Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 652G02004
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Andrade Suarez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Suarez, Maria Jose
Fernández Suárez, Mónica Belén
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
belen.fernandez.suarez@udc.es
gabriel.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral Este programa estrutúrase ao redor dos seguintes obxectivos xerais:
a) Proporcionar unha visión elemental das principais correntes e teorías no campo da Socioloxía en xeral e, concretamente, da Socioloxía da Educación.
b) Proporcionar o instrumental conceptual adecuado para comprender os distintos fenómenos sociais e, en concreto, a dimensión social da educación e da escola.
c) Espertar o espírito crítico en relación coa educación e a escola na sociedade actual.
d) Fomentar o enriquecemento da capacidade persoal de análise da realidade escolar, a través do estudo da súa natureza social

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A24 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A35 Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
A40 Formular e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A68 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principais debates teóricos e principais autores responsables de teorías sociolóxicas sobre a educación A2
A6
A9
A10
A11
A13
A14
A15
A23
A34
A35
A40
A64
A68
B1
B3
B8
B9
B15
B16
B18
B19
B21
B22
B23
B24
B25
C4
C6
C7
C8
Coñecer os principais as principais correntes e debates sociais entorno á educación no século XXI A2
A6
A10
A13
A14
A15
A23
A24
A34
A35
A40
A64
A68
B1
B3
B8
B9
B15
B16
B18
B19
B21
B22
B23
B24
B25
C4
C6
C7
C8
Aplicar de forma inicial técnicas de investigación social para a recollida e análise da información A2
A6
A9
A10
A11
A13
A14
A23
A34
A40
A64
A68
B15
B16
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. INTRODUCIÓN: A SOCIOLOXÍA COMO CIENCIA
1.1. A socioloxía como ciencia social
1.2. Comprensión e definicións de Socioloxía: a perspectiva sociolóxica
1.3. As orixes da socioloxía: contexto histórico
1.4. Primeiros pensadores e principais paradigmas teóricos
1.5. Metodoloxía da investigación sociolóxica: principios básicos
1.5.1. Métodos de investigación en ciencias sociais
1.5.2. Técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social
1.5.3. Como se elabora un proxecto de investigación social
TEMA 2. A CIENCIA SOCIOLÓXICA E A súa APLICACIÓN Á EDUCACIÓN 2.1. O estudo sociolóxico da educación: relacións entre sociedade, socioloxía e socioloxía da educación
2.2. Escolas e perspectivas da socioloxía da educación
2.2.1. As achegas dos clásicos
2.2.2. Teorías sociolóxicas contemporáneas
TEMA 3. CULTURA, SOCIALIZACIÓN E ESCOLA 3.1. Individuo, cultura e sociedade
3.1.1. Noción sociolóxica de cultura
3.2. Cultura e educación
3.3. Diversidade cultural e educación: a escola fronte á multiculturalidad
3.2. O proceso de socialización
3.2.1. Definición e concepto
3.2.2. Os axentes ou contextos de socialización
3.3. A socialización escolar
3.4. Funcións sociais da escola
TEMA 4. ESTRATIFICACION SOCIAL, MOBILIDADE SOCIAL E EDUCACIÓN
4.1. Principais sistemas de estratificación social
4.2. Principais teorías sociolóxicas sobre a estratificación
4.3. Mobilidade social e educación
4.5. Desigualdades de clase, xénero e etnia en educación


TEMA 5. INSTITUCIÓN EDUCATIVA, ECONOMÍA E EMPREGO
5.1. Sistemas económicos e educación
5.1.1. A intervención estatal no sistema educativo
5.1.2. Globalización dos sistemas económicos e educativos: A teoría do capital social
5.2. Do sistema educativo ao mercado de traballo
5.2.1. Modelos explicativos da relación entre emprego e educación
5.2.1. A sobrecualificación
5.3. Conceptualización do abandono escolar
TEMA 6. SOCIOLOXÍA DO PROFESORADO E DO ALUMNADO 6.1. O profesorado
6.1.1. O profesorado como categoría social
6.1.2. O profesorado como grupo de status
6.1.3. O profesorado como axente educativo
6.2. O alumnado
6.2.1. A condición de estudante
6.2.2. Educación e clase social
6.2.3. As relacións sociais na aula
TEMA 7. FUNDAMENTOS SOCIAIS DO CURRICULUM
7.1. Curriculum oculto e curriculum manifesto
7.2. Os enfoques sociolóxicos do currículo escolar
7.2.1. O currículo e a reprodución social
7.2.2. O currículo e a reprodución cultural
7.2.3. Teorías da resistencia e a produción cultural
7.3. Socioloxía, currículo e organización escolar

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 A6 A13 A34 B1 B3 1 1 2
Análise de fontes documentais A64 C6 C7 1 8 9
Aprendizaxe colaborativa A14 A15 A35 A40 B8 B9 B15 1 6 7
Discusión dirixida A23 C4 2 8 10
Investigación (Proxecto de investigación) A68 A10 B16 2 21 23
Lecturas A22 2 12 14
Presentación oral A11 B23 B25 4 8 12
Sesión maxistral A24 B18 B21 B22 B24 C8 21 0 21
Traballos tutelados A9 4 26 30
Proba mixta B19 2 18 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación, explicación e/ou aclaracións da Guía Docente da asignatura, e polo tanto, do programa e do plan de traballo: contido, metodoloxía de ensino-aprendizaxe, avaliación, etc... En definitiva, todas aquelas actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe coa finalidade de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Consiste na análise, procura e consulta dos documentos de traballo que recollen os contidos básicos da materia.Esta técnica metodolóxica supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos
Aprendizaxe colaborativa Trátase do conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Supón unha ferramenta de aprendizaxe complementaria ó traballo autónomo e individual do alumno/a.
Discusión dirixida Debates que permitan propiciar a acción participativa do alumnado -que lle xere unha certa “tensión intelectual”-, a través de interrupcións moderadas e organizadas pola profesora, para obter aclaracións nas que o alumnado tamén ten a “corresponsabilidade” de popoñer ou suxerir ideas respecto dos contidos teorico-prácticos que se estean a traballar. Trátase dunha técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Investigación (Proxecto de investigación) Elaboración dun traballo de investigación sociolóxica sobre algunha das temáticas propias desta asignatura. Supón un proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Lecturas Propóñense un conxunto de textos e documentación escrita relacionada coa materia que o alumnado deberá ler, analizar, reflexionar, recensionar e/ou engadir como fonte de profundización nos contidos a traballar.
Presentación oral Exposición diante da profesora e dos compañeiros/as, dos traballos de investigación individuais ou en grupo, realizados ó longo do cuadrimestre. Trátase dunha ferramenta do proceso de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Trátase do que se ven denominando Docencia Expositiva (DE). A dinámica baséase en clases maxistrais que transmitan os coñecementos básicos da asignatura. Polo tanto, falamos da exposición oral na aula dos temas que supoñen o contido teórico da materia. Pero ademáis, preténdese xerar uns mínimos para “poñer a funcionar a aula” e propiciar a acción participativa do alumnado -que lle xere unha certa “tensión intelectual”-, a través de interrupcións moderadas e organizadas pola profesora, para obter aclaracións nas que o alumnado tamén ten a “corresponsabilidade” de popoñer ou suxerir ideas respecto dos contidos teorico-prácticos que se estean a traballar. Trátase de motivar ó alumnado a través da reflexión e o diálogo aberto. Esta exposición oral vese complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”.
Traballos tutelados Supón o conxunto de prácticas levadas a cabo tanto nas horas presencias da denominada Docencia Interactiva (DI), exercida en grupos reducido (duns 20 alumnos/as), como o material resultado do traballo autónomo non presencial. A DI está concebida para que o alumnado desenvolva, necesaria e obligatoriamente, un traballo previo (lectura de material ad hoc), pero tamén é fundamental a participación activa e o traballo na aula (análise, reflexión, debate, discusión grupal e exposicións dos textos, material audiovisual, etc…). Esta metodoloxía está deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Análise de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Investigación (Proxecto de investigación)
Lecturas
Presentación oral
Proba mixta
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada realizarase coa finalidade de atender ás necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en grupos pequenos, relacionadas co estudo e os temas vinculados coa materia. Sempre que o alumno/a o considere necesario e cando o profesor o estime oportuno para mellorar o proceso de ensinanza/aprendizaxe, esta actividade desenrólase de forma vía virtual (a través de e-mail), na aula ou nos momentos que o(s) profesor(es) teñen asignados ás titorías de despacho e cuxo horario se comunicará previamente.



































Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A64 C6 C7 Leituras de textos e libros relacionados coa temática da materia. 10
Discusión dirixida A23 C4 Debates na clase acerca dunha determinada temática vinculada coa asignatura. 5
Investigación (Proxecto de investigación) A68 A10 B16 Realización dunha investigación en grupo sobre temas relacionados coa Socioloxía da Educación. 15
Presentación oral A11 B23 B25 Presentacións dos traballos realizados ou de comentarios de textos asignados, ao igual que de debates nos que sexa necesario articular unha posición por parte do alumnado. 5
Proba mixta B19 Trátase dun exame dos contidos da parte expositiva da materia. É necesario lograr un 5 para superar esta sección da materia, e que poida facer media coa avaliación dos contidos prácticos. 50
Traballos tutelados A9 As sucesivas tarefas que os profesores no proceso de avaliación continua vaian consignando ao alumnado, e que conten coa dirección e apoio das docentes responsables. 15
 
Observacións avaliación

A materia consta dunha parte teórica e outra práctica.  

A parte teórica desenvolvida polo profesor en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5. 


A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas polo profesor e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos. A calificación obtida nesta
parte (si é superior a 5), manterase para as dúas convocatorias de avaliación. Si a
calificación obtida é inferior a 5, teránse  que volver a entregar as
actividades na convocatoria de avaliación da segunda oportunidade.


A distribución da nota final da materia farase da seguinte maneira: 50% parte teórica, 40 % parte práctica e 10 % asistencia e participación en clase  (ou asistencia e participación en titorías para o alumnado con dispensa académica).

Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media. Cada profesor/a poderá distrubuír os porcentaxes da parte práctica (40%) en cada un dos grupos (A e B) coas probas que considere oportunas, manténdose as mesmas porcentaxes globais. 


Será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 por cento das sesións (teóricas e prácticas) de cara a permitir un adecuado seguimento e a avaliación continua do alumnado.
Os/As alumnos/as que asistisen a menos do 80% das clases (os que optaron pola matrícula con parcial e dispensa académica de exención de asistencia) deberán acudir a unha tutoría co profesor e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia, sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final.  Este sistema será válido para a convocatoria de avaliación do primeiro cuatrimestre e para a segunda oportunidade de avaliación
(xullo).


Dentro dos criterios de avaliación da modalidade de avaliación continua considérase especialmente importante:
a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises)
b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía.
c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o alumno mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final.

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Paul Willis (1988). Aprendiendo a trabajar. Cómo los chicos de clase obrera consiguen trabajos de clase obrera. Editorial Akal
Michael F.D. Young (2008). Bringing knowledge back in : from social constructivism to social realism in the sociology of education. London : New York : Routledge
Montserrat Moreno (2000). Cómo se enseña a ser niña. El sexismo en la escuela. Barcelona: Editorial Icaria
Mariano Fernández Enguita (2009). Educar en tiempos inciertos. Editorial Morata
Jurjo Torres (2005). El currículum oculto. Editorial Morata
Philip W. Jackson (1998). La vida en las aulas. Editorial Morata
Ana de Miguel Álvarez (2015). Neoliberalismo sexual. Editorial Cátedra

ALMARCHA, A.: Cien años de la sociología de la educación en España: 1877-1977. En REIS, 2, 115-148. ALONSO HINOJAL, I., Educación y Sociedad. Las Sociologías de la Educación. CIS. 1991.

Bibliografía complementaria APPLE, M. (1987). Educación y poder. Barcelona: Paidós
APPLE, M. (2002). Educar "como Dios manda" mercados, niveles, religión y desigualdad. Barcelona: Paidós
TERRÉN, E. (2001). El contacto intercultural en la escuela: la experiencia educativa de gitanos e hijos de inmigrantes en el Área Metropolitana de A Coruña . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
PEDRÓ I GARCÍA, F. (2009). El profesorado. Madrid: Biblioteca Nueva
POSADA KUBISSA, L. (2015). Filosofía, crítica y (re)flexiones feministas. Madrid: Editorial Fundamentos
TORRES SANTOME, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata
GUTMANN, A. (2001). La educación democrática . Barcelona: Paidós
PENNAC, D. (2008). Mal de escola. Vigo: Xerais
CALERO, J. (2008). Sociedad desigual, ¿educación desigual?: sobre las desigualdades en el sistema educativo español. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia
THE WIRE SERIE (2010). The Wire. Warner: 2010


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría da educación/652G02001
Historia da educación/652G02006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G02001
Historia da educación/652G02006

Materias que continúan o temario

Observacións

 - Cando se establezan datas de entrega de prácticas, traballos tutelados, etc..., deberán cumprirse, agás casos excepcionais e debidamente xustificados.

- Recoméndase, sobre todo para o alumnado "non presencial" procure estar en contacto e comunicación regular coa(s) profesora(s).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías