Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua galega e a súa didáctica Código 652G02005
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Mosquera Castro, Estefanía
Correo electrónico
e.mosquera@udc.es
Profesorado
Mosquera Castro, Estefanía
Correo electrónico
e.mosquera@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
A44 Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
A45 Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
A46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
A48 Fomentar a lectura e animar a escribir.
A49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes de outras linguas.
A50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A51 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
A52 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
A53 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B10 Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira).
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o currículo de Lingua e Literatura Galega na E. Primaria. A45
Ser capaz de analizar criticamente as propostas curriculares procedentes da administración educativa. A45
B3
Coñecer o comportamento fónico, morfosintáctico, léxico e pragmático da lingua galega. A46
Utilizar en cada contexto comunicativo os trazos fónicos, morfosintácticos e léxicos adecuados da lingua galega. A46
Distinguir o dialectal do estándar e o correcto do incorrecto, e aplicar estas distincións á aprendizaxe da lingua galega na aula de E. Primaria. A46
Posuír un dominio alto da expresión oral, da lectura e da escritura en lingua galega. A46
Expor con corrección, falando e escribindo en lingua galega, ideas previamente elaboradas, e facelo de maneira coherente e organizada. A46
B9
Saber comunicarse no centro educativo de xeito apropiado e eficaz en lingua galega nas diferentes situacións docentes. A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
A53
B3
B7
B8
B9
B10
B13
B21
B22
B23
B24
B25
C8
Ser capaz de organizar e conducir o desenvolvemento das destrezas orais e escritas en lingua galega na E. Primaria. A50
Coller gusto e hábito pola lectura e pola escritura en lingua galega e fomentalos no alumnado. A48
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico A46
A48
A52
C1
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega A46
C1
C2
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega B15
C3
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego A45
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística A45
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües A50
Coñecer as particularidades da situación sociolingüística galega A49
A50
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galegofalante e non galegofalante A49
A50
A52
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega A50

Contidos
Temas Subtemas
1. A lingua galega e a súa didáctica na E. Primaria.


1.1. O marco lexislativo da lingua galega. Implicacións educativas.
1.2. O contexto sociolingüístico galego: contacto de linguas e prexuízos lingüísticos
1.3. O currículo de Lingua e Literatura Galega.

2. A competencia na lingua galega. 2.1. A competencia lingüística e as destrezas básicas.
2.2. O desenvolvemento das destrezas en lingua galega na E. Primaria.
2.2.1. A comprensión e a expresión oral.
2.2.2. A lectura e a escritura: o papel da literatura
2.3. A competencia na lingua galega do profesorado de E. Primaria.
3. A didáctica da lingua galega: cuestións xerais e de método 3. 1. Lingua e usos
3.2. O modelo normativo, as variedades diatópicas e a lusofonía e o seu tratamento na E. Primaria
3. 3. Os materiais de apoio para o profesorado de E. P
4. A didáctica da lingua galega: a compoñente fonética e ortográfica 4.1. A aprendizaxe dos trazos fónicos da lingua galega na E. Primaria.
4.1.1. A expresión oral e a pronuncia
4.1.2. A expresión escrita e a ortografía
4.1.3. Recursos didácticos
5. A didáctica da lingua galega: a compoñente morfosintáctica 5.1. A aprendizaxe da morfosintaxe da lingua galega na E. Primaria
5.1.1. Obxectivos e problemas metodolóxicos
5.1.2 A competencia gramatical e as unidades morfonsintácticas básicas da lingua galega
5.1.3. Estratexias pedagóxicas
6. A didáctica da lingua galega: a compoñente lexical e semántica 6.1. A aprendizaxe do léxico e da semántica da lingua galega na E. Primaria
6.1.1. O léxico en contexto
6.1.2. O enfoque para a aprendizaxe do léxico
6.1.3. Ferramentas didácticas
7. Novas aproximacións na didáctica da lingua galega 7.1. A lingua galega e as TIC: recursos web, novos tipos de textos e códigos gráficos
7.2. A lingua galega e o audiovisual: a música, o cinema, a dobraxe, o teatro etc.
7.3. A lingua galega e a aprendizaxe lúdica: obradoiros, contacontos, lipdubs etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de ensaio A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 3 27 30
Lecturas A45 A48 A50 A52 B15 2 30 32
Obradoiro A46 A50 A52 B7 B9 B15 15 20 35
Sesión maxistral A43 A45 A48 A49 B3 B7 B9 19 2 21
Traballos tutelados A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 6 23 29
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua galega, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Lecturas O alumnado utilizará documentación bibliográfica proporcionada polo profesorado para ampliar os seus coñecementos sobre a materia e os contidos traballados. Así mesmo, tamén se fará un aproveitamento didáctico delas, nomeadamente daquelas de natureza literaria.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado e cunha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas e, por outra, a exploración da proxección que as ditas nocións poden ter no campo da práctica docente
Sesión maxistral Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá.
Traballos tutelados Realización dun ou varios traballos, orais e/ou escritos, grupais e/ou individuais, relacionados con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Estes serán fundamentais no momento de o alumnado superar con existo a materia, na medida en que dan índice da súa madureza científica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Realización, revisión e comentario de prácticas encamiñadas á mellora da competencia expresiva en lingua galega dos alumnos e das alumnas que o poidan precisar.
Consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas todo ao longo das horas presenciais ou das non presenciais e de traballo autónomo do alumnado.

Os docentes estarán dispoñibles, tanto no horario de titorías previamente marcado como a través do correo electrónico, para calquera dúbida relacionada coa materia ou co desenvolvemento do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 Realización de traballos titorizados guiados que se negociarán co grupo-clase e que constarán dunha parte escrita e dunha presentación oral 30
Proba de ensaio A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas 40
Lecturas A45 A48 A50 A52 B15 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua, mediante un traballo escrito. 30
 
Observacións avaliación

- Na cualificación final da materia tamén influirán variantes como a asistencia e a participación nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas e das actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. 

- Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes. 
- A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas será feita na súa totalidade con base na proba de ensaio,que ademais poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte. 
- No exame de xullo só se repetirá a parte suspensa e manterase a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro. 
- O alumnado deberá ser capaz de expresarse con corrección e fluidez en todas as probas de avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Ares, Mª do C. e X. Arias (1986): "O galego estándar sen merma da variante dialectal", Revista Galega de Educación, número 3, páxinas 29 a 31.

Callón, C. (2012): Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais.

Carpente Allegue, B. (coord.) (2004): Gramática insubordinada. Obradoiro de Lingua Gianni Rodari. Vigo: Xerais.

Cassany, D. et alii (1994): Enseñar lengua. Barcelona: Graó.

Castro Soliño, D. e Gullón González, R. (1996): “Didactica da lingua nos medios de comunicación”, en Álvarez Blanco, R., F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.): A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. 433-442.

Doural Rocha, A. (1995): Didáctica da redacción, narración e descrición. Vigo: Xerais.

Espiño, M. e H. Sánchez (1990): Aprender palabras e significados. A léxico-semántica. A Coruña: Vía Láctea.

Feixó Cid, X. (2003): Dicionario galego dos nomes. Vigo: Xerais.

Fernández Rei, E. (1996): “O ensino da fonética galega a castelanfalantes: problemas e métodos”, en Álvarez Blanco, R., F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.): A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. 443-452.

Fernández Rei, F. (1987): "Aplicación da Dialectoloxía na aprendizaxe do galego común", en Grial, número 96. Vigo: Galaxia, páxinas 131 a 150.

Ferreiro, M. (1999): Gramática histórica galega. I. Fonética e Morfosintaxe. Santiago de Compostela: Laiovento.

Ferreiro, M. (2001): Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.

Freixeiro Mato, X. R. (2006) [1998, 2000, 1999, 2002]: Gramática da lingua galega. I. Fonética e Fonoloxía. II Morfosintaxe. III Semántica. IV Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (2006): Manual de gramática galega. Vigo: A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (2009): Lingua de Calidade. Vigo: Xerais.

Freixeiro Mato, X. R. (2013): Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais

García Negro, M. P. (Ed.) (2009): Sobre o racismo lingüístico. Ames: Laiovento.

García Piqueras, I. (1996): “Adquisición y recepción de la lengua gallega: una perspectiva castellano-hablante”, en Álvarez Blanco, R., F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.): A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. 467-474.

Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Iglesias Álvarez, A. (2007): “Os preconceptos lingüísticos segundo a idade”, en Méndez López, I e A. Sánchez Perez (eds.): Lingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 165-182.

López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2010): Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baia Edicións.

Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Medrano, C. (1994): 50 xogos de língua. Técnicas de comunicación oral e escrita. Vigo: Xerais.

MEDRANO, C. (1998): Outros 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais.

Mosquera Castro, E. (2013): Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS. A Coruña: AS-PG.

Núñez Singala, M. (2009): En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia.

Peliquín Pérez, F. (1996): “Estratexias didácticas para unha mellora das actitudes lingüísticas”, en Álvarez Blanco, R., F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.): A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. 481-488.

Peliquín Perez, F., C. Pérez Recarey e Rodeiro Barros, M. (1996): “O lecer e a lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria”, en Álvarez Blanco, R., F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.): A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. 489-501.

REAL ACADEMIA GALEGA (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña.

Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega (2012): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña.

Regueira, X. L. (2013): “Estándar oral e modelos de lingua”, A letra miúda nº2 – Revista de Sociolingüística da CGENDL.

Regueira, X. L. (coordinador) (1999): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.

Rodari, G. (2013): Gramática da fantasía: introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.

Sánchez Rei, X. M. (2011): Lingua galega e variación dialectal. Noia: Laiovento.

Sanmartín Rei, G. (2009): Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais.

Sanmartín Rei, G. (Coord.) (2006): Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña.

Sanmartín Rei, G. (Coord.) (2007): Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña.

Silva Valdivia, B. (1992): “Sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia. Aproximación ó pensamento dos futuros profesores de lingua”, Cadernos de Lingua 6, 125-135.

Silva Valdivia, B. (2007): “A lingua galega nas etapas de educación infantil e primaria”, en Méndez López, I e A. Sánchez Perez (eds.): Lingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 41-52.

Silva Valdivia, B. (coord.) (1994): Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago de Compostela. ICE Universidade de Santiago de Compostela.

Bibliografía complementaria

Cairney, Th. (1992): Enseñanza de la comprensión lectora, Madrid, Morata.

Camps, A y F. Zayas (coords.) (2006): Secuencias didácticas para aprender gramática. Madrid: Aguilar.

Cassany, D. (2006): Taller de textos: leer, escribir y comentar en el aula. Barcelona: Paidós.

Cassany, D. (2007): Describir el escribir: cómo se aprende a escribir. Barcelona: Paidós.

Cassany, D. (2007): La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama.

Cassany, D. (2012): En línea: leer y escribir en la red. Barcelona: Anagrama.

Cassany, D. (2013): Tras las líneas: sobre la lectura contemporánea. Barcelona: Anagrama.

Costa Bravo, C., J. J. Jiménez Gómez e C. Vela Delfa (2003): “Los textos electrónicos en la enseñanza de lenguas extranjeras”. Interlingüística, 14. 

Domínguez Cuesta, C. (2005): “El lenguaje de los SMS y del chat en las aulas”. Cuadernos de Pedagogía, 343. 65-69.

Fontich Vicens, X. (2006): Hablar y escribir para aprender gramática. Barcelona: ICE-ORSORI.

Graves, D. H. (1991): Didáctica de la escritura. Madrid: Morata.

Kohan, S. A. (2006). Taller de lectura: el método. Barcelona: Alba.

López, A. e E. Encabo (2001): El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario.

López, A. e E. Encabo (2002): Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Barcelona: Octaedro.

Martín Vegas, R. A. (2009): Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Madrid: Síntesis.

Mendoza Fillola, A. (coord.) (1998): Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori.

Mendoza Fillola, A. (coord.) (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Madrid: Pearson Educación.

Mendoza Fillola, A. et alii (1996): Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal.

Ninyoles, R. (1976): Cuatro idiomas para un estado. Madrid: Cambio 16.

Sánchez Miguel, E. (2010): La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona. Graó.

Unamuno, V. (2003):Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona: Graó.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 

 Coñecementos necesarios para cursar axeitadamente esta materia:

  • coñecementos amplos de gramática galega
  • coñecementos do léxico común habitual da lingua galega.
  • coñecementos de sociolinguística galega
  • dominio medio-alto da expresión oral e da escrita en lingua galega.

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías