Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua castelá e a súa didáctica Código 652G02010
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
sandra.pgonzalez@udc.es
Profesorado
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
sandra.pgonzalez@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral Segundo o disposto na páxina 66 da «Memoria xeral do título de Graduado/a en Educación Primaria» (http://sgic.udc.es/open_file.php?id=2415), estes son os contidos que cómpre tratar na materia «Lingua Castelá e a súa Didáctica»:

- Coñecemento do currículo de lingua e literatura castelá na Educación Primaria
- A lingüística aplicada aos procesos de comunicación na Educación Primaria
- Análise do comportamento fónico e léxico da lingua castelá
- Análise do comportamento morfosintáctico e pragmático da lingua castelá
- Desenvolvemento da competencia na expresión oral, na lectura e na escritura en lingua castelá
- Coñecemento e dominio de técnicas de expresión oral e escrita
- Fomento da lectura crítica de todo tipo de textos en lingua castelá
- Coñecemento do proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e do seu ensino, e impulso da escritura

Todas estas nocións recóllense, inda que baixo envolturas verbais diferentes, nas seis unidades que constitúen o temario da materia (véxase, para comprobalo, o apartado n.º 3 da presente «Guía»).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificacións substanciais.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

- Análise de fontes documentais
- Sesión maxistral
- Proba obxectiva
- Traballos tutelados

A través das plataformas Moodle e Microsoft Teams, profesorado e alumnado teñen a posibilidade de transferir ao medio virtual as devanditas «metodoloxías». Se as circunstancias aconsellan ou impoñen o traslado, faranse os axustes necesarios para a adaptación ao novo ámbito.

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Como en circunstancias normais, o/a docente consultará asiduamente a caixa de correo electrónico e procurará responder con tanta axilidade como as circunstancias permitan.
- Durante as horas de titoría, o/a docente estará conectado/a á plataforma Teams, de tal maneira que os/as alumnos/as poidan facerlle todas as consultas que estimen necesarias (sexa por escrito, sexa mediante videochamada).

4. Modificacións na avaliación
Como xa se apuntou no apartado n.º 2, Moodle e Microsoft Teams ofrecen a posibilidade de levar a cabo nun medio virtual —con pequenos axustes— todas as actividades que de ordinario se desenvolven presencialmente. Non semella necesario, por tanto, introducir cambios substanciais no mecanismo de avaliación.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
De se tornar imposible o uso da biblioteca e do servizo de reprografía da Facultade, procurarase que o alumnado consulte algunhas referencias bibliográficas fundamentais, aloxadas nos andeis «en liña» da BUDC ou noutros arquivos e repositorios dixitais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A16 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A19 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A29 Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable.
A30 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
A33 Integrar o estudo histórico e xeográfico desde unha orientación instrutiva e cultural.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
A44 Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
A45 Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
A46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
A48 Fomentar a lectura e animar a escribir.
A49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes de outras linguas.
A50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A51 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
A52 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
A53 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A61 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A62 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A66 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se podan establecer nun centro.
A68 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B10 Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira).
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B20 Relación con diversos interlocutores sociais.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula. A11
A43
A49
B3
B21
C8
Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación. A11
A43
A49
B3
Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura. A45
A52
Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. A46
Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino. A47
B13
Fomentar a lectura e animar a escribir. A44
A48
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. A50
A51
C2
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
B15
B23
B25
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. B7
B22
B24
C3
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. B7
B22
B24
C3
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. B8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma B8
B9
B10
B11
C1
Comprender e saber fomentar a ética democrática da comunicación a través de perspectivas como a que plantexa a educación para o desenvolvemento. A2
A3
A4
A5
A11
A13
A14
A15
A16
A17
A19
A20
A22
A23
A29
A30
A33
A34
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
A53
A60
A61
A62
A64
A65
A66
A68
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B20
B21
B22
B23
B24
B25
C1
C2
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O currículo de Lingua Castelá e Literatura na etapa de Educación Primaria 1. 1. Conceptos fundamentais
1. 1. 1. O currículo como resposta ás grandes preguntas do proceso educativo: que, cando e como ensinar e avaliar
1. 1. 2. O currículo como proceso-en-desenvolvemento: o seu carácter aberto e flexible
1. 1. 3. Os niveis de concreción curricular no sistema educativo español: nivel político, nivel de centro e nivel de aula

1. 2. A materia de Lingua Castelá e Literatura no marco normativo en vigor
1. 2. 1. O desenvolvemento da habilidade para comunicarse, fin superior da nosa área de coñecemento
1. 2. 1. 1. A competencia comunicativa e os seus compoñentes (segundo o modelo de M. Canale e M. Swain)
1. 2. 1. 2. A adaptación do enfoque comunicativo ao ensino das linguas «nativas»: causas e consecuencias
1. 2. 2. Visión de conxunto da organización do currículo básico da materia: bloques de contido, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe...

1. 3. Implicacións curriculares da diversidade lingüístico-cultural nas nosas aulas
1. 3. 1. Dificultades para a aprendizaxe do castelán no alumnado con lingua de instalación distinta do galego e o castelán
1. 3. 2. Adaptacións do currículo para estudantes alófonos: visión de conxunto
Tema 2. As habilidades lingüísticas 2. 1. O proceso comunicativo: participantes e escenarios

2. 2. A oralidade
2. 2. 1. Caracteres xerais da comunicación oral
2. 2. 2. Notas de didáctica da oralidade: como traballar a produción e a comprensión de textos orais

2. 3. A escritura
2. 3. 1. Caracteres xerais da comunicación escrita
2. 3. 2. Notas de didáctica da escritura: como traballar a produción e a comprensión de textos escritos
2. 3. 2. 1. O problema da expresión escrita: que é escribir ben?, como se aprende?
2. 3. 2. 2. O problema da competencia lectora: cómo formar lectores «omnívoros», comprensivos e críticos
Tema 3. A lectoescritura 3. 1. Notas breves sobre a historia e a estrutura dos sistemas de escritura
3. 1. 1. Historia: cando, onde e para que comezou a Humanidade a escribir?
3. 1. 2. Estrutura: sistemas logográficos, silabográficos e alfabéticos (ou fonemográficos)

3. 2. Ensinar a ler e escribir aos usuarios dun sistema alfabético
3. 2. 1. Os métodos sintéticos, analíticos e mixtos
3. 2. 2. O enfoque construtivista
Tema 4. A ortoloxía, a ortografía e o seu ensino 4. 1. Conceptos fundamentais: breve introdución á análise fonolóxica
4. 1. 1. Os segmentos: sílabas, vogais e consoantes
4. 1. 2. Os trazos suprasegmentais: o acento e a entoación

4. 2. A ortoloxía
4. 2. 1. En que consiste?
4. 2. 2. Que lugar debe ocupar nas nosas aulas?

4. 3. A ortografía
4. 3. 1. En que consiste?
4. 3. 2. Que lugar debe ocupar nas nosas aulas?
4. 3. 3. Como debemos ensinala? O papel das regras
Tema 5. A gramática e o seu ensino 5. 1. Distincións preliminares
5. 1. 1. A gramática-obxecto (gramática como aspecto da linguaxe)
5. 1. 2. A gramática-descrición (gramática como metalinguaxe)

5. 2. Os dominios da gramática
5. 2. 1. As súas relacións co estudo do vocabulario
5. 2. 2. A súa articulación interna: a distinción entre morfoloxía e sintaxe

5. 3. Orientacións para o ensino da gramática en Educación Primaria
5. 3. 1. É necesario ensinar a gramática-obxecto?
5. 3. 2. Como e por que debemos ensinar a gramática-descrición?

Tema 6. O léxico e o seu ensino 6. 1. Unha ollada á estruturación do vocabulario: campos semánticos e relacións léxicas

6. 2. Orientacións para o ensino do léxico en Educación Primaria

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A4 A5 A11 A13 A14 A15 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A29 A33 A34 A43 A45 A47 A53 A60 B3 B10 B11 B13 B15 B25 C3 3 0 3
Sesión maxistral A2 A3 A11 A43 A45 A46 A48 A49 A50 A51 A52 A61 A64 A66 B3 B7 B8 B9 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C8 18 27 45
Traballos tutelados A11 A30 A43 A44 A45 A46 A48 A50 A51 A52 A62 A65 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C4 C5 C6 C7 18 27 45
Proba obxectiva A43 A44 A45 A47 B3 B9 C1 3 50 53
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os alumnos e alumnas utilizarán documentos bibliográficos proporcionados polos docentes para ampliar os seus coñecementos sobre a materia.
Sesión maxistral As exposicións orais do profesorado servirán como guía da materia.
Traballos tutelados Os traballos tutelados serán dous: un, de autoría individual; o outro, de autoría colectiva. Se as circunstancias o permiten, ofrecerase a posibilidade de que o traballo grupal revista a forma de proxecto de aprendizaxe-servizo; este proxecto consistiría, en liñas xerais, no deseño e aplicación dunha proposta de educación na Natureza que se orientase, sobre todo, ao desenvolvemento da competencia en comunicativa do alumnado de Primaria.
Proba obxectiva Con esta proba preténdese determinar, de xeito obxectivo, tanto os coñecementos adquiridos polo alumno ou alumna durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
O/a docente estará dispoñible, tanto no horario de titorías que se estableza como a través do correo electrónico, para resolver calquera dúbida relacionada coa materia ou co desenvolvemento do curso. Ao alumnado con dispensa académica procurarase ofrecerlle facilidades para o contacto, dentro sempre das limitacións impostas por outras obrigas académicas e pola vida privada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A30 A43 A44 A45 A46 A48 A50 A51 A52 A62 A65 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C4 C5 C6 C7 O alumnado, coa axuda do/a docente, deberá desenvolver unha proposta didáctica co obxectivo de poñela en práctica. 40
Proba obxectiva A43 A44 A45 A47 B3 B9 C1 Con esta proba, ademais de examinar os coñecementos adquiridos polo alumno/a durante o curso, avaliarase a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá 60
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica para esta materia. Logo de a obteren, deberán poñerse en contacto co/coa docente, que arbitrará procedementos de avaliación adicionais á proba obxectiva (á cal teñen, coma o alumnado ordinario, o dereito e o deber de presentarse).


Fontes de información
Bibliografía básica

- Camps, Anna et alii. (2004): La enseñanza de la ortografía, Barcelona, Graó.

- Carratalá, F. (1993). La ortografía y su didáctica en la Educación Primaria. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 18, 93-100.

- Cassany, Daniel (1991): Describir el escribir. Cómo se aprende a escribir, Barcelona,Ediciones Paidós.

- Cassany, Daniel (1995): La cocina de la escritura, Barcelona, Editorial Anagrama.

- Cassany, Daniel (1996): Reparar la escritura. Didáctica de la corrección de lo escrito, Barcelona,Graó.

- Cassany, Daniel (2006): Tras las líneas, Barcelona, Anagrama.

- Cassany, Daniel et alii (2003): Enseñar lengua, Barcelona, Graó.

- Díaz, C. (1996). Ideas infantiles acerca de la ortografía del español. Revista Mexicana de Investigación Educativa. 1 (1), 70-87.

- Ferreiro, Emilia e Teberosky, Ana (1995): Los sistemas de escritura en el desarrollo del niño, México, Siglo XXI Editores.

- García, J. N. y González, L. (2006). Diferencias en la conciencia morfológica, la escritura y el lenguaje en función del desarrollo y el nivel educativo del niño. Psicothema, 18 (2), 171-179.

- Gómez Picapeo, J. (2015). La evaluación mediante criterios y estándares. Aplicaciones al área de Lengua y Literatura. Didácticas Específicas, 11. Recuperado a partir de https://revistas.uam.es/didacticasespecificas/article/view/134

- Guerrero Ruiz, Pedro e Caro Valverde, M.ª Teresa (Coords.) (2015): Didáctica de la Lengua y Educación Literaria, Madrid, Pirámide.

- Instituto Cervantes (2019). El español: una lengua viva. Recuperado de https://www.cervantes.es/imagenes/File/espanol_lengua_viva_2019.pdf

- Martín Vegas, Rosa Ana (2009): Manual de didáctica de la lengua y la literatura, Madrid, Síntesis.

- Mata Anaya, Juan, Núñez Delgado, M.ª Pilar e Rienda Polo, José (Coords.) (2015): Didáctica de la lengua y la literatura, Madrid, Pirámide.

- Mendoza Fillola, Antonio et alii (1996): Didáctica de la lengua para la enseñanza primaria y secundaria, Torrejón de Ardoz (Madrid), Akal.

- Mendoza Fillola, Antonio (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Primaria, Madrid, Pearson Educación.

- Palou Sangrà, J. e Fons Esteve, M. (Coords.) (2016). Didáctica de la lengua y la literatura en Educación Primaria. Madrid: Síntesis.

- Pérez Esteve, Pilar e Zayas, Felipe (2007): Competencia en comunicación lingüística, Madrid, Alianza.

- López Valero, Armando e Encabo Fernández, Eduardo (2001): Mejorar la comunicación en niños y adolescentes, Madrid, Ediciones Pirámide.

- Ochoa, L. (2008). La gramática y su relación con la lectura y la escritura. Educación y ciudad, 15, 9-20.

- Real Academia Española (2010): Nueva gramática de la lengua española: manual, Madrid, Espasa.

- Real Academia Española (2010): Ortografía de la lengua española, Madrid, Espasa.

- Real Academia Española (2011): Nueva gramática básica de la lengua española, Madrid: Espasa.

- Real Academia Española (2012): Ortografía básica de la lengua española, Madrid, Espasa.

- Casimiro Urcos, C. N., & Casimiro Urcos, W. N. (2013). Piaget, Vigotski y enseñanza de la lengua materna. Revista Educación y Desarrollo Social, 7 (2), 186-199. https://doi.org/10.18359/reds.690

- Varela Ortega, Soledad (2003): Morfología léxica: la formación de palabras, Madrid, Gredos.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

   En todos os textos entregados polos alumnos desta materia prestarase especial atención tanto á coherencia e á cohesión textuais como ás faltas de ortografía ou aos erros de puntuación.
    Por outro lado, dado que unha das competencias desta materia é a de coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula, os alumnos/a respectarán as quendas de fala neste espazo así como as exposición orais do profesor/a, evitando calquera interrupción non xustificada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías