Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Practicum II Código 652G01035
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 36
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Baña Castro, Manuel
Cano López, Pablo
Carballal Miñan, Patricia
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Cotelo Guerra, Dolores
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Espiñeira Bellon, Eva Maria
García De la Torre, Maria del Pilar
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Mendez Garcia, Rosa Maria
Mesías Lema, José María
Mosquera Castro, Estefanía
Otero Otero, Patricia
Rebollo Quintela, Nuria
Rivas Barros, Isabel
Rodriguez Lopez-Vazquez, Alfredo
Santamaría Recio, María Celina
Santorum Paz, Maria Rosa
Varela Garrote, Lara
Vega Marcote, Pedro
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
pablo.cano@udc.es
patricia.carballal@udc.es
maria.castror@udc.es
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
dolores.cotelo@udc.es
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
eva.espineira@udc.es
pilar.gdelatorre@udc.es
m.matov@udc.es
rosa.mendez@udc.es
jose.mesias@udc.es
e.mosquera@udc.es
patricia.otero.otero@udc.es
nuria.rebollo@udc.es
isabel.rivas@udc.es
alfredo.lopez-vazquez@udc.es
celina.santamaria@udc.es
rosa.santorump@udc.es
lara.varela@udc.es
pedro.vega.marcote@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es

CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 36 créditos da materia (900 horas), o 48,8% son de carácter presencial (440 horas) e o 51,1% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (460 horas).
Das 440 horas de carácter presencial, 420 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma a titorías na Facultade.
O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A20 Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no contorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
A59 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A61 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, de ensino e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A64 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se podan establecer nun centro.
A65 Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
A66 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a organización dos centros en que se imparte educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento A19
A20
A31
A66
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, reflexionando desde e sobre a practica, e asumindo a necesidad de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais A23
A63
A65
B1
B3
B8
B9
B15
B17
C4
Participar nas propostas de mellora e innovación nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro A23
A64
C4
C7
Promover e facilitar a aprendizaxe na primeira infancia, desde unha perspectiva global e integradora das súas diferentes dimensións (cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva) A5
A19
A21
A60
A61
B2
B4
B5
B7
B8
B12
C4
C7
Deseñar e planificar proxectos de aprendizaxe que atendan ás singularidades educativas das crianzas, a igualdade de xénero, a equidade e o respecto dos dereitos humanos e do medio A21
A30
B12
B24
C4
Adquirir coñecemento práctico da aula e da xestión de recursos, espazos, tempos e agrupamentos A59
Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula demostrando as destrezas necesarias para favorecer un clima de aprendizaxe e convivencia A6
A60
A65
B23
C1
C3
C4
Desenvolver destrezas e estratexias de seguimento e xestión do proceso de ensino e aprendizaxe en contextos de diversidade A61
B24
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa, e desenvolver habilidades de traballo colaborativo e autónomo A12
A29
A32
A66
B5
B16
B18
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro, aplicando un pensamento crítico, lóxico e creativo A62
B3
B14
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Incidencia da organización das institucións educativs no funcionamento das aulas de educación infantil - Repercusións na vida das aulas da esctrutura e organización do centro.
- Aspectos do funcionamento do centro a ter en conta á hora da programación docente.
-Cultura de centro vs. cultura de aula.
A concreción do curriculo da educación infantil de acordo coas características dos contextos e das culturas dos destinatarios - Grao de conherencia e contextualización dos diferentes documentos do centro: Decreto de curriculo, programación de ciclo e programaicón de aula.
- O currículo como proxecto formativo, integrado e emancipador: as unidades didácticas, os centros de interese, os proxectos de aprendizaxe, etc.
A planificación didáctica e o deseño de unidades e proxectos de aprendizaxe comprensivos, globalizados e favorecedores do desenvolvemento integral das persoas -O deseño disciplinar e interdisciplinar na educación infantil.
-O deseño de proxectos de aprendizaxe contextualizados nos intereses do alumnado e que promovan a sostibilidade.
-A planificación de tarefa simples e complexas atendendo á diversidade presente na aula.
O desenvolvemento curricular na aula de educación infantil como marco de referencia para a aprendizaxe ao longo da vida - Principios de procedemento didácticos para a organización da vida na aula
- Culturas escolares e procesos de comunicación emerxentes nas aulas
- Usos críticos dos recursos e materiais curriculares na educación infantil
- A titoría (individual/grupal) como elemento dinamizador e de conexión entre os centros e as familias
- A avaliación de aprendizaxes como avaliación educativa e auténtica
A reflexión sobre a práctica realizada (observación e intervención) como ferramenta para a innovación e a mellora - O interese pola avaliación do currículo deseñado e desenvolvido
- Deseño de écnicas e estratexias de recollida de información para a reflexión sobre a práctica tomando como referencia os discursos dos mestres e dos alumnos
- A elaboración de informes científicos portadores de liñas de mellora contextualizadas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno A31 A62 A64 A66 B1 B3 B4 B9 B14 B17 C4 C7 C8 0 400 400
Análise de fontes documentais A30 A31 A62 A64 A66 0 60 60
Eventos científicos e/ou divulgativos A20 A29 A60 A62 A66 B3 B15 B16 B18 4 4 8
Seminario A20 A29 A60 A62 B1 B3 B5 B9 B17 B18 C4 C7 10 0 10
Saídas de campo A5 A6 A12 A19 A20 A21 A23 A29 A30 A32 A59 A60 A61 A63 A65 B2 B5 B7 B8 B12 B15 B16 B18 B23 B24 C1 C3 C4 C7 420 0 420
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno É un cartafol ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado no Practicum ou o seu rexistro.
O portafolios inclúe todo o que fai cada alumno/a, como apuntamentos ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do seu progreso realizados polos titores etc.
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá a un evento científico e/ou divulgativo de profesionais e expertos no ámbito da Educación Infantil, que presentarán experiencias innovadoras desenvoltas nesta etapa educativa. A realización destes eventos dependerá da existenza do orzamento necesario.
Seminario 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección de centro (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo feito ata o momento polo alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
- Ao finalizar a estadía no centro, de seguimento para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 420 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc. Así mesmo realizarase o deseño dun proxecto de aprendizaxe que se desenvolverá e avaliará na súa totalidade, ou en parte, segundo o determine o titor/a da institución. Se o alumno/a cursa a modalidade combinada (0-3 e 3-6 anos) os titores/as de ambas institucións colaboradoras, realizarán a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula ata a metade da porcentaxe sinalada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Portafolios do alumno
Análise de fontes documentais
Seminario
Descrición
- O titor/a do centro supervisará e orientará o traballo de observación e recollida de información do alumnado durante a súa permanencia no centro.

- O/a Titor/a da Facultade realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro. Este contacto servirá para constatar a recepción da documentación, comunicar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foren necesarios.

-O/a Titor/a da Facultade realizará os contactos que estime oportunos e necesarios co titor/a do centro durante o período do Practicum para o mellor desenvolvemento do mesmo.

- Un dos contactos co centro terá obrigatoriamente forma de visita.

- Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A5 A6 A12 A19 A20 A21 A23 A29 A30 A32 A59 A60 A61 A63 A65 B2 B5 B7 B8 B12 B15 B16 B18 B23 B24 C1 C3 C4 C7 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 40
Portafolios do alumno A31 A62 A64 A66 B1 B3 B4 B9 B14 B17 C4 C7 C8 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios:
-Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
Orixinalidade da proposta
40
Eventos científicos e/ou divulgativos A20 A29 A60 A62 A66 B3 B15 B16 B18 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado ao evento científico e/ou divulgativo cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións.
-Calidade das achegas á hora de expoñer o contido das diferentes sesións así como a pertinencia e madurez das reflexión persoais ao respecto.
10
Seminario A20 A29 A60 A62 B1 B3 B5 B9 B17 B18 C4 C7 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
10
 
Observacións avaliación

a) Requisitos para superar a materia:

1. Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas pedagóxicas e portafolios.

b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):

1. As practicas  pedagóxicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.

2. Os seminarios e as xornadas non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.

3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.

c) Cualificacións:

1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.

2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

3. Non realizar as practicas pedagóxicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.

4. No
caso de non presentar o portafolio tendo as prácticas pedagóxicas
superadas supón obter como máximo a cualificación de suspenso 4.

5. No
caso de que os eventos científicos e/o divulgativos non se realizaran o
dez por cento da cualificación asignada a este apartado se sumará ao
portafolio.

6. A asistencia e a calidade das achegas a eventos científicos avalíanse conxuntamente, non podendo estar desvinculados un do outro. Para unha avaliación positiva neste apartado o alumno/a terá que asistir e facer as achegas.


Fontes de información
Bibliografía básica

Desarrollo de escuelas inclusivas

. Madrid: Narcea.

Antúnez, S., Del Carmen, L. M., Imbernón, F., Parcerisa, A., & Zabala, A. (2005). Del proyecto educativo a la programación de aula. Barcelona: Graó.

Apple, M. W. (1996). Política cultural y educación. Madrid: Morata.

Apple, M. W., & Beane, J. A., (Comps),. (1997). Escuelas democráticas. Madrid: Morata.

Bernstein, B. (1989). Clase y pedagogías visibles e invisibles. In J. Gimeno Sacristán & Á. Pérez Gómez (Eds.), La enseñanza: su teoría y su práctica (pp. 54-72). Madrid: Akal Universitaria.

Bolívar, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesas y realidades. Madrid: La Muralla.

Bruner, J. (1987). La importancia de la educación. Barcelona: Paidós.

Coll, C., Martín, E., Mauri, T., Miras, M., Onrubia, J., Solé, I., et al. (1993). El constructivismo en el aula. Barcelona: Graó.

Edwards, D., & Mercer, N. (1988). El conocimiento compartido: el desarrollo de la compresión en el aula. Barcelona: Paidós.

Fernández Enguita, M. (1999). La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro. Madrid: Morata.

Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid: Morata.

Fernández Pérez, M. (1994). Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid: SXXI.

Freire, P. (1985a). La naturaleza política de la educación. Barcelona: Paidós.

Freire, P. (1985b). Pedagogía del oprimido. Madrid: Siglo XXI.

Gimeno Sacristán, J. (1997). El currículum: una reflexión sobre la práctica. Madrid: Morata.

Gimeno Sacristán, J., & Pérez Gómez, Á. I., (Comps),. (1997). Comprender y transformar la enseñanza. Madrid: Morata.

Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y postmodernidad (cambian los tiempos, cambia el profesorado). Madrid: Morata.

Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Octaedro.

Hernández, S., & Ventura, M. (1992). La organización del currículo por proyectos de trabajo. Barcelona: Graó.

Jackson, P. W. (1996). La vida en las aulas. Madrid: Morata.

Kemmis, S., & Mctaggart, R. (1996). Cómo planificar la investigación-acción. Barcelona: Laertes.

Parra Ortiz, J. M. (2010). Manual de Didáctica de la Educación Infantil. Madrid: Gadeta Editorial.

Perrenoud, P. (1996). La construcción del éxito y el fracaso escolar. Madrid: Morata.

Rodicio García, M. L., & Iglesias-Cortizas, M. J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid: Biblioteca Nueva.

Sánchez Blanco, C. (1994a). El desarrollo de actitudes en Educación Infantil. Zaragoza: Edelvives.

Sánchez Blanco, C. (1994b). La cooperación en Educación Infantil. A Coruña: Universidade da Coruña.

Sánchez Blanco, C. (2000). Dilemas de la educación infantil. Vol. 1. Sevilla: MCEP.

Sánchez Blanco, C. (2001). De la educación infantil y su crítica: Reforma, investigación e innovación y formación del profesorado. Vol. 2. Sevilla: MCEP.

Sánchez Blanco, C. (2006). Violencia física y construcción de identidades: propuestas de reflexión crítica para las escuelas infantiles. Barcelona: Graó.

Sánchez Blanco, C. (2009). Peleas y daños físicos en la educación infantil. Bos Aires: Miño y Dávila.

Santos Guerra, M. Á. (1990). Hacer visible lo cotidiano: teoría y práctica de la evaluación cualitativa de los centros escolares. Madrid: Akal.

Schön, D. A. (1992). La formación de profesionales reflexivos: hacia un nuevo diseño de la enseñanza y el aprendizaje en las profesiones. Barcelona: Paidós.

Stainback, S., & Stainback, W. (2001). Aulas inclusivas: un nuevo modo de enfocar y vivir el currículo. Madrid: Narcea.

Steinberg, S. R., & Kincheloe, J. L., (Comps),. (2000). Cultura infantil y multinacionales. Madrid: Morata.

Stenhouse, L. (2003). Investigación y desarrollo del currículum. Madrid: Morata.

Torres Santomé, J. (2001). Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid: Morata.

Torres Santomé, J. (2005). El currículum oculto. Madrid: Morata.

Torres Santomé, J. (2006a). Globalización e interdisciplinariedad: el currículum integrado. Madrid: Morata.

Torres Santomé, J. (2006b). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata.

Trillo, F., & Sanjurjo, L. (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: Homo Sapiens.

Bibliografía complementaria

Cantón, I., (Coord.),. (2009). Narraciones de la escuela. Barcelona: Editorial Davinci.

Cantón, I., (Coord.),. (2010). Narraciones de maestros. Barcelona: Editorial Davinci.

Diez Navarro, C. (2003). El piso de abajo de la escuela. Barcelona: Graó.

McCourt, F. (2005). El profesor. Madrid: Maeva.

Pennac, D. (2008). Mal de escuela. Barcelona: Mondadori.

Tonucci, F. (1988). Niño se nace. Barcelona: Barcanova.

Tonucci, F. (1989). Cómo ser niño. Barcelona: Barcanova.

Tonucci, F. (1993). La soledad de los niños. Barcelona: Barcanova.

Tonucci, F. (1994). Con ojos de niño. Barcelona: Barcanova.

Tonucci, F. (2003). Cuando los niños dicen ¡Basta! Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías