Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos Código 652G02007
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Brenlla Blanco, Juan Carlos
Correo electrónico
juan.brenlla@udc.es
Profesorado
Brenlla Blanco, Juan Carlos
García Fernández, Manuel
Porto Rioboo, Ana Maria
Correo electrónico
juan.brenlla@udc.es
manuel.garcia.fernandez@udc.es
ana.prioboo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 6 a 12 anos (Orden ECI/3857/2007, do 29 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata da comprensión dos procesos educativos e da aprendizaxe e dos determinantes persoais e relacionais e contextuais da aprendizaxe escolar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a psicoloxía da educación ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado da súa participación en situacións educativas. A1
A7
Coñecer, comprender e reflexionar sobre as principais teorías, concepcións e tipos de aprendizaxe e as súas implicacións educativas e valorar a importancia de facer unha aprendizaxe constructiva, significativa e interactiva. A1
A5
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza intrapersoal ou propias do alumnado, tanto do ámbito cognitivo como afectivo e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A3
A4
A6
A7
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza relacional ou contextual e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A7
A11
B1
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B1
B5
B22
B25
C6
C7
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A1
B1
B5
C6
C7
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. A1
B1
C6
C7
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. A5
B5
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. B1
B21
B23
B24
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outros e outras compañeiros e compañeiras e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. B1
B2
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad C7
Desenvolver actitudes favorábeis ao desenvolvemento sostibel. C4

Contidos
Temas Subtemas
GRUPO A GRUPO A
TEMA 1: O PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE DESDE A PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN
1. A transformación da educación en desenvolvemento
2. O estudo da aprendizaxe a través da Psicoloxía da Educación
3. A sistematización dos procesos de ensino/aprendizaxe escolar
TEMA 2: A APRENDIZAXE ESCOLAR NA PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN
1. Introdución
2. Principais enfoques psicolóxicos da aprendizaxe
3. Categorías/tipos de aprendizaxe escolar
4. Trazos relevantes da aprendizaxe escolar

TEMA 3. VARIABLES COGNITIVAS DO ALUMNADO QUE INCIDEN NA APRENDIZAXE ESCOLAR 1. Introdución
2. Procesos, estratexias e técnicas de aprendizaxe
3. Os enfoques da aprendizaxe
4. A intelixencia

TEMA 4. MOTIVACIÓN PARA A APRENDIZAXE 1. Introdución
2. Que é a motivación escolar e de que depende?
3. O compoñente de valor da motivación: as metas académicas
4. Os compoñentes de expectativa e afectivo-emocional da motivación
TEMA 4. A MOTIVACIÓN PARA A APRENDIZAXE (II): O COMPOÑENTE DE EXPECTATIVA E AFECTIVO-EMOCIONAL DA MOTIVACIÓN 1. As atribucións causais
1.1. As dimensións da causalidade
1.2.Consecuencias cognitivas (expectativas) e afectivas das atribucións de causalidade
1.3. Estilos atribucionais e motivación
2. O autoconcepto como variábel motivacional
2.1. Teoría de autovalía
TEMA 5: FACTORES INTERPERSOAIS E CONTEXTUAIS QUE AFECTAN Á APRENDIZAXE ESCOLAR
1. Introdución
2. A interacción profesorado-alumnado
3. Interacción entre o alumnado



GRUPO B
GRUPO B
TEMA 1: A PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN 1. A orixe da Psicoloxía da Educación
2. Concepcións da relación entre Psicoloxía da Educación e educación
3. Dimensións ou finalidades
4. Obxecto de estudo
5. Os contidos
6. As tendencias actuais e perspectivas de futuro
TEMA 2: A APRENDIZAXE ESCOLAR 1. Principais enfoques Psicolóxicos da Aprendizaxe
1.1. Enfoque condutista
1.2. Enfoque cognitivo
2. Categorías e tipos de aprendizaxe escolar
3. Trazos relevantes da aprendizaxe escolar

TEMA 3: FACTORES INTRAPERSOAIS IMPLICADOS NA APRENDIZAXE ESCOLAR: O ALUMNO
1. Variables cognitivas
1.1. A intelixencia
1.2. Procesos de aprendizaxe
1.3. Estratexias de aprendizaxe
1.4. Estilos e enfoques de aprendizaxe
2. Variables motivacionais
2.1. As metas académicas
2.2. As atribucións causais
2.3. O autoconcepto
TEMA 4: FACTORES INTERPERSOAIS QUE INCIDEN NA APRENDIZAXE ESCOLAR: O CONTEXTO 1. As interaccións entre iguais
1.2. Tipos de relación entre iguais
1.3. A construcción do coñecemento na interacción entre o alumnado: mecanismos interpsicolóxicos
1.4.O agrupamento dos alumnos
2. A interacción profesorado-alumnado: as expectativas do profesor
2.1. A formación das expectativas
2.2. Efectos das expectativas na educación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A11 3 0 3
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A6 A7 A11 B1 B2 B5 B11 C6 C7 20 0 20
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A4 A5 A6 A7 A11 B25 B24 B23 B22 B21 B11 B5 B2 B1 C6 C7 11 45 56
Traballos tutelados B25 B24 B23 B22 B21 B11 B5 B2 B1 C4 6 36 42
Proba mixta A4 A5 A6 A7 A11 3 25 28
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino/aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Investigación (Proxecto de investigación) GRUPO A. Actividades prácticas en pequenos grupos de traballo dirixidas á comprensión das principais variables cognitivo-motivacionales do alumnado e variables de interacción que afectan a aprendizaxe escolar.
GRUPO B. Proceso de ensinanza orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades-prácticas en grupo para identificar, analizar e estudar algunhas das variabeis intrapersoais da aprendizaxe escolar (variables do alumnado) a partir da observación participativa ou da aplicación de probas
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor ou profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. Inclúense dentro destes traballos tutelados: análises de fontes documentais, realización de esquemas ou resumos, glosarios, presentacións orais, prácticas a través de TICs ou estudos de casos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba mixta GRUPO A. Proba de Ensaio na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Utilízase para a avaliación sumativa. Permite medir as habilidades de síntese, de comparación, de redacción do alumnado, polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos teórico-prácticos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

GRUPO B. Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.


Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula, como na rede e en titorías.
Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico e práctico e na elaboración dos informes pertinentes.
Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A4 A5 A6 A7 A11 B25 B24 B23 B22 B21 B11 B5 B2 B1 C6 C7 GRUPO B.

Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar un informe/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Este traballos faranse en grupo.
40
Traballos tutelados B25 B24 B23 B22 B21 B11 B5 B2 B1 C4 GRUPOS A e B.

Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación

20
Proba mixta A4 A5 A6 A7 A11 GRUPO A.
Ao finalizar o cuadrimestre na data oficial, farase unha proba de ensaio para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer"..

GRUPO B.
Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben.
40
 
Observacións avaliación
GRUPO A:

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA AULA (> 85%):
O sumatorio das cualificacións obtidas na aprendizaxe colaborativa (máx. 4) e na proba de ensaio (máx. 6) constitúe a cualificación dos coñecementos teóricos.
O sumatorio das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e estudo de fontes (máx. 10) constitúe a cualificación dos coñecementos prácticos.
A cualificación final será a media entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 4).


________________________________________


GRUPO B:

Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):

•Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60 % da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
•Coñecementos teóricos: Mediante a Probade resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final.
Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)

Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado:

* Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas.

* Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores).
pasando a súa avaliación a ser:

•Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,34 % da nota final. Para a 2ª oportunidade (xullo) todos os traballos terán que ser entregados 7 días naturais antes da data oficial de exames.

•Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 %. Terá que superar as dúas partes para ter superada esta parte.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible

NOTAS Grupo B.

1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será de 4.

2. A cualificación de No Presentado darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.

3. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).


Fontes de información
Bibliografía básica

Grupo A. Os Apuntamentos sobre os temas e as Actividades Prácticas da materia pódense obter a través de Moodle ou Servizo de reprografía da Facultade (encadernados en canutillo)

Grupo B. Apuntes entregados a través de Moodle

Bibliografía complementaria

Artola, T. (2013): Psicología de la educación. Zaragoza: Stylo Digital

Beltrán, J. e Bueno, J.A. (Eds.) (1995): Psicología de la educación. Barcelona: Marcombo.

Beltran, J. e outros/as (1992). Psicología de la educación. Madrid: EUDEMA

Beltrán, J., García-Alcañiz, E., Moraleda, M., Calleja, F.G., Santiuste, V. (1995). Psicología de la educación. Madrid: EUDEMA Universidad

Bueno, J.A. e Castanedo, C. (Coords.) (2001): Psicología de la educación aplicada. Madrid: CCS

Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (1990): Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la educación. Madrid: Alianza Psicológica.

Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (2007): Desarrollo psicológico y educación. II. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza. Psicología y Educación.

Fernández, E., Justicia, F. e Pichardo, M.C. (2007). Enciclopedia de psicología evolutiva y de la educación. Málaga: Aljibe

Gómez, A. (2010). Unha viaxe pola infancia. Vigo: Ir Indo

González Pérez, J. e Criado, M.J. (2004). Psicología de la educación para una enseñanza práctica. Madrid:CCS

González Pienda, J.A. e outros (Coords.) (2002): Manual de psicología de la educación. Madrid: Pirámide.

González, M. C. y Tourón, J. (1992). Autoconcepto y Rendimiento escolar. Pamplona: EUNSA.

Good, T.H.L. e Brophy, J. (1996): Psicología educativa contemporánea. Madrid: McGraw Hill

Henson, K.T. e Eller, B.F. (2000): Psicología educativa para la enseñanza eficaz. México: International Thompson Editores.

Marchesi, A. (2004). Que será de nosotros, los malos alumnos. Madrid: Alianza Ensayo

Martín Sánchez, M.V. (2009). Psicología de la educación y del desarrollo en educación infantil . Málaga: Ediped

Mayer, R.E. (2004). Psicología de la educación. Madrid : Pearson Educación

Miras Martínez, F. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada:Grupo Editorial Universitario

Navarro, J.I. e Martín, C. (Coords.) (2010). Psicología de la educación para docentes. Madrid: Pirámide

Ormrod, J.E. (2005). Aprendizaje humano. Madrid: Pearson Educación

Pellón, R. et al. (2014): Psicología del aprendizaje. Madrid: UNED

Pontecorvo, Cl. (Coord.) (2003). Manual de psicología de la educación . Madrid: Editorial Popular

Prados Gallardo, M. (2014). Manual de psicología de la educación: para docentes de educación infantil y primaria. Madrid: Pirámide

Rodríguez Sánchez, S. (Coord.) (2015): Psicología de la educación. Grado en Educación Infantil y Primaria. Madrid: Pirámide

Sampascual, G. (2001): Psicología de la educación. Madrid: UNED.

Sampascual, G. (2002): Psicología del desarrollo y de la educaicón. Vol. II: Psicología de la educación. Madrid: UNED.

Santrock, J.W. (2001): Psicología de la educación. México: McGraw Hill.

Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación (2ª ed.). México: McGraw Hill

Schunk, D.H. (1996). Teorías del aprendizaje. México: Pearson Education

Sprinthall, N.A., Sprinthall, R.C. e Oja, S.N. (1996): Psicología de la educación. Madrid: McGraw Hill

Trianes, M.V. (Coord.); Abascal, J.[et al.] (1992). Psicología de la Educación para profesores . Málaga:Secretariado de Publicaciones

Trianes, M.V. (Coord.) (1996): Psicología de la educación para profesores. Madrid: Pirámide (Biblioteca Eudema).

Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (Coords) (1998): Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide.

Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (Coords) (2004): Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide.

Trianes, M.V. e Luque, D. (2013): Manual de psicología de la educación para psicólogos. Málaga: Luque Parra

Woolfolk, A. (1999): Psicología educativa. México: Prentice Hall

&nbsp;


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

GRUPO A.

a/ Os contidos teóricos, actividades e prácticas poden obterse tanto en Moodle coomo no Servizo de Reprografía da Universidade.

b/ As actividades e&nbsp; prácticas entregaranse vía telemática (a través da plataforma virtual Moodle) para contribuír a un desenvolvemento sostibel, evitando o esgotamento de recursos naturais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías