Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xogos motores Código 652G01030
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Dentro do perfil formativo do Grado en Educación Infantil contémplase esta asignatura (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes.

Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación do futuro Graduado en Educación Infantil xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir por unha banda que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e por outro supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no seu desenvolvemento profesional.

Os coñecementos aportados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Grado en Educación Infantil non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.

Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grado en Educación Infantil no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo motor; teorías e clasificacións dos xogos motores; o xogo e a súa evolución na etapa infantil; o xogo como recurso didáctico; deseño e desenvolvemento de actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos; os recursos para o xogo: materiais e espazos; educación rítmica a través dos xogos con cancións; propostas prácticas para a educación a través do xogo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
A60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Situar o papel do xogo motor, a súa importancia e repercusions no contexto da Educación Infantil. A1
A4
A5
A6
A53
B3
B6
B17
Saber empregar o xogo como medio e como contido de ensino - aprendizaxe en si mesmo. A5
A21
A53
A55
A62
B2
C1
Experimentar intervencións prácticas a través do xogo motor analizándoas críticamente. A54
A55
A56
A62
B3
B15
Valorar críticamente a presenza do xogo no ámbito da Educación Infantil. A45
A53
B3
Capacidade para realizar unha análise estructural e funcional crítico no deseño e realización do xogo motor infantil. A53
A62
B3
B10
Capacidade para ofrecer ao alumnado de Educación Infantil recursos lúdico-motores diversos para un adecuado desenvolvemento da motricidade infantil. A33
A54
A56
A62
B2
C7
Ser capaz de analizar o xogo da infancia e obter información de utilidade para futuras intervencións didácticas. A23
A60
B1
B3
B8
C6
Capacidade para deseñar, xustificar, aplicar e evaluar propostas de intervención para traballar a través do xogo motor na Educación Infantil. A29
A54
A55
A56
A62
B4
B5
B6
B11
B12
B18
B23
B25
C1
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: FUNDAMENTOS TEÓRICOS DO XOGO Este bloque está formado por temas que abordan a parte teórica da materia.
Tema 1. Marco conceptual do xogo motor. - Concepto e características do xogo.
Tema 2. Fundamentos teóricos do xogo. - Diversos enfoques que xustifican a presenza do xogo na infancia.
Tema 3. O xogo na Educación Infantil e a evolución das suas formas. - A evolución do xogo na etapa infantil e a súa relación coa motricidade.

Tema 4. O xogo motor no currículo da Educación Infantil. - Análise do xogo no currículum de Educación Infantil.
- O emprego do xogo para o desenvolvemento motor en idade infantil.


Tema 5. O xogo motor e a sua didáctica. - Didáctica e metodoloxía do xogo.
- Organización de espazos lúdicos.
- Xogo e programación.
BLOQUE 2: PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES FÍSICAS A través DO XOGO
Neste bloque abordaranse as diferentes temáticas a través de dúas formas:
- por medio de sesións teórico-prácticas dirixidas pola docente;
- por medio de prácticas dirixidas polo alumnado aos seus compañeiros e compañeiras e observadas pola docente.


Tema 6. Propostas prácticas de intervención a través do xogo motor.
Abordaranse diversas propostas de carácter práctico. Sirvan de exemplo o emprego de:
- Xogos para o desenvolvemento da creatividade.
- Xogos para o desenvolvemento das habilidades motrices básicas.
- Propostas lúdicas para o traballo sensorial.
- Xogos para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.
- Xogos motrices a través do conto, a danza e as cancións.
- Xogos motrices e emprego de recursos didácticos e materiais alternativos.
- Instalacions de xogo.
- Xogos de representación e expresión, entre outras propostas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B10 C7 1 2.5 3.5
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 A60 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B15 B17 C1 2 4 6
Proba mixta A1 A4 A5 A53 A54 A55 B1 B2 B10 2 20 22
Sesión maxistral A1 A4 A53 A54 B3 B8 B15 C7 8 8 16
Simulación A1 A6 A29 A53 A54 A55 A56 A60 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B15 B17 C1 2 4 6
Traballos tutelados A1 A4 A5 A21 A23 A29 A33 A45 A53 A55 A56 A60 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B15 B18 B23 B25 C1 C3 C6 C7 C8 3 22.5 25.5
Práctica de actividade física A1 A4 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B12 13 19.5 32.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezar o curso lévanse a cabo actividades iniciais tanto na teoría coma na práctica para coñecer as competencias, intereses e motivaciones do alumnado para o logro dos obxectivos a alcanzar. Así poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Levaranse a cabo diversos traballos guiados polo docente no aula e tamén a través da Plataforma Virtual. Estes traballos organizaranse en pequenos grupos que traballarán conjuntamente na resolución de problemas concretos.
Proba mixta Realizarase unha proba obxectiva na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. A proba pode incluír preguntas longas, curtas e/ou tipo test e versará sobre todos aqueles contidos abordados tanto nas sesións teóricas como nas prácticas.
Sesión maxistral Algunhos temas correspondentes ao bloque 1 da asignatura serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital, debates, discusións dirixidas, etc.
Simulación Consiste na representación a través de contos motores e actividades de expresión dramática de situacións procedentes da realidade. O alumnado poñerase baixo condicións hipotéticas a partir dun tema ou situación problema elixido por eles de antemán, ante a cal ponse a proba a súa expresión corporal, capacidade comunicativa, de resolución de problemas e creatividade.
Traballos tutelados Realizarase un traballo teórico - práctico. Consiste no deseño e posta en práctica dunha proposta para Educación Infantil basada nunha metodoloxía lúdica e motriz cunha temática asignada pola docente para a suposta aplicación.
Práctica de actividade física A través desta metodoloxía realizaranse sesións de tipo práctico en diferentes espacios, a través dos contidos da materia e aplicados as diferentes idades da Educación Infantil.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Aprendizaxe colaborativo:
- realizaranse diversos traballos en clase e a través da Plataforma Virtual (Moodle) para desenvolvelos individualmente ou en grupos. Nalgúns casos será necesario que a profesora guie este traballo para o seu axuste de cara á consecución dos obxectivos da materia.

Traballos tutelados:
- dedicarase un tempo para todo o grupo no que se explicará en que consiste o traballo;
- cada grupo debe reunirse polo menos unha vez coa docente. Así se establecerá a validez do deseño e contidos de traballo para a súa posta en práctica, establecéndose as correcciones oportunas para á súa exposición.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 A60 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B15 B17 C1 O alumnado cada vez que se aplique esta metodoloxía grupal deberá entregar por escrito os traballos realizados polo grupo. Valorarase o seu adecuación aos obxectivos previstos para cada traballo en concreto.
30
Proba mixta A1 A4 A5 A53 A54 A55 B1 B2 B10 Realizarase na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. Será de caracter teórico e/ou práctico podendo conter preguntas tema, curtas e/ou tipo test.
30
Traballos tutelados A1 A4 A5 A21 A23 A29 A33 A45 A53 A55 A56 A60 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B15 B18 B23 B25 C1 C3 C6 C7 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. A profesora especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto a sua parte escrita como a parte oral. O cumprimento de devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
40
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria a asistencia ao 80% das horas presenciales da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que asista a máis dun 80% das horas presenciales na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcancen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcancen ese mínimo.

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciales da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da asignatura.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.


Fontes de información
Bibliografía básica

-A.E.M.E.I.(2001). Juegos para el desarrollo de las habilidades motrices en Educación Infantil. Málaga: Aljibe.

- Abad, J. (2009). Iniciativas de educación artística a través del Arte Contemporáneo para la Escuela Infantil. [Tesis]

-Ballesteros, M. (2009). Los juegos populares en infantil y primaria: análisis y aplicación práctica. Almería: Procompal.

-Bantulá, J. (2001). Juegos motrices cooperativos. Paidotribo: Barcelona.

-Bernal, J.A. y Brito, L.F., (2005). 1,2.3… por todos mis compañeros. Algunos juegos de ayer y hoy entre México y España. Wanceulen: Sevilla.

-Bruchner, P (2017). Bosqueescuela. Guía para la educación infantil al aire libre. Valencia: Ediciones Rodeno.

-Caillois, R. (1958). Teoría de los juegos. Seix Barral: Barcelona.

-Carrasco Espinilla, I. y Criado Caro, D. (2001). 66 fichas de psicomotricidad. Sevilla: Wanceulen.

-Conde, J.L. (2001). Juegos para el desarrollo delas habilidades motrices en Educación Infantil. Aljibe: Málaga.

-Conde, J. L. (1994). Los cuentos motores. Paidotribo: Barcelona.

-Conde, J. L. y Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Aljibe: Málaga.

-Conde, J. L., Martin, C. y Viciana, V. (1997). Las canciones motrices. Inde: Barcelona.

-Diez Navarro, M.C (1998). Proyectando otra escuela. Madrid : Ediciones de la Torre.

-Diez Navarro, M.C (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Madrid : Asociación de Maestros Rosa Sensat.

- Diez Navarro, M.C (2002). El piso de abajo de la escuela. Barcelona: Graó.

- Diez Navarro, M.C. (2007). Mi escuela sabe a naranja.Barcelona: Graó.

- Diez Navarro, M.C. (2010). La oreja verde de la escuela. Madrid: Ediciones de la Torre.

- Diez Navarro, M.C. (2011). Los Pendientes de la maestra : o cómo piensa una maestra en los niños, las escuelas, las familias y la sociedad. Barcelona : Editorial Graó.

- Diez Navarro, M.C. (2013). 10 ideas clave de la educación infantil. Barcelona: Graó.

-Eines, J y Mantonvani, A. (1997). Didáctica de la dramatización. Gedisa: Barcelona.

-Escriba, A. (1998). Los juegos sensoriales y psicomotores en Educación Física. Gymnos: Madrid.

-Ferland, F.(2009). ¿Jugamos? El juego con niñas y niños de 0 a 6 años. Madrid: Narcea.

-Fodor, E.,Morán, M. y Moleres, A. (2009). Todo un mundo de sorpresas. Educar jugando. El niño de 2 a 5 años. Madrid:Pirámide.

-Fraguela,R., Palacios, J. y Varela, L. (1996). Xogos cooperativos e actividades infantís: educar na cooperación no ámbito escolar.Santiago: Lea.

- Frías, C. (2005).Guía para estimular el desarrollo infantil complemento didáctico de estimulación. Sevilla: MAD.

- Frías, C. (2005). Guía para estimular el desarrollo infantil de los 3 a los 6 años de edad. Sevilla: MAD.

- Frías, C. (2005). Guía para estimular el desarrollo infantil de los 45 días al primer año. Sevilla: MAD.

- Frías, C. (2005). Guía para estimular el desarrollo infantil del primero a los tres años de edad. Sevilla: MAD.

-Fusté, S. y Bonastre, M. (2007). Psicomotricidad y vida cotidiana (0-3 años). Barcelona: Graó.

-Garaigordobil,M. (2011). Juegos cooperativos ycreativos para grupos de niños de 4 a 6 años. Madrid: Pirámide.

-García Fernández, P. (2005). Fundamentos teóricos del juego. Wanceulen: Sevilla.

-García Montes, M. E. y Ruiz Juan, F. (2001). Educación motriz a través del juego Infantil: materiales no convencionales. Gymnos: Madrid.

-Gil Madrona, P. (2004). Evaluación de laEducación Física en Educación Infantil. Sevilla: Wanceulen.

-Gil Madrona, P. (2005a). Unidades didácticasde educación física para educación infantil 0-3 años: propuestas yconcrecciones prácticas en realidades de aprendizaje y espacios de acción.Sevilla: Wanceulen.

-Gil Madrona, P. (2005b). Unidades didácticas de educación física para Educación Infantil, 3-6 años. Sevilla: Wanceulen.

-Gil Madrona, P., y Navarro Adelantado, V. (2005). El juego motor en Educación Infantil. Sevilla: Wanceulen.

-Godschmied,E., y Jackson, S. (2007). La educación infantil de 0 a 3 años. Madrid.: Morata.

-Hueso, K (2019). Jugar al aire libre. Barcelona: Plataforma Editorial.

-Huizinga, J. (1972). Homo ludens. Alianza editorial: Madrid.

-Laguía, M.J. y Vidal, C. (2011). Rincones deactividad en la escuela infantil (0 a 6 años). Barcelona: Graó.

-Lleixa, T.(1995). Juegos sensoriales y de conocimiento corporal. Barcelona: Paidotribo.

-Martínez, G. (1998). El juego y el desarrollo infantil. Octaedro: Barcelona.

-Méndez, A. (2003). Nuevas propuestas lúdicas para el desarrollo curricular en Educación Física. Paidotribo: Barcelona.

-Navarro, V. (2002). El afán de jugar. Inde: Barcelona.

-Omeñaca, R. y Ruíz, J. (1999). Juegos cooperativos y E.F. Paidotribo: Barcelona.

-Omeñaca, R., Puyuelo, E. y Ruíz, J. (2001). Explorar, jugar y cooperar. Paidotribo: Barcelona.

-Orlick, J. (1990). Libres para cooperar, libres para crear. Paidotribo: Barcelona.

-Palacios, J. (1998). Jugar es un derecho. Xaniño: A Coruña.

-Palacios, J; Fraguela, R y Varela, L. (1996). Xogos competitivos. Educar na competición no ámbito da educación física. Lea: Santiago.

-Palacios, J; Fraguela, R y Varela, L (1996). Xogos cooperativos e actividades infantís. Educar na cooperación no ámbito escolar. Lea: Santiago.

-Paredes, J. (2003). Juego, luego soy. Sevilla: Wanceulen.

-Pickler, E (2000). Moverse en libertad. El desarrollo de la motricidad global. Madrid: Narcea.

-Ramírez, I. (2009a). 99 juegos deexpresión corporal y musical (3 años). Sevilla: Wanceulen.

-Ramírez, I. (2009b). 99 juegos deexpresión corporal y musical (5 años). Sevilla: Wanceulen.

-Ramírez, I. (2009c). 99 juegos deexpresión corporal y musical para niños de 4 años. Sevilla: Wanceulen.

-Ruiz, LM; Gutiérrez, M; Graupera, J.L.; Linaza, J.L. y Navarro, F. (2001). Desarrollo, comportamiento motor y aprendizaje. Síntesis: Madrid.

-Ruíz de Velasco, A., y Abad, J. (2011). El juego simbólico. Barcelona: Graó.

-Ruiz Juan,F., García López, A., Gómez López, M. y Casado Rodríguez, C. (2002). Motricidad y recreación en Educación Infantil. Almería: Universidad de Almería.

-Ruiz Juan,F., García López, A., Gutiérrez Hidalgo, F., Marqués Escámez, J. L., RománGarcía, R. y Samper Márquez, M. (2008). Los juegos en la motricidad infantil de los 3 a los 6 años. Barcelona: Inde.

-Sher, B. (1996). Juegos estupendos con juguetes improvisados. Martínez Roca: Barcelona.

-Sheridan, M. D. (2011). Play in early childhood. From birth to six years. New York:Routledge.

-Snel, E. (2015). Tranquilos y atentos como una rana. Tu guía práctica de la serenidad. Barcelona: Kairós.

-Stern, A. (2013).  Yo nunca fui a la escuela. Litera: Albuixech.

-Stern, A. (2017). Jugar. Litera:Albuixech.

-Suari, C. (2005). Juegos tradicionales: del currículum a la clase. Wanceulen: Sevilla.

-Silberg, J.(1999). Juegos para hacer pensar a los bebés. Barcelona: Oniro.

-Silberg, J.(2006). Juegos para aprender y estimularlos sentidos. Barcelona: Oniro.

-Silberg, J.(2010). Juegos para desarrollar lainteligencia del bebé. Barcelona: Oniro.

-Silberg, J.(2011). Juegos para hacer pensar a los niños de 1 a 3 años. Barcelona: Oniro.

-Stern, A. (2013). Yo nunca fui a la escuela. Litera: Albuixech.

-Stern, A. (2017). Jugar. Litera: Albuixech.

-Sugrañes,E., y Ángel, M. A. (2007). La educación psicomotriz (3-8 años). Barcelona: Graó.

-Trigo, E. (1989). Juegos motores y creatividad. Padiotribo: Barcelona.

- Vela, P. y Herrán, M. (2019). Piezas Sueltas. Litera: Albuixech.

-V.V.A.A.(2001). 3ª Jornadas. Desafíos del juguete en el Siglo XXI. Valencia: Fundación crecer jugando.

-V.V.A.A.(2008). El juego como estrategia didáctica. Barcelona: Graó.

-V.V.A.A.(2010). 101 juegos de imagen y percepción corporal (3-6 años). Sevilla: Wanceulen.

-Vila, B.y Cardo, C. (2005). Material sensorial (0-3 años). Barcelona: Graó.

-Zukunft-Huber,B. (2001). Gimnasia para bebés. Barcelona: Paidotribo.

REVISTAS DE INTERÉS:

REVISTA AULA DE INFANTIL (https://www.grao.com/es/aula-infantil)

REVISTA IN-FAN-CIA (http://kmelot.biblioteca.udc.es/search*spi/i=1130-6084)

NOTA: esta bibliografía puede ampliarse durante la materia y también complementándola con la bibliografía de la guía docente de la materia de 2º curso de Grado de Educación Infantil "Didáctica de la Expresión Corporal".

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos/652G01004
Didáctica da expresión corporal/652G01020
Deseño de proxectos educativos de 0 a 3 anos/652G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Educación psicomotriz e habilidades motrices/652G01039

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías