Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos Código 652G02002
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Baña Castro, Manuel
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
Profesorado
Baña Castro, Manuel
Brenlla Blanco, Juan Carlos
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
juan.brenlla@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 6 a 12 anos (Orden ECI/3857/2007, do 29 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata do coñecemento do desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da nenez en concreto nos dominios cognitivo, social e afectivo-emocional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
B1 Aprender a aprender.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o desenvolvemento cognitivo/intelectual e modo de pensar característicos dos nenos e nenas na etapa de educación primaria. A2
Coñecer e comprender a evolución psicolóxica das nenas e dos nenos no nivel educativo de primaria. A2
A3
B21
B22
Coñecer e comprender os principais avances que se producen no domino socio-afectivo-emocional e moral dos nenos e nenas entre 6 e 12 anos. A2
A7
A8
B24
Identificar e analizar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado na etapa de educación primaria, a través da observación, de autoinformes e estudos clínicos. A2
B1
B5
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. A11
B1
B5
B23
B25
C6
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B11
Elaborar táboas, perfís, cadros .... para a presentación de datos, puntuacións ou información. B1
B5
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A2
B1
B5
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. B1
B5
C7
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. B1
B5
C6
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. B1
B5
C6
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outros e outras compañeiros e compañeiras e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. B1
B5
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad B5

Contidos
Temas Subtemas
MODULO 1. Desenvolvemento e aprendizaxe 1. Relacións e implicacións educativas desde as diferentes teorías psicolóxicas e evolutivas Psicoloxía, desenvolvemento e educación.
2. Factores e explicacións actuais do desenvolvemento desde as recentes teorías evolutivas: Principais aportacións da psicoloxía do desenvolvemento para a práctica educativa escolar Teorías explicativas do desenvolvemento humán, carácter centífico e aplicado e factores implicados no desenvolvemento da persoa. Relacións entre Psicoloxía do desenvolvemento e a aprendizaxe escolar. Implicacións para a práctica educativa escolar
Psicoloxía, desenvolvemento e educación. Teorías, relacións desenvolvemento e aprendizaxe mais destacables ao longo do coñecemento psicolóxico e implicacións para a educación. Desenvolvemento e aprendizaxe escolar.
Modelos, teorías e factores explicativos do desenvolvemento
MODULO 2. O desenvolvemento cognitivo desde os 6 aos 12 anos.
3. O desenvolvemento intelectual ou cognitivo: A explicación evolutiva moderna, os estadios piageteanos e os períodos de crisis vygotskianos: o desenvolvemento do período operacional concreto. Métodos e deseños para o estudo e avaliación do proceso de desenvolvemento
Teorías contemporáneas do desenvolvemento humán representativas para a educación escolar de hoxe en día. Os períodos de crise evolutivas e a sua explicación. Os etadios piageteanos do desenvolvemento: o estadio operacional concreto: características, implicacións educativas e coñecementos relevantes para a educación.

4. O desenvolvemento persoal e social dos 6 aos 12 meses: a vontade, a moralidade, o autoconcepto e a identidade pesoal.
Contextos de socialización e desenvolvemento.
Autoconcepto, autoestima, construcción da persoalidade e educación. O desenvolvemento do autoconcepto, estadios e características. O desenvolvemento da identidade humana e as suas implicacións educativas en primaria. O desenvolvemento moral, a construcción da conciencia moral e a vontade. Implicacións para a educación.

5. O caracter de modificabilidade do desenvolvemento humán, a plasticidade cerebral e a sua estimulación e cambeo.
Características psicoevolutivas do alumnado da etapa de primaria nas dimensiónss ou dominios físico, psicomotriz, cognitivo e lingüístico
Plasticidade cerebral, modificabilidade cognitiva e a importancia da estimulación para o desenvolvemento. Aportacións actuais das teorías cognitivas e do desenvolvemento para a práctica educativa. A importancia da guía e mediación. A carácter modificable da intelixencia humana. A inexistencia de teitos no desenvolvemento. Capacidades e dificultades e o seu desenvolvemento. A atención para o desenvolvemento, a sua importancia e os apoios. Desenvolvemento neurotípico e atípico.

MODULO 3: O social e o individual do desenvolvemento: variables persoais e interpersoais.
6. A construcción de esquemas e estructuras de coñecemento
Características psicoevolutivas do alumnado da etapa de primaria nas dimensións ou dominios afectivo-emocional, social-relacional e sexual de xénero
A importancia do factor social no desenvolvemento cultural. Caracter social e cultural do desenvolvemento individual. A colectividade como factor do desenvolvemento. Os esquemas e estructuras de coñecemento: como se construien e se utilizan. A importancia da linguaxe no desenvolvemento cultural e social.

7. O desenvolvemento e a actividade humán: Acción, interacción e construcción do coñecemento.
A actividades exploratoria para o desenvolvemento. O valor instrumental da actividade humán para a construcción do coñecemento. Construcción e activación de esquemas. Interacción social e procesos cognitivos. Os iguais e a internalización do coñecemento. Actividade autoestructurante e relacións interpersoais. Aprender, construir e compartir

8. Educar para desenvolver ou desenvolver para educar: as controversias das relacións actuais para o desenvolvemento humán.
As concepcións para o desenvolvemento e a educación. O conflicto sociocognitivo, a zona de desenvolvemento próximo e o crecemento cognitivo e persoal. Desenvolvemento, cultura, educación e escolarización.
Función e motivo, acción e actividade, necesidade e atención. Desenvolvemento natural, social e cognitivo.
9. Crear e desenvolver persoas: o carácter indisoluble do desenvolvemento humán e a construcción de procesos psicolóxicos superiores. A igualdade e a diversidade no desenvolvemento O valor social das persoas. Cambeo e desenvolvemento. Contextos e situacións de capacidade e aprendizaxe. A vivencia coas dificultades e necesidades humáns. As experiencias de aprendizaxe na vida diaria. A importancia da coordinación de apoios e atención para o desenvolvemento. O cambeo cognitivo como consecuencia da escolarización.
Prácticas Versarán sobre os contidos teóricos e os problemas actuais en torno ao desenvolvemento e a educación, o crecemento e a sua estimulación, a formación das persoas e a construcción do coñecemento así como ao mundo social que queremos e que buscamos coas persoas que formamos
Grupo B Contidos
Tema 1. Introdución 1.1.¿Que é a Psicoloxía do Desenvolvemento?
1.2. Determinantes do desenvolvemento psicolóxico
1.3. O papel da herdanza e o medio na determinación do desenvolvemento
1.4. Deseño básicos para a investigación evolutiva
Tema 2. Orientacións teóricas da Psicoloxía do Desenvolvemento 2.1. Modelos e paradigmas da Psicoloxía do Desenvolvemento
2.2. Teorías centradas no proceso individual do coñecemento
2.3. Perspectiva etolóxica
2.4. Enfoque ecolóxico
2.5. Teorías centradas nos factores históricos-culturais e no ciclo vital
Tema 3. Desenvolvemento Cognitivo 3.1. Actividades intelectuais
3.2. Intelixencia concreta: caracterización
3.3. Operacións concretas ou lóxico-matemáticas
3.4. Principais logros cognitivos na nenez
Tema 4. Desenvolvemento social e afectivo 4.1. A comunicación oral e escrita
4.2. Autoconcepto e autoestima
4.3. Identidade sexual e xénero
4.4. Desenvolvemento social e moral
4.5. Desenvolvemento social dos 6 aos 8 anos
4.5.1. O xogo
4.5.2. Desenvolvemento do apego e as emocións
4.5.3. Interacción coa familia
4.5.4. Interacción cos iguais
4.6. Desenvolvemento social dos 8 aos 12 anos
4.6.1. O proceso de socialización
4.6.2. A representación do mundo social
4.6.3. A escola

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A3 A8 B25 C6 C7 12 0 12
Actividades iniciais B1 B21 B24 3 0 3
Aprendizaxe colaborativa B1 B5 B11 15 17 32
Traballos tutelados A2 A7 A11 B1 B5 8 37 45
Proba obxectiva A2 B22 B23 2 30 32
Análise de fontes documentais B1 B5 B11 C6 0 6 6
Proba de ensaio A2 B1 B5 B11 C6 C7 2 8 10
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario A introdución dos temas, o plantexamento de propostas actuais e contemporáneas acerca do coñcemento deste intervalo de edade supón a finalidade de crear contextos de aprendizaxe e posibilitar construcción de coñecementos en cada módulo de aprendizaxe así como na tarefa de inicializar o coñecemento de contidos e estimular a súa búsqueda e indagación así como a función dos mesmos para o futuro mestre/a
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo no inicio do proceso de ensino-aprendizaxe a fin de establecer as competencias, intereses e/ou motivacións iniciais que posúe o alumnado así como a explicación da finalidade que pretendemos coa asignatura e o seu lugar no proceso de ensinar e aprender. Así mesmo, pretenderemos estimular o coñcemento e actividade co obxeto de que participen na búsqueda e construcción de coñecemento novo.
Aprendizaxe colaborativa Trátase de xerar actividades de interacción entre o alumnado que supoñan por en funcionamento tanto a capacidade de aprender socialmente como o de crear novos esquemas de coñecemento social na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor en escenarios alleos ao da aula. Trátase de identificar, analizar e estudar as características evolutivas do alumnado de primaria a través da observación, de autoinformes e de estudos co obxeto a poder comprender como actúan, como pensan e como se desenvolven do xeito mais real posible.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación sumativa da aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos. Será realizada en función de preguntas tipo con duas respostas posible: verdadeiro-falso. Será realizada ao remate do período formal computándose os error.
Análise de fontes documentais Metodoloxía na que terá que elaborar informes temáticos acerca de demandas concretas cos centros de interés na asignatura a partir da observación de alumnado de educación primaria. Todo isto farase indagando e buscando información así como realizando pequenas incursións na bibliografía e fontes documentais a través dun proceso de investigación en pequenos grupos de traballo.
Proba de ensaio Proba escrita onde realizares unha síntese individual dos coñecementos realizados ao longo do ciclo formativo. Sobre un suposto inicial tratarase de desenvolver un traballo creativo e cognitivo que implique relacionar todo o contido ao longo desta temporalización. Para elo contarase con tódolo material compilado ao longo deste tempo para consultar, relacionar, compilar...

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico e práctico e na elaboración dos informes pertinentes. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente. Asimesmo, a laboura desta é centrar ao alumnos, satisfacer as suas demandas para o ensino e aprendizaxe así como plantexar dúbidas, satisfacer a curiosidade e experimentar a actividade de aprender e construir coñecemento

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 B1 B5 B11 C6 C7 GRUPO A.
Será unha proba escrita individual a desenvolver sobre un suposto teórico con todo o material que o alumno/a considere oportuno. Realizarase ao remate do ciclo formativo e versará sobre os coñecementos da asignatura.

GRUPO B.
Non se lle aplica esta metodoloxía
20
Análise de fontes documentais B1 B5 B11 C6 Traballo en grupos para elaborar informes de casos psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas a alumnado de 6-12 anos. 15
Proba obxectiva A2 B22 B23 GRUPO A.
Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia, a través de preguntas de resposta breve e múltiple.

GRUPO B.
Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben. Esta metoloxía representa o 40% da avaliación para este grupo, o 5% restante súmase a metodoloxía Traballos tutelados.
25
Traballos tutelados A2 A7 A11 B1 B5 Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de primaria e elaborar informes/artigos en base aos datos obtidos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 25
Aprendizaxe colaborativa B1 B5 B11 Traballo realizado en pequenos grupos que consiste na realización de actividades a facer maioritariamente na aula para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 15
 
Observacións avaliación

GRUPO A:

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA AULA (> 85%):
O sumatorio das cualificacións obtidas na aprendizaxe colaborativa e de prácticas (máx. 4) e nas probas individuais de ensaio e obxectiva (máx. 6) constitúe a cualificación dos coñecementos teóricos.
O sumatorio das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e exposición e comunicación empática (máx. 10) constitúe a cualificación dos coñecementos prácticos.
A cualificación final será a media entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 5 sobre 10).

Opción B.

ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE < 85%


* Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster
universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de
Goberno de 28 de xuño de 2016), se lle recoñecera a condición de
estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente
dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as
sesións interactivas. para o que a sua avaliación consistirá en:

Elaboración dun traballo a través das TIC sobre un contido de clase onde desenvolver a comunicación pública así como empática a través do rigor científico sendo tutelada polo profesor da asignatura sendo avaliada ata un 40 % da mesma onde desenvolver os contidos de práctica e aplicados da psicoloxía do desenvolvemento

Probas de ensaio e obxectivas realizadas nas datas últimas de clase onde demostrar os seus coñecementos e traballo de aprendizaxe sobre os contidos desenvoltos nas fontes utilizadas para elo. Máximo 60 %.

A calificación global será a suma de ambas avaliacións para o que se porán os criterios en moddle da asignatura


GRUPO B:

Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.

Opción A.

ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):

  • Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60 % da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
  • Coñecementos teóricos: Mediante a Probade resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.

Opción B.

ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)

Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado:

* Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas.

* Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores).


pasando a súa avaliación a ser:

  • Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,34 % da nota final. Para a 2ª oportunidade (xullo) todos os traballos terán que ser entregados 7 días naturais antes da data oficial de exames.
  • Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 %. Terá que superar as dúas partes para ter superada esta parte.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible

NOTAS Grupo B.

1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será de 4.

2. A cualificación de No Presentado darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.

3. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
MANUAIS, TEXTOS E COMPILACIÓNS XERAIS

AEBLI, H. (1985). Doce formas básicas de enseñar. Madrid: Narcea, 1988.

AINSCOW, M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Madrid,

Narcea.

AINSCOW, M.; BERESFORD, J.; HARRIS, A.; HoPKINS, D. y WEST, D. (2001). Crear condiciones para la mejora del trabajo en el aula. Manual para la formación del profesorado. Madrid: Narcea.

Arnaiz, P. (2003) Educación inclusiva: una escuela para todos. Málaga: Ediciones Aljibe.

BAÑA, M. (2000). A Psicoloxía educativa aplicada á educación. Santiago: Tórculo

BELTRÁN, J. y BUENO, J. A. (1995) Psicología de la Educación. Barcelona: Boixareu Universitaria.

BERK, L. (1999) Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.

BERMEJO, V. (Coord.)(1994). El desarrollo cognitivo. Madrid. Síntesis.

BOADA, H. (1986). El desarrollo de la comunicación en el niño. Barcelona: Anthropos.

BOWER, T. (1979) El mundo perceptivo del niño. Madrid: Morata.

BOWLBY, J. (1986) Vínculos afectivos: formación, desarrollo y pérdida. Madrid: Morata.

BRADLEY, S. (1989). Concepciones

de la infancia. Madrid: Alianza.

BRONFENBRENNER, U. (1987) La ecología del desarrollo humano. Barcelona: Paidós.

BRUNER, J. (1988) Desarrollo cognitivo y educación. Madrid: Morata.

CARRETERO, M. y GARCIA-MADRUGA, J. (Comps.)(1984). Lecturas de psicología del pensamiento. Madrid: Alianza Psicología.

COLL, C. (1987): Psicología y currículum. Barcelona, Laia.

COLL, C y otros (2000) El constructivismo en el aula. Ed Grao

COLL, C. (2007) Una encrucijada para la educación escolar. Cuadernos de pedagogía, 370,&nbsp; 19-23

COLL, C., PALACIOS, J. y MARCHESI, A. (1990) Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la Educación. Madrid: Alianza Editorial.

COMELLAS,M.J. y PERPINYA,A. (1984) La psicomotricidad en preescolar. Barcelona: CEAC.

CORRAL, A. (1 994). Capacidad mental y desarrollo. Madrid: Visor.

DELVAL, J. (Comp.) (1978) Lecturas de psicología del niño. Vol.1 y Vol.2. Madrid: Alianza.

DEMAUSE, Li. (1 974). Historia de la infancia. Madrid: Alianza, 1982.

DONALSON, M. (1979) La mente de los niños. Madrid: Morata.

DUNN, J. (1993) Los comienzos de la comprensión social. Buenos Aires: Nueva Visión.

ECHEITA, G. (2006). Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea.

ELBOJ, C. y cols. (2002). Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Editorial Graó.

ENESCO, 1. (2000). Psicología del Desarrollo. Enciclopedia Micronet. . Htpp//www.encicionet.es

ERIKSON, E.H. (1980) Identidad, juventud y crisis. Madrid: Taurus.

FLAVELL, J. H. (1992). Desarrolla cognitivo. Nueva edición revisada. Madrid: Visor, 1993

FOSS, B. (1978) Nuevas perspectivas en el desarrollo del niño. Madrid: Fundamentos.

FURTH, H.G. y WACHS, H. La teoría de Piaget en la práctica. Buenos Aires: Kapelusz.

GARCIA-MADRUGA, J.A. (1991). Desarrollo y conocimiento. Madrid: Siglo XXI.

GARTIN, B.C., MURDICK, N.L., IMBEAU, M., y PERNER, D.E. (2002). How to use differentiated instruction with students with developmental disabilities in the general education classroom. ALEXANDRIA, VA: A Publication of the Developmental Disabilities of the Council for Exceptional Children

GARVEY, C. (1985) El juego infantil. Madrid: Morata

GARVEY, C. (1986) Lenguaje infantil. Madrid: Morata.

GINÉ, C. &nbsp;y FONT, J. (2007). El alumnado con discapacidad intelectual y del desarrollo. En Joan Bonals y Manuel Sánchez-Cano (coord.) Manual de asesoramiento pedagógico (pp. 879-914). Barcelona: Editorial Grao.

GONZÁLEZ, Ma C. Y TOURÓN, J. (1992). Autoconcepto y rendimiento escolar. Pampiona: EUNSA.

GONZÁLEZ-CUENCA, A.M.; FUENTES, M.J.; DE LA MORENA, M.L. y BARAJAS, C. (1995) Psicología del desarrollo. Teoría y prácticas. Málaga: Aljibe.

GOOD, T.L. y BROPHY, J.E. (1983) Psicología educacional. México: Interamericana.

GREGORY, G.H. y CHAPMAN, C. (2002) Differentiated Instructional Strategies. Thousand Oaks, Ac: Corwin Press.

HARRIS, P. (1992) Los niños y las emociones. Madrid: Alianza.

HERNANDEZ DE LA TORRE, E. (1997). El grupo clase y sus diferencias individuales desde la perspectiva significativa del aula. En P. Darder y J. Gairín (Coords.). Organización y gestión de centros educativos (pp.114-120). Barcelona: Praxis.

HOFFMAN, L.; PARIS, S. y HALL, E. (1995) Psicología del desarrollo hoy. Vol.1 Madrid: McGraw-Hill.

INHELDER, B. y PIAGET, J. (1 955). De la lógica del niño a la lógica del adolescente. Buenos Aires: Paidós, 1972.

INHELDER, B., SINCLAIR, H. y BOVE, M. (1975). Aprendizaje y estructuras del conocimiento. Madrid: Morata.

KAIL, R. (1984) El desarrollo de la memoria en los niños. Madrid: Siglo XXI.

KAMII, C. y DEVRIES, R. (1977). La teoría de Piaget y la educación preescolar. Madrid: Pablo del Río, 1988.

KAYE, K. (1986) La vida mental y social del bebé. Barcelona: Paidós.

KIMMEL, D. Y WEINER, 1. (1995). La adolescencia: una transición del desarrollo. Barcelona: Ariel, 1998.

KOZULIN, A. (1990). La psicología de Vygotsky. Madrid: Alianza Psicología, 1994.

LANE, H. (1979). El niño salvaje de Aveyron. Madrid: Alianza, 1984.

LANGFORD, P. (1987). El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria. Madrid: Paidós/MEC, 1989.

LINAZA, J. y MALDONADO, A. (1987) Los juegos y el deporte en el desarrollo psicológico del niño. Barcelona: Anthropos.

LINAZA, J. (1985) El desarrollo físico y motor. Madrid: Ministerio de Educación.

LINAZA, J. (1991) Jugar y aprender. Madrid: Alhambra Longman.

LOPEZ, F. (1985) La formación de los vínculos sociales. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.

LURIA, A.R. y YUDOVICH, F.I. (1984) Lenguaje y desarrollo intelectual en el niño. Madrid: Siglo XXI.

MARTÍN, C. (1999) Psicología del desarrollo y de la educación en edad escolar. Valladolid: Ámbito.

NELSON, C. (1988) El descubrimiento del sentido. Madrid: Alianza.

NICKERSON, R.S., PERKINS, D.N. y SMITH, E.E. (1985). Enseñar a pensar. Aspectos de la aptitud intelectual. Madrid: Paidós/MEC,

OVEJERO, A. (1990). &nbsp;El aprendizaje cooperativo: una alternativa eficaz a la enseñanza tradicional. &nbsp;Barcelona, PPU.

PARRILLA, A. (2001): 0 Longo camiño cara a Inclusión». Revista Galega do Ensino, 32 pp. &nbsp;35-54

PALACIOS, J., MARCHESI, A. y COLL, C. (Comps.)(1 990). Desarrollo psicológico y educación. VoL 1. Madrid: Alianza.

PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y CARRETERO, M. (1985) Psicología Evolutiva (3 vols.) Madrid: Alianza.

PAPALIA, D. Y WENDKOS, S. (1992) Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. Madrid: McGraw-Hill.

PÉREZ GÓMEZ, A. y ALMARAZ, J. Lecturas de aprendizaje y enseñanza. Madrid: Zero S.A

PEREZ DE LARA, N. (1998). La capacidad de ser sujeto. Barcelona, Paidós.

PERRET-CLERMONT, A-N. La construcción social de la inteligencia en la interacción socíal Madrid: Visor.

PIAGET, J. e INHEIDER, B. (1966). La psicología del niño. Madrid: Morata, 1975.

PIAGET, J. (1978) Seis estudios de psicología. Barcelona: Seix Barral.

PIAGET, J. e INHELDER,B. (1981) Psicología del niño. Madrid: Morata.

PIAGET,J. (1983) El criterio moral en el niño. Barcelona: Fontanella.

POZO, J.I. (1987). Aprendizaje de la ciencia y pensamiento causa¡. Madrid: Visor.

POZO, J.I. (1996) Aprendices y maestros. La nueva cultura del aprendizaje. Madrid: Alianza editorial.

POZO, J.¡. (1996). Teorías cognitivas del aprendizaje. Madrid: Morata.

Pujolas, P. (2001) Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educación obligatoria. Málaga: Aljibe

RODRIGO, M.J. (1994) Contexto y desarrollo social. Madrid: Síntesis.

SCHAFFER, R.H. (1994) Decisiones sobre la infancia. Madrid: Aprendizaje/Visor.

SELIGMAN, M.E.P. (1975). Desarrollo emocional y educación. Madrid: Debate.

SIEGEL, I.S. y BRAINERD, C.J. (1983). Alternativas a Piaget. Madrid: Pirámide.

SIGUAN, M. (Comp.) (1986) Estudios sobre Psicología del lenguaje infantil. Madrid: Pirámide.

SINCLAIR, H. y otros (1982).Los bebés y las cosas. La creatividad del desarrollo cognoscitivo. Barcelona: Gedisa, 1983.

STAIMBACK, S. y STAIMBACK, W. (1999): Aulas inclusivas. Madrid: Narcea

TOMLINSON, C. A. (2000) Differentiation of Instruction in the Elementary Grades. ERIC Digest. ED443572 2000-08-0

TURIEL, E.; ENESCO, I y LINAZA, J. (Comp.) (1989) El mundo social en la mente infantil. Madrid: Alianza.

UNESCO (1994): Declaración de Salamanca. Conferencia Mundial sobre Necesidades Educativas Especiales: acceso y calidad. Salamanca, Unesco.

UNESCO (2001) Understanding and responding to children´s needs in inclusive classrooms. A guide for teachers. Paris: UNESCO.

VASTA, R.; HAITH, M.M. y MILLER, S.A. (1996) Psicología Infantil. Barcelona: Ariel.

VILA, I. (1990) Adquisición y desarrollo del lenguaje. Barcelona: Graó.

VILLIERS, P.A. y VILLIERS, J.G. (1980) Primer lenguaje. Madrid: Morata.

VYGOTSKI, L. (1977) Pensamiento y lenguaje. Buenos Aires: Pléyade.

VYGOTSKI, L.S. (1979) El desarrollo de los procesos psicológicos superiores. Barcelona: Crítica.

WELLMAN, H.M. (1 990). Desarrollo de la teoría de/ pensamiento. Bilbao: Desclée de Brouwe

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías