Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Orientación, titoría e calidade Código 652G02012
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Correo electrónico
m.rodicio@udc.es
Profesorado
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Correo electrónico
m.rodicio@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia recóllense os conceptos básicos da orientación e titoría no contexto da Educación Primaria. O docente é titor dun grupo de alumnos/as e debe coñecer esa función e saber como concretala no día a día da súa aula. Aquí van atopar respostas a como facelo para conseguir que a acción tutorial sexa, na práctica, parte do que-facer docente, contribuíndo así ao desenvolvemento integral dos estudantes e a mellorar a calidade da educación na devandita etapa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A18 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
A21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período 6-12.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A24 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Determinar e propoñer propostas de acción para a atención á diversidade A6
A12
Enumerar as funcións do titor e orientador en relación cos diferentes axentes educativos e explicar o que isto conleva asegurando a calidade do proceso A18
A21
A22
B24
Lembrar o referente á familia (evolución, tipos, funcións, estilos de vida e educación) A24
Poñer en práctica as competencias sociais en relación con alumnado, familias, compañeiros e outros profesionais A20
B2
B14
B15
C3
Reflexionar sobre a incidencia de factores que afectan á educación familiar e escolar tendo en conta os principios éticos da práctica profesional e persoal. A23
B17
B23
Defender a necesidade da formación continua como profesional e cidadán C5
C7
Reproducir os aspectos máis relevantes da orientación e a titoría como factores chave da calidade do ensino e mostrar a súa aplicación a diferentes situacións. B21
B22
B25

Contidos
Temas Subtemas
Conceptualización da orientación e titoría Carácter polisémico do concepto de orientación
A orientación na aula: concepto de titoría
Principios legais e psicopedagógicos que rexen a orientación e a acción tutorial Normativa legal vixente
Os principios da orientación
Aplicación dos principios na acción orientadora
Liñas prioritarias da acción tutorial na Educación Primaria Áreas da orientación en Educación Primaria
A prevención e o desenvolvemento como prioridade
Funcións do profesorado titor Cos alumnos
Coas familias
Coa comunidade educativa
Coa comunidade en xeral
O Plan de acción tutorial (P.A.T.) como elemento de calidade do sistema educativo Definición
Elaboración
Evaluación
Recursos para a acción tutorial: Técnicas e instrumentos A entrevista
A observación
O sociograma
Dinámicas de grupo
As TIC

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A23 2 0 2
Análise de fontes documentais A21 A22 A24 B15 C3 1 17 18
Aprendizaxe colaborativa A6 A23 B14 B15 B17 B23 B25 C3 4 8 12
Sesión maxistral A18 A21 A22 A24 B2 12 0 12
Discusión dirixida A12 C7 2 2 4
Traballos tutelados A23 6 34 40
Presentación oral B2 C3 3 4 7
Mapa conceptual B14 B15 B17 B23 C3 3 4 7
Investigación (Proxecto de investigación) A20 A21 A22 B14 B15 B17 B22 B23 B24 C3 3 3 6
Simulación A6 A12 A18 A20 A21 A22 B2 B14 B21 B22 B24 C5 1 6 7
Proba mixta A6 A12 A18 A20 A21 A22 A23 A24 2 22 24
Eventos científicos e/ou divulgativos C7 1 9 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas que os estudantes mostrarán os seus preconceptos acerca da materia obxecto de estudo, a trávés de técnicas como o brainstorming
Análise de fontes documentais Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles sós partindo dalgunha indicación. Teranos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan.
Aprendizaxe colaborativa Propoñeranse unha serie de actividades grupales, para realizar dentro e fose da aula.
Sesión maxistral Na que a profesora explicará diferentes contidos teóricos do programa.
Discusión dirixida Debates na aula partindo de temas que se presenten así como doutros que teñan que ver coa actualidade do campo de estudo.
Traballos tutelados Haberá unha serie de traballos de diferente nivel de esixencia, que realizarán ao longo do curso baixo a tutela da profesora
Presentación oral Pediráselles que presenten na aula algún dos traballos feitos.
Mapa conceptual Realizarase un mapa conceptual da asignatura que permita ao estudante realizar unha síntese da mesma e visualizar, de maneira global, todos os contidos e a súa conceptualización
Investigación (Proxecto de investigación) Desenrolarase un proxecto de investigación para que o alumnado se familiarice con este tipo de metodoloxía de traballo co que iniciaránse na investigación, algo que terán que empregar no seu futuro profesional e, de maneira máis inmediata, ao enfrentarse ao Traballo Fin de Grao.
Simulación Tenrán que deseñar unha actividade de tutoría e representala na aula, simulando unha situación o máis real posible.
Proba mixta Proba que integra preguntas de ensaio, de resposta breve, e preguntas tipo test de resposta múltiple.
Eventos científicos e/ou divulgativos Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Mapa conceptual
Análise de fontes documentais
Presentación oral
Traballos tutelados
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A través da análise de fontes se traballará a capacidade de análise e síntese.

Trátase de axudar ao estudante a encamiñar ben o trabajo solicitado, asesorar nos pasos a dar na súa elaboración e contribuir a un mellor aproveitamento das actividades propostas.

Expoñerán diferentes traballos interactivos desenrolados ao longo do curso.

O mapa conceptual permitiralles desenrolar a capacidade de análise e síntese.

Permitiralles iniciarse na investigación, algo útil e necesario para calquera profesional que vele pola calidade nas súas actuacións.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A6 A12 A18 A20 A21 A22 B2 B14 B21 B22 B24 C5 Valórase a capacidade do alumnado para deseñar unha acción de titoría así como a "posta en escena" da mesma.
10
Mapa conceptual B14 B15 B17 B23 C3 Valórase a selección de contidos, a relación entre os mesmos así coma o soporte dixital empregado 10
Proba mixta A6 A12 A18 A20 A21 A22 A23 A24 Valórase a demostración de que se teñen adquirido as competencias traballadas ao longo do curso. Consta de dúas partes:
1) Proba tipo test con preguntas de resposta múltiple.
2) Proba de desenvolvemento de cuestións de maneira breve.
60
Presentación oral B2 C3 Valóranse tanto as habilidades comunicativas coma os contidos presentados 10
Investigación (Proxecto de investigación) A20 A21 A22 B14 B15 B17 B22 B23 B24 C3 Valórase o rigor ao plantexar e levar adiante un proxecto de investigación acerca das funcións do profesorado titor 10
 
Observacións avaliación

Para poder ser avaliados según a planificación anterior, o estudante debe asistir, alomenos, ao 80% das sesións de aula. 

Para aprobar a asignatura deberá ter:

a) Un mínimo de 1,5 puntos na proba tipo test.

b) Un mínimo de 1,5 puntos na proba de resposta breve.

c) Un mínimo de 2 puntos nas actividades sometidas a avaliación.

O estudante que non cumpra o anterior criterio (80% de asistencia), deberá realizar un exame que será o 100% da cualificación final. 

Neste caso, terá a posibilidade de facer entrega das actividades suxeridas aos estudantes presenciais, facéndoas de manerira individual e cumprindo os mesmos prazos. Estas entregas valoraránse de cara á nota final, unha vez que se teña conseguido unha puntuación mínima de 5 puntos no exame.


Fontes de información
Bibliografía básica http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-1990-24172 (). .
http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf (). .
Uruñuela, P.M. (2016 ). Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia. Madrid: Narcea
Rodicio-García, M.L. e Iglesias-Cortizas, M.J. (2011). Acoso Escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid: Biblioteca Nueva
Carrera, C., López, T., Matías, P. e Santamaría, C. (2016). Agenda de trabajo del orientador en centros educativos de Educación Infantil y Primaria. Madrid: Narcea
Hunter,C. (2016). Comprender y mejorar la conducta trabajando en grupo. Una metodología centrada en el alumnado. Madrid: Narcea
Sola Martínez, T. y López Sánchez, M. (2008). El Plan de Orientación y acción tutorial en Educación Infantil y Primaria: Recursos prácticos para su programación y ejecución. Madrid: Ed. Universitas S.A.
Pantoja, A. (2013). La acción tutorial en la Escuela. Madrid: Síntesis
Rodicio García, M.L. (2001). La Orientación en Galicia. Murcia: RIE
Angulo Vargas, A. (2009). La tutoría en la Educación Primaria. Madrid: Wolters Kluwer
Álvarez González, M. (2010). Los nuevos desafíos de la orientación educativa en el escenario escolar. . Revista ORIÓN, 5, 7-26.
Bisquerra, R. (Coord.) (2008). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: Praxis
Sobrado, L.; Fernández, E. y Rodicio, M.L. (2012). Orientación educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y orientación educativa. Madrid: Wolters kluwer

Bibliografía complementaria Renom, A. (2011). Educación emocional. Programa para educación primaria (6-12 años). (Libro electrónico).. Madrid: Wolters Kluwer.
Ovejero, A. (2013). El acoso escolar y su prevención. Madrid: Biblioteca Nueva
Marrodán Gironés, M.J. (2003). La acción tutorial en educación primaria. Madrid. ICCE
Marrodán Gironés, M.J. y Balebona Martínez, J.M. (2008). La calidad en la Orientación escolar. Madrid. ICCE
Galve, J.L. et al. (2009). PUES, ¡CLARO! Programa de estrategias de resolución de problemas y refuerzo de las operaciones básicas. (Col. De 6-12 años).. Madrid: CEPE.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase non empregar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. 

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Para contribuir a elo. a profesora sólo aceptará traballos enviados telemáticamente a través da plataforma Moodle.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías