Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Educación matemática I Código 652G02008
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Soneira Calvo, Carlos
Correo electrónico
carlos.soneira@udc.es
Profesorado
Soneira Calvo, Carlos
Correo electrónico
carlos.soneira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia preténdese describir e analizar os procesos que interveñen na aprendizaxe das matemáticas na Educación Primaria, así como coñecer métodos, técnicas e recursos para o seu traballo na aula.
Tamén se quere mostrar o papel que representa a matemática na sociedade actual, o seu papel ao longo da historia e o papel que xoga no camiño cara a unha educación crítica.
Materia English Friendly

Competencias do título
Código Competencias do título
A38 Adquirir competencias matemáticas básicas (numéricas, cálculo, xeométricas, representacións espaciais, estimación e medida, organización e interpretación da información, etc.).
A39 Coñecer o currículo escolar de matemáticas. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
A40 Formular e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
A41 Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos pilares do pensamento científico.
A42 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B10 Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira).
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Potenciar e desenvolver o coñecemento de conceptos matemáticos básicos. A38
A40
A41
B23
B24
As matemáticas no currículo escolar da Educación Primaria. A38
A39
A42
B22
B25
Coa finalidade de que os estudantes experimenten a utilidade das matemáticas no mundo que lles rodea día a día, resolveranse problemas matemáticos e non propiamente matemáticos. A38
A40
A41
B1
B2
B3
B4
B9
B21
Avaliar e analizar o ensino e a aprendizaxe das matemáticas na etapa de Educación Primaria utilizando recursos didácticos. A38
A39
A42
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
B11
B12
B15
B18
B19
B22
B25
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer a relación e a interaccción entre a matemática e a ciencia A40
A41
A42
B2
B4
B5
B8
B9
B11
B12
B15
B18
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
As matemáticas e a súa relación coa cultura e a sociedade.

As matemáticas na cultura.
As matemáticas na sociedade, desde un punto de vista crítico.
As matemáticas como ferramenta para a sostenibilidade.
As matemáticas a través da historia.
Concepción das matemáticas nas distintas épocas históricas.
Adaptación da actividade matemática ás circunstancias históricas
O ensino e a aprendizaxe das matemáticas na etapa de Educación Primaria. Currículo escolar.
Modelos de aprendizaxe e ensino.
Pensamento alxébrico e computacional
Recursos e materiais para o ensino das matemáticas. Tarefas matemáticas.
Material didáctico.
Os números naturais. Os sistemas de numeración. Desenvolvemento do concepto de número.
Sistemas de numeración.
A adición e a subtracción. Iniciación aos problemas de cálculo.
Problemas aditivos e substractivos.
Os algoritmos.
A multiplicación e a división. Problemas multiplicativos e de división.
Os algoritmos.
A divisibilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A42 B2 B3 C8 18 29 47
Prácticas de laboratorio A33 A34 A35 A38 A39 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 21 25 46
Proba mixta A33 A34 A35 A39 A42 B2 B3 B4 B8 B9 C1 3 11 14
Lecturas A39 A41 A42 B1 B15 C7 C8 0 10.5 10.5
Actividades iniciais B18 C4 C7 1 0 1
Discusión dirixida A39 A40 B2 B3 B8 B18 B23 B24 C7 2 1 3
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C8 0 26.5 26.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos distintos temas por parte do profesorado, buscando presentar a información e motivar o estudo e o traballo.
Prácticas de laboratorio Traballo na aula sobre aspectos concretos dos diferentes temas, resolvendo cuestións que ilustren ou apliquen os contidos da materia, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de resolución de problemas, de completar e/ou de asociación. Nestas probas avaliaranse os contidos impartidos na sesións maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nas lecturas dos apuntamentos da materia subidos ao Moodle.
Lecturas Material escrito que se propón aos estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.
Actividades iniciais Diálogo entre o/a docente e o estudantado para coñecer os intereses e motivacións do estudantado.
Discusión dirixida Diálogo na aula entre estudantes e co profesorado, dirixido por este último, sobre aspectos concretos dos diferentes temas
Traballos tutelados Proporase un traballo, a realizar en grupo, relacionado con algún contido da materia. Presentarase un informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso de recursos TIC con exposición oral.
Realizarase polo menos unha tutoría de seguimento na que o grupo debe expor oralmente os progresos ata ese momento e as liñas de continuidade, ademais dun guión escrito.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada descríbese como momentos de traballo presencial co/coa docente.
A forma e o momento en que se desenvolven indicaranse en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.


Os traballos tutelados guiaranse mediante titorías grupais.
Cada grupo de estudantes deberá acudir a aquelas titorías de seguimento que convoque o docente, e expor oralmente os seus progresos ata esa data e liñas de continuidade previstas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A33 A34 A35 A38 A39 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Resolución das distintas actividades grupais, cuestións e problemas propostos nas prácticas de laboratorio, entregadas en tempo e forma. Terase en conta a capacidade de análise, o rigor na argumentación, a precisión, e a claridade de exposición. 20
Proba mixta A33 A34 A35 A39 A42 B2 B3 B4 B8 B9 C1 Proba escrita presencial. Valolarase as respostas concretas e precisas, o grao de corrección segundo o requerido en cada pregunta, e a claridade na exposición.
Engloba contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais.
40
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C8 Valorarase o grado de consecución dos obxectivos cumprindo as directrices docentes, o rigor, a argumentación, a profundidade da análise das situacións propostas, e a claridade da exposición.
Realizaranse en grupo e expoñerase na aula nas últimas semanas do curso.
40
 
Observacións avaliación

Opción A. Alumnado que asiste e participa no 80% das sesións interactivas:

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

Prácticas de laboratorio: 20%

 
Proba mixta: 40%

Traballo tutelado: 40%

En función das demandas e a capacidade de entidades externas á UDC para acollerestudantes, algúns grupos de estudantes poderán,se así o prefiren, substituír a realización do traballo tutelado por un proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS). Este ApS incidirá nos cotidos da materia e realizarase en grupo, de igual modo co traballo tutelado. Presentaraseun informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso derecursos TIC con exposición oral.
Realizarase polo menos unha tutoría de seguimento na que ogrupo debe expor oralmente os progresos ata ese momento e as liñas decontinuidade, ademais dun guión escrito. 
A ponderación na planificación desta materia e na súa avaliación  será a mesma ca do traballo tutelado (40%).
Non se garante que todos os estudantes que o desexen poidan escoller facero traballo de ApS, porque a oferta de prazas está condicionada pola capacidade deacollida e as necesidades das entidades externas á UDC.

Cada actividade e cada apartado será cualificado nunha escala de 0 a 10.

As prácticas de laboratorio avaliadas ás que non se asista serán cualificadas con 0 no cómputo da media deste apartado.
 
Para superar a materia cómpre acadar un mínimo de 5 sobre 10 en cada un dos tres apartados anteriores. Nese caso, a cualificación total final será a media ponderada destes tres apartados segundo as porcentaxes antes indicadas.

En caso de non superar algún dos apartados, a cualificación final será a de suspenso, correspondente ao apartado non superado.
 
Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente ao apartado non superado en caso contrario.

Opción B. Alumnado que non asiste ou non participa no 80% das sesións interactivas:
 
Neste caso a avaliación non será como no caso anterior, senón que a proba mixta constituirá o 100% da cualificación final.

Non obstante, este alumnado pode optar, se o prefire, por se integrar nalgún grupo de traballo, formado indiferentemente por alumnado asistente ou non asistente, e realizar o traballo tutelado (ou o ApS se o desexa e é posíbel). Neste caso, a cualificación do traballo tutelado (ou ApS) constituiría o 20% da nota final e a proba mixta final o 80%, sempre e cando ambas partes teñan unha cualificación non inferior a 5 sobre 10. 
En caso contrario, a nota final será a correspondente á parte suspensa.

Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente ao apartado non superado en caso contrario.

Con carácter xeral para todo o alumnado:
Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique.

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Nos traballos de avaliación que se entreguen os contidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse usando ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar:https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio. Aplicarase a modificación do artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, aprobada en Consello de Goberno, segundo o cal as citas e as referencias a calquera texto debe declararse, e o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte, implica:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Fontes de información
Bibliografía básica Nunes T., Dias Schliemann, A., Carraher, D. W. (1993). Street mathematics and school mathematics . Cambridge (USA) : Cambridge University Press
(). .
Lesh, R., Landau, M. (Eds.) (1983). Acquisition of mathemátics concepts and processes . Orlando : Academic Press
Rowland, T., Turner, F., Thwaites, A., & Huckstep, P. (2009). Developing Primary Mathematics Teaching Reflecting on Practice with the Knowledge Quartet. London: SAGE Publicatations
van De Walle, J. A., Karp J. S., & Bay- Williams, J. M. (2016). Elementary and Middle School Mathematics Teaching Developmentally. Essex, England: Pearson
Schoen, H, Zweng, L., Marilyn J. (1986). Estimation and Mental Computation 1986 yearbook. Reston (USA): National Council of Teachers of Mathematics
Powell, A., & Frakenstein, M (Eds.) (1997). Ethomathematics challenging eurocentrism in Mathematics education . New York: State University Of New York Press, cop
Reys, R., Lindquist, M. M., Lambdin, D. V., Smith, N. L. (2012). Helping Children Learn Mathematics. New Jersey: John Wiley & Sons, Inc
Burger, W. F., Peterson, B. E., Musser, G. L. (2006). Mathematics for elementary teachers a contemporary approach. 7th ed.. New York : John Wiley & Sons
Sutherland, R (2007). Teaching for learning mathematics . Maidenhead, England : Open University Press
Hopkins, C., Pope, S., & Pepperell, S. (2004). Understanding Primary Mathematics. Londres: David Fulton Publishers

Alsina, C.  Fortuny, J. M.(1994) La matemática del consumidor. institut català del consum:Barcelona
 
Álvarez, A. (1995). Uso de la calculadora en el aula (carpeta ESO) Narcea:Madrid 

Álvarez, A. (1996) Actividades matemáticascon materiales didácticos (Carpeta para la ESO) (narcea:madrid)
 
Antón, J.L. y otros (1994). Taller dematemáticas (carpeta e.s.o.) Narcea:Madrid
 
Baroody, A.J. (1988). El pensamientomatemático de los niños. Visor - M.E.C.: Ma­drid
 
Burger, W. F., Peterson, B. E., Musser, G. L. (2006). Mathematics for elementary teachers a contemporary approach. 7th ed.. New York : John Wiley & Sons

Callejo, M. L. e Goñi, J.M. (2010). “Educación matemátia y ciudadanía”. Barcelona: Graó.

Carrillo, J., Contreras, L. C., Climent, N., Montes, M. A., Escudero, D. I. e Flores, E. (Coords.) (2016) Didáctica de las Matemáticas para maestros de Educación Primaria. Madrid: Ediciones Paraninfo.

Castelnuovo, E. (1990). Didáctica de lamatemática moderna. Trillas: México
 
Castro, E. (ed.)(2001). Didáctica de la matemática en la Educación Primaria. Síntesis: Madrid
 
Chamorro,M. C. (coord.) (2003). Didáctica de las Matemáticas para Primaria. Pearson: Madrid
 
Chamoso, J., Rawson, E. ( 2003 ). Matemáticas en una tarde de paseo. Nivola: Madrid

Chevallard, Y., Bosch, M. Gascon, J.(1997). Estudiar matemáticas. El eslabón perdido entre enseñanza y aprendizaje. Horsori: Barcelona
 
Cockcroft,W. H. (1985). Las matemáticas sí cuentan. M. E. C.: Madrid
 
Comap ( 1999 ).  Las matemáticas en la vida cotidiana.  Addison-Wesley: Madrid
 
Corbalán, F. (2002). La matemática aplicada a la vidacotidiana. Graó: Barcelona.
 
Dickson, l.,  Brown, M., Gibson, O. (1991). El aprendizaje de las matemáticas Labor / M. E. C.: Madrid

Fisher, R. -Vince, A. (1990) Investigando las Matemáticas 4 vol. Akal:Madrid
 
Gallego L., C. [et al.] (2005). Repensar el aprendizaje de las matemáticas Matemáticas para convivir comprendiendo el mundo. Graó:Barcelona.
 
Giménez, J.; Santos, L; Da Ponte, J. P. (coords.) ( 2004 ) La actividad matemática en el aula Homenaje a Pablo Abrantes.  Graó: Barcelona.
 
Godino, Juan D. (2003) “ProyectoEdumat-Maestros. Matemáticas y su Didáctica para Maestros” URL: http://www.ugr.es/~jgodino/edumat-maestros/welcome.html
 
Gómez Chacón, I. Mª; Figueras Ocaña, L.; Marín Rodríguez, M. (2001) Matemáticasen la red: Internet en el aula de Secundaria  Ministerio deEducación y Ciencia – Narcea: Madrid.
 
Gorgorió, N.; Deoulofeu, J.; Bishop, A. (coords.) ( 2000). Matemáticas y educaciónRetos y cambios desde una perspectiva internacional.  Graó: ICE de la Universitat de Barcelona; Barcelona

Lesh, R., Landau, M. (Eds.) (1983). Acquisition of mathemátics concepts and processes . Orlando : Academic Press
 
Llinares, S. - Sánchez, M.V. (1990). Teoría y Práctica en Educación Matemática. Alfar: Sevilla
 
Maza, C. (1989) "Sumar y restar. Visor: Madrid

Powell, A., & Frakenstein, M (Eds.) (1997). Ethomathematics challenging eurocentrism in Mathematics education . New York: State University Of New York Press, cop
 
Maza, C. (1991). Multiplicar y dividir. Visor: Madrid

N.C.T.M. (2003). Principios y Estándares para la educación matemática. S.A.E.M. Thales:Sevilla)
 
Nunes T., Dias Schliemann, A., Carraher, D. W. (1993). Street mathematics and school mathematics . Cambridge (USA) : Cambridge University Press
Orton, A.(1990). Didáctica de las matemáticas. Morata / M.E.C.: Madrid

Reys, R., Lindquist, M. M., Lambdin, D. V., & Smith, N. L. (2012). Helping Children Learn Mathematics. New Jersey: John Wiley & Sons, Inc

Rowland, T., Turner, F., Thwaites, A., & Huckstep, P. (2009). Developing Primary Mathematics Teaching Reflecting on Practice with the Knowledge Quartet. London: SAGE Publicatations

Schoen, H, Zweng, L., Marilyn J. (1986). Estimation and Mental Computation 1986 yearbook. Reston (USA): National Council of Teachers of Mathematics 

Segovia, A. e Rico, L. (Eds.) (2016). Matemáticas para Maestros de Educación Primaria, Madrid: Pirámide

Sutherland, R (2007). Teaching for learning mathematics . Maidenhead, England : Open University Press

van De Walle, J. A., Karp J. S., & Bay- Williams, J. M. (2016).Elementary and Middle School Mathematics Teaching Developmentally. Essex, England: Pearson

Velásquez, F. (coord.) (2004) Matemáticase Internet ( Graó: Barcelona)
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Educación matemática II/652G02018
Educación matemática III/652G02024
Resolución de problemas en matemática/652G02030

Observacións

Recoméndase os envíos dos traballos tutelados telemáticamente. En caso contrario, empregar a impresión a dobre cadra, papel reciclado,  evitar imprimir borradores, e non utilizar plásticos.  

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosiibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Materia adscrita ao programa "English Friendly"

Equity conditions between men and women will be guaranteed; no discrimination will be allowed.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías