mundo occidental, no ámbito estatal e en Galiza A13
A37
A45
A51
B10
B11
B12
B19
B20
B24
C1
Comprender os beneficios da literatura infantil no desenvolvemento dos nenos e nenas, as particularidades do proceso de comunicación que se xera arredor da literatura con destinatario infantil e os debates arredor do canon literario. A37
B10
B11
B12
B19
B22
C1
Coñecer os principais xéneros da literatura infantil e saber deseñar estratexias didácticas para o seu traballo na aula. A1
A4
A6
A13
A23
A28
A29
A40
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A49
A50
A51
A54
A55
A57
B3
B4
B5
B7
B11
B12
B15
B17
B19
C1
C3
Identificar as características da biblioteca escolar e coñecer experiencias de innovación xurdidas a partir desta A13
A28
A41
A42
A43
A47
A50
A51
Ser capaz de introducir a perspectiva da educación para o desenvolvemento na escolla de libros infantís e no deseño de propostas didácticas en relación coa literatura A13
A40
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos fundamentais 1.1. A especificidade da literatura infantil
1.2. Cara á formación dun público lector competente
1.2.1. Beneficios da literatura nos primeiros anos
1.2.2. Que canon para que infancias?
2. A literatura para as primeiras idades na actualidade 2.1. Características e tipoloxía
2.2. Itinerarios lectores dos 0 aos 6 anos
2.3. O álbum ilustrado

3. Breve panorama histórico das producións literarias consumidas pola infancia 3.1. A literatura de tradición oral
3.2. As orixes da literatura infantil escrita no mundo occidental
3.3. A evolución da literatura de autor/a para as primeiras idades

4. Bibliotecas e mediación lectora 4.1. A lectura compartida
4.2. Algunhas estratexias de animación á lectura
4.3. O teatro e a dramatización escolar
4.4. A biblioteca: características e funcións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A4 A6 A13 A23 A28 A29 A37 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A55 A57 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B15 B16 B17 B19 B20 B22 B24 B25 C1 C3 C4 C7 C8 20.5 3.5 24
Presentación oral A29 A43 A44 A49 B5 B10 B11 B12 B17 B19 B25 C1 C3 0.5 5.5 6
Traballos tutelados A57 A55 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A37 A29 A28 A23 A13 A6 A4 A1 B25 B24 B22 B20 B19 B17 B16 B15 B12 B11 B10 B7 B6 B5 B4 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C8 0 52 52
Sesión maxistral A1 A4 A13 A23 A28 A37 A40 A41 A42 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A54 A57 B3 B17 B19 B20 B21 B24 C1 C2 C4 C8 21 0 21
Resumo A1 A4 A6 A13 A23 A28 A37 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A55 A57 B3 B10 B11 B12 B17 B19 B20 B22 B24 C1 C4 0 30 30
Lecturas A1 A4 A6 A13 A28 A37 A42 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A57 B3 B10 B11 B12 C4 C8 0 15 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición do traballo tutelado.
Traballos tutelados Traballo en grupo supervisado polo profesorado.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Resumo Proba consistente nunha síntese persoal dos coñecementos adquiridos ao longo da materia, en que se valora o dominio dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva.
Lecturas Lectura de obras ou fragmentos seleccionados de obras de literatura infantil, así como de bibliografía específica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá ao profesorado trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.
As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A57 A55 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A37 A29 A28 A23 A13 A6 A4 A1 B25 B24 B22 B20 B19 B17 B16 B15 B12 B11 B10 B7 B6 B5 B4 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C8 Traballo en grupo que se entregará por escrito e se presentará oralmente. 60
Resumo A1 A4 A6 A13 A23 A28 A37 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A55 A57 B3 B10 B11 B12 B17 B19 B20 B22 B24 C1 C4 Proba consistente nunha síntese persoal dos coñecementos adquiridos ao longo da materia, en que se valora o dominio dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva. 40
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: o traballo tutelado (60% da cualificación);
  • unha tarefa individual: o resumo (40% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas ambas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán a parte
suspensa.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se realizará un seguimento da asistencia do alumnado ás sesións interactivas.

Ao longo do curso poderase propor algunha actividade opcional, que suporá un pequeno incremento na nota final.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única tarefa individual: unha proba mixta (100% da cualificación).

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle.

Fontes de información
Bibliografía básica

Arizpe, E. e Styles, M. (2004). Lectura de imágenes. Los niños interpretan textos visuales. México: Fondo de Cultura Económica.

Baptista, M. C. et al. (2015). Literatura na educação infantil: acervos, espaços e mediações. Brasília: MEC.

Bettelheim, B. (2006). Psicoanálisis de los cuentos de hadas. Madrid: Crítica.

Blake, Q. (2010). 1001 libros infantiles que hay que leer antes de crecer. Barcelona: Grijalbo.

Bonnafé, M. (2008a). Libros y lectura: ¿Por qué comenzar con los más pequeños? Cero en conducta: 56, 11-22.

Bonnafé, M. (2008b). Los libros, eso es bueno para los bebés. Barcelona: Océano Travesía.

Ceballos Viro, I. (2016). Iniciación literaria en Educación Infantil. Logroño: Universidad Internacional de La Rioja.

Cerrillo, P. (2007). Literatura infantil y juvenil y educación literaria. Hacia una nueva enseñanza de la literatura. Barcelona: Octaedro.

Chalmers, D. (2010). Teatro 3-6. Guía práctica para enseñar teatro a niños y niñas de infantil. Barcelona: Graó.

Chambers, A. (2007). Dime. Los niños, la lectura y la conversación. México: Fondo de Cultura Económica.

Chambers, A. (2007). El ambiente de la lectura. México: Fondo de Cultura Económica.

Cobas Brenlla, X. (2014). "Érase unha vez... A literatura folclórica infantil". Baiona: Nigra Trea.

Colomer, T. (dir) (2002). Siete llaves para valorar historias infantiles. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis.

Colomer, T., Kümmerling-Meibauer, B. e Silva-Díaz, M. C. (eds.) (2010). Cruce de miradas: nuevas aproximaciones al libro-álbum. [S.l.]: Banco del Libro e GRETEL.

Couto Piñeiro, X., Lamapereira López, A. e Vieites García, M. F. [1992]. Práctica teatral na escola. Vigo: Ir Indo.

Duran, T. (2009). Álbumes y otras lecturas. Análisis de los libros infantiles. Barcelona: Octaedro.

Durban Roca, G. [2010]. La biblioteca escolar, hoy: un recurso estratégico para el centro. Barcelona: Graó.

Garralón, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil. Madrid: Anaya.

Garralón, A. (2013). Leer y saber. Los libros informativos para niños. [s.l.]: Tarambana Libros.

Lage Fernández, J.J. (2013). Bibliotecas escolares, lectura y educación. Barcelona: Octaedro.

Lluch, G. (coord.) (2007). Invención de una tradición literaria. De la narrativa oral a la literatura para niños. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Lurie, A. (1998). No se lo cuentes a los mayores. Literatura infantil, espacio subversivo. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Mendoza Fillola, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria. Málaga: Aljibe.

Revista galega de educación: 48 (monográfico "As bibliotecas escolares"), novembro de 2010.

Rodari, G. (1999). Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.

Rodríguez Almodovar, A. [2004]. El texto infinito: ensayos sobre el cuento popular. Madrid : Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Roig Rechou, B.-A. (coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Xerais.

Salisbury, M. e Styles, M. (2012). El arte de ilustrar libros infantiles. Concepto y práctica de la narración visual. Barcelona: Blume.

Silveyra, C. (2001). Canto rodado. La literatura oral de los chicos. Buenos Aires: Santillana.

Slade, P. (1978). Expresión dramática infantil. Madrid: Santillana.

Tejerina, I. (1994). Dramatización y teatro infantil. Dimensiones psicopedagógicas y expresivas. Madrid: Siglo XXI de España Editores.

Van der Linden, S. (2015). Álbum[s]. Barcelona: Ekaré.

Zipes, J. (2014). El irresistible cuento de hadas. Historia cultural y social de un género. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías