Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G01029
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Magdalena Vidal, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.magdalena@udc.es
Profesorado
Magdalena Vidal, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.magdalena@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender a realidade histórica e xeográfica de Galiza no seu conxunto, así como a realidade histórica e xeográfica local en particular, entendendo esta como un recurso didáctico e fonte de traballo versátil no que atinxe ao ensino-aprendizaxe do tempo pasado e da mutación do espazo. Preténdese que o alumnado coñeza a historia e o territorio galego, deseñando unha dinámica didáctica a partir desta dupla realidade.

Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos. Así, a materia defínea a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexíbel e aberto, aínda que cunha proposta básica de temas a abordar. O núcleo da materia está formado pola propia metodoloxía experimental, na que se fomenta a participación activa, a creatividade e a autonomía do alumnado.

Realizaranse lecturas e debates na aula, así como obradoiros e actividades interdisciplinares; actividades complementadas, na medida do posíbel, de saídas ou roteiros culturais pola cidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o medio cultural de Galicia como espazo dinámico cun importante potencial educador, e como recurso metodolóxico e didáctico de aplicación na Educación Infantil. A23
A26
A37
B1
B3
B11
B12
B15
B20
B24
C4
C7
Deseñar propostas e actividades didácticas, dende unha metodoloxía de traballo por proxectos, sobre o contorno cultural galego axeitados ó ensino infantil. Aprender a construír proxectos dende o coñecemento e as emocións. A33
A36
A39
A40
B1
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B17
B18
C1
C4
C6
C7
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A37
A40
B5
B6
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1.
-Introdución.
- Que coñecementos temos do medio histórico e xeográfico galego?
- Como pensamos e deseñamos a materia?
- Que obxectivos nos marcamos?
- Cales son os centros de interese?
- De que coñecementos partimos?
- Contidos e metodoloxía: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galiza.
Unidade 2.
-Paisaxes naturais, históricas e culturais.
- Que é a paisaxe?
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Como ler e interpretar a paisaxe.
- O clima, o relevo, a auga, a flora e fauna, a poboación de Galiza, etcétera, para traballar na Educación Infantil.
Unidade 3.
-As poboadoras e poboadores de Galiza. Desde a Prehistoria á Idade Contemporánea.
-A evolución cultural galega e a súa relación con outras culturas.
- Prehistoria e Historia na Educación Infantil?: a curiosidade, a motivación e os centros de interese.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
- Experiencias: traballando a historia na E. Infantil dende as emocións, a creatividade e a flexibilidade.
Unidade 4.
-Temas monográficos.
- Nesta unidade traballaranse cuestións e temas concretos que vaian xurdindo da propia dinámica da aula e de especial actualidade.
Ensaiarase o traballo por proxectos, cunha ou máis temáticas de contidos, recursos e aplicacións didácticas idóneos coa materia.
- Os obradoiros estarán directamente relacionados con estes temas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 C1 1 2 3
Aprendizaxe colaborativa B4 B5 B7 B8 B18 2 7 9
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 6 16 22
Sesión maxistral A37 B3 B20 B24 C6 C8 5 10.5 15.5
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 11 30 41
Análise de fontes documentais A26 A37 B3 B10 B11 B15 C4 C7 5 15 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Aprendizaxe colaborativa Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Saídas de campo Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema.
Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil.
Seminario Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade.
Análise de fontes documentais Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co medio histórico e xeográfico de Galicia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Os seminarios terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos, así como para resolver as dúbidas que fosen xurdindo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 40
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 Valorarase a participación e implicación, así como a fundamentación, creatividade e a calidade do traballo grupal a realizar, así como a participación de cada estudante no marco do mesmo. 40
Análise de fontes documentais A26 A37 B3 B10 B11 B15 C4 C7 Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. 20
 
Observacións avaliación

Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial, non se aconsella ao alumnado con dispensa académica. Así e todo, o alumnado que se acolla á dispensa académica debe presentar a tarefa correspondente a análise de fontes documentais (20%), así como un traballo final (80%). Para acollerse a esta modalidade, é condición necesaria asistir a titorías (mínimo 2) para que o docente poida realizar un seguimento directo da elaboración do traballo de curso.

Nos traballos a realizar, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade incurrir en copia do traballo de terceiros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.


Fontes de información
Bibliografía básica Varios Autores ((1999)). Atlas histórico de Galicia. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia. Lundwerg
Varios Autores ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia. Vigo: Galaxia
Beramendi, J. ((2016)). Historia mínima de Galicia. Madrid: Turner Publicaciones
Varios Autores ((2005)). Historia Xeral de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Egan, K. ((2010)). Learning in Depth. Chiicago: The University of Chicago Press
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea
Dieguez Cequiel, U.-B. (coord.) ((2015)). Reflexións arredor da Galiza para o debate. Historia, Xeografía.... Compostela: FESGA

Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas, quer sobre Historia e Xeografía de Galiza, quer sobre Didáctica da Historia e da Xeografía, entre outras.

Bibliografía complementaria



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental.

A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, na plataforma correspondente, se non é posíbel, non deben empregarse plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facerse un uso sostiíbel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías