Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Linguaxes audiovisuais e educación artística Código 652G01043
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Capelo Álvarez, Silvia
Correo electrónico
silvia.capelo@udc.es
Profesorado
Capelo Álvarez, Silvia
Correo electrónico
silvia.capelo@udc.es
Web http://http://www.arte-facto.org/
Descrición xeral Neste módulo preténdese que o alumno adquira unha visión xeral do que supón o uso das novas ferramentas tecnolóxicas da información e comunicación na práctica educativa, achegándose ao seu uso e mellor aproveitamento.

En particular trataranse aqueles medios de maior proxección para o ensino das artes plásticas e visuais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
A58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
B1 Aprender a aprender.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. A55
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. A57
Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística. A58
Aprender a aprender. B1
Desenvolver a creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. B22
Empregar as TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: INICIACIÓN A LINGUAXE AUDIOVISUAL
DA IMAXE ESTÁTICA Á IMAXE EN MOVEMENTO
Concepto de linguaxe audiovisual. Gramática e semiótica do discurso audiovisual. Composición visual. Estratexias temporais, narrativas e espaciais da linguaxe visual. Elementos técnicos e prácticos da fotografía e o vídeo.
BLOQUE II: A LINGUAXE AUDIOVISUAL NO CURRICULO DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA. Presenza da linguaxe audiovisual no curriculo de Infantil. Concepto posmoderno de Educación Artística e cultura visual na etapa de infantil. Manifestacións artísticas contemporáneas relacionadas coa linguaxe audiovisual: video-art e instalacións.
BLOQUE III: PROXECTOS AUDIOVISUAIS NA ETAPA DE ED. INFANTIL E EXPERIMENTACIÓN VISUAL Metodoloxía de proxectos aplicados á etapa de infantil en torno á linguaxe audiovisual e investigación e experimentación persoal nos procesos de creación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A55 A57 A58 B1 B22 B25 17 52 69
Investigación (Proxecto de investigación) B25 C3 C7 C8 13 12 25
Prácticas a través de TIC A58 B1 B22 B25 C3 1 7.5 8.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Obradoiros teórico-prácticos sobre os contidos técnicos da materia: fotografía e video.
Propostas individuais e grupais para a realización de proxectos audiovisuais.
Investigación (Proxecto de investigación) Investigación sobre o videoarte na arte contemporánea e no ámbito escolar.
Prácticas a través de TIC Prácticas para a mellora da creación audiovisual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Trato directo con cada alumno sobre as propostas particulares. Busca da dirección correcta.
Traballo colaborativo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A58 B1 B22 B25 C3 Participación activa na experimentación proposta. 10
Obradoiro A55 A57 A58 B1 B22 B25 Avaliación dos proxectos (puntualidade, adecuación ao encargo e creatividade)
Avaliación da participación activa nas actividades propostas.
60
Investigación (Proxecto de investigación) B25 C3 C7 C8 Adecuación ao tema da investigación, profundidade e claridade nos contidos e creatividade na exposición da mesma.
Capacidade de traballar en conxunto obtendo resultados axeitados aos fines propostos.
30
 
Observacións avaliación

Asistencia é necesaria e imprescindible.  

Para aprobar a materia será preciso a entrega de tódolos proxectos así como a participación nas diferentes dinámicas de laboratorio. 

Alumnado con recoñecemento de dispensa
académica
 

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.

O alumnado de matrícula PARCIAL e/ou con DISPENSA ACADÉMICA realizará unha proba teórico-práctica nas datas oficiais de exame, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre a bibliografía a concretar, e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Plaxio: aplícase o artigo 14.4 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario


Fontes de información
Bibliografía básica VILARIÑO, MANUEL (ED.) (1995). A FOTOGRAFÍA NA ARTE CONTEMPORÁNEA. A CORUÑA: CGAI
BUSTMANTE, ENRIQUE (2002). COMUNICACIÓN Y CULTURA EN LA ERA DIGITAL. BARCELONA: GEDISA
SHORT, MARIA (2013). CONTEXTO Y NARRACIÓN EN FOTOGRAFÍA. BARCELONA: GUSTAVO GILI
ACASO, MARÍA (2006). EL LENGUAJE VISUAL. BARCELONA: PAIDÓS
TISSERON, SERGE (2000). EL MISTERIO DE LA CÁMARA LÚCIDA. FOTOGRAFÍA E INCONSCIENTE. SALAMANCA: EDICIONES UNIVERSIDAD DE SALAMANCA
AUMONT, J. BERGALA, A. MARIE, M. VERNET, M. (1983). ESTÉTICA DEL CINE. ESPACIO FÍLMICO, MONTAJE, NARRACIÓN, LENGUAJE. BARCELONA: PAIDÓS
SEDEÑO VALDELLÓS, ANA (2011). HISTORIA Y ESTÉTICA DEL VIDEOARTE EN ESPAÑA. ZAMORA: COMUNICACIÓN SOCIAL EDICIONES Y PUBLICACIONES
BARTHES, ROLAND (1990). LA CÁMARA LÚCIDA. NOTA SOBRE LA FOTOGRAFÍA. BARCELONA: PAIDÓS
COSTA, JOAN (2008). LA FORMA DE LAS IDEAS. BARCELONA: COSTA PUNTO
ESCAÑO, CARLOS (2003). LÁGRIMAS EN LA LLUVIA: EDUCACIÓN ARTÍSTICA Y POSMODERNISMO. MADRID: PRENTICE HALL
ENCINAS, JOSÉ ÁNGEL (1998). LENGUAJE AUDIOVISUAL. MADRID: AKAL
KRAUSS, ROSALIND (1990). LO FOTOGRÁFICO: POR UNA TEORÍA DE LOS DESPLAZAMIENTOS. BARCELONA: GUSTAVO GILI
BERGER, JOHN (2001). MIRAR. BARCELONA: GUSTAVO GILI
BLOCK, BRUCE (2008). NARRATIVA VISUAL: CREACIÓN DE ESTRUCTURAS VISUALES PARA CINE, VIDEO Y MEDIOS DIGITALES. BARCELONA: OMEGA
WALKER, JOHN E CHAPLIN, SARAH (2002). UNA INTRODUCCIÓN A LA CULTURA VISUAL. BARCELONA: OCTAEDRO-EUB
MEYEROWITZ, J. (2018). ¡Mirar!. BARCELONA: GUSTAVO GILI

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías