Identifying Data 2023/24
Subject (*) Teaching Children's Literature Code 652G01024
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Sobrino Freire, Iria
E-mail
iria.sobrino@udc.es
Lecturers
Sobrino Freire, Iria
E-mail
iria.sobrino@udc.es
Web
General description A materia destínase a proporcionar formación básica para o desempeño de labores de mediación literaria con nenas e nenos de 0 a 6 anos. Trátase do primeiro contacto que o alumnado do grao estabelece con este ámbito, polo que a intención é realizar unha aproximación panorámica aos diferentes contidos necesarios para esta práctica, alén de ofrecer recursos para a formación permanente. Pártese da abordaxe á especificidade do campo da literatura infantil e os beneficios dun achegamento temperán ás formas literarias, así como da definición dos obxectivos da educación literaria. Para o coñecemento do corpus, introdúcese unha dobre perspectiva, diacrónica –o desenvolvemento histórico desde a literatura de tradición oral até as obras escritas para as primeiras idades– e sincrónica –a tipoloxía e as características dos libros infantís na actualidade–. Para a dimensión metodolóxica, introdúcense diversas prácticas de mediación literaria e preséntanse as posibilidades de traballo colectivo a partir da biblioteca escolar.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B21 Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender os beneficios da literatura infantil no desenvolvemento dos nenos e nenas, a especificidade deste campo literario e as funcións da educación literaria. A37
B10
B11
B12
B19
B22
C1
Coñecer o proceso de iniciación literaria na primeira infancia. A47
A48
A52
B21
C2
Coñecer e valorar o corpus da literatura de tradición oral compartida coa infancia, os seus usos e principais subxéneros. A45
Coñecer a evolución e as características fundamentais da literatura infantil no mundo occidental, no ámbito estatal e en Galiza A13
A37
A45
A51
B10
B11
B12
B19
B20
B24
C1
Familiarizarse co corpus da literatura para as primeiras idades e ser capaces de analizalo en profundidade. A51
Coñecer os principais xéneros e tipos de libro infantil e as súas características. A45
A46
A47
A50
A51
A54
A57
B11
Ser conscientes da importancia da mediación literaria e coñecer prácticas adecuadas para a primeira infancia. A4
A6
A13
A28
A29
A45
A47
A49
A50
A51
B11
C4
C7
Ser capaces de deseñar e implementar unha actividade de mediación literaria e reflexionar sobre a propia práctica A6
A40
A43
A44
A49
A50
A51
A63
B3
B5
B6
B7
B12
B15
B16
B19
C1
C4
Identificar as características da biblioteca escolar e coñecer experiencias de innovación xurdidas a partir desta A13
A28
A42
A43
A47
A50
A51
Ser capaces de elaborar unha selección adecuada para unha biblioteca escolar A51
B7
B11
B17
B25
C3
C8

Contents
Topic Sub-topic
1. Literatura infantil e educación literaria: conceptos fundamentais 1.1. A especificidade da literatura infantil
1.2. A iniciación literaria nas primeiras idades: obxectivos educativos
2. Breve panorama histórico da literatura infantil 2.1. A literatura de tradición oral
2.2. As orixes da literatura infantil escrita no mundo occidental
2.3. A evolución da literatura para as primeiras idades
3. Os libros para as primeiras idades na actualidade 3.1. Características e tipoloxía
3.2. Itinerarios lectores de 0 a 6 anos
3.3. Ler a imaxe: o álbum ilustrado
4. Prácticas de mediación literaria na etapa infantil 4.1. A lectura en voz alta, narración, recitado ou escenificación de pezas literarias
4.2. A conversa literaria
4.3. A creación literaria
4.4. A dramatización
5. A biblioteca escolar 5.1. Proxecto Lector de Centro e biblioteca escolar
5.3. Características das novas bibliotecas escolares
5.2. A construción da colección: canon e criterios de selección

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A57 A54 A52 A51 A50 A48 A47 A46 A45 A42 A41 A40 A37 A28 A23 A13 A4 A1 B3 B17 B19 B20 B21 B24 C1 C2 C4 C8 14 21 35
Workshop A57 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A40 A37 A29 A28 A13 A6 A4 B25 B24 B22 B20 B19 B17 B16 B15 B12 B11 B10 B7 B6 B5 B3 C1 C3 C4 C7 C8 14 14 28
Workbook A1 A4 A6 A13 A28 A37 A42 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A57 B3 B10 B11 B12 C4 C8 5 15 20
Field trip A1 A23 A28 A50 A51 A54 A55 B16 3 1 4
Events academic / information A28 A51 3 1 4
Supervised projects A63 A57 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A40 A37 A29 A28 A13 A6 A4 B25 B24 B22 B20 B19 B17 B16 B15 B12 B11 B10 B7 B6 B5 B3 C1 C3 C4 C7 C8 0 21 21
Oral presentation A23 A29 A44 A50 A51 B3 B5 B7 B10 B11 B12 B17 B19 C1 C3 3 3 6
Long answer / essay questions A57 A55 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A40 A37 A28 A23 A13 A6 A4 A1 B1 B3 B4 B10 B11 B12 B19 C1 C4 3 27 30
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Workshop Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Workbook Lectura de obras ou fragmentos seleccionados de obras de literatura infantil, así como de bibliografía específica.
Field trip Visita a unha biblioteca pública para coñecer os fondos, a sua organización e as actividades de mediación literaria realizadas con nenos e nenas de Educación Infantil.
Events academic / information Asistencia ás Xornadas de Literatura Infantil e Animación á Lectura e ao Obradoiro de Narración Oral.
Supervised projects Traballo en grupo supervisado polo profesorado.
Oral presentation Exposición oral do traballo tutelado e debate co grupo-aula.
Long answer / essay questions Proba consistente nunha síntese e reflexión persoal sobre os coñecementos adquiridos ao longo da materia.

Personalized attention
Methodologies
Long answer / essay questions
Workshop
Supervised projects
Description
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá ao profesorado trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.
As titorías constituirán, ademais, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Long answer / essay questions A57 A55 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A40 A37 A28 A23 A13 A6 A4 A1 B1 B3 B4 B10 B11 B12 B19 C1 C4 Proba consistente nunha síntese e reflexión persoal sobre os coñecementos adquiridos ao longo da materia. 40
Supervised projects A63 A57 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A40 A37 A29 A28 A13 A6 A4 B25 B24 B22 B20 B19 B17 B16 B15 B12 B11 B10 B7 B6 B5 B3 C1 C3 C4 C7 C8 Traballo en grupo. 50
Oral presentation A23 A29 A44 A50 A51 B3 B5 B7 B10 B11 B12 B17 B19 C1 C3 Exposición oral do traballo tutelado e debate co grupo-aula. 10
 
Assessment comments

Modalidades de avaliación

Estabelécense tres modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de
catro persoas) e asistan regularmente ás aulas:


  • Un traballo tutelado en grupo (50% da cualificación).
    Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder
    realizar a media co resto das cualificacións.

  • A exposición oral do traballo, tamén en grupo (10% da
    cualificación).

  • Unha tarefa de reflexión individual (40% da
    cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10
    para poder realizar a media co resto das cualificacións.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Para esta modalidade de avaliación é requisito imprescindíbel a
asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do 80% sobre o conxunto
das sesións, incluídas as saídas de campo e os eventos científicos e
divulgativos. Ademais, será necesario realizar todas as actividades propostas
ao longo do curso, tanto para levar a cabo en grupo como individualmente. 

Ao longo do curso poderase propor algunha actividade opcional, que
suporá un pequeno incremento na nota final.

2. Para o alumnado con dispensa académica:


  • Un traballo tutelado individual (60% da cualificación).
    Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar
    a media coa outra proba.

  • Unha tarefa de reflexión individual (40% da
    cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10
    para poder realizar a media coa outra proba.

Para optar a esta modalidade de avaliación, o alumnado deberá pórse
en contacto coa docente nun prazo non superior a 7 días desde que lle sexa
concedido o recoñecemento de dispensa. Así mesmo, será necesario que realice
todas as actividades propostas ao longo do curso.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

3. Para as persoas que non cumpran as condicións anteriores:


  • Unha única tarefa individual: unha proba mixta (100% da
    cualificación). 

Para superar esta proba é necesario obter unha cualificación
mínima de 5 puntos sobre 10. De non se superar, debe repetirse na oportunidade
de xullo, baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual.

Realización fraudulenta das probas



































A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: a persoa será cualificada con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.


Sources of information
Basic

Arizpe, Evelyn e Styles, Morag (2004). Lectura de imágenes. Los niños interpretan textos visuales. Fondo de Cultura Económica.

Baptista, Monica Correia, Coelho, Rita de Cássia Freitas; Neves, Vanessa Ferraz Almeida, Nunes, Maria Fernanda Rezende, Corsino, Patricia e Barreto, Angela Rabelo (Comps.) (2015). Literatura na educação infantil: acervos, espaços e mediações. MEC.

Bettelheim, Bruno (2006). Psicoanálisis de los cuentos de hadas. Crítica.

Blake, Quentin (2010). 1001 libros infantiles que hay que leer antes de crecer. Grijalbo.

Bonilla, Elisa, Goldin, Daniel e Salaberria, Ramón (2008). Bibliotecas y escuelas: retos y posibilidades en la sociedad del conocimiento. Océano Travesía.

Bonnafé, Marie (2008). Los libros, eso es bueno para los bebés. Océano Travesía.

Ceballos Viro, Ignacio (2016). Iniciación literaria en Educación Infantil. Universidad Internacional de La Rioja.

Cerrillo, Pedro (2007). Literatura infantil y juvenil y educación literaria. Hacia una nueva enseñanza de la literatura. Octaedro.

Cerrillo, Pedro e Sánchez Ortiz, César (2017). El cancionero popular infantil en educación. Síntesis.

Chalmers, Debbie (2010). Teatro 3-6. Guía práctica para enseñar teatro a niños y niñas de infantil. Graó.

Chambers, Aidan (2007). Dime. Los niños, la lectura y la conversación. Fondo de Cultura Económica.

Chambers, Aidan (2007). El ambiente de la lectura. Fondo de Cultura Económica.

Chaparro, Janeth, Lluch, Gemma, Monar van Vliet, Maite e Rincón, María Cristina (2022). La biblioteca escolar. Contenidos y materiales. COedCO.

Cobas Brenlla, Xoán (2014). "Érase unha vez... A literatura folclórica infantil". Nigra Trea.

Colomer, Teresa (dir) (2002). Siete llaves para valorar historias infantiles. Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Colomer, Teresa (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Síntesis.

Colomer, Teresa, Kümmerling-Meibauer, Bettina e Silva-Díaz, Mª Cecilia (eds.) (2010). Cruce de miradas: nuevas aproximaciones al libro-álbum. Banco del Libro e GRETEL.

Colomer, Teresa, Manresa, Mireia, Ramada Prieto, Lucas e Reyes López, Lara (2018). Narrativas literarias en educación infantil y primaria. Síntesis.

Córdova, Adolfo (coord.) (2019). Renovar el asombro: un panorama de la poesía infantil y juvenil contemporánea en español. Ediciones de la UCLM.

Correro, Cristina e Real, Neus (2019). La formación de lectores literarios en la Educación Infantil. Octaedro e Rosa Sensat.

Couto Piñeiro, Xoán, Lamapereira López, Antón e Vieites García, Manuel F. [1992]. Práctica teatral na escola. Ir Indo.

Duran, Teresa (2009). Álbumes y otras lecturas. Análisis de los libros infantiles. Octaedro.

Durban Roca, Gloria [2010]. La biblioteca escolar, hoy: un recurso estratégico para el centro. Graó.

García González, Macarena (2021). Enseñando a sentir. Repertorios éticos en la ficción infantil. Metales Pesados.

García Padrino, Jaime (2018). Historia crítica de la literatura infantil y juvenil en la España actual (1939-2015). Marcial Pons Historia. 

Garralón, Ana (2001). Historia portátil de la literatura infantil. Anaya. 

Garralón, Ana (2013). Leer y saber. Los libros informativos para niños. Tarambana Libros. 

Hanán Díaz, Fanuel (2015). Temas de literatura infantil: aproximación al análisis del discurso para la infancia. Lugar Editorial. 

Hanán Díaz, Fanuel (2020). Sombras, censuras y tabús en los libros infantiles. Universidad de Castilla-La Mancha. 

Lage Fernández, Juan José (2013). Bibliotecas escolares, lectura y educación. Octaedro. 

Lluch, Gemma (coord.) (2007). Invención de una tradición literaria. De la narrativa oral a la literatura para niños. Universidad de Castilla-La Mancha. 

Lurie, Alison (1998). No se lo cuentes a los mayores. Literatura infantil, espacio subversivo. Fundación Germán Sánchez Ruipérez. 

Mendoza Fillola, Antonio (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria. Aljibe. 

Munita, Felipe (2021). Yo, mediador(a). Mediación y formación de lectores. Octaedro. 

Orenstein, Catherine (2003). Caperucita al desnudo. Ares y Mares. 

Revista galega de educación, 48 (monográfico "As bibliotecas escolares"), novembro de 2010. 

Rodari, Gianni (1973/2013). Gramática da fantasía. Introdución á arte de contar historias (Trad. S. Gaspar). Kalandraka. 

Rodríguez Almodóvar, Antonio. [2004]. El texto infinito: ensayos sobre el cuento popular. Fundación Germán Sánchez Ruipérez. 

Roig Rechou, Blanca-Ana (coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Xerais. 

Salisbury, Morag e Styles, Martin (2012). El arte de ilustrar libros infantiles. Concepto y práctica de la narración visual. Blume. 

Silveyra, Carlos (2001). Canto rodado. La literatura oral de los chicos. Santillana. 

Slade, Peter (1978). Expresión dramática infantil. Santillana. 

Tejerina, Isabel (1994). Dramatización y teatro infantil. Dimensiones psicopedagógicas y expresivas. Siglo XXI de España Editores. 

Van der Linden, Sophie (2015). Álbum[s]. Ekaré. 

Zipes, Jack (2014). El irresistible cuento de hadas. Historia cultural y social de un género. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica.
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Galician Language Teaching /652G01015
Spanish Language Teaching/652G01018

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Teaching Children's Drama and Theatre/652G01042

Other comments

Para cursar a materia non existen prerrequisitos legais, mais pola lóxica na progresión dos contidos dentro da titulación, recoméndase ter cursado antes as materias Didáctica da Lingua Galega e Didáctica da Lingua Castelá. A materia optativa Didáctica do Teatro e a Dramatización Infantil supón unha continuación dun dos contidos abordados dentro do temario. Para a superación desta materia é necesario posuír un dominio profesional das habilidades lingüísticas orais e escritas nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. É aconsellábel, ademais, coñecer a terminoloxía e os conceptos básicos da análise literaria.

Nesta materia traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, homófobas, racistas etc., ou calquera situación discriminatoria, e proporanse accións e medidas para as corrixir e fomentar valores de respecto e igualdade. 


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.