Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Didáctica da educación ambiental e para a sustentabilidade Código 652G01041
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Vega Marcote, Pedro
Correo electrónico
pedro.vega.marcote@udc.es
Profesorado
Vega Marcote, Pedro
Correo electrónico
pedro.vega.marcote@udc.es
Web
Descrición xeral Ante a actual degradación do medio, o reto é que o alumnado, futuros docentes, e que actúen sosteniblemente. Necesítase adquirir un coñecemento e unha capacidade para actuar a favor do medio, que permita desenvolvernos sen crecer máis aló dos nosos límites, polo que unha eficaz relación entre sostenibilidad e educación é un dos desafíos máis urxentes e necesarios.
Por iso, esta asignatura Didáctica da Educación Ambiental e para a Sustentabilidade-introduce a xestión sostenible no currículo e permite salvar a distancia entre a teoría e a práctica, capacitando ao alumnado para tomar decisións orientadas cara á sostenibilidad, así como deseñar, desenvolver e evaluar propostas didácticas para tratar a problemática socioambiental nesta etapa educativa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A15 Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A38 Coñecer os momentos máis sobresaíntes da historia das ciencias e as técnicas e a súa trascendencia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A33
B1
B2
B3
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. A36
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. A38
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. A40
Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente. B13
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B6
C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A39
A41
B5
B10
B11
B12
C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B25
C1
C3
C8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. A32
B16
B17
B18
Elaborar propostas didácticas que teñan en conta os principios do desenvolvemento sustentable A13
B13
C4
Valorar a importancia de concienciarse e adquirir os coñecementos necesarios para actuar sustentablemente e saudablemente A13
A15

Contidos
Temas Subtemas
- Educación ambiental e desenvolvemento sustentable . Perspectiva histórica da educación ambiental (EA). A súa repercusión nas aulas
. Principios, metodoloxía e finalidades de la educación ambiental
. Marco de referencia da EA: o medio como sistema, a complexidade ambiental, a globalización e o desenvolvemento sostible
. A educación ambiental para un desenvolvemento sostible
O medio. A súa dinámica, as súas interaccións e a súa problemática . Compoñentes do medio natural e social e as súas interrelacións
. O medio natural e a súa dinámica. Aspectos básicos do seu estudo: ciclos, sistemas...
. Problemáticas socioambientais: efecto invernadoiro, incendios forestais, residuos, contaminación das augas, contaminación acústica, relación demografía/pobreza, conflitos bélicos etc. Causas, consecuencias e solucións alternativas
. A pegada ecolóxica
. Ciencia, tecnoloxía e sustentabilidade
A educación ambiental e o currículo . A ambientalización do currículum. A sustentabilidade nos centros educativos
. Os obxectivos e contidos da educación ambiental e o desenvolvemento curricular
. A educación ambiental: proposta como eixe organizador de contidos
. A Axenda 21 escolar e local: instrumento para a sustentabilidade
Actividades e materiais de educación ambiental para un desenvolvemento sustentable. Propostas de intervención educativa e avaliación. Actividades de ensino-aprendizaxe para a resolución de problemas concretos do medio. Metodoloxía investigativa
. Estratexias e recursos na educación ambiental
. Actuacións específicas: saídas, actividades prácticas (análise augas, plásticos, contaminación acústica, ...), ecoauditorías...
. Formulacións didácticas e propostas de actuación sostibles.
. Avaliación de programas e proxectos de temática socioambiental. Os indicadores de sustentabilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A13 A36 A38 B2 B5 B12 2 2 4
Actividades iniciais A33 B1 B11 C1 2 0 2
Sesión maxistral A15 A40 B10 C8 11 11 22
Traballos tutelados A39 B3 B16 B17 2 16 18
Lecturas A32 B1 B10 B11 B12 C4 0 8 8
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A41 B1 4.5 0 4.5
Saídas de campo A36 B6 B16 B18 3 0 3
Proba mixta A39 B2 B10 B13 C1 2 25 27
Solución de problemas B2 B17 B25 C3 C6 4 12 16
Presentación oral A41 B3 B11 B12 2 4 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Si se considera necesario se farán determinadas prácticas en función da dispoñibilidade do laboratorio e de materiais adecuados.
Actividades iniciais Preténdese obter información acerca dos coñecementos do alumnado, así como presentar os obxectivos que se van a tratar: Cuestionario KPSI
Sesión maxistral Esposición oral con apoyo de material audiovisual y plantexando cuestions para que participe o alumnado e facilitar a aprendizaxe
Traballos tutelados Metodoloxía que pretende a aprendizaxe autónomo dos estudantes a nivel individual e grupal de modo que o grupo actúe como "comunidade que construe o seu propio coñecemento": material estimular para facer unha ecoauditoría da Facultade
Lecturas Lecturas orligatorias e voluntarias de libros e textos de temática socioambiental
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a seminarios, xornadas...que se realicen na Facultade ou noutras instituciones para completar a formación
Saídas de campo Según o desenvolvemento do curso se poderán levar a cabo as actividades programadas pola Oficina de Medio Ambiente da UDC e a posibilidade de facelas externas ao entorno universitario relacionadas coa problemática socioambiental: visitas a plantas de tratamiento de residuos, parques eólicos...
Proba mixta Probas con preguntas abertas de semidesarrollo
Solución de problemas Resolución de problemáticas socioambientales para que se elabore un plan de actuación a partir dos coñecementos traballados
Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados individualmente ou por grupo, plantexando preguntas, aclaracions...sobre a tarefa levada a cabo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición

O alumnado de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, que non asista ao 80% das clases, e o de dispensa académica de exención de asistencia, non poderá realizar este tipo de traballos por ser necesario a asistencia obligatoria as clases e a realización das actividades prácticas que se levarán a cabo no horario de clase e presencialmente, pero terá atención personalizada, no horario de titorías, para aclarar dúbidas acerca do marco teórico e práctico da materia que corresponde a súa avaliación e que estarán a súa disposición no campus virtual.

Para o alumnado que asista ao 80% das clases presencialmente se aclararán as dúbidas en titorías ou por Teams para completar a documentación, e para a solución de problemas que permitan elaborar adecuadamente o plan de actuación ambiental. Asi mesmo se completaran as pautas para a exposición dos traballos realizados.

As titorías, previa solicitude, poderán ser presenciais ou por Teams tanto individualmente como en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A39 B3 B16 B17 A metodoloxía de estas actividades consistirá nun traballo por grupos, que se desenvolverá do seguinte xeito:
-Procura e consulta de fontes de información (bibliográfica, internet, secretaría, reprografía etc.)
-Elaborar, expor e debater un informe que inclúa as conclusións que se derivan da análise da situación ambiental analizada.
20
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A41 B1 Resumen e reflexión da temática traballada nos eventos que se leven a cabo na materia.
10
Proba mixta A39 B2 B10 B13 C1 Preguntas sobre o marco teórico e práctico da asignatura, mínimo 2 puntos. 40
Solución de problemas B2 B17 B25 C3 C6 Plan de actuación ambiental:
-Procura e consulta de fontes de información (bibliográfica, internet, secretaría, reprografía etc.)
-Completar e organizar os datos nunha ficha que se entregará para tal fin;
-Elaborar, expor e debater un informe que inclúa as conclusións que se derivan da análise da situación ambiental analizada e establecer propostas de actuación sustentables.
20
Presentación oral A41 B3 B11 B12 Claridade na exposición, linguaxe correcto, dominio da materia, medios utilizados... 10
 
Observacións avaliación

A primeira oportunidade basearase na descrición e cualificación exposta, é decir para aprobar ter un mínimo mínimo 2 puntos para a proba e 3 puntos para a suma dos traballos, a solución de problemas a presentación e as actividades.

Para a segunda oportunidade se non se alcanzan as cualificacións indicadas, se repitirán na súa totalidade. Si se aproba so unha das partes (proba ou traballos, a solución de problemas, presentación e actividades) se repitirá a parte suspensa, conservándose a cualificación daoutra.

O alumnado que non asista a maís do 80% das clases presenciais, tanto para a primeira como a segunda oportunidade, deberá realizar una proba mixta, sobre 10 puntos (5 aprobado), do marco teórico e práctico da materia baseada na documentación aportada o longo do curso e que estará dispoñible no campus virtual.

O Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial (que non asista ao 80% das clases preenciais) e dispensa académica de exención de asistencia (que deberán comunicalo a primeira semana de clase), tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, deberá realizar una proba mixta, sobre 10 puntos (5 aprobado), do marco teórico e práctico da materia baseada na documentación aportada o longo do curso e que estará dispoñible no campus virtual.

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación
de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando
así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de
cara a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.E de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. 2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías