Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua galega e a súa didáctica Código 652G02005
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Profesorado
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Web
Descrición xeral Lingua galega e a súa didáctica é unha materia que pretende capacitar o alumnado para desenvolver o ensino-aprendizaxe da lingua galega mediante dúas vías principais: a primeira, a través da formación arredor das estratexias didácticas e dos recursos pedagóxicos apropiados para o contexto lingüístico deste idioma; e a segunda, a través do reforzo e da mellora da competencia lingüística do alumnado para que poidan constituirse en verdadeiros modelos lingüísticos para o seu futuro desempeño profesional
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Manteranse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través de Teams.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican as metodoloxías; non obstante, cómpre sinalar o seguinte:

-Sesión maxistral: constará de presentacións síncronas ou asíncronas dos contidos que, en calquera caso, serán gravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) e subidas a Moodle, co material necesario.
- Proba de ensaio: De non poder realizarse presencialmente, realizarase de forma virtual en dúas partes: un suposto práctico asíncrono, que se entregará a través de Moodle, e un exame teórico escrito síncrono, que se realizará a través de Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

En caso de situación de alarma, atenderase ao alumnado no horario de titorías, e noutros horarios, polos seguintes medios:

- Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais para solventar dúbidas e facer seguimento dos traballos titorizados.

- Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado, facendo uso do foro temático ou de actividades específicas para desenvolver “discusións dirixidas”, a través das que poñer en práctica ou debater contidos teóricos e lecturas da materia.

- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para desenvolver contidos teóricos ou traballos titorizados na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións (ou máis segundo demanda do alumnado) en pequeno grupo, para seguimento e apoio dos “traballos titorizados”.

4. Modificacións na avaliación

Non hai modificacións en canto ás metodoloxías empregadas, agás que se realizarán de forma virtual a través de foros, tarefas en Moodle, cuestionarios, sesións de Teams, e se presentarán tamén de forma virtual.

*Observacións de avaliación:

No caso de houber algún problema en canto á conectividade no momento de realizar a proba de ensaio, procuraranse outras solucións.

A supervisión das cualificacións co alumnado realizarase a través de TEAMS na data que se concretará unha vez postas as cualificacións provisionais.

1.SITUACIÓNS:

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212), axustarase ao seguinte:

a) Elaboración e presentación de traballo titorizado (20%)

b) Proba de ensaio (80%)

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

- Non hai modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A29 Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
A44 Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
A45 Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
A46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
A48 Fomentar a lectura e animar a escribir.
A49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes de outras linguas.
A50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A51 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
A52 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
A53 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B10 Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira).
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o currículo de Lingua e Literatura Galega na E. Primaria. A45
Ser capaz de analizar criticamente as propostas curriculares procedentes da administración educativa. A45
B3
Coñecer o comportamento fónico, morfosintáctico, léxico e pragmático da lingua galega. A46
Utilizar en cada contexto comunicativo os trazos fónicos, morfosintácticos e léxicos adecuados da lingua galega. A46
Distinguir o dialectal do estándar e o correcto do incorrecto, e aplicar estas distincións á aprendizaxe da lingua galega na aula de E. Primaria. A46
Posuír un dominio alto da expresión oral, da lectura e da escritura en lingua galega. A46
Expor con corrección, falando e escribindo en lingua galega, ideas previamente elaboradas, e facelo de maneira coherente e organizada. A46
B9
Saber comunicarse no centro educativo de xeito apropiado e eficaz en lingua galega nas diferentes situacións docentes. A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
A53
B3
B7
B8
B9
B10
B13
B21
B22
B23
B24
B25
C8
Ser capaz de organizar e conducir o desenvolvemento das destrezas orais e escritas en lingua galega na E. Primaria. A50
Coller gusto e hábito pola lectura e pola escritura en lingua galega e fomentalos no alumnado. A48
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico A46
A48
A52
C1
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega A46
C1
C2
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega B15
C3
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego A45
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística A45
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües A50
Coñecer as particularidades da situación sociolingüística galega e ser capaz de introducir a perspectiva da educación para o desenvolvemento en propostas de sensibilización e/ou dinamización lingüística A14
A29
A34
A49
A50
B6
C4
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galegofalante e non galegofalante A49
A50
A52
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega A50

Contidos
Temas Subtemas
1. A lingua galega e a súa didáctica na E. Primaria.


1.1. O marco lexislativo da lingua galega.
1.2. O contexto sociolingüístico galego
1.3. O currículo de Lingua e Literatura Galega.

2. A competencia en lingua galega na E. Primaria. 2.1. A competencia comunicativa e as destrezas básicas en lingua galega.
2.1.1. A comprensión e a expresión oral
2.1.2. A comprensión escrita: o fomento da lectura crítica
2.1.3. A expresión escrita: a escritura
2.1.4. Dificultades da aprendizaxe do alumnado con lingua de instalación diferente das oficiais en Galicia
2.2. A competencia en lingua galega do alumnado e do profesorado e a súa avaliación

3. A didáctica da lingua galega: cuestións xerais e de método 3. 1. Lingua e usos
3.2. O modelo normativo, as variedades diatópicas e a lusofonía e o seu tratamento na E. Primaria
3. 3. Os materiais de apoio para o profesorado de E. P
4. A didáctica da lingua galega: a compoñente fonética e ortográfica 4.1. A aprendizaxe dos trazos fónicos da lingua galega na E. Primaria.
4.1.1. A expresión oral e a pronuncia
4.1.2. A expresión escrita e a ortografía
4.1.3. Recursos didácticos
5. A didáctica da lingua galega: a compoñente morfosintáctica 5.1. A aprendizaxe da morfosintaxe da lingua galega na E. Primaria
5.1.1. Obxectivos e problemas metodolóxicos
5.1.2 A competencia gramatical e as unidades morfonsintácticas básicas da lingua galega
5.1.3. Estratexias pedagóxicas
6. A didáctica da lingua galega: a compoñente lexico-semántica e pragmática 6.1. A aprendizaxe do léxico e da pragmática da lingua galega na E. Primaria
6.1.1. Enfoques para a aprendizaxe do léxico
6.1.2. Enfoques para a aprendizaxe da pragmática
6.2. Ferramentas didácticas
7. Novas aproximacións na didáctica da lingua galega 7.1. A lingua galega e as TIC
7.2. A lingua galega e o audiovisual
7.3. A lingua galega e a aprendizaxe lúdica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de ensaio A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 2 26 28
Lecturas A45 A48 A50 A52 B15 2 33 35
Obradoiro A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 16 19 35
Sesión maxistral A43 A45 A48 A49 B3 B7 B9 16 0 16
Traballos tutelados A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 7 28 35
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua galega, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Lecturas O alumnado utilizará documentación bibliográfica proporcionada polo profesorado para ampliar os seus coñecementos sobre a materia e os contidos traballados. Así mesmo, tamén se fará un aproveitamento didáctico delas, nomeadamente daquelas de natureza literaria.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado e cunha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas e, por outra, a exploración da proxección que as ditas nocións poden ter no campo da práctica docente
Sesión maxistral Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá.
Traballos tutelados Realización dun ou varios traballos, orais e/ou escritos, grupais e/ou individuais, relacionados con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Estes serán fundamentais no momento de o alumnado superar con existo a materia, na medida en que dan índice da súa madurez científica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Realización, revisión e comentario de prácticas encamiñadas á mellora da competencia expresiva en lingua galega dos alumnos e das alumnas que o poidan precisar.
Consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas tanto ao longo das horas presenciais ou das non presenciais como no traballo autónomo do alumnado.

Os docentes estarán dispoñibles, tanto no horario de titorías previamente marcado como a través do correo electrónico, para calquera dúbida relacionada coa materia ou co desenvolvemento do curso.

Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 Realización de traballos titorizados guiados que se negociarán co grupo-clase e que constarán dunha parte escrita e dunha presentación oral 30
Proba de ensaio A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas 40
Obradoiro A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 Avaliación da participación do alumnado en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente. 20
Lecturas A45 A48 A50 A52 B15 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación, organización e explotación das súas posibilidades didácticas, a través do debate en foros ou tarefa de Moodle. 10
 
Observacións avaliación

- Na cualificación final da materia do alumnado que asiste ás aulas tamén influirán variantes como a participación nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas e das actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. 

-Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta. 

- Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Excepcionalmente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame. 

- A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita na súa totalidade con base na proba de ensaio tanto na primeira como na segunda oportunidade,e ademais poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte. 

- Na segunda oportunidade o alumnado que asiste regularmente ás aulas só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro. 

- Para superar a materia o alumnado deberá ser capaz de expresarse con corrección e fluidez en todas as probas de avaliación

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.


Fontes de información
Bibliografía básica Medrano, C. (1994). 50 xogos de lingua. Técnicas de comunicación oral e escrita. Vigo: Xerais
Mosquera Castro, E. (2015). A didáctica da lingua e da literatura no marco das TIC: novos códigos e novas aproximacións. Horizontes científicos y planificación académica en la didáctica de lenguas y literaturas, Ribeirao
Mosquera Castro, E. (2015). A formación do profesorado de lingua galega: perspectivas pedagóxicas e modelo lingüístico. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr., 6, A Coruña, 2015, pp. 12-16
Silva Valdivia, B. (2007). A lingua galega nas etapas de educación infantil e primaria. ingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 41-52.
Mosquera Castro, E. (2015). A lingüística de Internet: máis un desafío para a gramática galega e a súa didáctica. Revista Galega de Filoloxía, 16, A Coruña, Universidade da Coruña, 2015, pp. 123-145
García Piqueras, I. (1996). Adquisición y recepción de la lengua gallega: una perspectiva castellano-hablante. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 467-474
Fernández Rei, F. (1987). Aplicación da Dialectoloxía na aprendizaxe do galego común. Grial 96, 131-150.
Espiño, M. e H. Sánchez (1990). Aprender palabras e significados. A léxico-semántica.. A Coruña: Vía Láctea
Callón, C. (2012). Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2006). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Feixó Cid, X. (2003). Dicionario galego dos nomes. Vigo: Xerais
Mosquera Castro, E. (2013). Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS. A Coruña: AS-PG
Silva Valdivia, B. (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago de Compostela. ICE Universidade de Santiago de Compostela.
Castro Soliño, D. e Gullón González, R (1996). Didactica da lingua nos medios de comunicación. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 433-442
Doural Rocha, A. (1995). Didáctica da redacción, narración e descrición. Vigo: Xerais
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Cassany, D. et alii (1994). Enseñar lengua. Barcelona: Graó
Regueira, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda nº2 – Revista de Sociolingüística da CGENDL.
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais
Peliquín Pérez, F. (1996). Estratexias didácticas para unha mellora das actitudes lingüísticas. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 481-488
Rodari, G (2013). Gramática da fantasía: introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega. I. Fonética e Fonoloxía. II Morfosintaxe. III Semántica. IV Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega. I. Fonética e Morfosintaxe. Santiago de Compostela: Laiovento
Ferreiro, M. (2001). Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento
Carpente Allegue, B. (coord.) (2004). Gramática insubordinada. Obradoiro de Lingua Gianni Rodari. Vigo: Xerais
Hermida Gulías, C (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
López Viñas, X., Lourenço Módia, C. e Moreda Leirado, M (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baia Edicións
Mariño Paz, R (1998). Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de Calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Noia: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Manual de gramática galega. Vigo: A Nosa Terra
Real Academia Galega (2007). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: RAG
Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Fernández Rei, E. (1996). O ensino da fonética galega a castelanfalantes: problemas e métodos. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 443-452
Ares, Mª do C. e X. Arias (1986). O galego estándar sen merma da variante dialectal. Revista Galega de Educación, número 3, 29-31
Peliquín Perez, F., C. Pérez Recarey e Rodeiro Barros, M. (1996). O lecer e a lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 489-501
Iglesias Álvarez, A (2007). Os preconceptos lingüísticos segundo a idade. Lingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 165-182
Regueira, X. L (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo: Xerais
Medrano, C. (1998). Outros 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
García Negro, M. P (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Ames: Laiovento
Silva Valdivia, B. (1992). Sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia. Aproximación ó pensamento dos futuros profesores de lingua. Cadernos de Lingua 6, 125-135.

Esta bibliografía poderá complementarse durante o transcurso da materia

Bibliografía complementaria Mendoza Fillola, A. (coord.) (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori
Ninyoles, R. (1976). Cuatro idiomas para un estado. Madrid: Cambio 16
Cassany, D. (2007). Describir el escribir: cómo se aprende a escribir. Barcelona: Paidós
Graves, D. H. (1991). Didáctica de la escritura. Madrid: Morata
Mendoza Fillola, A. et alii (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal
Mendoza Fillola, A. (coord.) (). Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Madrid: Pearson Educación
López, A. e E. Encabo (2001). El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario
Domínguez Cuesta, C. (2005). El lenguaje de los SMS y del chat en las aulas. Cuadernos de Pedagogía, 343. 65-69
Cassany, D. (2012). En línea: leer y escribir en la red. Barcelona: Anagrama
Cairney, Th (1992). Enseñanza de la comprensión lectora. Madrid, Morata
Fontich Vicens, X (2006). Hablar y escribir para aprender gramática. Barcelona: ICE-ORSORI
López, A. e E. Encabo (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Barcelona: Octaedro
Cassany, D. (2007). La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama
Sánchez Miguel, E (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona: Graó
Unamuno, V. (2003). Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona: Graó
Costa Bravo, C., J. J. Jiménez Gómez e C. Vela Delfa (2003). Los textos electrónicos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Interlingüística, 14
Martín Vegas, R. A (2009). Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Madrid: Síntesis
Camps, A y F. Zayas (coords.) (2006). Secuencias didácticas para aprender gramática. Madrid: Aguilar
Kohan, S. A. (2006). Taller de lectura: el método. Barcelona: Alba
Cassany, D. (2006). Taller de textos: leer, escribir y comentar en el aula. Barcelona: Paidós
Cassany, D. (2013). Tras las líneas: sobre la lectura contemporánea. Barcelona: Anagrama

Esta bibliografía poderá complementarse durante o transcurso da materia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 

 Coñecementos necesarios para cursar axeitadamente esta materia:

  • coñecementos amplos de gramática galega
  • coñecementos do léxico común habitual da lingua galega.
  • coñecementos de sociolinguística galega
  • dominio medio-alto da expresión oral e da escrita en lingua galega.

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías