Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica da lingua estranxeira Código 652G01026
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Lasa Álvarez, María Begoña
Correo electrónico
b.lasa@udc.es
Profesorado
Lasa Álvarez, María Begoña
Correo electrónico
b.lasa@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia introdúcense conceptos fundamentais na área da Didáctica da Lingua Estranxeira en Educación Infantil orientando o proceso de ensino e aprendizaxe dende unha perspectiva crítica e reflexiva. Abordarase a DLE prestando especial atención ás destrezas orais dado que a comprensión e a expresión oral deben entenderse nesta etapa educativa como o punto de partida para o ensino dunha primeira lingua estranxeira. Así mesmo formularase unha revisión de conceptos fundamentais do uso da lingua inglesa que servirán como ferramenta ao estudante non só para abordar os contidos propios desta materia, que serán presentados nesta lingua, senón tamén para o seu futuro como docentes nun espazo europeo plurilingüe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B21 Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita. A43
A44
A47
A50
B10
B19
B20
B21
C1
C2
Comprender o paso da oralidade á escrita e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua. A46
B12
B15
B17
B18
B21
C2
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. A42
A48
B16
B18
B20
B21
C1
C2
C6
Recoñecer e valorar o uso axeitado do linguaxe verbal e no verbal. A49
B7
B21
B25
C2
C6
Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira A51
A52
A55
A60
B21
B24
C2
C7
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil. A28
A40
B11
C3
C8
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal. A45
A54

Contidos
Temas Subtemas
1. Didáctica -O currículo de lingua estranxeira en Educación Infantil.
-Coñecemento e análise da normativa europea sobre a adquisición de linguas estranxeiras.
-Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Portafolios Europeo de Linguas.
-A programación na área de Inglés na etapa de Educación Infantil.
-Elementos do proceso de ensino e aprendizaxe da Lingua Estranxeira.
-Metodoloxía do ensino e aprendizaxe da Lingua Estranxeira.
-Desenvolvemento da comprensión e expresión oral da Lingua Estranxeira.
-Técnicas e recursos para a ensino/aprendizaxe de lingua estranxeira en Educación Infantil.
-Experiencias interdisciplinares en Educación Infantil.
2. Uso da Lingua -Contidos xerais do uso da Lingua Inglesa (Nivel B1/B2 Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A40 A42 A47 A48 A51 A52 A60 B19 B20 B21 B24 C2 24 20 44
Presentación oral A43 A44 A45 A49 A60 B15 B17 B21 C2 4.5 10 14.5
Proba mixta A42 A44 A46 A47 B10 B12 B17 B21 C2 1.5 25 26.5
Aprendizaxe colaborativa A40 A42 A50 A54 A55 A60 B7 B16 B18 B25 C1 C6 12 18 30
Análise de fontes documentais A28 A42 B11 B20 C3 C8 0 23 23
Portafolios do alumno A48 B11 B12 B15 B20 B21 C2 C7 C8 0 10 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais que presenta os contidos da materia.
Presentación oral Exposición de traballos en grupo.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo, de ensaio e probas obxectivas
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedimientos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TIC baseados na organización da clase en grupos pequenos nos que os alumnos e as alumnas traballan na resolución de tarefas orientadas a optimizar o seu propio aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a asignatura con actividades especificamente deseñadas para o análise dos mesmos.
Portafolios do alumno Inclúe os materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Portafolios do alumno
Descrición
Tanto as presentacións orais, coma os traballos ou tarefas realizados ao longo do curso, así como o portafolios, poden levar consigo a necesidade de atención personalizada en horario de titorías.
O alumnado non presencial poderá tamén recebir atención personalizada en horario de titorías, ou en caso de non poder asistir nese horario, concertar unha cita a través do correo electrónico ou do teléfono.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A42 A44 A46 A47 B10 B12 B17 B21 C2 Proba que integra preguntas tipo. probas de ensaio e probas obxectivas.
65
Presentación oral A43 A44 A45 A49 A60 B15 B17 B21 C2 Exposición oral de traballos en grupo. 10
Análise de fontes documentais A28 A42 B11 B20 C3 C8 Conxunto de procedimentos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TIC baseados na organización da clase en grupos pequenos nos que os alumnos e as alumnas traballan na resolución de tarefas orientadas a optimizar o seu propio aprendizaxe.
20
Portafolios do alumno A48 B11 B12 B15 B20 B21 C2 C7 C8 Inclúe os materiais produco das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. 5
 
Observacións avaliación

Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente

A avaliación realizarase de acordo cos seguintes criterios e
instrumentos: 

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.

- Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto
colaboradores coma individuais.

Instrumentos de avaliación:

- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 2 puntos

- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos

- I.3 Comprensión e expresión escrita: 1,5 punto

- I.4 Traballo grupal ou individual: 2 puntos

- I.5 Presentación Oral: 1 punto

- I.6 Portafolios (Opcional) 0.5 puntos

A avaliación dos items I.1, I.2 e I.3 realizarase na data
programada no calendario académico oficial e é de carácter individual.

A avaliación dos items I.4 e I.5 realizarase na data
programada no cronograma ao comezo do curso e pódese facer individualmente ou
en grupo (non máis de catro estudantes).

A avaliación do item I.6 é opcional. O portafolios recolle
actividades, tarefas e exercicios realizados na aula tanto orais como por
escrito aos que se deberá engadir un comentario ou reflexión crítica construtiva
con respecto á súa aplicación didáctica nas aulas de Infantil.

Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para
aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.

A obtención dun suspenso
implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte
convocatoria.

Modo de avaliación para o alumnado que non asiste
regularmente

1. Alumnado con dispensa académica:

* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da
Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle
recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a
correspondente dispensa académica quedando eximido/a da obligatoriedade de
asistencia.

2.  Alumnado de
continuación de estudos (repetidores).

3. Alumnado que non cumpra o 80% de asistencia a clase.

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.

- Valoración dos traballos realizados durante o curso.

Instrumentos de avaliación:

A. Proba individual

- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 2 puntos

- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos

- I.3 Comprensión e expresión escrita: 1,5 punto

B. Traballo e presentación oral

- I.4. Traballo individual. 2,5 puntos.

- I.5. Presentación oral. 1 punto.

- L.6. Portafolio (Opcional): 0,5 

A avaliación do apartado A (I.1, I.2 e I.3) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter
individual. A avaliación do apartado B (I.4, I.5 e L6) realizarase na data acordada coa profesora e tamén é de carácter individual.

Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.

A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.


Fontes de información
Bibliografía básica

Uso da lingua:

Principal:


- Murphy, Raymond (calqueira edición): English Grammar in Use (with answers). Cambridge. Cambridge University Press. 

Complementaria:

- Bolton, David & Goodey, Noel (1996): English Grammar in Steps (with answers). London. Richmond Publishing.

- Collins & Build: Essential English Dictionary.

- Eastwood, J. (1994): Oxford Practice Grammar (with answers). Oxford. Oxford University Press.

- Hancock, M. (1995). Pronunciation Games. Cambridge. Cambridge University Press.

- McCarthy, M. & O’Dell, F. (1994): English Vocabulary in Use. Cambridge. Cambridge University Press.

- Sánchez Benedito, F. (1991): Gramática inglesa. Madrid. Alhambra Longman.

- Soars, John & Liz, (1991): Headway Pre-Intermediate (Student's Book &    Workbook), O.U. P.

- Swan, M. (1995): Practical English Usage. Oxford. Oxford University Press.

-Swan, M. (2001): The Good Grammar Book. Oxford. Oxford University Press.

Didáctica:

- Brewster J., Ellis G., Girard D. (1992): The Primary English Teacher's Guide. London. Penguin Books.

- Brumfit, C. & Moon, J. and Tongue, R. (1991): Teaching English to Children. Collins ELT.

- Dufeu, B. (1994): Teaching Myself. Oxford. Oxford University Press.

- Ellis G., Brewster J. (1991): The Storytelling Handbook. London. Penguin Books.

- Ellis G. (1997): We're Kids in Britain. Longman.

- Moon, J.(2000). Children Learning English. Macmillan Heinemann.

- Murado, J. (2010). Didáctica de Inglés en Educación Infantil. Ideas Propias.

- Nixon, C. (2005). Primary Pronunciation Games. Oxford: Oxford Universtiy Press.

- Richards, J. (1999). Approaches and Methods in Language Teaching. Cambridge. Cambridge University Press.

- Scott, W. A. & Ytreberg, L. H. (1990).Teaching English to Children. Longman.

- Tejada Molina, Gabriel (1994).  Me and You (Diseño curricular de inglés para principiantes). Jaén. Universidad de Jaén.

- Vale, D. & Feunteun, A. (1995). Teaching Children English. C.U.P.

- Vez Jeremías, J. M. (2000).  Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Barcelona. Ariel.

- Son moi interesantes os artigos relacionados con este tema e publicados nos diferentes números da Revista Linguaxe e Textos que edita e coordina a área de Didáctica da Lingua e a Literatura do Departamento de Didácticas Específicas da Universidade Da coruña.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías