Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica da expresión plástica Código 652G01027
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Mesías Lema, José María
Correo electrónico
jose.mesias@udc.es
Profesorado
Mesías Lema, José María
Correo electrónico
jose.mesias@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade de calquer proxecto formativo, así como o plantexamento desta materia, debe implicar aos estudantes nun proceso de aprendizaxe persoal que traspase os créditos da materia, para dotalos dunha estrutura metodolóxica que lles permita desenvolver a súa futura profesión de forma creativa como mestres de primaria. Precisamente, o motor desta proposta docente é brindar oportunidades de aprendizaxe, de descubrimento de novos saberes, de experimentación e coñecemento dos fenómenos artísticos na educación, en base as motivacións do alumnado. Ademáis, a intención desta materia é que o alumnado entenda o ensino como un proceso artístico, con carácter propio.

Competencias do título
Código Competencias do título
A53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
A58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
B1 Aprender a aprender.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A53
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos A55
Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade. A56
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. A57
Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística. A58
Aprender a aprender. B1
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. B22
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida C3
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
A EDUCACIÓN DAS ARTES VISUAIS COMO OBXECTO DE
ESTUDO.
Concepto interdisciplinar da Educación Artística. Perspectiva histórica da Educación Artística. Teorías da evolución artística en E. Infantil. Teorías do ensino da arte. Procesos de aprendizaxe artístico en Infantil. Campos de aprendizaxe: productivo, critico e cultural. Elementos da linguaxe visual. Descubrimento e investigación bidimensional e tridimensional de materiais e técnicas en Educación Artística: pintura, video, performance, fotografía, debuxo, novas tecnoloxías, etc.
ARTE CONTEMPORÁNEA E CULTURA VISUAL COMO
DETONANTE DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA.
.Arte contemporánea e cultura visual. Estética relacional e cultura visual na etapa da E. Infantil. Instalacións, net-art, video-art, performance, etc. Posmodernidade na arte contemporánea e na educación. Museos e artistas. Departamentos de Educación dos museos. Obradoiros artísticos nos museos.
O CURRICULO ARTISTICO BASEADO EN PROXECTOS EN AULAS DE INFANTIL. Curriculo de E. Infantil. Metodoloxía a/r/tography e de laboratorio experimental. Exemplificación de proxectos artógráficos. Elaboración dun proxecto grupal nun aula real de infantil

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A53 A55 A56 A57 A58 B1 B22 B25 C3 C7 C8 1 10 11
Saídas de campo B1 B22 C3 1 6 7
Investigación (Proxecto de investigación) A53 A56 20 7 27
Obradoiro C3 C7 C8 20 76 96
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Conjunto de textos y documentación escrita que se han recogido y editado como fuente de profundización en los contenidos trabajados.
Saídas de campo Actividades desarrolladas en un contexto externo al entorno académico universitario relacionadas con el ámbito de estudio de la materia. Estas actividades se centran en el desarrollo de capacidades relacionadas con la observación directa y sistemática, recogida de información y desarrollo de productos.
Investigación (Proxecto de investigación) PROXECTOS ARTÍSTICOS
Obradoiro Momentos de trabajo presencial con el profesor, por lo que implica una participación obligatoria para el alumno. La forma y el momento en que se desarrollarán se indicará en relación a cada actividad a lo largo del curso según el plan de trabajo de la materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
É moi importante consultar co profesor, AO LONGO DA MATERIA (non o final), os avances e fracasos que se vaian producindo na realización e execución de cada un dos proxectos. Esto ten a finbalidade de axudar ao alumno a superación dos proxectos con calidade e garantías de éxito. Esto faráse no horario de titorias do profesor sen previa cita.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A53 A56 Entregaránse tres proxectos en formato físico, dous de carácter individual e un grupal. Aos cales deberanse adxuntar un DVD con todas as imaxes e documentos. 90
Lecturas A53 A55 A56 A57 A58 B1 B22 B25 C3 C7 C8 Valórase a participación activa na aula e debate dos argumentos durante toda a materia. 10
 
Observacións avaliación

Sen dúbida, existen infinidade de formas e maneiras de avaliar, tantas como metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Nesta guía docente plantexouse a educación como un proceso artístico, polo que a avaliación que aquí se plantexa, coherentemente, mana desde esta perspectiva. Deste xeito, tal e como plantexa Eisner (1995: 188), "a avaliación é unha ferramenta educativa mediante a cal pode exercerse a intelixencia profesional en beneficio dos estudantes". Isto ven a demostrar que avaliar é cuestión de dous implicados: estudantes e o profesor, polo que os criterios deben ser reflexionados e acordados en grupo. Ademáis, en ocasións se lles pedirá ao alumnado que elaboren autoavaliacións, mediante reflexións persoais e críticas dos procesos que experimentaron empregando a bibliografía facilitada polo profesor.

Como se pode intuir, esta materia implica un compromiso forte do estudante co seu propio proceso de aprendizaxe artístico. Deste xeito a asistencia a clase resulta necesaria, non como unha obriga -que tamén o é no espazo europeo de educación superior-, dado que os procesos viviranse na propia aula e o transcurso da materia írase construindo entre todos. A asistencia non é un formalismo, senón que se exise a participación activa e Crítica do alumno dentro da aula.Tendo en conta esto, como criterios de calificación, haberá que aprobar todos os proxectos por separado para superar a materia. Na calificación final, a parte da nota media obtida nos tres proxectos, de maneira cualitativa terase MOI EN CONTA o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo do curso. Cando un proxecto sexa calificado cun 4.5, o alumno/a poderá superar a materia se os outros proxectos están aprobados, pero a nota máxima será de 6, independemtemente das calificacións dos proxectos superados.Os proxectos entréganse na data, lugar e hora do calendario oficial de exames.

O alumnado NON presencial terá dereito a un exame teórico-práctico (NON realizará ningún proxecto), que versará sobre a bibliografía dos contidos. Para resolver esa proba o alumno/a conta coa bibliografía existente nesta guía docente e o profesor facilitará unha selección da mesma que será obxecto do exame. A proba será valorada de 0 a 10.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Calaf, R. & Fontal, O. (2010). CÓMO ENSEÑAR ARTE EN LA ESCUELA. Madrid: Síntesis

- Marín Viadel, R. (2003). DIDÁCTICA DE LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA. Madrid: Pearson Education

- Marín Viadel, R. (2000). DIDÁCTICA DE LA EXPRESIÓN PLÁSTICA O EDUCACIÓN ARTÍSTICA. Madrid: Síntesis

- Eisner, E. (1995). EDUCAR LA VISIÓN ARTÍSTICA. Barcelona: Paidós

- Eisner, E. (2004). EL ARTE Y LA CREACIÓN DE LA MENTE. Barcelona: Paidós

- Acaso, M. (2006). EL LENGUAJE VISUAL. Barcelona: Paidós

- Huerta, R. (2001). ESPIRITU DE TRASATLÁNTICO, CONDICIÓN DE PATERA. Revista Aula, nº 106.

- Mirzoeff, N. (2003). INTRODUCCIÓN A LA CULTURA VISUAL. Barcelona: Paidós

- Agra, M.J (2007). LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA EN LA ESCUELA. Barcelona: Graó

- Acaso, M. (2009). LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA NO SON MANUALIDADES. Madrid: Catarata

- Efland, Freedman & Stuhr (2003). LA EDUCACIÓN EN EL ARTE POSMODERNO. Barcelona: Paidós

- Agra, M.J (2003). LA FORMACIÓN ARTÍSTICA Y SUS LUGARES. Educación Artística, Revista de Investigación.

- Agra, M.J (1999). O ESPAZO DA ARTE NA EDUCACIÓN. Santiago de Compostela: USC.

Bibliografía complementaria

"Educación artística, plástica y visual" de Juanola y Barragán. Editorial Praxis. Barcelona, 1999

"Arte y percepción visual" de Arnheim. Editorial Paidós. Barcelona, 1983

"Consideraciones sobre la educación artística" de Arnheim. Editorial Paidós. Barcelona


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías