Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Atención temperá Código 652G01033
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Fernández Fernández, María Pilar
Correo electrónico
pilar.fernandez1@udc.es
Profesorado
Fernández Fernández, María Pilar
Correo electrónico
pilar.fernandez1@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento das persoas depende da estimulación temperá que se proporciona ao longo dos primeiros anos de vida dado que o que ocorre no primeiro período da infancia é importante para as etapas posteriores; por isto para lograr o máximo desenvolvemento e a integración escolar e social de todas as criaturas, con ou sen dificultades, débese optar por unha intervención de carácter interdisciplinar e preventiva que atenda de maneira global as súas necesidades. Así, a atención temperá supón ir sentando as bases do desenvolvemento procurando o aproveitamento ao máximo de todas as capacidades, para a mellora do proceso de aprendizaxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
A3 Coñecer os fundamentos de atención temperá.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A7 Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.
A9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
A15 Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
A16 Identificar trastornos no sono, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
A17 Colaborar cos profesionais especializados para solucionar ditos trastornos.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
B1 Aprender a aprender.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. A1
Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6 A2
Coñecer os fundamentos de atención temperá A3
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas A4
Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención. Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades. Identificar trastornos no sono, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual. Colaborar cos profesionais especializados para solucionar ditos trastornos. A7
A9
A16
A17
Valorar a importancia do traballo en equipo A29
B5
B18
B24
Aprender a aprender B1
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor B4
Autonomía na aprendizaxe B9
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida C3
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Desenvolver actitudes favorábeis ao desenvolvemento sostíbel A15
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. A Atención Temperá: conceptualización, niveis e marco legal. 1. Bases conceptuais e principios básicos da Atención Temperá.
2. Recorrido histórico do concepto
3. Obxetivos e finalidades
4. Modelos de prevención e intervención en atención temperá
5. Ámbitos ou niveis de intervención temperá.
6 Abordaxe multidisciplinar e servizos na atención temperá
7. Principios básicos e marco legal na atención temperá.
2. A Atención Temperá e a prevención desde o ámbito da educación infantil: mellorando o perfil evolutivo das nenas e nenos. 1. Concepto e principios do desenvolvemento
2. Ambitos do desenvolvemento normativo
3. Necesidades educativas especiais e trastornos do desenvolvemento
4. A prevención de dificultades e a estimulación do desenvolvemento na escola infantil.
5. A importancia do xogo e outras actividades de aula e o seu papel na prevención de dificultades.
3. A avaliación e o diagnóstico precoz en Atención Temperá para a análise e seguimento do desenvolvemento infantil. 1. Avaliar para optimizar o benestar infantil e familiar: fases no proceso de avaliación.
2. A identificación de signos de alerta no desenvolvemento
3.Instrumentos e técnicas básicas para a avaliación do desenvolvemento
4.Sistemas diagnósticos: a importancia do diagnóstico precoz

4. Contexto familiar e Atención Temperá. 1. O sistema familiar como contexto de desenvolvemento e aprendizaxe.
2. O sistema familiar e reaccións ante a discapacidade ou necesidades especiais.
3. Modelos teóricos da intervención centrada na familia.
4. Relación entre a familia e a escola.
5. A intervención en atención temperá: presentación de casos prácticos 1. A ntervención na discapacidade intelectual
2. A intervención en TDAH
3. A intervención en TEA
4. A intervención en trastornos sensoriais
5. A intervención en TEL
6. A intervención en trastornos motóricos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C4 1 0 1
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A3 C3 C8 2 0 2
Aprendizaxe colaborativa A2 A4 A7 A9 A16 A29 B5 B18 B24 8 24 32
Presentación oral A15 B9 C3 2 8 10
Portafolios do alumno A17 B1 B4 C8 2 8 10
Traballos tutelados A3 A9 A15 A29 B5 6 18 24
Estudo de casos A2 A4 A15 A16 A29 B5 B18 B24 5 10 15
Análise de fontes documentais A3 A15 B1 B4 C3 C8 0 14 14
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para obter información relevante que permita articular a docencia a fin de favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os contidos da materia e facilitar a construción da aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, por parte dos grupos de traballo sobre algún dos contidos da materia para optimizar a aprendizaxe individual e do grupo-clase.
Portafolios do alumno De xeito virtual, os estudantes realizarán ao longo do curso un cartafol no que recollerán as cuestións máis significativas das tarefas e actividades de aprendizaxe realizadas (esquemas, presentacións, traballos, lecturas, prácticas, etc.) có fin de facilitar a reflexión e autoavaliacion do proceso formativo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. O alumnado realizará uns plans de intervención no grupo aula que respondan a distintas necesidades de atención temperá.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Revisión de lecturas, documentos audiovisuais, referencias adicionais, etc. que serán facilitadas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados tanto de carácter teórico como práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico e práctico e na elaboración dos informes pertinentes. Todo isto se fará coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A15 A29 B5 O alumnado realizará lecturas, análise, reflexión e síntese ou resolución de preguntas de documentos de interés para a materia, e búsqueda de fontes documentais para a prevención e/ou intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. 20
Presentación oral A15 B9 C3 O alumnado presentará o traballo realizado no grupo pequeno na aula, e propoñerá unha serie de cuestións para o debate e a participación. Valoraranse tanto os aspectos formais como os de contido e os relativos á exposición. 40
Portafolios do alumno A17 B1 B4 C8 O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. O alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas, destacando os casos prácticos, tanto no fomento do desenvolvemento na aula , como nos trastornos do desenvolvemento
40
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non ás clases, hai dúas modalidades de seguir a materia de "Atención Temperá" que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final.


Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levará a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só poderase faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindible ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula. Esta avaliación levarase a cabo a partir de: 

a) Cada grupo presentará o seu portafolio, que incluirá os resumenes e as actividades prácticas do grupo. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades e prácticas propostas e participar no traballo presencial e presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Puntuarase tamén a participación activa en clase. Isto representa un 40 % da cualificación.
b) A exposición oral representa un 40% da cualificación. Será valorada pola/o docente e polo propio grupo-clase.
c) Cada grupo pequeno presentará os traballos tutelados prescritos polo/a docente contando un 20% da cualificación.
 Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar e participar de todas as actividades e tarefas propostas para cada tema mencionadas nos puntos a, b e c. Encada actividade terase que superar o 50 % da cualificación. 
Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.

Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.

1ª CONVOCATORIA: 2ª OPORTUNIDADE

Na Modalidade A, teranse que entregar as actividades que non se realizaron ou non superaron o 50%. A modalidade B mantense igual.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorias seguirase a Modalidade B de avaliación final, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.


NOTA:

Cualificación de suspenso na  convocatoria  en que se cometa fraude na elaboración de tarefas, traballos ou probas,  :o/a  estudiante será cualificada/o con "suspenso"nota de 0, na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta se cometese  na primeira oportunidade como na  segunda. Para isto,  procederase a modificar a  calificación na acta da primera oportunidade, se fose preciso..


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
(). .
Silva Salinas, S. (2004). Atención a la diversidad en educación infantil. Necesidades educativas: Guía de actuación para docentes.. Vigo: Ideaspropias
Sánchez Asín, A. (2001). Atención temperá : núcleos fundamentais para a intervención. . Revista galega do ensino, 32, 151-168
Vidal Lucena, M. (1990). Atención temprana: guía práctica para la estimulación del niño de 0 a 3 años.. Madrid: Ciencias de la educación preescolar y Especial, D.L.
Paniagua, G. y Palacios, J. (2005). Educación infantil: respuesta educativa a la diversidad. . Madrid: Alianza
Empson, J.M., Nabuzoka, D. e Hamilton, D. (2006). El desarrollo atípico infantil: problemas emocionales y conductuales, maltrato infantil, problemas de aprendizaje.. Barcelona: CEAC
Bonilla Morales, E. (2008). El principito en el reino perdido: una experiencia en atención temprana. . Fundación Alpe Acondroplasia
Mallebrera Quiles, C. (2008). Juego, juguetes y atención temprana : pautas para el diseño de juguetes útiles en la terapia psicopedagógica.. Asociación Investigación Industria del Juguete
Maraví Artieda, P. e Elcarte Elcarte, M. P. (2006). La atención temprana: la aventura de ayudar a crecer.. Idea: la revista del Consejo Escolar de Navarra, 22
Gutiez Cuevas, P. (1995). La educación infantil. Modelos de atención a la infancia.. Revista Complutense de Educación, 6 (1), 101-113
López Sánchez, F. (Coord.) (2007). La escuela infantil: observatorio privilegiado de las desigualdades. . Barcelona: Graó
Medrano, G. (1997). La observación sistemática en contextos educativos como medio de formación del maestro de educación infantil.. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 1 (0), 1-6
Croll, P. (2000). La observación sistemática en el aula.. Madrid: La Muralla
Regidor, R. (2003). Las capacidades del niño. Guía de estimulación temprana de 0 a 8 años.. Madrid: Palabra
Grupo de Atención Temprana (2000). Libro Branco da Atención Temperá.. Madrid: R. Patronato de Prevención y de Atención a Personas con Minusvalía
David, M. e Appell, G. (2010). Lóczy, una insólita atención persoal.. Barcelona: Octaedro
Pikler, E. (2004). Moverse en libertad.. Madrid: Narcea
López Sánchez, F. (2008). Necesidades en la infancia y en la adolescencia. Respuesta familiar, escolar y social. . Madrid: Pirámide
Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa.. Madrid: Editorial CCS.
Alpi L. (2003). Adaptación a la escuela infantil: niños, familias y educadores al comenzar la escuela.. Madrid: Narcea.
Aranda, R. E. (Coord.) (2008). Atención temprana en educación infantil. Madrid: Wolters Kluwer
Díaz Quintero, M.M. (2008). Atención temprana y desarrollo infantil. Almería: Asociación Procompal de Profesores Comprometidos con Almería
Perpiñán Guerras, S. (2009). Atención temprana y familia: cómo intervenir creando entornos competentes.. Madrid: Narcea
Candel, I. (1998). Atención temprana. Aspectos teóricos y delimitaciones conceptuales. Revista de Atención Temprana, 1, 9-15.
Millá M.G., e Mulas, F. (Drs.). (2005). Atención Temprana. Desarrollo infantil, diagnóstico, trastornos e intervención.. Valencia: Promolibro.
Gutiez Cuevas, P. (Ed.) (2005). Atención temprana. Prevención, detección e intervención en el desarrollo (0-6 años) y sus alteraciones.. Madrid: Editorial Complutense
Sánchez Asín, A. (1997). Atención temprana. Programa (0-3 años). . Barcelona: Cedecs
García Sánchez, F. A. (2002). Atención temprana: elementos para el desarrollo de un modelo integral. . Bordón, 54 (1), 39-52
Albaladejo, M. (2010). Cómo decirlo. Entrevistas eficaces en el ámbito educativo.. Barcelona: Graó
Gervilla Castillo, M.A. (2006). Didáctica básica de la educación infantil: Conocer y comprender a los más pequeños. . Madrid: Narcea
Asociación Galega de Atención Temperá -AGAT (2005). Documento Marco. Unha proposta aberta para a mellora da Atención Temperá. Asociación Galega de Atención Temperá -AGAT
Juan-Vera, M. J. e Pérez-López, J. (2009). El funcionamiento de un Centro de Desarrollo Infantil y Atención Temprana . Revista interuniversitaria de formación del profesorado, 65, 21-38
Candel, I. (2005). Elaboración de un programa de atención temprana.. Revista de Investigación Psicoeducativa, 3 (3), 14-40.
Godall Castell, T. (2010). Emmi Pikler : la competencia motriz del bebé es posible cuando cambia la mirada del adulto.. Aula de infantil, 53, 5-8
Robles Bello, M y Sanchez Teruel. D (2009). Evaluación e intervencción en atención infantil temprana: hallazgos recientes y casos prácticos . Universidad de Jaén
García Sánchez, F. (1998). Ficha individual de seguimiento para atención temprana: manual guía. Murcia: Federación Murciana de Asociaciones Pro Deficientes Mentales
Pérez Sánchez, M.I. e Lorenzo Rivero, M.J. (2001). IDAT. Inventario de Desarrollo Atención Temprana. Salamanca: Amarú
Serrano, A. M. (2005). Inteligencias múltiples y estimulación temprana: guía para educadores, padres y maestros.. México: Trillas-Eduforma
Gómez Artiga, A., Viguer Seguí, P. e Cantero López, M.J. (Coords.) (2003). Intervención temprana. Desarrollo óptimo de 0 a 6 años.. Madrid: Pirámide.
López Recacha, J. A. (2008). La atención temprana: modelo integrador en el ámbito escolar.. Almería: Corintia
Herrero, M.L. (1997). La importancia de la observación en el proceso educativo. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado,1 (0), 1-4
Falk, J. (Ed.) (2008). Lóczy, educación infantil. . Barcelona: Octaedro
Pérez-López, J. e Brito, A. (Coords) (2004). Manual de Atención Temprana.. Madrid: Pirámide
Clemente Fuentes, J.M. e Sáez Nieto, J.M. (2005). Modelo de evaluación para la Educación Infantil.. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, Instituto Nacional de Evaluación y Calidad del Sistema Ed
Golombok, S. (2006). Modelos de familia. ¿Qué es lo que de verdad cuenta?. . Barcelona: Graó
Viguer Seguí, P. (2003). Optimización evolutiva: fundamentos del desarrollo óptimo. . Madrid, Pirámide
VVAA (1994). Pautas y registros de observación y evaluación. Primer ciclo de educación infanti.. Barcelona:Graó
Valcarce García, A. (2008). Políticas Públicas para la Atención Temprana de la Infancia 0-6 años.. Revista de educación, 347, 141-153
García Sánchez, F. A. (2002). Reflexiones acerca del futuro de la atención temprana desde un modelo integral de intervención. Siglo cero, 33 (2), 200, 5-14
Cabanellas, I. et al. (2007). Ritmos infantiles: tejidos de un paisaje interior. Barcelona: Octaedro
Méndez Zaballos, L. (2000). Tres eran tres : la escuela infantil, la familia y el equipo de atención temprana. . Aula de innovación educativa, 95, 18-21
Sánchez Caravaca, J. (2000). Un programa de prevención y atención temprana desde la Administración educativa.. Revista de Atención Temprana, 3 (1), 29-36.
Altimir, D. (2010). ¿Cómo escuchar a la infancia?. Barcelona: Octaedro

Os temas e as actividades prácticas da materia pódense obter en moodle

Bibliografía complementaria (). .
(). .
Vidal Lucena, M, y Díaz Curiel, C. (2015). Atención temprana: guía práctica. Madrid: CEPE
Robles Bello, M y Sanchez Teruel D (2009). Evaluación e intervencción en atención infantil temprana: hallazgos recientes y casos prácticos. Universidad de Jaén


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega de todas as tarefas-actividades propostas realizarase vía telemática, a través da plataforma Moodle, para contribuír a un desenvolvemento sostíbel, previr impactos negativos sobre o medio ambiente e evitar o esgotamento dos recursos naturais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías