Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Matemáticas na vida Código 652G01040
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Correo electrónico
m.matov@udc.es
Profesorado
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Correo electrónico
m.matov@udc.es
Web http://m.matov@udc.es
Descrición xeral Esta materia pretende preparar ao estudante de E. Infantil para que, nun futuro inmediato, contribúa á formación integral dos seus alumnos cultural, social, económica e tecnolóxicamente; esperte o interese e o gusto pola matemática, de forma tal que se logre que o binomio: "Coñecementos na aula – vida cotiá; se desenvolva armónicamente. Axude a que o alumno sexa creativo, crítico e construtor do seu propio coñecemento matemático en función da realidade construíndo unha ponte entre as matemáticas e a vida diaria.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteránse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través do Teams.


*Metodoloxías docentes que se modifican
Non é preciso modificar ninguna metodoloxía.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
En caso de situacións de alarma, atenderase ao alumnado en horario de titorías, e noutros horarios, tanto a través do correo electrónico como da plataforma TEAMS.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modifiacións, xa que está prevista unha avaliación continua. A correspondente presentación do traballo final farase de forma virtual.


*Observacións de avaliación:
Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións



Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A34 Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.
A35 Comprender as matemáticas como coñecemento sociocultural.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Reflexionar a partir da práctica escolar matemática sobre o desenvolvemento profesional. A6
A19
Descubrir que as matemáticas están íntimamente relacionadas coa realidade e coas situacións que nos rodean, non so na institución educativa, senón tamén na vida fora dela. A35
B1
C5
Procurar que as matemáticas esperten nos alumnos curiosidade, interese e gusto. A40
A62
Crear nos estudantes a necesidade de acudir ás matemáticas para achar solucións aos problemas cotiás. A30
Reflexionar a partir da práctica escolar matemática sobre o desenvolvemento profesional. A6
A19
Fomentar a construción de aprendizaxe matemático a través da música, dos contos, das cancións, da expresión plástica, da cesta da compra e da cociña mediante actividades lúdicas. A34
A35
A36
A37
A51
A54
A58
B1
C7
Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable. A39
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A33
Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación. A41
Autonomía na aprendizaxe. B9
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. B3
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. B4
Capacidade de análise e síntese A10
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
C3
C6
C8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B10
B11
C1
Traballar de forma colaborativa. B2
B5
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. B5

Contidos
Temas Subtemas
As matemáticas na cesta da compra e na cociña -Códigos de barras.
-Análise das ofertas.
-Análise e comparación dos envases.
-Variación dos prezos.
-Análise dos recibos.
-Medidas de masa e capacidade.
-Formas dos utensilios.
-Deseño dunha cociña.
-A enerxía dos electrodomésticos.
-Planificación do gasto.
As matemáticas dos contos e das cancións -A narración e a fantasía.
-O tempo como sucesión de acontecementos.
-Propiedades e relación de obxectos e coleccións.
-Cantidades discretas, continuas.
-O espacio e a formas.
-A medida.
As matemáticas na música -Os Pitagóricos.
-Exemplos históricos das matemáticas na música.
-Escalas, ritmos, compases, instrumentos, notas.
-O contraste: rápido/lento, grave/agudo, longo/corto….a danza.
-A matemáticas e a música na Educación Infantil.
As matemáticas na expresión plástica -A cor.
-As construcións.
-Os puzzles.
-Os laberintos.
-As formas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A6 B1 B2 B3 1 4 5
Aprendizaxe colaborativa A10 A19 A30 A34 A36 A39 A58 B3 B4 B5 B9 C6 20 38 58
Lecturas A35 A37 A51 A54 B1 B10 C1 C7 2 9 11
Presentación oral C1 C4 1 4 5
Sesión maxistral A40 A41 A62 B25 4 12 16
Análise de fontes documentais A33 A35 A36 A37 2 5 7
Prácticas a través de TIC B11 C3 C5 C8 1 7.5 8.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación e contextualización dos temas.
Actividades de xustificación e motivación.
Detección do coñecemento que posúe o alumnado sobre o tema, a través de distintos procedementos: debate, tormenta de ideas, etc.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial y/ou apoiados con tecnoloxías da información e a comunicación, que se basa na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Lecturas Serán previamente indicadas na aula e serven de complemento ou ampliación dos temas tratados.
Presentación oral Exposición do proxecto de investigación.
Sesión maxistral Exposición xeral introductoria de cada un dos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal e coas oportunas orientacións bibliográficas.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos.
Prácticas a través de TIC Presentación e traballo sobre diferentes ferramentas TIC, principalmente baseadas en Internet. Os alumnos deberán familiarizarse con estes materiais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Lecturas
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C4 Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 12.5
Prácticas a través de TIC B11 C3 C5 C8 Valorarase o material empregado, as destrezas e orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interés dos contidos. 12.5
Aprendizaxe colaborativa A10 A19 A30 A34 A36 A39 A58 B3 B4 B5 B9 C6 Valorarase a sua adecuación ós obxetivos previstos para cada traballo en concreto, así como a participación, interese, esforzo, actitude... 75
 
Observacións avaliación

Dependendo da participación dos estudantes na materia,
hai dúas opcións para facer a avaliación:

Opción A. Avaliación continua. Para estudantes que
seguen o sistema ECTS, os que asistan / participan regularmente en actividades
de clase. Neste caso, o sistema de avaliación será o descrito anteriormente.
Por iso, é obrigatorio asistir ás clases (polo menos o 85% das horas presenciais).

 

Opción B). Os estudantes con dispensa académica de
exención de asistencia ou que non asistan o 85% das horas presenciais, serán
avaliados a través de dous traballos individuais: un proxecto de investigación
(40%) e a súa correspondente exposición oral (5%) coa axuda de tics (5%), sobre
matemáticas na educación infantil e un exame teórico-práctico (50%).

Nos traballos de avaliación que se entregan, os
contidos incluídos deberán referenciarse adecuadamente ao longo do traballo e
na sección de referencias empregando certos estándares. O texto literal debe
ser declarado usando estas regras. No parafraseamento deberán figurar as fontes
orixinais das ideas que se van elaborar. A presenza de fontes científicas no
traballo é un sinal de credibilidade que é un requisito esencial para demostrar
a excelencia académica.

 

Recoméndase consultar:

 

http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html

 

Hai que evitar o plaxio.

 

As citas e referencias a calquera texto deben declarar
o uso literal do texto ou as ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a
orixe. ESTUDIOS DE GRAO UNIVERSITARIO E GRAO, aprobado polo Consello de Goberno
o 19 de decembro de 2013 e modificado o 29 de xaneiro de 2015, afirmando que
"na realización de traballos, plaxio e uso de material non orixinal,
incluída a obtida a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e,
se é o caso, o permiso do seu autor, pode considerarse causa de suspenso na
actividade".

 A nota final será a media das cualificacións obtidas,
solicitando en cada unha delas unha cualificación igual ou superior a 5 de cada
10.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
ARBONÉS, J. y MILRUD, P. ((2011) ). La armonía numérica. Música y matemáticas. España: RBA
ZALAMEA, F. ((2008) ). La creatividad en las matemáticas y en las artes plásticas: conceptografía de transferencias y obstrucciones a través del sistema peirceano. Utopía y Praxis Latinoamericana, 13(40), 99-109
CABELLO SALGUERO, M.J. ((2011) ). Aprender jugando en educación infantil. Pedagogía Magna, (11), 164-170
MATO, M.D. ((2018)). Aprender para enseñar matemáticas en Educación Infantil. PEARSON EDUCACIÓN S.A.
PÉREZ GÓMEZ, R. ( (1997) ). Arte y matemáticas. Aula de innovación educativa, (58), 12-14
MARÍN RODRÍGUEZ, M. ((2003) ). Cuentos para aprender Matemáticas. ACTAS III Jornadas Provinciales de Matemáticas. Consejería de Educación de la Comunidad de Madrid. M
CONE BRYANT, S. ( (1993) ). El arte de contar cuentos. . Barcelona: Hogar del Libro
ALSINA, A. ( (2012) ). Hacia un enfoque globalizado de la educación matemática en las primeras edades. . Números, (80), 7-24
MATO, M.D. ((2014) ). La afectividad hacia las matemáticas. Madrid: Editorial White Tiger Books.
PELEGRÍN, A. ( (2004) ). La aventura de oír. Cuentos tradicionales y literatura infantil. Madrid: Anaya
CORBALÁN, F. ((2002) ). La matemática aplicada a la vida cotidiana. Barcelona: Graó
BALBUENA, L. y COBA, M.D. ( (1992) ). La matemática recreativa vista por los alumnos. Granada: Proyecto Sur.
PERALTA CORONADO, F.J. ((1998) ). Las matemáticas en el arte, la música y la literatura. Tendencias pedagógicas, (2), 235-244
COMAP ((1999) ). Las matemáticas en la vida cotidiana. Madrid: Addison-Wesley
CORBALÁN F. ( (2007) ). Matemáticas de la vida misma. Barcelona: Graó.
RUIBAL, K. ( (2004) ). Matemáticas en la cocina. La Coruña: Club matemático Durán Loriga
EDO, M. ( (2008) ). Matemáticas y arte en educación infantil . Uno: Revista de didáctica de las matemáticas, 47, 37-53
ALONSO TAPIA, J. ( (2005)). Motivar en la escuela, motivar en la familia. Madrid: Morata.
LIERN, V. y QUERALT, T. ((2008) ). Música y Matemáticas: la armonía de los números. Badajoz: FESPM
FESPM. LURIE, A. ( (2004) ). Niños y niñas eternamente: los clásicos infantiles desde Cenicienta hasta Harry Potter. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez
ALSINA, A. ( (2014) ). Procesos matemáticos en educación infantil: 50 ideas clave. Números, (86), 5-28
CÉZAR, R. F., HARRIS, C. y PÉREZ, C. A. ( (2014) ). Propuestas para el tratamiento de la Competencia Matemática y de Ciencias a través de la literatura infantil en Educación Infantil y Primaria. . Números, (85), 25-39
TRUEBA MARCANO, B. ( (2000) ). Talleres integrales en educación infantil. Una propuesta de organización del escenario escolar. Madrid: Ediciones de la Torre

Bibliografía complementaria

Los estudiantes tienen a su disposición multitud de recursos que completan estas referencias en la plataforma Moodle.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 Recoméndase enviar os traballos por vía electrónica e, se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión
 a dobre cara, usar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facer un uso sostible dos recursos e previr os impactos negativos no medio natural.

Hai que ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade no comportamento persoal e profesional.

Recoméndanse os seguintes libros:

MATO, M.D. (2014). La afectividad hacia las matemáticas. Madrid: White Tiger Books.

MATO, M.D. (2017). Aprender para enseñar matemáticas en Educación Infantil. Madrid: Pearson Educación S.A.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías