Identifying Data 2018/19
Subject (*) Theory of Education Code 652G02001
Study programme
Grao en Educación Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Zapico Barbeito, Mª Helena
E-mail
helena.zapico@udc.es
Lecturers
Zapico Barbeito, Mª Helena
E-mail
helena.zapico@udc.es
Web
General description Teoría da educación constitúe unha das materias de carácter básico que se sitúa no primeiro curso e no primeiro cuadrimestre do Grao en Educación Primaria; un momento particularmente sensible e decisivo no comezo da construción da traxectoria formativa do estudantado universitario, e cuxos contidos e competencias resultan un alicerce pedagóxico esencial sobre o que se irán construíndo os piares da súa cualificación e desenvolvemento profesional. Xunto a outras materias coas que atopamos frutíferas conexións conceptuais e epistemolóxicas ao longo de toda a titulación, pretendemos axudar ao alumnado a analizar e comprender criticamente o fenómeno e procesos educativos dende unha perspectiva reflexiva e teórico-práctica. Afondarase asemade nos principios, fins e valores que orientan a función educadora, así coma no estudo dalgunhas das teorías, correntes e movementos educativos máis relevantes e representativos da nosa época, sen perder de vista a imprescindible defensa permanente dos dereitos da infancia. Deste xeito, ofrecerase unha visión actual e prospectiva dos principais desafíos aos que debe facer fronte a escola do século XXI no marco social e comunitario, achegándonos a algunhas das tendencias innovadoras que se albiscan como alternativas posibles e pedagoxicamente desexables, nomeadamente no contexto do ensino primario. Procurarase, xa que logo, contribuír –dende un enfoque emancipador, ético e transformador– á construción do pensamento pedagóxico das futuras mestras e mestres, avogando pola recuperación da súa función como intelectuais e creadoras de cultura.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A16 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A18 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar. A1
Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais. A2
Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12. A7
Coñecer os fundamentos da educación primaria. A8
Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan. A9
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actualidade educativa A10
Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula. A16
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria A17
Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade. A18
Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade A22
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico A34
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro A64
Aprender a aprender B1
Resolver problemas de forma efectiva B2
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
Traballar de forma autónoma con iniciativa. Traballar de forma colaborativa. B4
B5
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. B7
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente B8
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. B9
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. B14
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. B15
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. B16
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo B17
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. B18
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. B19
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. B21
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. B22
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. B23
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. B24
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. B25
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contents
Topic Sub-topic
1. Explicación e comprensión do feito educativo. - A Teoría da Educación: niveis de análise e planos explicativos.
- Ámbito conceptual: caracterización científica da educación.
- Natureza e funcións sociais da educación.

2. Dimensións, fins e principios da educación. - Dimensións presentes en toda práctica educativa.
- Fins, valores e principios deontolóxicos da educación.
- Relacións estruturais entre educación e sociedade. A institución escolar como produto social.
- Aproximación aos paradigmas en educación e movementos pedagóxicos contemporáneos.
3. O dereito á educación. - Educación e Estado Social: aspectos xerais do dereito á educación.
- Lexislación e dereito á educación: perspectiva nacional e internacional.
- Dereito á educación: igualdade, liberdade e calidade.
- A institucionalización da educación: os sistemas educativos nacionais.
4. A educación como proceso de comunicación interpersoal. - Comunicación e educación.
- A mediación pedagóxica: sentido, tipoloxía e significados.
- Comunicación e saber profesional: O educador/a como profesional. Tensións e incertidumes do profesorado actual.
5. Educación ao longo da vida e sociedade educativa. - A educación ao longo da vida: concepto, necesidade e evolución histórica.
- Sociedade educativa: proxecto educativo de cidade; cidades amigas da infancia; etc.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A2 A64 2 0 2
Guest lecture / keynote speech A1 A7 A8 A9 A10 A17 A64 B7 B9 B15 B16 C1 12 0 12
Document analysis A1 A8 A9 A10 B4 B15 B21 B23 2 23 25
Critical bibliographical A1 A9 A22 A34 A64 B4 B14 B15 C1 C7 0 13 13
Case study A1 A7 A9 A17 A22 A64 B3 B5 B8 B9 B18 C7 1 9 10
Oral presentation A16 B5 B7 B8 B9 B14 B24 C1 4 5 9
Supervised projects A1 A7 A9 A16 A17 A18 A22 A34 A64 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B18 B19 B22 B25 C1 C4 C7 0 14 14
Student portfolio A9 A34 A64 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B17 B18 C1 1 9 10
Long answer / essay questions A9 A22 A64 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B15 B16 C1 2 15 17
Directed discussion A9 A22 A34 A64 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B25 C1 6 0 6
Aprendizaxe servizo A1 A2 A7 A9 A16 A18 A22 A34 A64 B1 B3 B4 B5 B7 B9 B14 B16 B17 B18 B19 C1 C4 C7 6 18 24
Events academic / information A1 A7 A8 A9 A17 A22 A34 A64 B19 C4 C7 0 2 2
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de carácter expositivo, por parte do/a profesor/a, nas que se presentará o programa da materia e a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral dos contidos da materia diante do alumnado, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a participación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Document analysis Análise crítica e reflexiva de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais, xornalísticos...), o que implica a identificación e comprensión dos aspectos clave en relacións cos contidos da materia, co fin de interpretar e cuestionar a realidade que se nos amosa.
Critical bibliographical Proceso de lectura crítica dun libro, artigo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza.
Case study Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Oral presentation Exposicións de traballos realizados tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte da/o docente. Tendo como referencia os contidos e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase en grupo (4-5 persoas) un traballo de ampliación sobre un dos 5 bloques temáticos, que contemplará a recensión dun libro, a busca e análise de novas de prensa, e/ou un estudo de caso sobre unha experiencia, un programa ou recurso relacionado.
Será preciso desenvolver, como mínimo, dúas sesións de titoría nas que presentar o guión do traballo e facer o seguimento do mesmo. As datas serán acordadas na aula.
Ademais de ser incluído no cartafol, cada grupo expoñerá nunha sesión interactiva, o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
Student portfolio Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: notas de clase, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... De cada actividade recollerase ademais unha valoración sobre a práctica desenvolvida (contidos abordados, competencias adquiridas, metodoloxía aplicada...). Así mesmo, presentarase ao final unha autoavaliación individual do proceso de aprendizaxe, das competencias adquiridas, do grao de participación e implicación, do tempo dedicado...
O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora, na aula e no horario de titorías.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
Long answer / essay questions Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
Directed discussion En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Events academic / information Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras.

Personalized attention
Methodologies
Critical bibliographical
Student portfolio
Supervised projects
Oral presentation
Case study
Description
Para o desenvolvemento do traballo tutelado, a súa presentación oral e a realización do cartafol, será preciso participar, como mínimo, en dúas sesións de titorización, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A9 A34 A64 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B17 B18 C1 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos, aplicación á Educación Primaria...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais...
Na cualificación do cartafol, contémplase o traballo final (15 pto.) e a asistencia a clase (10 pto.).
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
25
Supervised projects A1 A7 A9 A16 A17 A18 A22 A34 A64 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B18 B19 B22 B25 C1 C4 C7 Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática e un estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso, etc. Poderase solicitar tamén, de ser o caso, a análise de novas de prensa.
Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
25
Oral presentation A16 B5 B7 B8 B9 B14 B24 C1 A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
10
Long answer / essay questions A9 A22 A64 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B15 B16 C1 Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
40
 
Assessment comments

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula será considerada de forma positiva no proceso de avaliación.

3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense os seguintes criterios de avaliación:

  • Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica, que deberá ser acordado coa profesora a principio de curso para a convocatoria de xaneiro, e no comezo do segundo cuadrimestre para a convocatoria de xullo (30%).
  • Proba de ensaio (70%).
  • As pautas e criterios de avaliación están recollidas no documento de avaliación colgado no Moodle.

    4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%.


    Sources of information
    Basic

    § Alcalde, A.I. e outros (2006). Transformando la escuela: comunidades de aprendizaje. Barcelona: Graó.

    § Alonso, Alicia (2008). Las leyes educativas de la democracia. Descripción y contraste 1985-2006. Acción educativa y Ministerio de Educación, PolíticaSocial y Deporte.

    § Apple, Michael e Beane, James A. (1999). Escuelas democráticas. Madrid:Morata-Paideia.

    § Asociación Internacional de Ciudades Educadoras (2004). Carta de CiudadesEducadoras. Dispoñible en: http://www.bcn.es/edcities/aice/adjunts/Carta%20Ciudades%20Educadoras%20%202004.pdf

    § Ayuste, Ana et al. (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica:comunicar y transformar. Barcelona: Graó.

    § Candedo, Mª Dolores (coord.) (2013). A educación: dereito ou mercadoría?.Santiago de Compostela: Laiovento.

    § Carbonell, Jaume (1996). La escuela entre la utopía y la realidad.Barcelona: Euma-Octaedro.

    § Carbonell, Jaume (2001). La aventura de innovar. El cambio en la escuela.Madrid: Morata.

    § Carbonell, Jaume (2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.

    § Caride, J. Antonio e Meira, Pablo A. (1996). O diálogo paradigmático naEducación Social. Revista Galega de Educación, 27, 16-20.

    § Carr, Wilfred (1995). Una teoría para la educación. Hacia una investigacióneducativa crítica. Madrid: Morata.

    § Colom, Antoni J. e Núñez, Luis (2001). Teoría de la Educación. Madrid:Síntesis.

    § Cuesta, Raimundo (2005). Felices y escolarizados. Crítica de la escuela enla era del capitalismo. Barcelona: Octaedro.

    § De Puelles, Manuel (2006). Problemas actuales de política educativa.Madrid: Morata.

    § Delors, Jacques (1996). La educación encierra un tesoro. Madrid:Santillana. Ediciones UNESCO.

    § Delval, Juan (1990). Los fines de la educación. Madrid: Siglo XXI.

    § Delval, Juan (2002). La escuela posible. Barcelona: Ariel.

    § Dewey, Jonh (1995). Democracia y educación. Madrid: Morata.

    § Dirección General de Educación y Cultura (2004). Competencias para unaprendizaje a lo largo de la vida de 2005. Un marco de referencia europeo.Comisión Europea.

    § Dubet, François (2005). La escuela de las oportunidades. ¿Qué es unaescuela justa?. Barcelona: Gedisa.

    § Esteve, J. Manuel (1994). El malestar docente. Barcelona: Paidós.

    § Fernández Enguita, Mariano (1999). La escuela a examen. Madrid: PsicologíaPirámide.

    § Fernández Enguita, Mariano (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid:Morata.

    § Fernández, Mariano; Mena, Luis e Riviere, Jaime (2010). Fracaso y abandonoescolar en España. Barcelona: Obra Social Fundación “La Caixa”.

    § Filho, Lourenço (1992). Introducción al estudio de la Escuela Nueva.Buenos Aires: Kapelusz.

    § Freinet, Célestin (1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna. Madrid:Siglo XXI.

    § Freire, Paulo (2006). El grito manso. Buenos Aires: Siglo XXI.

    § Gimeno, José (2003). El alumno como invención. Madrid: Morata.

    § Gimeno, José e Carbonell, Jaume (coords.) (2003). El sistema educativo. Unamirada crítica. Barcelona: CISS-Praxis.

    § Guerrero, Antonio (1996). Manual de sociología de la educación. Madrid:Síntesis.

    § Imbernon, Francisco (coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Losretos del futuro inmediato. Barcelona: Graó.

    § Kaplún, Mario (1998). Una pedagogía de la comunicación. Madrid: Edicionesde la Torre.

    § Makarenko, Antón S. (1967). Poema pedagógico. Barcelona: Planeta.

    § Malaguzzi, Loris (2011). La educación infantil en Reggio Emilia. Barcelona:Octaedro

    § Martín Rodríguez, Eustaquio (1988). La supervisión educativa a la luz delas tradiciones y teorías científicas de la organización escolar. En Supervisióneducativa (pp.47-67). Madrid: Uned.

    § Merieu, Philippe (1998). Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.

    § Merieu, Philippe (2001). La opción de educar. Ética y pedagogía. Madrid:Octaedro.

    § Meirieu, Philippe (2017). Carta a un profesor mozo. Pontevedra: Kalandraka.

    § Morin, Edgar (2001). Los siete saberes necesarios para la educación delfuturo. Barcelona: Paidós.

    § Negrín, Olegario e Vergara, Javier (2003). Teorías e InstitucionesContemporáneas de educación. Madrid: ICE y Ramón Areces.

    § Neill, Alexander S. (1974). Summerhill. Un punto de vista radical en laeducación de los niños. México: FCE.

    § Puig, Josep M. (cood.) (2009). Aprendizaje servicio (ApS). Educación y compromiso cívico. Barcelona: Graó.

    § Sátiro, Angélica (2010). Jugar a pensar con leyendas y cuentos (7-8 años). Barcelona: Octaedro.

    § Tiana, Alejandro; Ossenbach, Gabriela e Sanz, Florentino (coords.) (2002).Historia de la educación (Edad Contemporánea). Madrid: UNED.

    § Tonucci, Francesco. (2014). A cidade dos nenos. Pontevedra: Kalandraka.

    § Torreblanca, José (coord.) (2002). Los fines de la educación. Una reflexiónvdesde la Izquierda. Madrid: Biblioteca Nueva.

    § Torres, Jurjo (2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de lacultura escolar. Madrid: Morata.

    § Trillo, Felipe (1994). El profesorado y eldesarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía,228, 70-74.

    § Trilla, Jaume (coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para lavescuela del siglo XXI. Barcelona: Graó.

    § Varela, Julia (2007). Las reformas educativas a debate. Madrid: Morata.

    § Vecchi, Vea (2013). Arte y creatividad en Reggio Emilia. Madrid: Morata.

    § VV. AA. (1995). Volver a pensar la educación. Madrid: Morata e A Coruña:Paideia.

    § VV. AA. (2000). Pedagogías del siglo XX. Barcelona: CISS-Praxis.

    Lexislación básica:

    - Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 10 de decembro de 1948.

    - Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos da Infancia (1989).

    - Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

    - Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade da Educación.

    - Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Ma¡o, de Educación.

    - Lei Orgánica 8/2013, de 10 de Decembro, para a Mellora da Calidade Educativa.

    Complementary

    Adorno, Theodor W. (1998). Educación para la emancipación. Madrid: Morata.

    Aldecoa, J. (1991). Historia de una maestra. Madrid: Anagrama.

    Almeida, J. (1995). Sociología de la educación. Notas para un curso. Barcelona: Ariel.

    Alumnos de la Escuela de Barbiana (1982). Carta a una maestra .Barcelona: Hogar del Libro.

    Álvarez-Uría, Fernando e Varela, Julia (1991). Arqueología de la escuela. Madrid: La Piqueta.

    Álvarez-Uría, Fernández e Varela, Julia (2009). Sociología de las instituciones: bases sociales y culturales de la conducta. Madrid: Morata.

    Apple, M. W (1996). Política cultural y educación. Madrid: Dykinson.

    Aubert, Adriana (2004). Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI . Barcelona: Graó.

    Ball, Stephen J. (comp.) (2001). Foucault y la educación . Madrid: Morata, 4ª ed.

    Barreiro, H. e Terrón, A. (2005). La institución escolar: una creación del estado moderno. Barcelona: Octaedro.

    Bauman, Zygmunt (2007). Los retos de la educación en la modernidad líquida. Barcelona: Gedisa.

    Benner, D. (1998). Pedagogía como ciencia. Teoría reflexiva de la acción y reforma de la praxis. Barcelona: Pomares-Corredor.

    Carreño, M.; Colmenar, C.; Egido, I. e Sanz, F. (2000). Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Síntesis.

    Casas, M. e Botella, J. (2003). La democracia y sus retos en elsiglo XXI. Elementos para la formación democrática de los jóvenes. Barcelona: Praxis.

    Castillejo, J. L.; Vazquez, G.; Colom, A. J. e Sarramona, J.(1993). Teoría de la educación. Barcelona: Taurus.

    Castro,Mª M.; Rodríguez, X. e Zapico, Mª H. (coords.) (2013). Materiais didácticose experiencias educativas innovadoras. A Coruña: Editorial Toxosoutos.

    Cela, J. e Palou, J. (1994). Con voz de maestro. Madrid: Celeste.

    Colom, A. J. (1997). Teorías e instituciones contemporáneas de laeducación. Barcelona: Ariel.

    Costa, A. (2009). A construción do coñecemento pedagóxico: antecedentes e desenvovementos no século XX. Santiago de Compostela: Universidade, Sevizo de Publicacións e Intercambio Científico.

    De la Garza,Mª Teresa (1995). Educación y democracia. Aplicación de la teoría de lacomunicación a la construcción del conocimiento en el aula . Madrid, Visor.

    De Puelles, M. (1991). Educación e ideología en la España Contemporánea (1767-1975). Barcelona: Editorial Labor.

    Delgado, B. (1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.

    Delval, J. (2000). Aprender en la vida y en la escuela . Madrid: Morata.

    Díez, C. (2002). El piso de abajo de la escuela: los afectos y lasemociones en el día a día de la escuela infantil. Barcelona: Graó.

    Escolano, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Políticas educativas, escolarización y culturas pedagógicas. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Fernández Soria, J. M. (1996). Educación y Estado en la España contemporánea. Madrid: Síntesis

    Ferrer i Guardia, F. (1976). La Escuela Moderna . Madrid: Júcar.

    Ferrero, J. J. (1994). Teoría de la educación: Lecciones y lecturas. Bilbao: Universidad de Deusto

    Freire, P. (1970). Pedagogía del oprimido. Madrid: S.XXI.

    Freire, P. (1997). A la sombra de este árbol. Barcelona: El Roure.

    García Aretio, L. (1998). La Educación. Teorías y conceptos. Perspectiva integradora . Madrid: Paraninfo.

    García, J. e García, A. (1996). Teoría de la educación. Salamanca: Universidad de Salamanca.

    Gimeno, J. (2005). La educación obligatoria: su sentido educativo y social. Madrid: Morata.

    Gómez Rodríguez De Castro, F. e outros (1998). Génesis de los sistemas educativos nacionales. Madrid: UNED.

    Guttman, Amy (2001). La educación democrática. Una teoría política de la educación. Barcelona: Paidós.

    Halliday, J. (1995). Educación, gerencialismo y mercado. Madrid: Morata.

    Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Madrid: Morata.

    Illich, I. (1974). La sociedad desescolarizada. Barcelona: SeixBarral.

    Llopis, R. (2005). La revolución en la escuela. Dos años en la Dirección General de Primera Enseñanza. Madrid: Biblioteca Nueva.

    McCourt, F. (2006). El profesor. Madrid: Maeva.

    Medina, R.; Rodríguez, T.; García, L. (1992). Teoría de la educación. Madrid: UNED.

    Moore, T. W. (1987). Introducción a la teoría de la educación. Madrid, Alianza.

    Negrín, O. e Vergara, J. (2005). Antología de textos de Teorías eInstituciones Contemporáneas de educación. Madrid, Ramón Areces.

    Neill, A.S. (1994). El nuevo Summerhill. México, FCE.

    Palacios, Jesús (1988). La cuestión escolar. Críticas y alternativas. Barcelona: Laia.

    Pennac, Daniel (2008). Mal de escuela. Barcellona: Mondadori.

    Popkewitz, Th. S (1994). Sociología política de las reformaseducativas. Madrid, Morata.

    Porto, A.S. (1986). La Institución Libre de Enseñanza en Galicia. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.

    Pozo, Mª M (2004). Teorías e Instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Rousseau,J.J. (1984). Emilio o de la educación. México, Porrúa. 9º edic.

    Ruiz, A. (2002). La escuela pública. El papel del Estado en la educación. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Savater, F. (1997). El valor de educar. Barcelona: Ariel.

    Santos Rego, M. A. (ed.) (2009). Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Barcelona: Octaedro.

    SánchezArbós, M. (2005). Mi diario. Zaragoza: Diputación General de Aragón y Caja de Ahorros de la Inmaculada.

    Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. Textos. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación. Reflexión y normativa pedagógica. Barcelona: Ariel.

    Sarramona,J.; Colom, A.J.; Vázquez, G. (1998). Educación no formal. Barcelona: Ariel.

    Skinner, B.F. (1985). Walden Dos . Barcelona, Martínez Roca.

    Subirats, M.- Brullet, C. (1988). Rosa y azul. La transmisión delos géneros en la escuela mixta. Madrid, Instituto de la Mujer.

    Taibo, Carlos (dir) (2010). Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana. Madrid: Catarata.

    Torres, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata.

    Trilla, J. (1993). La educación fuera de la escuela. Barcelona: Ariel.

    Viñao, A. (2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid: Marcial Pons.

    VV.AA. (2003). La participación de los padres y madres en la escuela . Barcelona: Graó.


    Recommendations
    Subjects that it is recommended to have taken before

    Subjects that are recommended to be taken simultaneously

    Subjects that continue the syllabus

    Other comments

    - É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 1 de outubro do ano en curso.

    - Non se admitirán traballos dos que a profesora non teña constancia da súa realización.

    - Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se atoparán colgadas no Moodle.

    - Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



    (*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.