Identifying Data 2023/24
Subject (*) Teaching Galician History and Geography Code 652G01029
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 4.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Suárez Álvarez, Patricia
E-mail
p.suareza@udc.es
Lecturers
Suárez Álvarez, Patricia
E-mail
p.suareza@udc.es
Web
General description A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender a realidade histórica e xeográfica de Galiza no seu conxunto, así como a realidade histórica e xeográfica local en particular, entendendo esta como un recurso didáctico e fonte de traballo versátil no que atinxe ao ensino-aprendizaxe do tempo pasado e da mutación do espazo. Preténdese que o alumnado coñeza a historia e o territorio galego, deseñando unha dinámica didáctica a partir desta dupla realidade.

Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos. Así, a materia defínea a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexíbel e aberto, aínda que cunha proposta básica de temas a abordar. O núcleo da materia está formado pola propia metodoloxía experimental, na que se fomenta a participación activa, a creatividade e a autonomía do alumnado.

Realizaranse lecturas e debates na aula, así como obradoiros e actividades interdisciplinares; actividades complementadas, na medida do posíbel, de saídas ou roteiros culturais pola cidade.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e comprender o medio cultural de Galicia como espazo dinámico cun importante potencial educador, e como recurso metodolóxico e didáctico de aplicación na Educación Infantil. A23
A26
A37
B1
B3
B11
B12
B15
B20
B24
C4
C7
Deseñar propostas e actividades didácticas, dende unha metodoloxía de traballo por proxectos, sobre o contorno cultural galego axeitados ó ensino infantil. Aprender a construír proxectos dende o coñecemento e as emocións. A33
A36
A39
A40
B1
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B17
B18
C1
C4
C6
C7
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A37
A40
B5
B6
C4
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Unidade 1.
-Introdución.
- Que coñecementos temos do medio histórico e xeográfico galego?
- Como pensamos e deseñamos a materia?
- Que obxectivos nos marcamos?
- Cales son os centros de interese?
- De que coñecementos partimos?
- Contidos e metodoloxía: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galiza.
Unidade 2.
-Paisaxes naturais, históricas e culturais.
- Que é a paisaxe?
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Como ler e interpretar a paisaxe.
- O clima, o relevo, a auga, a flora e fauna, a poboación de Galiza, etcétera, para traballar na Educación Infantil.
Unidade 3.
-As poboadoras e poboadores de Galiza. Desde a Prehistoria á Idade Contemporánea.
-A evolución cultural galega e a súa relación con outras culturas.
- Prehistoria e Historia na Educación Infantil?: a curiosidade, a motivación e os centros de interese.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
- Experiencias: traballando a historia na E. Infantil dende as emocións, a creatividade e a flexibilidade.
Unidade 4.
-Temas monográficos.
- Nesta unidade traballaranse cuestións e temas concretos que vaian xurdindo da propia dinámica da aula e de especial actualidade.
Ensaiarase o traballo por proxectos, cunha ou máis temáticas de contidos, recursos e aplicacións didácticas idóneos coa materia.
- Os obradoiros estarán directamente relacionados con estes temas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B1 C1 1 2 3
Collaborative learning B4 B5 B7 B8 B18 2 7 9
Field trip A23 A40 B6 C4 6 16 22
Guest lecture / keynote speech A37 B3 B20 B24 C6 C8 5 10.5 15.5
Seminar A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 11 30 41
Document analysis A26 A37 B3 B10 B11 B15 C4 C7 5 15 20
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Collaborative learning Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Field trip Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
Guest lecture / keynote speech As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema.
Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil.
Seminar Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade.
Document analysis Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co medio histórico e xeográfico de Galicia.

Personalized attention
Methodologies
Seminar
Description
Os seminarios terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos, así como para resolver as dúbidas que fosen xurdindo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Field trip A23 A40 B6 C4 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 40
Seminar A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 Valorarase a participación e implicación, así como a fundamentación, creatividade e a calidade do traballo grupal a realizar, así como a participación de cada estudante no marco do mesmo. 40
Document analysis A26 A37 B3 B10 B11 B15 C4 C7 Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. 20
 
Assessment comments

Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa, tanto nas sesións expositivas como interactivas. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en grupo. A saída ao medio será obrigatoria.

Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das partes da avaliación, sendo necesario asistir ao 80% das clases.

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as que non se presenten a algún dos apartados da avaliación. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá presentar a tarefa correspondente a análise de fontes documentais (20%), así como un traballo final (80%). 

Nos traballos a realizar, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade incurrir en copia do traballo de terceiros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.

A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como nasegunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta deprimeira oportunidade, se fose necesario.


Sources of information
Basic Varios Autores ((1999)). Atlas histórico de Galicia. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia. Lundwerg
Varios Autores ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia. Vigo: Galaxia
Beramendi, J. ((2016)). Historia mínima de Galicia. Madrid: Turner Publicaciones
Varios Autores ((2005)). Historia Xeral de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Egan, K. ((2010)). Learning in Depth. Chiicago: The University of Chicago Press
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea
Dieguez Cequiel, U.-B. (coord.) ((2015)). Reflexións arredor da Galiza para o debate. Historia, Xeografía.... Compostela: FESGA

Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas, quer sobre Historia e Xeografía de Galiza, quer sobre Didáctica da Historia e da Xeografía, entre outras.

Complementary



Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Teaching on the Social and Cultural Environment/652G01025

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental.

A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, na plataforma correspondente, se non é posíbel, non deben empregarse plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facerse un uso sostiíbel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.