Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua castelán e a súa didáctica Código 652G02010
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Rodriguez Lopez-Vazquez, Alfredo
Correo electrónico
alfredo.lopez-vazquez@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Carballal Miñan, Patricia
Rodriguez Lopez-Vazquez, Alfredo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
patricia.carballal@udc.es
alfredo.lopez-vazquez@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral Coñecemento do currículo en lingua e literatura castelá na Educación Primaria.
A lingüística aplicada aos procesos de comunicación na Educación Primaria.
Análise do comportamento fónico e léxico da lingua castelá.
Análise do comportamento morfosintáctico e pragmático da lingua castelá.
Desenvolvemento da compentencia en expresión oral, na lectura e na escritura en lingua castelá. Coñecemento e dominio de técnicas de expresión oral e escrita.
Fomento da lectura crítica de todo tipo de textos en lingua castelá.
Coñecemento do proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e do seu ensino, e impulso da escritura.
Dificultades para a aprendizaxe da lingua castelá no alumnado con lingua de instalación diferente ás oficiais en Galicia.
Didáctica da expresión oral nas dúas linguas oficiais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
A45 Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
A46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
A48 Fomentar a lectura e animar a escribir.
A50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula. A11
Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación. A43
Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura. A45
Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. A46
Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino. A47
Fomentar a lectura e animar a escribir. A48
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. A50
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. B7
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. B8
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. B9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Definición e obxectivos da Didáctica da Lingua
1. 1. O profesor de Didáctica da Lingua
1. 2. O currículo de lingua e literatura en Educación Primaria
Tema 2. As habilidades lingüísticas 2. 1. O proceso comunicativo
2. 2. A compresión oral
2. 3. A expresión oral
2. 4. A comprensión lectora
2. 5. A expresión escrita

Tema 3. Pronuncia e ortografía.
3. 1. A pronuncia
3. 2. Linguaxe oral e linguaxe escrita: relacións e diferenzas
Tema 4. Didáctica da gramática: morfoloxía da lingua castelá 4. 1. Unidades morfolóxicas
4. 2. Clases de esquemas de combinación morfolóxica
4. 3. Didáctica da morfoloxía da lingua castelá en Educación Primaria.
Tema 5. Didáctica da gramática: sintaxe da lingua castelá 5. 1. Obxecto da sintaxe
5. 2. Unidades da sintaxe
5. 3. Didáctica do léxico da lingua castelá en Educación Primaria
Tema 6. Didáctica do léxico 6. 1. A adquisición de vocabulario
6. 2. O ensino do léxico
6. 3. O uso do dicionario
6. 4. Didáctica do léxico da lingua castelá en Educación Primaria

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A43 A45 A47 B3 2 0 2
Prácticas de laboratorio A11 A46 A48 A50 B7 B8 B9 C1 23 23 46
Sesión maxistral A45 A48 23 23 46
Proba obxectiva A43 A45 A47 B3 B9 C1 2 50 52
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os alumnos e alumnas utilizarán documentos bibliográficos proporcionados polos docentes para ampliar os seus coñecementos sobre a materia.
Prácticas de laboratorio Consistirán no deseño de ferramentas destinadas á ensinanza da lingua castelá en Educación Primaria a partir dunha selección de textos proporcionados polos docentes.
Sesión maxistral As exposicións orais do profesorado servirán como guía da materia.
Proba obxectiva Con esta proba preténdese determinar, de xeito obxectivo, tanto os coñecementos adquiridos polo alumno ou alumna durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Análise de fontes documentais
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
Os docentes estarán dispoñibles, tanto no horario de titorías previamente marcado como a través do correo electrónico, para calquera dúbida relacionada coa materia ou co desenvolvemento do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A43 A45 A47 B3 B9 C1 Con esta proba, ademais de examinar os coñecementos adquiridos polo alumno/a durante o curso, avaliarase a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá. 90
Análise de fontes documentais A43 A45 A47 B3 Durante o curso os alumnos/as utilizarán documentos bibliográficos proporcionados polo profesor/a para ampliar os seus coñecementos sobre a materia. A partir da lectura e análise destes documentos, pretenderase que o alumno/a amose a súa madurez crítica e a súa capacidade de razoamento. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica

-      Alarcos Llorach, Emilio (1994): Gramática de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe.

-      Cassany, Daniel (1991): Describir el escribir. Cómo se aprende a escribir, Barcelona, Ediciones Paidós.

-      Cassany, Daniel (1995): La cocina de la escritura, Barcelona, Editorial Anagrama.

-      Cassany, Daniel (1996): Reparar la escritura. Didáctica de la corrección de lo escrito, Barcelona, Graó.

-      Cassany, Daniel et alii (2003): Enseñar lengua, Barcelona, Graó.

-      Gómez Torrego, Leonardo (2007): Gramática didáctica del español, Madrid, S. M.

-      Gómez Torrego, Leonardo (2004): Nuevo manual del español correcto, Madrid, Arco/Libros.

-        Martín Vegas, Rosa Ana (2009): Manual de didáctica de la lengua y la literatura, Madrid, Síntesis.

-        Mendoza Fillola, Antonio et alii (1996): Didáctica de la lengua para la enseñanza primaria y secundaria, Torrejón de Ardoz (Madrid), Akal.

-        Mendoza Fillola, Antonio (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Primaria, Madrid, Pearson Educación.

-      Pérez Esteve, Pilar e Felipe Zayas (2007): Competencia en comunicación lingüística, Madrid, Alianza

-      López Valero, Armando y Encabo Fernández, Eduardo (2001): Mejorar la comunicación en niños y adolescentes, Madrid, Ediciones Pirámide.

-      Real Academia Española (2010): Nueva gramática de la lengua española: manual, Madrid, Espasa.

-      Real Academia Española (2010): Ortografía de la lengua española, Madrid, Espasa.

-      Real Academia Española (2011): Nueva gramática básica de la lengua española, Madrid: Espasa.

-      Real Academia Española (2012): Ortografía básica de la lengua española, Madrid, Espasa.

-      Varela Ortega, Soledad (2003): Morfología léxica: la formación de palabras, Madrid, Gredos.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

   En todos os textos entregados polos alumnos desta materia prestarase especial atención tanto á coherencia e á cohesión textuais como ás faltas de ortografía ou aos erros de puntuación.
    Por outro lado, dado que unha das competencias desta materia é a de coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula, os alumnos/a respectarán as quendas de fala neste espazo así como as exposición orais do profesor/a, evitando calquera interrupción non xustificada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías