Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da educación Código 652G02006
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cotelo Guerra, Dolores
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
Profesorado
Cotelo Guerra, Dolores
Gabriel Fernandez, Narciso de
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Rivas Barros, Isabel
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
narciso.de.gabriel@udc.es
jose.malheirog@udc.es
isabel.rivas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Historia da Educación ten carácter de formación básica e impartese no segundo cuadrimestre do primeiro curso do Grao de Educación Primaria.
A natureza desta materia, en interrelación con outras que tamén forman parte do plan de estudios deste Grao, constituie un marco de referencia para a práctica docente ao posibilitar a abordaxe do pensamento pedagóxico contemporáneo mediante o estudio dos movementos máis significativos e que maior trascendencia teñen acadado na práctica educativa actual. Asimesmo, son contidos importantes para os futuros mestres e mestras tanto a evolución histórica do sistema educativo e da educación primaria en España como a perspectiva histórica da formación do profesorado.
Plan de continxencia GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A) Alumnado con adicación completa:
-Sesión maxistral
-Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
-Atención personalizada
-Presentacións orais (computa na avaliación)
B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia e Alumnado de continuación de estudios:
- Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
Alumnado con adicación completa, Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, Alumnado de continuación de estudios:
-Proba de ensaio (non se realizará xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de Traballos tutelados e as presentacións orais)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase uso de titorías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente a través de:
-Correo electrónico: Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou resolver cuestións puntuais que non se contemplan na Guía Docente. Tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías.
-Moodle: Nas datas sinaladas de entrega de traballos para a avaliación.
-Teams: 1 sesión semanal en gran grupo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. De 1 a 2 sesións semanais (en pequeno grupo de 6 persoas máximo) e segundo as necesidade do alumnado en horario de titorías para o seguimento e apoio dos distintos traballos no desenvolvemento da materia.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación realizarase por medios telemáticos e será o resultado de:
-Traballos Tutelados (80%). Facilitaranse pautas que permitan a elaboración dos mesmos sobre distintos contidos e aspectos da materia. Valorarase:
-Estructura: aspectos formaris, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
-Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de fontes complementarias e actuais.
-Exposicións orais (20%) de algúns dos traballos tutelados, no que se terá en conta:
Orden na exposición; relevancia e organización dos contidos expostos; coordinación na exposición (que reflecta un traballo colaborativo no caso de ser grupal e, en todo caso, que non sexa unha suma de partes); nivel de comprensión dos contidos básicos; claridade expositiva e corrección lingüística; creatividade (presentacións suxestivas, motivadoras, boa posta en escea...); uso de diferentes recursos dixitais.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mismas figuras que na Guía Docente. Toda a información necesaria para o desenvolvemento da materia estará dispoñible no moodle dende o principio do cuadrimestre.
A) Alumnado con adicación completa:
- Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%.
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas)
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometidaaos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación.

B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) e Alumnado de continuación de estudios:
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) ou individuais, segundo os casos.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
3. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Dispoñen de enlaces e de materiais dixitalizados no Moodle.



GRUPO B (Narciso de Gabriel)

1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Análise de fontes documentais
- Lecturas
- Recensión bibliográfica
- Proba de ensaio
- Sesión maxistral

*Metodoloxías docentes que se modifican
-Presentación oral (non se realizará)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso para facer consultas, resolver dúbidas e facer o seguimento das tarefas encomendadas.
- Moodle: Para a entrega de traballos e realización de tarefas de avaliación.
- Teams: Para o desenvolvemento do temario e o seguimento e apoio dos distintos traballos da materia.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación realizarase por medios telemáticos.
A avaliación final será o resultado do exame (70%) e dos traballos en equipo (30%). En todo caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta cualificación o 30% restante. As respostas ás preguntas do exame deberán ser concretas, documentadas e reflexivas. Nos traballos en equipo valorarase o contido, a estrutura e a interpretación.

*Observacións de avaliación:
A planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso.

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) o resultado da avaliación dependerá do exame (70%) e da lectura dun libro complementario (30%).

Ao alumnado de continuación de estudios conservaráselle a cualificación polo traballo en equipo ou a entrevista, sempre e cando correspondan ao curso anterior. En caso contrario a súa cualificación dependerá unicamente do exame.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Disporase dos materiais dixitalizados en Moodle.



GRUPO C

Sabela Rivas Barrós/Xosé M. Malheiro Gutiérrez

1. Modificacións nos contidos

Non hai modificacións nos contidos.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense as metodoloxías docentes, adaptadas se é do caso á un eventual regreso á situación virtual. No caso da proba de ensaio —que consiste nun exercicio individual sobre 5 cuestións que foron previamente preparadas polo alumnado, a partir dos documentos resultantes dos traballos parciais elaborados en pequeno grupo—, seguirá a ser de carácter individual, pero realizada de xeito virtual segundo se recolle a continuación: o alumnado deberá realizar unha proba obxectiva non presencial que contará o 20% da cualificación. A dita proba constará de 5 cuestións que o alumno/a deberá elaborar nun prazo de 5 días. Ao cabo de dito prazo (ou antes, se é da súa vontade), o alumno/a remitirá vía mail a proba elaborada, para poder ser revisada e avaliada polo profesor. Para a elaboración de dita proba, empregaranse como base os materiais de clase e a bibliografía recomendada, tal como se procedeu na primeira oportunidade. En data oportuna, o profesor enviará vía Moodle as 5 cuestións ao alumnado, establecendo o prazo de entrega, e quedando á súa disposición para calquera dúbida ou dificultade de procedemento durante o proceso de resolución da proba.
*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Non hai modificacións nos mecanismos de atención personalizada, priorizando sempre que as condicións sanitarias o esixan, as titurías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente.
Correo electrónico. Empregarase o correo electrónico para realizar consultas sobre os contidos da materia ou cuestións puntuais de organización que non se contemplen na Guía docente. Agás un asunto ou problema urxente, tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías.
Moodle: a través da plataforma se distribuirán os materiais necesarios para o desenvolvemento das tarefas así como as instrucións complementarias precisas.
Teams:
- 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade.
- Sesións individualizadas en horario de titorías para resolver dúbidas ou problemas relacionados coos contidos ou organización das tarefas encomendadas.

4. Modificacións na avaliación

Non hai modificacións na avaliación, agás a forma de realizar a proba de ensaio, segundo se establece no punto 2.

*Observacións de avaliación:

Non hai modificacións nas observacións de avaliación

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Primarase a utilización e consulta de bibliografía mediante libros e artigos de revistas de acceso dixital, como xa viña sendo habitual.




Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A24 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B10 Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira).
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos da educación primaria A8
Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan. A9
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa. A10
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar. A24
Aprender a aprender. B1
B21
B23
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. B8
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. B9
Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira). B10
Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas. B11
Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. B12
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. B15
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. B16
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. B17
B22
B24
B25
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
sumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1.Os sistemas educativos nacionais.
Xénese, estructura e funcións.
2. O sistema educativo en España. Xénese, evolución histórica e educativa.
3. O pensamento pedagóxico contemporáneo. Os pioneiros da escola contemporánea. A Escola Nova. Teorías educativas socialistas, marxistas, anarquistas e libertarias. As pedagoxías críticas. Planteamentos pedagóxicos antiautoritarios. As correntes críticas á institución escolar.
4. A cultura escolar. Dimensión científica, política e empírica.
5. Xenealoxía da profesión docente. Evolución histórica da formación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A8 A9 A10 B1 B3 B16 B17 B21 10 20 30
Lecturas A8 A9 A10 B1 B3 B9 B15 B16 B22 C1 C4 0 20 20
Traballos tutelados A8 A9 B1 B3 B8 B10 B12 B15 B16 B23 B24 B25 C1 C6 C7 C8 1 14 15
Recensión bilbiográfica B1 B3 B9 B15 B16 C1 0 8 8
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B9 B11 B12 B15 B16 B17 C1 C4 2 15 17
Proba de ensaio A8 A9 A10 B1 B3 B8 B9 B15 B16 B23 C1 3 10 13
Presentación oral B1 B3 B8 B9 B11 B12 B15 B16 B17 B22 B23 B24 C1 C6 2 1 3
Actividades iniciais B1 B11 B12 B15 C4 C6 2 0 2
Sesión maxistral A8 A9 A10 A24 B15 B21 C8 20 15 35
Eventos científicos e/ou divulgativos B15 B21 B23 C4 C7 C8 2 4 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Basease na utilización de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais...) para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia.
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte do docente. Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación sobre unha temática proposta pola profesora ou tamén suxerida pola alumnado, sempre e cando garde relación cos contidos da materia. Este traballo farase en grupo (4-5 persoas) e esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial do mesmo, polo que será preciso desenvolver, como mínimo, unha sesión de titoría na que presentar o guión do traballo e un esquema do seu desenrolo. As datas serán acordadas na aula. Cada grupo expoñerá o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademáis da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesma.
Aprendizaxe colaborativa Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempo son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non se opón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumno.
Proba de ensaio Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Presentación oral Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada.
Actividades iniciais Nas primeiras sesións da clase levaránse a cabo por parte de profesor actividades de carácter expositivo, nas que se presentará o programa da materia e mesmo a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Sesión maxistral Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a particiación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións maxistrais, a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, as presentacións orais e a proba escrita terán unha atención personalizada e serán atendidas polo profesorado da materia na aula ou na titoría, durante o horario fixado de forma oficial, da seguinte forma:
- No caso de indicacións xerais a todo o grupo, realizaranse nas clases expositivas.
- Indicacións de traballo a grupos pequenos, realizaranse nas clases interactivas ou no despacho. No caso do traballo de investigación é obrigatorio que cada grupo realice unha tutoría fora do horario presencial da materia, que permita facer un seguimento do proceso de elaboración do mesmo.
- Individuais, realizaranse no despacho arredor do progreso do alumnado.

Tanto para o alumnado repetidor como para aquel que ten recoñecemento do Decanato da Facultade de dispensa académica, o desenrolo da materia levarase a cabo mediante titorías presenciais obrigatorias e individualizadas de cara a facer un seguimento do seu traballo en relación a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, recensións e a proba oral ou escrita. Tamén serán obxeto de atención personalizada presencial todo tipo de cuestións aclaratorias sobre a materia, dúbidas personais, ampliación de contidos ou reflexións máis pormenorizadas.

GRUPO B (Narciso de Gabriel)
As estratexias de atención personalizada serán especificados no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso.

GRUPO C (Sabela Rivas Barrós; Xosé M. Malheiro Gutiérrez)

O proceso para a elaboración do traballo de investigación que cada alumno ou alumna debe realizar, así como os diferentes traballos colaborativos en pequeno grupo terán unha atención permanente e no seu caso persoalizada coa finalidade de manter o apoio e o seguimento regular e individualizado necesarios nas diferentes propostas de aprendizaxe.

Aínda que non é obrigatoria a asistencia ás titorías, o profesorado estará disponible no seu horario de atención ao alumnado de xeito regular, semanalmente, para resolver as dificultades que o seu traballo plantee. É preferible solicitar previamente a títoría. Nota importante: os profesores non avaliarán aqueles traballos que non foran previamente tutelados e dos que non se teña constancia.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A8 A9 A10 B1 B3 B16 B17 B21 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados A8 A9 B1 B3 B8 B10 B12 B15 B16 B23 B24 B25 C1 C6 C7 C8 Para avaliar esta metodoloxía teranse en conta os seguintes aspectos:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.
20
Recensión bilbiográfica B1 B3 B9 B15 B16 C1 Proceso de lectura crítica dun libro elexido polo alumnado entre os ofertados pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. 10
Presentación oral B1 B3 B8 B9 B11 B12 B15 B16 B17 B22 B23 B24 C1 C6 Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada.
Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes aspectos:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...
Expoñeranse nas data que se indiquen.
É condición indispensable a exposición para presentarse á proba de ensaio.
10
Proba de ensaio A8 A9 A10 B1 B3 B8 B9 B15 B16 B23 C1 A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. Valoraránse as respostas concretas e precisas, asi como a utilización de fontes (apoio na documentación achegada así como noutras lecturas realizadas) que favorezan un discurso coherente e razoado.
A súa realización terá lugar segundo calendario oficial.
50
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción 1:
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula
(asistencia mínima 85%), correspóndelle a porcentaxe de avaliación
seguinte: 10%  Análise de Fontes Documentais; 20% Traballos tutelados; 10%
Recensión; 10% Presentación Oral; 50% Proba de ensaio, na que será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 2.25 sobre 5 para poder superar a materia. Quen non teña una asistencia mínima do 85% non terá opción a realizar a proba de enssaio en maio: será avaliado/a no resto das metodoloxías pero non calificado/a no final do cuadrimestre.

A cualificación final será a suma das
puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu
peso respectivo, salvo que na proba de ensaio a puntuación sexa
inferior a 2.25. Neste caso, a cualificación final corresponderase coa
acadada nesta proba.

Na realización da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos iniciais.

No caso de que a avaliación
resulte negativa ó final do cuadrimetre, a convocatoria de xullo estará
sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio e só se
repetirá a proba escrita, gardándose as partes superadas da materia de
unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

Opción 2: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e con recoñecemento por parte do Decanato da Facultade de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
E A PERMANENCIA E A PROGRESION DOS ESTUDANTES DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO NA UDC (Aprobada en Consello de Goberno o 28/6/2016),

realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre na data sinalada oficialmente
(50% do total da nota final) ademáis do traballo que en cada caso
particular se especifique (50% restante). A cualificación final sera a
suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación
segundo o seu peso respectivo. Na realización da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, a
convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a
convocatoria de maio e só se repetirá a proba escrita, gardándose as
partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do
mesmo curso académico.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:


GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

- Para superar a materia é imprescindible presentar todas as
actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio.
De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba
escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo, figurando
na Acta como Non Presentado/a.

- O alumnado da
opción A que non forme parte de ningún grupo de traballo ou non asista
regularmente as clases pasará a ser considerado na opción B.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
que houbera lugar en cada caso.

- Ao longo do 2º
cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou
divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a
súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia,
pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado
con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na
evaluación.

- O alumnado de Continuación de estudos (repetidor), obrigatoriamente deberá poñerse en contacto ca profesora antes
do 20 de febreiro do presente curso académico para que lle indique,
segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de
maneira individual. De non facelo, terán a mesma consideración que os
matriculados na Opción A. En calquera caso  e unha vez comunicada a súa situación, establecerase unha proba oral ou escrita,
segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos  o final do
cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota
final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan
asignados expresamente ao alumnado e para os cales se fixará unha data de entrega. No caso de non entregar nada na data fixada, non haberá opción a facer a proba de ensaio. Na realización desta proba, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

Todas as condicións descritas serán válidas para a 2ª oportunidade.


GRUPO B (Narciso de Gabriel)

A planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso.

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) o resultado da avaliación dependerá do exame (70%) e da lectura dun libro complementario (30%).

Ao alumnado de continuación de estudios conservaráselle a cualificación polo traballo en equipo ou a entrevista, sempre e cando correspondan ao curso anterior. En caso contrario a súa cualificación dependerá unicamente do exame.



Fontes de información
Bibliografía básica Swaan, A. de (1992). A cargo del Estado.. Barcelona, Pomares-Corredor
Xoán Carlos Garrido (2006). A derradeira lección do mestre (Documental).
Porto Ucha, A. S. (1994). A Escola Normal de Pontevedra (1845-1940).. Santiago, USC
Marco López, A e Porto Ucha, A. S. (2000). A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996).. Santiago, USC
Saavedra Fernández, P. (2007). A Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). Vol. 2: O ensino: desde as Escolas de ferrado á Universidade. A Coruña, La Voz de Galicia
Gonzalo Amoedo López (2010). A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra. Vigo, Xerais
Víctor Coyote (2008). Afranio (Documental).
Negrín Fajardo, O. (2005). Antología de textos de Teorías e instituciones contemporáneas de educación.. Madrid, Ramón Areces
Varela, J. (1991). Arqueología de la escuela.. Madrid. La Piqueta
J. Ramón Rodríguez Prada (2011). Conflicto y reforma en la educación (1986-2010). Los años decisivos: de la rebelión estudiantil a las consecuencias de la LOGSE. Madrid, Traficantes de Sueños
Hernández Díaz, J. Mª (coord.) (2009). De la Junta para Ampliación de Estudios a la construcción del Espacio Europeo de Educación Superior (1907-2007. Salamanca, Globalia Ediciones Anthema
Dewey, J. (1995). Democracia y educación.. Madrid, Morata
Fernández Sebastián, J., e Fuentes, J. F. (dirs.): (2008). Diccionario político y social del siglo XX español. Maid, Alianza Editorial
Costa Rico, A. (2010). D’Abord les enfants. Freinet y la educación en España (1926-1975. USC, Editora Académica
Costa Rico, A. (2010). D’Abord les enfants. Freinet y la educación en España (1926-1975. Santiago, USC, Editora Académica
Puelles Benítez, M. de (1980). Educación e ideología en la España contemporánea (1767-1975).. Barcelona, Labor
Fernández Soria, J.M. (2002). Educación y Estado en la España contemporánea.. Madrid, Síntesis
Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos.. Madrid, Morata
Gimeno Sacristán, J. (2003). El alumno como invención.. Madrid, Morata
Claret Miranda, J. (2006). El atroz desmoche. La destrucción de la Universidad española por el franquismo, 1936-1945. Barcelona, Crítica
Lara Polop, F. (1982). El cabezota (película).
Molero Pintado, A. (2007). El Diario escolar de Jesús Jorge Chaparro. Crónica apasionada de un maestro.. Alcalá de Henares, Servicio de Publica­ciones de la Universidad de Alcalá de Henares
Trilla, J. (coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI.. Barcelona. Graó
Esteve, J. M. (1994). El malestar docente.. Barcelona. Paidós
Centro de Investigación, Documentación y Evaluación (1992). El sistema educativo español.. Madrid, Centro de publicaciones del MEC-CIDE
Gimeno Sacristán, J.; Carbonell Sebarroja, J. (coords.) (2003). El sistema educativo. Una mirada crítica.. Barcelona, CISS-Praxis
Savater, F. (1997). El valor de educar.. Barcelona. Ariel
Malheiro Gutiérrez, X. M. (Coord.) (2011). Emigración e Educación (1900-1936). Iº Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009). . Nigrán, Instituto de Estudos Miñoranos
Briones, G. (2006). Epistemología y teorías de las Ciencias Sociales y de la Educación. Alcalá de Guadaíra (Sevilla), Trillas-Eduforma
Gabriel, N. de (2001). Escolantes e escolas de ferrado.. Vigo, Xerais
Viñao Frago, A. (2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX.. Madrid, Marcial Pons
Cal Vázquez, A. (2006). Este camiño que fixemos xuntos. Memorias. Vigo, Galaxia
Teo Manuel Abad (2008). Flores tristes (Documental).
Ávila Fernández, A. y Holgado Barroso, J. A. (2008). Formación del magisterio en España. La legislación normalista como instrumento de poder y control (1834-2007). Madrid. Ministerio de Educación, Política social y Deporte
Gómez Rodríguez de Castro, F. et al. (1988). Génesis de los sistemas educativos nacionales.. Madrid, UNED
Castillejo, J. (2009). Guerra de ideas en España. Filosofía, política y educación. Madrid, Siglo XXI de España editores
Costa, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX): permanencia e cambio no contexto cultural e educativo europeo.. Vigo. Xerais
Tiana Ferrer, A.; Ossenbach Sauter, G.; Sanz Fernández, F. (coord.) (2002). Historia de la educación (Edad Contemporánea).. Madrid, UNED
Escolano Benito, A. (2006). Historia ilustrada de la escuela en España: dos siglos de perspectiva histórica.. Madrid, Fundación Sánchez Ruiperez
Sanchidrián, C. y Ruiz Berrio, J. (coords.) (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Barcelona, Graó
El cine en las aulas (). http://edukazine.blogspot.com/. Recursos
Centro Internacional de la Cultura Escolar (). http://www.ceince.eu/main.php?id=1. Recursos
Cinehistoria (). http://www.cinehistoria.com/. Recursos
(). http://www.rtve.es/mediateca/videos/20091203/paisajes-historia---seccion-femenina/642193.shtml. Documental
Sociedad Española de Historia de la Educación (). http://www.sc.ehu.es/sfwsedhe/. Recursos
Redondo, E, et al. (2001). Introducción a la Historia de la Educación.. Barcelona, Ariel
Filho, L. (1964). Introducción al estudio de la Escuela Nueva.. Buenos Aires, Kapelusz
Palacios, J. (1979). La cuestión escolar.. Barcelona, Laia
Ruiz Berrio, J. (ed.) (2000). La cultura escolar de Europa, tendencias históricas emergentes.. Madrid, Biblioteca Nueva
Pérez Gómez, A. (2000). La cultura escolar en la sociedad neoliberal.. Madrid, Morata
Escolano Benito, A. (ed) (2007). La cultura material de la escuela. En el centenario de la Junta para la Ampliación de Estudios, 1907-200. Berlanga de Duero (Soria), Centro Internacional de la Cultura Escolar
Torres Santomé, J. (2006). La desmotivación del profesorado.. Madrid. Morata
José Manuel Sabín Rodríguez (1997). La dictadura franquista (1936-1975). Textos y documentos. Madrid, Akal
Imbernon, F. (coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Los retos del futuro inmediato.. Barcelona. Graó
Escolano Benito, A. (2002). La educación en la España contemporánea.. Madrid, Biblioteca Nueva
Ruiz Berrio, J. (dir.) (1997). La educación en tiempos modernos. Textos y documentos.. Madrid, ACTAS
Delors, J. (dir.) (1996). La educación encierra un tesoro.. Madrid, Santillana
González-Agápito, J. (2003). La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa.. Barcelona, Octaedro
Muro Domínguez, N. (2009). La enseñanza en la Escuela Moderna de Francisco Ferrer y Guardia. Barcelona (1901-1906). . Burgos, Editorial Gran Vía.
Fernández Enguita, M. (1996). La escuela a examen.. Madrid, Pirámide
Carbonell, J. (1996). La escuela entre la utopía y la realidad.. Barcelona, Octaedro
Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez (2006). La escuela fusilada (Documental).
PERALTA ORTIZ, María Dolores (2012). La escuela primaria y el magisterio en los comienzos del franquismo..
Ruiz, A. (coord.) (2002). La escuela pública. El papel del Estado en la educación.. Madrid, Biblioteca Nueva
Darcos, X. (2008). La escuela republicana en Francia: obligatoria, gratuita y laica. La escuela de Jules Ferry, 1880-1905. Zaragoza. Prensas Universitarias de Zaragoza (Colección Ciencias Sociales, nº 71)
Luis Martín, F. de (2009). La FETE (1939-1982). De la represión franquista a la transición democrática. Madrid, editorial Tecnos
Barreiro, H.; Terrón, A. (2005). La institución escolar. Una creación del estado moderno.. Barcelona, Octaedro
Porto Ucha, A. S. (2005). La Institución Libre de Enseñanza y la renovación pedagógica en Galicia.. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro
Cambi, F. (2005). La pedagogía del siglo XX. Madrid, Popular
Victoria Martínez e Arturo Villacorta (2004). La República de los maestros (Documental) .
Soutelo Vázquez, R. (2006). Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural: 1900-1960.. Valga (Pontevedra), Concello de Valga
Gonzalo Tapia (2006). Las Misiones Pedagógicas (Documental) .
Varela, J. (2007). Las reformas educativas a debate.. Madrid. Morata
Gabriel, N. de (1990). Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900).. A Coruña, Ediciós do Castro
Gabriel, N. de (2006). Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX.. A Coruña, Servizo de Publicacións da UDC
Castillejo Cambra, E. (2008). Mito, legitimación y violencia simbólica en los manuales escolares de Historia del franquismo. Madrid, UNED
Puelles Benitez, M. (2009). Modernidad, republicanismo y democracia: una historia de la educación en España (1898-2008). Valencia, Tirant lo Blanch
VV.AA. (2000). Pedagogías del siglo XX. Barcelona, CISS-Praxis
Apple, M.W. (1996). Política cultural y educación. Madrid, Dykinson
Viñao Frago, A. (1982). Política y educación en los orígenes de la España contemporánea.. Madrid, Siglo XXI
Beltrán, F. (1991). Política y reformas curriculares.. Valencia, Universitat de Valencia
Etxeberría, F. (2000). Políticas educativas de la Unión Europea.. Madrid, Ariel
Tiana Ferrer, A. (2009). Por qué hicimos la Ley Orgánica de Educación.. Madrid, Wolters Kluwer
Puelles Benítez, M. de (2006). Problemas actuales de política educativa.. Madrid. Morata
Boyd, C. P. (ed.) (2007). Religión y política en la España contemporánea. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales
Grandío Seoane, E. (Ed.) (2006). República e republicanos en Galicia. A Coruña, Ateneo Republicano de Galicia
Freinet, C. (1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna.. Madrid, Siglo XXI
Carreño, M.; Colmenar, C.; Egido, I.; Sanz, F. (2000). Teorías e instituciones contemporáneas de educación.. Madrid, Síntesis
Negrín Fajardo, O. y Vergara Ciordia, J. (2003). Teorías e instituciones contemporáneas de educación.. Madrid, ICE-ramón Areces
Pozo Andrés, Mª M. (2004). Teorías e instituciones contemporáneas de educación.. Madrid, Biblioteca Nueva
Colom, A. J. (coord.) (1997). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación.. Barcelona. Ariel
Pérez Andújar, J. (2010). Todo lo que se llevó el diablo. Barcelona, Tusquets
Imbernón, F. (2005). Vidas de maestros y maestras. Compartir desde la práctica educativa. Barcelona, Ediciones Graó
Díaz Pinto, C. F. (2010). Viejas y nuevas ideas en educación. Una historia de la pedagogía. Madrid, Popular
S. Leoné y F. Mendiola (coords.) (2007). Voces e imágenes en la historia. Fuentes orales y visuales: investigación histórica y renovación pedagógica. Pamplona, UPNA
Viñao, A. (2009). “Autobiografías, memorias y diarios de maestros y maestras en la España contemporánea (siglos XIX-XXI)”. Cultura Escrita & Sociedad, pp. 183-200..
Viñao, A. (2007). “Historia de la Educación e historia crítica. ¿Qué historia de la educación, para quién, para qué”. Con-Ciencia Social, 11 pp. 129-134..
Viñao, A. (2009). “La formación del profesorado en la Segunda República: una revisión/reflexión desde el presente”, en Puelles, M. de (coord.): Profesión y vocación docente. Presente y futuro , pp. 21-41.. Madrid, Biblioteca Nueva – Escuela Julián Besteiro

Bibliografía complementaria Delval, J. (2000). Aprender en la vida y en la escuela.. Madrid, Morata
Marchamalo, J. (1996). Bocadillos de delfín. Barcelona, Grijalbo
Alumnos de la Escuela de Barbiana. (1982). Carta a una maestra.. Barcelona, Hogar del Libro.
Pestalozzi, J. H. (2009). Cómo Gertrudis enseña a sus hijos: ensayo de cartas con directivas a las madres que enseñan a sus hijos (1801). Barcelona, PPU
Cela, J.; Palou, J. (1994). Con voz de maestro.. Madrid, Celeste
Dewey, J. (1995). Democracia y educación.. Madrid, Morata
Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos.. Madrid, Morata
Sopeña Monsalve, A. (1994). El florido pensil.. Barcelona, Grijalbo
Montessori, M. (2003). El método de la pedagogía científica aplicado a la educación de la infancia.. Madrid, Biblioteca Nueva
Rousseau, J. J. (1984). Emilio o de la educación.. México, Porrúa
De Mause, Ll. (1982). Historia de la infancia.. Madrid, Alianza
Delgado, B. (1998). Historia de la infancia.. Barcelona, Ariel
Aldecoa, J. (1991). Historia de una maestra.. Madrid, Anagrama
Montessori, M. (1994). Ideas generales sobre el método.. Madrid, Cepe
Freire, P. (1980). la educación como práctica de la libertad.. Madrid, Siglo XXI
Ferriére, A. (1982). La escuela activa.. Barcelona, Herder
Baudelot, Ch., Establet, R. (1976). La escuela capitalista en Francia.. Madrid, Siglo XXI
Pinedo, I. y Alvarez, D. (2006). La escuela fusilada. León, Imagen Industrial Sistemas de Comunicación
Reimer, E. (1976). La escuela ha muerto.. Barcelona, Barral
Ferrer i Guardia, F. (1976). La Escuela Moderna.. Madrid, Júcar
Delval, J. (2002). La escuela posible.. Barcelona, Ariel
Decroly, O. (2007). La función de globalización y la enseñanza y otros ensayos.. Madrid, Biblioteca Nueva
Bourdieu, P., Passeron, J.-C. (2001). La reproducción: elementos para una teoría del sistema de enseñanza.. Madrid, Popular
Martínez, V. y Villacorta, A. (2004). La República de los maestros. Madrid, TVE
Llopis, R. (2005). La revolución en la escuela. Dos años en la Dirección General de Primera Enseñanza.. Madrid, Biblioteca Nueva
Illich, I. (1974). La sociedad desescolarizada.. Barcelona, Sexi Barral
Pennac, D. (2008). Mal de escuela.. Barcelona, Mondadori
Dewey, J. (1997). Mi credo pedagógico.. León, Universidad de León
Tapia, G. (2006). Misiones Pedagógicas. Oviedo, Acacia Films
Freinet, C. (1973). Parábolas para una pedagogía popular.. Barcelona, Laia
Mayordomo, A., e Fernández Soria, J. M. (2008). Patriotas y ciudadanos. El aprendizaje cívico y el proyecto de España. Valencia, Tirant lo Blanch
Freire, P. (1992). Pedagogía del oprimido.. Madrid, Siglo XXI
Makarenko, A. S. (1967). Poema Pedagógico.. Barcelona, Planeta
Neill, A. S. (1979). Summerhill. Un punto de vista radical en la educación de los niños.. México, F.C.E.
Marx, K. y Engels, F. (1978). Textos sobre educación y enseñanza. Madrid, Alberto Corazón, D. L.
Pérez Andújar, J. (2010). Todo lo que se llevó el diablo. Barcelona, Tusquets
Illich, I. (1978). Un mundo sin escuelas.. México, Nueva Imagen
Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. Textos.. Madrid, Biblioteca Nueva
Rivas Barrós, S. (2010). “A lingua galega : un saber ausente e unha voz silenciada (1900-1936)”, en Goretti Sanmartín Rei (coord.): Lingua e futuro. Ames (A Coruña), Edicións Laiovento
Elguero, I. (2011). ¡Al encerado! Un interesante y divertido retrato de los colegios de los años 60, 70 y 80. Barcelona, Planeta


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

- É obrigatoria a entrega cumprimentada dunha foto antes de rematar o mes de febreiro do curso actual, indicando por detrás nome, grupo,  mail e telefono.

- Non se admitirán traballos dos que o profesor ou profesora non teña constancia da sua realización.

- Deben presentarse  ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora), e sempre que conteñan referencias bibliográficas, é imprescindible seguir as normas da APA (6ª ed.).

- As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. É aconsellable gardar copia do orixinal que se entregue.

-Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A.

-Tendo en conta as recomendacións do Comité Ambiental da Facultade (GREEN CAMPUS):

  1. Os traballos escritos presentaranse impresos a dobre cara, en papel reciclado e grapados.
  2. Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou diseños similares.
  3. Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  4. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial.

- O horario de titorías está exposto na web da Facultade e n aporta do despacho P0B7.

GRUPO B (Narciso de Gabriel)

As posibles recomendacións para o estudo da materia recolleranse no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso.

GRUPO C. (Sabela Rivas Barrós; Xosé M. Malheiro Gutiérrez)

- Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da súa elaboración.

- As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas son inamovibles.

- Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos asixidos. De faltar algunha das partes, ol alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.

- Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor) e, de ser posible, impresos a dúas caras. Non é necesario entregalos encadernados, con fundas de plástico, aneis ou deseños similares. É aconsellable gardar unha copia dixital do orixinal que se entregue.

- O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Sabela Rivas Barrós: Despacho P0B20, telef. 981167000 ext. 1724; Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez: Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías