Identifying Data 2019/20
Subject (*) Teaching Galician History and Geography Code 652G01029
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 4.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
E-mail
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Lecturers
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Pérez Guilarte, Yamilé
E-mail
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
yamile.perez@udc.es
Web
General description A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o contorno inmediato, o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe. Preténdese que o alumnado coñeza o pasado e territorio galego, deseñando unha dinámica didáctica a partir desta dupla realidade.

Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos. Así, a materia defínea a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexíbel e aberto, aínda que cunha relación de temas a tratar. O núcleo da materia está formado pola propia metodoloxía experimental, na que se fomenta a participación activa, a creatividade e a autonomía.

Realizaranse lecturas e debates na aula, así como obradoiros e actividades interdisciplinares; actividades complementadas, na medida do posíbel, de saídas ou roteiros culturais pola cidade.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e comprender o medio cultural de Galicia como espazo dinámico cun importante potencial educador, e como recurso metodolóxico e didáctico de aplicación na Educación Infantil. A23
A26
A37
B1
B3
B11
B12
B15
B20
B24
C4
C7
Deseñar propostas e actividades didácticas, dende unha metodoloxía de traballo por proxectos, sobre o contorno cultural galego axeitados ó ensino infantil. Aprender a construír proxectos dende o coñecemento e as emocións. A33
A36
A39
A40
B1
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B17
B18
C1
C4
C6
C7
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A37
A40
B5
B6
C4
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Unidade 1.
-Introdución.
- Que coñecementos temos do medio histórico e xeográfico galego?
- Como pensamos e deseñamos a materia?
- Que obxectivos nos marcamos?
- Cales son os centros de interese?
- De que coñecementos partimos?
- Contidos e metodoloxía: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia.
Unidade 2.
-Paisaxes naturais, históricas e culturais.
- Que é a paisaxe?
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Como ler e interpretar a paisaxe.
- O clima, o relevo, a auga, a flora e fauna, a poboación de Galicia, etc., para traballar na E. Infantil.
Unidade 3.
-As poboadoras e poboadores de Galicia. Desde a Prehistoria á Idade Contemporánea.
-A evolución cultural galega e a súa relación con outras culturas.
- Prehistoria e Historia na Educación Infantil?: a curiosidade, a motivación e os centros de interese.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
- Experiencias: traballando a historia na E. Infantil dende as emocións, a creatividade e a flexibilidade.
Unidade 4.
-Temas monográficos.
- Nesta unidade traballaranse cuestións e temas concretos que vaian xurdindo da propia dinámica da aula e de especial actualidade.
Ensaiarase o traballo por proxectos, cunha ou máis temáticas de contidos, recursos e aplicacións didácticas idóneos coa materia.
- Os obradoiros estarán directamente relacionados con estes temas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B1 C1 1 2 3
Collaborative learning B4 B5 B7 B8 B18 2 7 9
Events academic / information B6 B8 B15 C7 5 12 17
Field trip A23 A40 B6 C4 6 16 22
Guest lecture / keynote speech A37 B3 B20 B24 C6 C8 5 10.5 15.5
Seminar A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 11 30 41
Objective test A37 A39 B9 B10 B11 1 2 3
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Collaborative learning Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Events academic / information Realizarase algunha actividade tipo conferencia, charla, encontro, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de coñecer as experiencias que se están a realizar na Educación Infantil e actualizar os seus coñecementos, relacionados co ámbito da materia.
Field trip Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
Guest lecture / keynote speech As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema.
Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil.
Seminar Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade.
Objective test Ao ser esta unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual ás cuestións traballadas.

Personalized attention
Methodologies
Seminar
Description
Os seminarios terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A37 A39 B9 B10 B11 Ao tratarse dunha materia flexible, que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado, guiado polo profesor, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple (a modo de síntese individual da aprendizaxe obtida) a desenvolver por cada alumna/o.

40
Field trip A23 A40 B6 C4 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 20
Events academic / information B6 B8 B15 C7 O traballo de síntese a partir de conferencias (e a asistencia a estas), ou materiais derivados de encontros científicos e/ou divulgativos, será obrigatorio para o alumnado da materia. 20
Seminar A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 Valorarase a participación e implicación, así como a fundamentación, creatividade e a calidade do traballo grupal a realizar. Tendo en conta a participación de cada estudante no marco do mesmo. 20
 
Assessment comments

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación e dedicación á materia.

Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial, non
se aconsella ao alumnado con dispensa académica. Así e todo, o alumnado
que se acolla á dispensa académica, deberá realizar un traballo de curso
individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% un e outro. Para acollerse a esta modalidade, é condición
necesaria asistir a titorías (mínimo 2) para poder realizarse, por parte do docente, un seguimento directo
da elaboración do traballo de curso.


Sources of information
Basic Varios Autores ((1999)). Atlas histórico de Galicia. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia. Lundwerg
Varios Autores ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia. Vigo: Galaxia
Varios Autores ((2005)). Historia Xeral de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Egan, K. ((2010)). Learning in Depth. Chiicago: The University of Chicago Press
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea
Dieguez Cequiel, U.-B. ((2015)). Reflexións arredor da Galiza para o debate. Historia, Xeografía.... Compostela: FESGA

Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas, quer sobre Historia e Xeografía de Galiza, quer sobre Didáctica da Historia e da Xeografía, entre outras.

Complementary



Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Teaching on the Social and Cultural Environment/652G01025

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fulcral.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.