Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Orientación, titoría e calidade Código 652G02012
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Correo electrónico
m.rodicio@udc.es
Profesorado
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Correo electrónico
m.rodicio@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia recóllense os conceptos básicos da orientación e titoría no contexto da Educación Primaria. O/a docente dese nivel eduativo é titor dun grupo de alumnos/as e debe coñecer esa función e saber cómo concretala no día a día da súa aula. Aquí van atopar respostas a cómo facelo para conseguir que a acción titorial sexa, na práctica, parte do "que-facer" docente, contribuíndo así ao desenvolvemento integral do estudantado e a mellorar a calidade da educación na devandita etapa, e ao traballo na liña dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A18 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
A21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período 6-12.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A24 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Determinar e propoñer propostas de acción para a atención á diversidade A6
A12
Enumerar as funcións do/a titor/a e orientador/a en relación cos diferentes axentes educativos e explicar o que isto conleva asegurando a calidade do proceso A18
A21
A22
B24
Lembrar o referente á familia (evolución, tipos, funcións, estilos de vida e educación) A24
Poñer en práctica as competencias sociais en relación con alumnado, familias, compañeiros/as e outros/as profesionais A20
B2
B14
B15
C3
Reflexionar sobre a incidencia de factores que afectan á educación familiar e escolar tendo en conta os principios éticos da práctica profesional e persoal. A23
B17
B23
Defender a necesidade da formación continua como profesional e cidadán ou cidadana C5
C7
Reproducir os aspectos máis relevantes da orientación e a titoría como factores chave da calidade do ensino e mostrar a súa aplicación a diferentes situacións. B21
B22
B25

Contidos
Temas Subtemas
Conceptualización da orientación e titoría Carácter polisémico do concepto de orientación
A orientación na aula: concepto de titoría
Principios legais e psicopedagógicos que rexen a orientación e a acción tutorial Normativa legal vixente
Os principios da orientación
Aplicación dos principios na acción orientadora
Liñas prioritarias da acción tutorial na Educación Primaria Áreas da orientación en Educación Primaria
A prevención e o desenvolvemento como prioridade
Funcións do profesorado titor Co alumnado
Coas familias
Coa comunidade educativa
Coa comunidade en xeral
O Plan de acción tutorial (P.A.T.) como elemento de calidade do sistema educativo Definición
Elaboración
Evaluación
Recursos para a acción tutorial: Técnicas e instrumentos A entrevista
A observación
O sociograma
Dinámicas de grupo
As TIC

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A23 4 1 5
Análise de fontes documentais A21 A22 A24 B15 C3 4 20 24
Aprendizaxe colaborativa A6 A23 B14 B15 B17 B23 B25 C3 9 28 37
Sesión maxistral A18 A21 A22 A24 B2 2 10 12
Traballos tutelados A23 15 14 29
Simulación A6 A12 A18 A20 A21 A22 B2 B14 B21 B22 B24 C5 6 17 23
Proba de resposta múltiple B21 B22 B23 1 0 1
Foro virtual A6 A18 A21 A22 2 2 4
Eventos científicos e/ou divulgativos C7 1 9 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades de presentación.

Brainstorming para coñecer os preconceito do alumnado acerca da materia obxeceto de estudo.
Análise de fontes documentais Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles/elas sós/soas partindo dalgunha indicación. Terannos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan.
Aprendizaxe colaborativa Propoñeranse unha serie de actividades grupales, para realizar dentro e fora da aula.
Sesión maxistral Na que a profesora explicará algún contido teórico da materia que non quedase claro cos documentos e vídeos de traballo publicados no Campus Virtual.
Traballos tutelados Haberá unha serie de traballos de diferente nivel de esixencia, que realizarán ao longo do curso baixo a tutela da profesora
Simulación Terán que deseñar unha actividade de titoría. Nun primeiro momento trataráse dunha simulación curta ao comenzo da asignatura sen máis referente que o que viviron eles/as na súa propia pel; e ao final da asignatura terán que representar na aula, a simulación con tódolos contidos aprendidos, tendo que ser o máis realista e adaptada a contextos posible, despois de ver toda a materia.
Proba de resposta múltiple Terán que demostrar que teñen adquiridos os coñecementos propios da materia, así coma capacidade de relacionar a teoría e a práctica
Foro virtual Empregaránse os foros do campus virtual para ir traballando os contidos. Eles/as teñen que ir incorporando rerlexións, dicindo cómo entenden os conceitos vistos, redactar preguntas que outras persoas intentarán responder, etc., xa que se traballará en "aula invertida" e as aulas serán unha posta en práctica do aprendido.
A profesora moderará os foros e só intervirá en caso de que o considere necesario.
A idea é que das súas aportacióss saian as preguntas do exame final, polo que terán que empregarse a fondo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Traballos tutelados
Descrición
Para a atención personalizada ao alumnado empregaránse os seguintes medios: a titoría presencial no despacho da profesroa, a atención a través do Campus Virtual (a forma preferente), e da plataforma Microsoft Teams.

Con estes medios se poderá orientar na consulta de fontes bibliográficas de interés e facilitar outras axeitadas as necesidades de cada alumno/a, se fará un seguimento dos traballos propostos para desenvolver tanto no contexto da aula coma fora de ela, se farán indicacións axustadas a cada suxeito de cara as exposicións orais propostas e, finalmente, se poderá facer un seguimento da realizacion do mapa conceptual, atendendo ós diferentes xeitos de plantexalo por parte de cada alumno/a.

En calquera caso, a atención ao alumnado no marco das titorías, configuúrase coma unha parte esencial do traballo docente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A6 A12 A18 A20 A21 A22 B2 B14 B21 B22 B24 C5 Valórase a capacidade dos alumnos/as para desenrolar unha sesión de titoría o máis realista posible.
Para a súa análise empregarase a técnica de "debriefing". Reflexión guiada que realizase posteriormente a un escenario de simulación e ten como obxectivo analizar, dar sentido e aprender da experiencia vivida, sendo o paso esencial no proceso de aprendizaxe baseado na simulación.
40
Proba de resposta múltiple B21 B22 B23 Valorarase a claridade conceptual e o xeito de relacionar teoría e práctica 30
Foro virtual A6 A18 A21 A22 Valoraráse a intervención en sí mesma, tanto grupal coma presencial e a profundidade e interés das cuestións platexadas.

A profesora ten que ver que se van traballando e adquirindo as competencias da materia tanto de índole conceptual coma metodolóxicas e actitudinais
30
 
Observacións avaliación

Para que poidan ser avaliados/as según a planificación anterior, o alumno/a debe asistir, alomenos, ao 80% das
sesións e con aproveitamento das mesmas.

ASISTENTES: A proba final será unha proba obxectiva (test) con respostas múltiples, onde so unha é verdadeira. Para aprobar o examen hai que ter o 50% da puntuación no mesmo. 

NON ASISTENTES: A proba final será mixta: Unha parte tipo test e outra de preguntas de resposta breve. Será preciso obter alomenos o 50% en cada parte para aprobar.

DISPENSA ACADÉMICA: Poderá realizar de xeito individual as actividades que se propoñan na aula e participar nos foros da asignatura como un alumno/a asistente. Sempre terá que cumprir os mesmos prazos que o alumno/a asistente. Estas entregas valoraránse
de cara á nota final, unha vez que se obtivese unha puntuación de 5 puntos, ou superior,
no exame. Estas actividades non terán un carácter obrigatorio. 

A autoavaliación, heteroevaluación e coevaluación serán as ferramentas que permitirán emitir o xuizo final da cualificación na asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica Uruñuela, Pedro María (2016 ). Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia. Narcea
Carrera, Celia; López, Teresa; Matías, Paloma y Santamaría, Paloma (2016). Agenda de trabajo del orientador en centros educativos de Educación Infantil y Primaria. Narcea
Vallespir-­Soler, Jordi y Morey-­López, Mercé (2019). La formación del profesorado de educación primaria respecto a la participación de las familias.. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 22(3), 77-92
Marrodán Gironés, María José (2003). La acción tutorial en educación primaria. ICCE
Pantoja, Antonio (2013). La acción tutorial en la Escuela. Síntesis
Urosa, Belén y Lázaro, Santa (2017). La función tutorial en educación infantil y primaria: actividades que implica y dificultad percibida por el profesorado en su desarrollo. Educatio Siglo XXI, 35(2), 111-138
Rodicio García, María Luisa (2001). La Orientación en Galicia. RIE
Angulo Vargas, Araceli (2009). La tutoría en la Educación Primaria. Wolters Kluwer
RAMIREZ GARCIA, Antonia (2019). METODOLOGIA DE LA ACCION TUTORIAL EN EDUCACION PRIMARIA. Pirámide
Bisquerra, Rafael (Coord.) (2008). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Praxis
Sobrado, Luis, Fernández, Elena y Rodicio, María Luisa (2012). Orientación educativa. Nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva
Monge Crespo, Concepción (2009). Tutoría y orientación educativa. Wolters kluwer

Bibliografía complementaria Rodicio-García, María Luisa e Iglesias-Cortizas, María Josefa (2011). Acoso Escolar. Diagnóstico y prevención. Biblioteca Nueva
Hunter, Carl (2016). Comprender y mejorar la conducta trabajando en grupo. Una metodología centrada en el alumnado. Narcea
Renom, Agnés (2011). Educación emocional. Programa para educación primaria (6-12 años). (Libro electrónico).. Wolters Kluwer
Cantón Mayo, Isabel; Sola Martínez, Tomás y López Sánchez, Manuel (2008). El Plan de Orientación y acción tutorial en Educación Infantil y Primaria: Recursos prácticos para su programación y ejecución . Ed. Universitas S.A.
Marrodán Gironés, María José y Balebona Martínez, Juan Manuel (2008). La calidad en la Orientación escolar. ICCE
Galve, José Luis (2009). PUES, ¡CLARO! Programa de estrategias de resolución de problemas y refuerzo de las operaciones básicas. (Col. De 6-12 años).. CEPE
Uruñuela, Pedro María (2016). Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia. Narcea
Rodríguez Montoya, Feli (2018). ¿Cómo vive el alumnado la transición de la educación primaria a la educación secundaria . Revista de Orientación Educacional, 32(62), 77-87


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Non se pedirá facer ningunha entrega en formato papel, todo terá que ser dixital vía Campus Virtual ou calquera outra plataforma que se indique. En caso de facela, non se terá en conta de cara a avaliación final da asignatura.

- Para poder atender axeitadamente ó alumnado, os contactos coa profesora se realizarán vía Campus Virtual, non no correo electrónico da profesora. 

- É imprescindible a utilización dunha liguaxe inclusiva, tanto a nivel oral coma escrito.

- Penalizarase o plaxio, seguindo o recollido no Art. 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario.

- Atenderase á diversidade para facer as adaptacións oportunas a esta guía, tanto si son suxeridas pola UADI, como si son consideradas necesarias, por parte da profesora.

- Recoméndase non empregar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores e traballos sempre que sexa posible. A asignatura contribúe a elo non admitindo nada en papel, como xa se indicou. 

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías