Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Pedagoxía da expresión musical Código 652G01036
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura está encamiñada a proporcionar aos graduados en Educación Infantil os fundamentos psicopedagóxicos, as estratexias didácticas e os procedementos necesarios para programar os contidos Musicais do currículo de Educación Infantil.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Manteránse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través do Teams.

*Metodoloxías docentes que se modifican.
Non é preciso modificar ninguna metodoloxía.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
En caso de situacións de alarma, atenderase ao alumnado en horario de titorías, e noutros horarios, tanto a través do correo electrónico como da plataforma TEAMS.
4. Modificacións na avaliación.
Non hai modifiacións, xa que está prevista unha avaliación continua. A correspondente presentación do traballo final farase de forma virtual.

*Observacións de avaliación:
Non hai

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non hai modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
B1 Aprender a aprender.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal. A54
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. A55
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. A57
Aprender a aprender. B1
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. B22
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I
Coñecer as novas correntes pedagóxico-musicais e a visión das máis divulgadas metodoloxías musicais.
1.1.- Evolución da pedagoxía musical
1.2.- Método Dalcroze
1.3.- Método Kodaly
1.4.- Método Orff
1.5.- Método Willems
1.5.- Método Martenot
1.6.- Método Ward
1.7.- Método Suzuky
1.8.- Wuytack
1.9.- Tendencias actuais
MÓDULO II
Coñecer os principios da Educación Musical escolar, aplicando os métodos e sistemas actuais de Pedagoxía Musical.
2.1.- Aplicación didáctica e práctica das diferentes metodoloxías de Educación Musical
2.2.- Educación Musical inclusiva

MÓDULO III
Aprender a ensinar e a expresarse e comunicarse utilizando códigos, recursos expresivos e técnicas básicas propias da Linguaxe Musical.
3.1.- Adquirir recursos didácticos para o desenvolvemento auditivo, rítmico e vocal e ser capaz de manifestarse a través de códigos musicais.
MÓDULO IV
Desenvolver habilidades técnicas para a correcta interpretación de sinxela obras musicais interpretadas con voz, frauta de pico e instrumental Orff.
4.1.- Aprender a ensinar o modo de expresarse musicalmente a través dos instrumentos musicais escolares.
MÓDULO V
Aprender cómo ensinar a interpretar danzas populares e xogos infantis a través da expresión corporal.
5.1.- Aprender a fomentar as capacidades perceptivo-motrices mediante actividades de movemento e expresión corporal.
MODULO VI: Introducción ás TIC e novas tecnoloxías aplicadas ao ensino musical. 6.1. Secuenciación MIDI.
6.2. Edición de partituras.
6.3. Edición de audio.
6.4. Transferencia de arquivos.
6.5. Emprego de programas software libre

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A54 A55 B1 B22 B25 C3 3 15 18
Proba mixta A54 B1 C7 1 4 5
Obradoiro A54 A55 C7 14 14 28
Investigación (Proxecto de investigación) A57 C8 1 11 12
Sesión maxistral B1 B22 C7 C8 10 20 30
Prácticas a través de TIC A57 B1 B25 1 2 3
Lecturas A57 B1 B22 1 5.5 6.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do cándo, qué e cómo facer as cousas. Basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Esta proba realizaráse en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do/a docente), de entre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e medirán (solfexo), cantaránse a capella e interpretaránse con frauta.
Obradoiro Momentos de traballo presencial có profesor/a, polo que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverán se indicará en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
En xeral consistirá na interpretación de diferentes partituras de Conxunto Instrumental baixo a dirección do profesor/a. Será necesario obter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para superar este apartado. Implica a obligatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado.
Dado que se trata dunha práctica grupal, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados.
Investigación (Proxecto de investigación) Plantearáse un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profeso/ar guiarán ao discente no proceso de realización. Para elo plantearánse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Sesión maxistral Nas sesións magistrais traballaránse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada có uso de presentacións, actividades dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizaráse unha exposición xeral introductoria de cada un dos distintos temas do programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar có seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Prácticas a través de TIC Emprego de recursos informáticos tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a investigación, onde se deberá facer unha análise estadística dos resultados.
As Tic tamén se poden empregar como recurso complementario para a práctica do dictado musical.
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que van recollendo e editando como fonte de profundización nos contidos traballados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Para a súa realización é importante consultar có profesor/a os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso para asegurar a calidade dos traballos dacordo aos criterios que se indicarán. O seguemento farase preferentemente de forma individualizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A54 A55 C7 Momentos de traballo presencial có profesor/a que implica unha participación obrigatoria por parte do alumnado. 25
Proba mixta A54 B1 C7 Proba que integra diferentes formas de comprobar si a aprendizaxe foi significativa. Constará de varias partes:
a.- Lectura e medida (solfeo). (25%)
b.- Entoación a capella. (30%)
c.- Interpretación con frauta de pico. (30%)
d.- Emprego de TIC aplicadas a E. Musical. (15%)

Este apartado irase avaliando nas clases diarias. Só deberá realizar o exame final o alumnado non presencial ou aquel que non supere o mínimo de asistencia.
25
Traballos tutelados A54 A55 B1 B22 B25 C3 As orientacións iniciais do profesor/a guiarán ao alumnado no proceso do traballo, permanecendo ao seu lado para as consultas necesarias. 25
Investigación (Proxecto de investigación) A57 C8 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia na que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Emprego adecuado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario obter un 5  en cada un dos
apartados  anteriores. No caso contrario non se fai media.

Na parte de Obradoiro, como se trata dunha interpretación instrumental
grupal, o estudante que non poida realizar as 10 prácticas mínimas
obrigatorias (por ser alumnado con dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica) deberá vir á proba acompañado como mínimo de catro
persoas. No caso de non ser posible isto, o discente examinaráse cun
acompañamento instrumental das pezas en formato dixital realizado por
él. En todos os epígrafes a porcentaxe da avaliación será a mesma que a
do alumnado asistente, que é a que figura en cada un dos apartados das
probas, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes
como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación,
así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación,
excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá redución de puntos
sobre a nota
obtida.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das
materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras
áreas
comúns da Facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado
a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e esté libre)
có fin de realizar os ensaios de frauta  e da
coreografía nese espazo.

En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. En caso de reiteración,
daráse traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Os traballos
serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando
imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais.


Fontes de información
Bibliografía básica SANJOSÉ HUGUET, V (1997). Didáctica de la Expresión Musical para maestros. Valencia:Piles
SCHOLZ, L (1981). Educación musical en Hungría. (Revisión española de M. Angulo).. Budapest: Real Musical/Corvina Kiad.
ALSINA, P. (1997). El área de la educación musical: propuestas para aplicar en el aula. . Barcelona:Graó
WILLEMS, E. (1981). El valor humano de la educación musical. Barcelona: Paidós
CHAO FERNÁNDEZ; R. (2005). Fundamentos didácticos de los métodos pedagógicos del siglo XX a la actualidad.. Vilalba: Conservatorio Municipal.
ROMÁN-GARCÍA, S. (2017). JalMus. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 70, pp. 76-78
WILLEMS, E. (1979). Las bases psicológicas de la educación musical. . Buenos Aires: Eudeba.
ROMÁN-GARCÍA, S. (2016). LenMus. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 69, pp. 79-80
HEGYI, E. (1999). Método Kodály de solfeo vol. I y II. . Madrid: Pirámide
ROMÁN-GARCÍA, S. (2016). MuseScore. Eufonía. Didáctica de la Música, vol. 67, pp. 74-76
SWANWICK, K. (1991). Música, pensamiento y educación. . Madrid: Morata M.E.C.
HEMSI DE GAÍNZA, V. (2002). Música: amor y conflicto. Diez estudios de psicopedagogía musical. Buenos Aires. Lumen
SANUY, M. y GONZÁLEZ SARMIENTO, L. (1969). ORFF Shulwert. Música para niños. . Madrid: Unión Musical Española.
SANUY, M. y GONZÁLEZ SARMIENTO, L. (1969). ORFF Shulwert. Música para niños. Introducción.. Madrid: Unión Musical Española.
HEMSI DE GAÍNZA, V. (2002). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa.. Buenos Aires. Lumen
MARTENOT, M. (1993). Principios fundamentales de formación musical y su aplicación. . Madrid: Rialp.
Bibliografía complementaria

AZNAREZ BARRIO, J.J. (1.991): Juegos de preescritura y prelectura musical I, II, III y V. Primeros dictados. Serie música para todos. Pamplona.

AZNAREZ BARRIO, J.J. (1.992): Primeros juegos musicales. Serie música para todos. Pamplona.

AZNAREZ BARRIO, J.J. (1.992): Didáctica del lenguaje musical. Serie música para todos. Pamplona.

BASSI, E.P. (1964). La ritmica integrale di Laura Bassi e il ritmogramma. Brescia: La Scuola.

CASALS Y CLOTET, J. (1993): “El método Irineu Segarra”. En Música y Educación 3, nº 16 Pp. 51-74.

CHAILLEY, J. (1967). Valor educativo de la formación musical. París: Leduc

DÍAZ, M. (2002). “La música en el currículum de primaria”. En Aula 112, junio. Barcelona: Grao. Pp.8-10.

ELIZALDE, L., con la colaboración de Eva García- Bernalt (1983). Pedagogía del canto escolar (volumen I, II y III)Madrid: Publicaciones Claretianas.

FORRAI K., FRISS G. y OTROS. (1981). Educación musical en Hungría. (Revisión española de M. Angulo). Madrid: Real Musical.

GÓMEZ ALEMANY, I. y VILAR MONMANY, M. (2003). “Diez años de formación de maestros de música”. En Eufonía nº 28. Barcelona: Grao. Pp. 56-64.

HURTADO, J. (2003). “Muchas leyes y pocas notas. Reflexiones de un maestro”. En Eufonía 28. Barcelona: Grao. Pp. 20-28.

KODALY, Z. (1946). II ruolo del canto popolare nella música russa e ungherese.

LUCATO, M. (1997). “La metodología Kodály aplicada a la escuela primaria”. En Revista electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 1(0). [Disponible en http://www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/ edmuspla.htm]

MARTENOT, M. (1967). Méthode Martenot. Paris: Leduc.

MIRET, J. y REYZABAL, Mª.V. (1990). “La propuesta”. En Cuadernos de Pedagogía, 181, mayo.

ORIOL, N. PARRA, J.M. (1979). La Expresión Musical en la educación básica. Madrid: Alpuerto.

PERETTI, M. (1.980). Pedagogía ed esperienza musicale. Brescia: La Scuola.

PERETTI, M. (1956). El problema del método educativo. Brescia: La Scuola.

PIERRETTE, M. (1974). Bartók. Madrid: Espasa Calpe S.A.

ROCH, J. (2000). “Educar mediante la música”. En Barcelona, Metrópolis Mediterránea 49. [Disponible en http://www.publicacions.bcn.es/bmm/49cs index.htm]. Pp 4-7 (3/10/05).

SEGARRA, I. (1975). El meu llibre de música. (6 tomos). Barcelona: Publicacions de I´Abadia de Monserrat.

SMALL, CH. (2003). “Exploración, afirmación y celebración”. En Eufonía nº 28. . Barcelona: Grao. Pp. 8-19.

SOLER FIERREZ, E. (1986). El despertar de los sentidos. Madrid: Escuela española.

WARD, J. (1964). Método Ward. Pedagogía musical escolar. París: Desclee & C.

WILLWMS, E. (1979). II ritmo. Brescia: La Scuola.

WUYTACK, J. (1988). Musicograma. Vigo: Asociación de Pedagogía Musical.

----, (1996). Ejercicios y Partituras (12 cuadernos) Madrid: Unión Musical

REVISTAS

Didáctica de la música: Clases prácticas. Revista trimestral de Pedagogía musical. Ediciones C.I.D.M. Benavente (Zamora).

Eufonía. Didáctica de la música. Edtoria. GRAO. Barcelona.

Isme: Revista Internacional de Educación Musical. Ediciones diversas.

Keyboard: Revista de música y tecnología. Ed. Música y tecnología. Barcelona.

Música y Educación: Revista trimestral de Pedagogía musical. Apdo. 46230 Madrid.

Música y Tecnología: Revista bimestral de informática musical. Córcega, 89, entlo. , 08029 Barcelona.

Música Terapia y Comunicación: Revista semestral de musicoterapia. MI-CI- Bilbao.

Páginas WEB de interés:

http://www.aulamusical.com/pedagog.html

http://www.hermex.es/musica/

http://80.34.38.142/bivem/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.