Identifying Data 2020/21
Subject (*) Teaching on the Social and Cultural Environment Code 652G01025
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
E-mail
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Lecturers
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Pérez Guilarte, Yamilé
E-mail
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
yamile.perez@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/F57DK e https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/UD45L
General description A materia está fundamentada sobre da base de que para coñecer e comprender o contorno sociocultural é necesario o recoñecemento da curiosidade como motor do coñecemento, a formación dunha mente crítica e de compromiso, e a valoración da creatividade, da imaxinación e da sensibilidade.
Contémplanse os presupostos teóricos e as experiencias realizadas na Educación Infantil para a comprensión dos contidos, recursos e liñas de acción didáctica. A materia desenvólvese nestes parámetros e na súa programación cobra especial importancia o traballo activo do alumnado.
O coñecemento do Medio Social e Cultural está directamente relacionado coas Ciencias Sociais.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Análise de fontes documentais
- Sesión maxistral
- Aprendizaxe colaborativa
- Traballos tutelados
- Presentación oral
- Etc.


*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizarán cambios. A única modificación é que as tarefas e traballo a realizar realizaranse a través das ferramentas online: Moodle, Teams, Stream, Forms).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, disponíbel diariamente, para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas (vía Teams) e facer o seguimento dos traballos tutelados.

Moodle: Segundo a necesidade do alumnado a través dos foros (estando disponíbel diariamente).

Teams: 1 sesión semanal (prefentemente en coincidencia co horario oficial das aulas interactivas da materia e no horario oficial de titorías dos docentes), apoiando a realización dos “traballos tutelados”.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios no referido ás porcentaxes. Só presentará modificacións no referido ao formato no que se realizará, que será de xeito telemática. Os traballos serán entregados ou presentados a través das diferentes ferramentas informáticas que, preferentemente, son empregadas pola UDC (Teams, Moodle, Stream ou Forms) e o alumnado realizará o traballo colaborativo de forma, igualmente, telemática.

*Observacións de avaliación: O alumnado que non superara a avaliación contínua, será orientado para que mellore a devandita tarefa ou tarefas que non tivera superado.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios.


Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A66 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Adquirir os coñecementos fundamentais e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais para aplicala ao coñecemento do medio social e cultural. A36
A37
B3
B10
B11
C1
C6
C7
Desenvolver a capacidade de análise e síntese, de esquematización e discernir o prioritario do secundario. Desenvolver o pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. A26
B1
B3
B10
B12
B17
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Presentación de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos unidades didácticas e análises de experiencias. Desenvolver a capacidade para presentar, defender e debater ideas con argumentación sólida. A24
A26
A29
A33
A36
A39
A66
B1
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B11
B12
B17
B18
B22
C1
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. A1
A5
A62
B8
B10
B12
B15
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto por sociedades e culturas diferentes. A37
A40
B6
B20
B24
C4
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Unidade 1: Introdución. - Conceptos e interpretacións. Medio social e cultural e a relación coas ciencias sociais.
- Dimensión didáctica das ciencias sociais.
- A transversalidade da área de coñecemento do contorno no curriculum.
Unidade 2: Fundamentos da didáctica do medio social e cultural.
- Traballando coas emocións e a imaxinación.
- A aprendizaxe lúdica.
- As saídas escolares e outras estratexias na didáctica do medio.
- O traballo por proxectos.
Unidade 3: As coordenadas espazo e tempo e a formación do pensamento social - A comprensión do espazo e do tempo: percepción e conceptualización. O contorno sociocultural nas coordenadas espazo-temporais. A vida en sociedade

- O ensino-aprendizaxe do espazo e do tempo. Pensar e expresar o espazo e a idea de tempo. A representación.
Unidade 4: Recursos e materiais didácticos sobre o medio social e cultural - Recursos e soportes. Recursos da aula e do centro escolar. Recursos externos.

- Os materiais didácticos: funcións, clasificación, contexto. O deseño de actividades.
Unidade 5: Temas formativos para o coñecemento do medio social e cultural - O contorno inmediato e o potencial educativo. Elaboración de propostas para a didáctica.

- Patrimonio material e inmaterial, Concepto e potencialidades. Didáctica do patrimonio. Propostas didácticas para o ensino-aprendizaxe.

- Introdución ao coñecemento do medio social e cultural de Galicia. Patrimonio cultural de Galicia.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B1 1 0 1
Document analysis A24 B11 2 10 12
Events academic / information B8 B18 B22 2 12 14
Oral presentation B17 C1 6 14 20
Field trip A40 A66 B6 2 12 14
Seminar A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B12 B18 C6 C8 3 30 33
Collaborative learning A29 B5 3 15 18
Guest lecture / keynote speech A1 A5 A37 A40 B15 B20 B24 C4 C7 21 8 29
Objective test A26 A37 B10 B17 C1 2 5 7
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Os bloques temáticos iniciaranse con exposicións de ideas que permitan aproximarse aos coñecementos previos do alumnado e á súa motivación e interese polo tema para acadar os obxectivos en cada un e no conxunto da materia.
Document analysis Ao longo do curso, o alumnado terá ocasión de coñecer e manexar diversas fontes de información e documentación: orais, escritas, gráficas, iconográficas, epigráficas... así como artigos en revistas, libros, audiovisuais, páxinas web, etcétera.
O traballo coas fontes servirá para a adquisición de coñecementos sobre das mesmas e para o seu recoñecemento e utilización como recursos didácticos.
Events academic / information Asistencia e participación a un evento formativo que poderá ser en calquera modalidade de interese: conferencia, proxección, representación, exposición, etcétera e sen descartar o formato on-line dado o contexto sanitaria provocado pola COVID-19. As alumnas e alumnos realizarán unha reflexión acerca da actividade.
Oral presentation Os traballos de propostas de accións didácticas que se desenvolvan, serán obxecto de exposicións na aula por parte de todos os membros de cada pequeno grupo diante do grupo completo.
Estas exposicións serán realizadas tanto ao presentar os traballos finalizados como durante a elaboración dos mesmos, algúns deles "in situ" en relación coas saídas de campo.
Promoverase o intercambio de ideas, análise do exposto e suxestións para conseguir o debate construtivo acerca das propostas ou traballos presentados por cada pequeno grupo.
Field trip Constitúen unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos educativos e a contextos do contorno inmediato.
Realizaranse diferentes tipos de saídas a fin de que o alumnado teña un coñecemento dobre: os tipos de saídas e o propio medio ou contorno inmediato.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación, a recollida de información e a realización de propostas didácticas.
Preténdese a inmersión no medio para a súa comprensión integral.
Seminar Realización de proxectos ou propostas de acción didáctica, formulado dende o prisma dos seminarios e a súa técnica de discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións. Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente en propostas didácticas relacionadas, principalmente, coas saídas de campo e con temas que xurdan da dinámica da propia materia e do grupo e temas propostos pola profesora.
Os traballos en pequenos grupos serán presentados e debatidos no gran grupo conxuntamente.
Collaborative learning Traballo conxunto en pequenos grupos.
Guest lecture / keynote speech As explicacións teóricas referiranse aos contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. Dado o contexto sanitario xerado pola COVID-19, e o elevado número de alumnado matriculado nesta materia, as aulas maxistrais serán en formato on-line (preferentemente en diferido, é dicir, gravadas; indicándose a través de Moodle a ligazón de acceso, semanalmente).
Objective test Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do estudantado.

Personalized attention
Methodologies
Seminar
Description
O alumnado recibirá atención personalizada que o oriente na metodoloxía para a realización dos seminarios, así como no seguimento destes.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B12 B18 C6 C8 Os traballos de seminario na aula serán grupais. Serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. Así mesmo, procederase a traballar a partir de conferencias e/ou eventos científicos (seguidos presencialmente ou en formato on-line). 40
Document analysis A24 B11 Ao longo do cuadrimestre traballaranse diversas fontes documentais, que serán analizadas polo estudantado e avaliadas. 20
Objective test A26 A37 B10 B17 C1 Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do estudantado traballados durante o cuadrimestre. 40
 
Assessment comments

Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa na aula, sempre e cando o permita o contexto xerado pola COVID-19.


Sources of information
Basic Rodríguez Lestegás, F. (1995). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo.
Feliu Torruella, M. y L. Jiménez Torregrosa (coords.) (2015). Ciencias sociales y educación infantil (3-6). Barcelona: Graó
Coma Quintana, L., Santacana i Mestre, J. (2010). Ciudad educadora y patrimonio. Cookbook of heritage.. Gijón: Nigra
Prats, J. y Santacana, J. (2009). Ciudad, educación y valores patrimoniales. La ciudad educadora, un espacio para aprender a ser ciudadanos.. Íber, 59, pp. 8-21
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Aranda Hernando, A.M. (2016). Didáctica de las ciencias sociales en educación infantil.. Madrid: Síntesis
Rivero Gracia, P. (coord.) (2011). Didáctica de las ciencias sociales para Educación Infantil.. Zaragoza: Mira Editores
Pérez, E.M., Baeza, M.C., Miralles, P. (2008). El rincón de los tiempos. Un palacio en el aula de Educación Infantil.. Revista Iberoamericana de Educación, 48:1-10.
Egan, K. (1991). La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Cuenca, J.M. (2008). La enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales en Educación Infantil.. Jaén: Universidad de Jaén.
Miralles, P., S. Molina y A. Santisteban (eds.) (2011). La evaluación en el proceso de enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales. . Murcia: A.U.P.D.C.S.
Casanova Alfonsea, E., Arias Ferrer, L., Egea Vivancos, A. (2018). La metodología por proyectos como oportunidad para la introducción de la historia y el patrimonio en las aulas de Educación Infantil.. Murcia: Contextos Educativos, 22
Benejam, P. et al. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos.. Barcelona: Graó.
Escamilla, A. (2009). Las competencias básicas en la programación de aula: infantil y primaria (3-12 años).. Barcelona: Graó.

A bibliografía básica e as páxinas web iranse ampliando conforme se vaia tratando a materia.

Páxinas web:

https://vtshome.org/

http://innovarteinfantil.wordpress.com

http://clio.rediris.es

www.edu.xunta.es

www.educahistoria.com

www.aaviladonga.es

www.atapuerca.com

www.educabarrie.org

www.museobelasartes.coruna.es

www.educoruna.gal

Complementary Mariño Ferro, X.R. (2000). Antropoloxía de Galicia.. Vigo: Xerais.
Bas, B. (2012). Experiencia sobre a utilización do entorno cultural como recurso didáctico na formación do profesorado de Educación Infantil.. Universidade de Vigo: Xornada de Innovación Educativa 2012.
AA.VV. (1991-2008). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Bas, B. (2011). Imaxes do patrimonio cultural para traballar as competencia básicas.. A Coruña: XI Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía.
Coma. L. (2009). La evaluación de las actividades patrimoniales.. Íber, 59-22-37.

A bibliografía complementaria irase ampliando conforme se vaian tratando e traballando os temas e actividades.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Teaching Galician History and Geography/652G01029

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen requeridos, en presentación Power Point, e non impresos, a fin de colaborar cunha Facultade/Universidade respectuosa co medio ambiente e sostíbel. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarmente, en caso de se estimar oportuno.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.