Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Relixión, cultura e valores Código 652G01044
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Casás Salgado, Rafael Carlos
Correo electrónico
rafael.casas@udc.es
Profesorado
Casás Salgado, Rafael Carlos
Correo electrónico
rafael.casas@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura ofrécese como optativa a tódolos alumnos do Grao en Educación Infantil, para que poidan acadar unha formación verdadeiramente integral en tódalas dimensións da persoa; pois a dimensión espiritual e relixiosa é imprescindible para comprende-lo noso mundo (aínda que só sexa como feito cultural).
Nesta materia, os alumnos poderán coñecer mellor o feito relixioso en xeral, as principais relixións en particular e o cristianismo de xeito especial. Tamén, se achegarán ós valores ético-cívicos que promove o cristianismo, estudarán as razóns polas que o noso ordenamento xurídico defende o dereito á educación relixiosa na escola, e traballarán o currículo académico de "Relixión e Moral Católica". Finalmente, farán un achegamento á Biblia e á historia da Igrexa.
Recordamos que nesta Facultade de Ciencias da Educación se imparte o posgrao, título propio da UDC, "Curso de Especialización en Didáctica Escolar da Teoloxía Católica" (DETECA). Este posgrao "DETECA", sumado á materia de "Relixión, Cultura e Valores", completan os créditos necesarios para solicita-la "Declaración Eclesiástica de Competencia Académica" (DECA) e poder exercer como profesor de "Relixión e Moral Católica" en Infantil e Primaria.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
- Sen cambios.
2. Metodoloxías:
- Sen cambios substanciais.
- Tanto as sesións maxistrais como as de aprendizaxe colaborativa poden desenvolverse presencialmente pola aplicación Microsoft Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Teléfono do despacho: Estará sempre desviado ó móbil do profesor.
- Mail: Revisado tódolos días de titoría ou horario de docencia.
- Moodle: Semanalmente, todo o material para calquera tipo de contidos, metodoloxías e sistemas de avalación está dispoñible para os alumnos.
- Teams: Semanalmente, para as sesións maxistrais, as de aprendizaxe colaborativa e as titorías, nalgunha das horas fixadas no cronograma oficial.
4. Modificacións na avaliación:
- Sen cambios substanciais.
- Tódolos traballos colaborativos e os traballos tutelados poden entregarse telemáticamente.
- Se algún alumno escolle realiza-la proba de resposta breve, debe concertar cita no mail do profesor, para arbitra-lo mellor xeito de facela.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
- Sen cambios substanciais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. Coñecemento das relixións e a súa interacción na sociedade actual. A37
A40
A45
B18
B20
B24
C4
C7
Coñecemento doutras culturas e doutros costumes. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B20
B24
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A13
B24
C4
Coñecer a tradición oral e o folclore, especialmente no ámbito das tradicións relixiosas populares de Galicia. A45
B24
C7

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 0. A materia de "Relixión, Cultura e Valores" nunha educación integral. 0.0. Presentación da materia.
0.1. Mapa conceptual do constructo Relixión-Cultura-Valores.
0.2. Dimensións do compromiso cristián.
Módulo 1. Estudo do feito relixioso nas súas dimensións histórica e antropolóxica. 1.1. A procura do sentido da vida.
1.2. As grandes preguntas.
1.3. Panorama de respostas.
1.4. A resposta compartida das relixións.
1.5. Conceptos clave.
Módulo 2. Estudo dos grandes sistemas relixiosos máis presentes na poboación mundial actual. 2.1. As relixións tradicionais ou primitivas.
2.2. Hinduísmo e Budismo.
2.3. As relixións monoteístas.
Módulo 3. Relixións e sociedade. A secularización do occidente cristián. O renacer do feito relixioso. Novos movementos relixiosos e sectas. 3.1. As orixes da Igrexa e a súa relación co mundo romano.
3.2. A Igrexa na época de cristiandade.
3.3. A Igrexa na idade moderna.
3.4. A secularización de occidente no mundo contemporáneo.
3.5. A nova evanxelización como renacer do feito relixioso hoxe.
3.6. Novas formas de relixiosidade ó noso redor.
3.7. Arte e relixión.
Módulo 4. O feito relixioso cristián, a súa singularidade específica, e os valores cívicos, éticos e culturais que conleva. 4.1. As dimensións da moral.
4.2. A doutrinas filosófico-éticas e os dereitos humanos.
4.3. A conciencia. A ética de mínimos e a ética de máximos.
4.4. A vocación, os valores e a moral persoal.
4.5. A bioética e a moral social.
Módulo 5. O encontro entre as relixións; diálogo interrelixioso e ecumenismo. As relixións e a paz. 5.1. O diálogo interrelixioso.
5.2. O ecumenismo.
5.3. As confesións cristiás.
5.4. Esforzos actuais pola unidade e a paz: organismos, accións concretas,...
Módulo 6. Valor humanizador do relixioso, aplicado especialmente á educación e á escola. 6.1. O dereito á educación relixiosa e moral dacordo coas propias conviccións.
6.2. O currículo de "Relixión e Moral Católica" na etapa correspondente.
Módulo 7. Iniciación ó coñecemento da Biblia, en especial o Novo Testamento. Estudo histórico-crítico dos evanxeos canónicos. 7.1. Conceptos básicos sobre a Biblia e o pobo de Israel.
7.2. Niveis de acceso ó texto bíblico.
7.3. O Antigo Testamento.
7.4. O Novo Testamento. Os evanxeos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A37 A40 A45 B20 16 32 48
Aprendizaxe colaborativa A13 B18 B24 C4 C7 15 15 30
Traballos tutelados A13 B24 C4 C7 2 19 21
Proba de resposta breve A37 A40 A45 B20 2 10.5 12.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas: exposición oral do profesor, complementada con diapositivas, esquemas escritos e montaxes audiovisuais. Estas explicacións teóricas desenvolven os contidos conceptuais que conforman a estrutura de cada tema.
Aprendizaxe colaborativa Sesións interactivas: os alumnos, distribuídos en grupos de 5 a 9 integrantes, traballan colaborativamente sobre a resolución de exercicios prácticos, presentados polo profesor. Estes exercicios prácticos desenvolven os contidos procedimentais que complementan os contidos conceptuais das sesións maxistrais. Esta é a primeira forma de avaliación.
Traballos tutelados Os alumnos, que desexen avaliarse por este medio, poderán optar por unha das seguintes modalidades de traballo: recensionar unha monografía, estudar unha característica dunha relixión, desenvolver unha proposta didáctica.
Proba de resposta breve Os alumnos, que non teñan participado nos exercicios de aprendizaxe colaborativa nin realicen o traballo tutelado, deberán presentarse a esta proba final de avaliación. Consistirá en 20 preguntas de resposta breve, que recollen tódolos bloques de contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesor manterá dous encontros obrigatorios cos alumnos que escollan esta modalidade de avaliación. O primeiro será para explicar e escolle-lo contido do traballo. O segundo servirá para facer un seguimento da evolución do traballo. A partir destes dous encontros obrigados, o alumno poderá solicitar máis sesións de titoría co profesor. Ademais, esta é a modalidade de avaliación máis aconsellable para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A13 B18 B24 C4 C7 A media ponderada da nota de tódolos exercicios prácticos representa a primeira forma de cualificación. 33
Traballos tutelados A13 B24 C4 C7 A nota do traballo representa a segunda forma de avaliación. 33
Proba de resposta breve A37 A40 A45 B20 A nota do exame representa a terceira forma da avaliación. 34
 
Observacións avaliación
Pódese concorrer a unha ou varias modalidades de avaliación.
A modalidade de traballo tutelado é a máis aconsellable para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
A nota final da materia será a máis alta das modalidades escollidas.

Fontes de información
Bibliografía básica Conferencia Episcopal Española (2015). Currículo del Área de Religión y Moral Católica. http://www.conferenciaepiscopal.es/curriculo-de-religion/
Luis González-Carvajal (2016). Esta es nuestra fe. Teología para universitarios. Sal Terrae
Juan Martín Velasco (2006). Introducción a la Fenomenología de la Religión. Trotta
Philippe Gruson (2009). Para leer el Antiguo Testamento. Verbo Divino
Étienne Charpentier (1990). Para leer el Nuevo Testamento. Verbo Divino
Jean Comby (2007). Para leer la Historia de la Iglesia. Verbo Divino
Conferencia Episcopal Española (2012). Sagrada Biblia. BAC

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
A asignatura de RELIXIÓN, CULTURA E VALORES require do alumno os coñecementos básicos da materia de "Relixión e Moral Católica", adquiridos no nivel de Secundaria e Bacharelato. Sen estas competencias previas non será imposible, pero si moi difícil, superar satisfactoriamente esta asignatura. Á luz da recente encíclica do papa Francisco "Laudato'Si", sobre o coidado da casa común, recomendamos: - ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais, profesionais,... - envía-los traballos telemáticamente e, de non ser posible, imprimilos a dobre cara, en papel reciclado, sen portadas plásticas,... - facer un uso sostible dos recursos, para previr impactos negativos sobre o medio natural,...


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías