Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua e literatura galega e a súa didáctica Código 652G02013
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Profesorado
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Web
Descrición xeral Cadeira através da cal se aproxima o tratamento e o estudo da lingua e a literatura galegas dun punto de vista didáctico, direccionado cara ao eido da educación en xeral e da do ciclo de Primaria en particular
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos non hai

2. Metodoloxía asíncrona:
*Metodoloxías docentes que se manteñen: aulas interactivas presenciais, que serán prescritivas para superar a cadeira. Deberán participar nas actividades, nos debates e proferir exposicións aulares cara ao pequeno grupo. Porén, deberán realizar un traballo en grupos, academicamente dirixido, que se exporá nas aulas interactivas. Haberá aulas expositivas que se colgarán semanalmente en Teams

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: os atendimentos serán virtuais e sempre que o alumno ou alumna o requerir

4. Modificacións na avaliación: consistirá na avaliación da presencialidade, na participación aular e na elaboración e exposición dun traballo.
Por suposto, a bibliografía arriquécese especialmente cos contributos do profesor. E sempre que se necesitar, existe a posibilidade de facérense xuntanzas através de Teams

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A19 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
A44 Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
A45 Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
A46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
A48 Fomentar a lectura e animar a escribir.
A49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes de outras linguas.
A50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A51 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
A52 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B10 Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira).
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B20 Relación con diversos interlocutores sociais.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Por descontado, e aínda que as competencias asignadas a cada resultado de aprendizaxe ben poden (e deben) ser asignadas aos outros resultados que aquí apunto, en liñas xerais trátase de que o alumnado comprenda e sexa quen de analizar, interpretar e dar forma aos contidos que rexen no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas, atendendo ao mundo da investigación, ao ensino da lingua e a literatura da Galiza e, por suposto, a que están nun contexto diglósico por veces chamado bilingüe. Insistirase, porén, na aprendizaxe autónoma, na posta en escena e na aprendizaxe colaborativa, grupal, e autónoma; coa fin de que alumnos e alumnas sexan capaces de integraren a cadeira nun espazo máis amplo que se refire sempre ao mundo do Ensino Primario. Xa que logo, poderíanse centrar os resultados da aprendizaxe na análise do campo de coñecemento da Lingua e a Literatura galegas e a súa Didáctica e na súa fundamentación interdisciplinar. Por suposto, tamén no recoñecemento da complexidade na construción do coñecemento lingüístico-literario, histórico e social, así como a biodiversidade social e cultural da Galiza; e na adquisición de habilidades para o manexo das distintas fontes de información orais, materiais, documentais, audiovisuais e informáticas. A1
A2
A4
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A17
A19
A20
A22
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
B23
B24
B25
Tamén será fundamental a reflexión sobre dos valores que se transmiten desde a Didáctica da Lingua e a Literatura galega e a súa importancia na formación do pensamento social e na aprendizaxe de actitudes e valores democráticos, o coñecemento do currículo de lingua e literatura galegas na Educación Primaria e a análise das metas educativas, a selección e organización dos contidos, as extratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación, así como o traslado á práctica educativa do marco teórico co obxetivo de ser capaces de reflexionar sobre propostas didácticas innovadoras e desenvolver actitudes críticas e creativas fronte a experiencias didácticas presentadas na aula. B7
B8
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B19
B20
B21
B22
C1
C2
Por último, a adquisición de competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura galegas no contexto educativo da etapa 6 a 12 anos. C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. CONCEPTOS PREVIOS
TEMA 2. CONCEPTOS BÁSICOS EN DIDÁCTICA DA LINGUA E A LITERATURA
TEMA 3. LINGUA, ENSINO E SOCIEDADE NA GALIZA
TEMA 4. A LITERATURA GALEGA E A SÚA DIDÁCTICA. LITERATURA INFANTIL GALEGA
1. 1. Definición da Didáctica da Lingua e a Literatura. Nacemento e consolidación dunha Disciplina universitaria. A investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura: ámbitos e liñas de investigación.

2. 1. Comunicación oral e escrita. Competencia comunicativa e lingüística, competencia literaria e lectora. Focaxes e outros conceptos relevantes sobre Didáctica da Lingua e a Literatura. Proxectos e recursos didácticos cara a unha Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas segundo a necesidade de levarmos en consideración os contidos curriculares pautados oficialmente.

3. 1. A comunidade lingüística galega. Análise, contextualización e problemática da realidade socio-lingüística galega e o ámbito escolar. Análise da realidade sociolingüística galega: bilingüísmo e diglosia no contacto de linguas na Galiza. A Galiza, un contexto multilingüe?

4. 1. O texto literario. Lugar e función no ensino. O texto literario na Galiza.

4. 2. Nacemento e desenvolvemento dun subxénero contemporáneo: a literatura infantil e a Galiza.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A52 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 24 35 59
Traballos tutelados A1 A4 A19 A20 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 10 35 45
Proba obxectiva A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 8 28 36
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral que se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Por suposto, e dado que esta aplicación non permite diferenciar entre sesións maxistrais e sesións interactivas, quero salientar que coa primeira etiqueta estou a referirme ao eido das aulas, isto é, tanto ao apartado maxistral como ao interactivo. Debido á situación excepcional, cf. https://www.udc.es/es/cufie/GD/
Traballos tutelados Realización dun traballo academicamente dirixido cuxa temática, de acordo co programa da cadeira, se anunciará durante a primeira semana de aulas ao grupo asistente a elas
Proba obxectiva O alumnado contará cun exame final que se realizará tendo en conta o calendario ao que obriga a facultade. Tendo en conta o devir do resto de cadeiras que compoñen o currículo do Grao así como, noutro orde de aspectos, a posíbel inasistencia ás aulas, a proba obxectiva resumirase, de xeito tradicional, nun exame final sobre diversos aspectos teórico-prácticos pertencentes ao material tratado e ás actividades realizadas. En caso de non poder realizar esta proba, solicitarase un traballo academicamente dirixido, individual ou grupal, segundo se anunciará convenientemente

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Consistirá na solución de calquera tipo de dúbidas a respecto da marcha do programa do curso, é dicir, sobre do temario e da actividade académica obrigatoria, así como sobre dos referidos posíbeis traballos que se poidan propor aos alumnos e alumnas. As dúbidas solucionaranse tanto nas aulas como durante o horario de atendimentos, non servindo o correo electrónico para solventar ningún tipo de dúbidas. Como xa sinalei, ben para o alumnado matriculado a tempo total ben para o que o faga a tempo parcial, tanto a realización da proba escrita final como a do traballo academicamente dirixido e a súa exposición pública serán aspectos necesarios para a superación da cadeira; e no caso dos alumnos e das alumnas matriculadas a tempo parcial non estarán eximidos ou eximidas da súa asistencia aular. Por outra parte, malia que agora nada se sinale a respecto da asistencia obrigatoria ás aulas na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña" aprobada o 4/05/2017; dispoñíbel en https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/dedicacion_estudo_permanencia.pdf), debido ao peso que no actual sistema universitario ten a participación aular, será imposíbel avaliar o alumnado que ben decida non participar nas aulas interactivas, ben aposte por non asistir nunca ou case nunca ás aulas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 Proba escrita que, loxicamente, consistirá na recepción de parte do material teórico e/ou práctico co que se traballou nas aulas 50
Traballos tutelados A1 A4 A19 A20 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Realización dun traballo academicamente dirixido que implicará análise de fontes documentais, esquematizacións e lecturas. Para el terase en conta o material bibliográfico proposto nesta guía docente, así como puntual bibliografía ofrecida nas aulas. Este traballo deberá ser exposto e presentado publicamente nas aulas 45
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A52 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Quero salientar que, dado que con esta aplicación non se pode diferenciar entre sesións maxistrais e sesións interactivas, con este apartado refírome a ambas, tanto ás aulas que se ofrecen baixo o formato de relatorios e/ou palestras docentes como as que combinan as intervencións do profesor como as dos alumnos e alumnas. Por suposto, como os Estatutos da UDC apuntan é obrigada e necesaria a asistencia a todas as aulas 5
 
Observacións avaliación

De todas as maneiras, na cualificación final da cadeira influirán variantes como a asistencia aular (imprescindíbel), a participación e a dispoñibilidade, isto é, o interese amosado e demostrado e un tamén amosado interese pola proposta de actividades, así como, noutro orde, a posíbel redacción de máis traballos complementares que, previamente anunciados nas aulas e de ser o caso, ben poderían configurar o desenvolvemento dun xuízo que podería basearse parcialmente no portafolio. A respecto dos alumnos e/ou alumnas matriculados e matriculadas a tempo parcial e que, deste xeito, conten con autorización do órgano competente, tamén deberán realizar o exame final pautado pola facultade e o traballo academicamente dirixido, amais de estaren suxeitos e/ou suxeitas á necesidade, no segundo caso, da súa exposición pública aular. Finalmente, e non en van o nome da cadeira é Lingua e Literatura Galega e a súa Didáctica, o alumnado debe demostrar unha óptima solvencia comunicativa e escrita en idioma galego, polo que se esixirá un uso lingüístico galego oral impecábel e cada erro ortográfico se penalizará coa rebaixa de 0,25 puntos. Tanto o alumnado da primeira oportunidade como o da segunda deberá realizar ambas probas: así, na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO(A) os alumnos ou as alumnas que non concorran á proba escrita e non realizasen o traballo dirixido e/ou os posibelmente propostos e anunciados nas aulas. Terán carácter de SUSPENSO(A) aqueles alumnos e aquelas alumnas que, amais de non demostraren unha solvencia impecábel no uso da lingua galega e de non amosaren un aproveitamento adecuado da materia; non se presenten á proba escrita aínda que realizasen a outra ou calquera das outras, mais de superaren a avaliación desta(s) actividade(s), conservaráselles a cualificación dela ou delas até a segunda oportunidade de avaliación. E os alumnos ou as alumnas que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación non realizasen a(s) actividade(s) de avaliación propia e a(s) de avaliación continua, terán de realizar ambas probas. Por suposto, amais da importancia do uso da lingua (repito que con máis de cinco erros lingüísticos o exame ou o traballo acadará a cualificación de suspenso), tanto para valorar os traballos, como a da participación nos debates e o exame final, tamén se terá en conta a utilización do coñecemento dispoñíbel, a comprensión das ideas básicas desenvolvidas, o dominio conceptual, a elaboración de ideas, a capacidade para relacionar ideas, a profundidade nas análises e na sua fundamentación, a capacidade crítica e o estilo propio e a claridade expositiva de esquemas e do seu desenvolvemento.


Fontes de información
Bibliografía básica

Como manuais principais de achegamento á miña cadeira, incidirase nesta bibliografía:

Pardo de Neyra, X. (2017): Didáctica da lingua e da literatura galegas, Silleda: Edicións Fervenza

_____ (2018): Terra e memoria: a Terra de Miranda no proxecto territorial galego. Estudo e contextualización dun paradigma literario, Lugo: Concellos d'A Pontenova, Trabada e Riotorto, Deputación de Lugo et alii

_____ (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, Ferrol: Edicións Embora.

Mais tamén se recomendarán, en primeira instancia, obras como:

Martín Vegas, R. A. (2009): Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Síntesis.

Pardo de Neyra (2006): As orixes da literatura infantil galega, Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

_____ (2012): Lingua, Ensino e Sociedade Compostela: Follas Novas.

___ (2015): Literatura de sereas, Obre, Noia, A Coruña: Toxosoutos.

Souto Presedo, E. (1993): Socio-didáctica lingüística, Compostela: Laiovento.

Por descontado, nas aulas ofrecerase puntual bibliografía que deberá ser obxecto de tratamento, consulta e estudo

Bibliografía complementaria

Cassany, D. (1993): Reparar la escritura. Didáctica de la corrección de lo escrito, Barcelona: Graó.

_____, M. Luna e G. Sanz (1994): Enseñar lengua, Barcelona: Graó.

García Rivera, G. (1995): Didáctica de la literatura para la enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.

García, J. e A. Medina [eds.] (1988): Didáctica de la lengua y la literatura, Madrid: Anaya.

Giménez, G. et alii (1985): Aspectos didácticos de lengua española. Bachillerato, Zaragoza: ICE, Universidad de Zaragoza.

Gómez, M. T. et alii (1990): Propuestas de interacción en el aula. Técnicas para lograr un clima favorable en la clase, Madrid: Narcea.

Gonzáles Las, C. (1999): La lengua instrumento de comunicación, Granada: Grupo Editorial Universitario.

Lomas, C. (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras, Barcelona: Paidós, 2 vols.

_____ e A. Osoro (1991): “Modelos teóricos y enfoques didácticos en la enseñanza de la lengua”, Signos, 4, Xixón: 22-29.

_____ e A. Osoro [comps.] (1993): El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

_____ e A. Osoro (1996 a): “Los objetivos de la educación Lingüística y el currículum de Lengua Castellana y Literatura”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial.

_____ e A. Osoro (1996 b): “Enseñar Lengua y Literatura en la educación secundaria. Orientaciones para la elaboración de proyectos curriculares y programaciones de aula”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial.

_____ e A. Osoro (2001): “De la lingüística aplicada a la educación lingüística implicada. Formación del profesorado y cambios in las aulas de lengua”, Textos, 27, Barcelona: 8-27.

_____, A. Osoro e A. Tusón (1992): “Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua”, Signos, 7, Xixón: 26-53.

_____, A. Osoro e A. Tusón (1993): Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

Lombraña, J. (1997): “El marco normativo y curricular de la lengua y literatura”, in J. Serrano e J. E. Martínez (coords.), Didáctica de la lengua y literatura, Barcelona: Oikos-Tau.

Medina Rivilla, A. (1988): “Didáctica de la Lengua”, in J. García Padrino e A. Medina (dirs.), Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Anaya.

Medina Rivilla, A. (1989): Didáctica e interacción en el aula, Madrid: Cincel.

Meix, F. (1994): “Teorías literarias y enseñanza de la literatura”, Textos, 1, Barcelona: 53-64.

Mendoza Fillola, A. (1994): Literatura comparada e intertextualidad, Madrid: La Muralla.

_____ [coord.] (1998): Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura, Barcelona: SEDLL – ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Ediciones.

_____ [coord.] (2003): Didáctica de la Lengua y la Literatura para Primaria, Madrid: Prentice Hall.

_____ e A. López Valero (2000): “Didáctica de la Lengua y Literatura Españolas”, in L. Rico e D. Madrid (coords.), Fundamentos didácticos de las áreas curriculares, Madrid: Síntesis.

_____, A. López Valero e E. Martos Núñez (1996): Didáctica de la Lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.

Pardo de Neyra, X. (2005): Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Mérida: Rox Ediciones.

_____ (2020): Os rostros do frío, Silleda: edicións Fervenza

Seco, M. (1963): El comentario de textos, Madrid: MEN.

Segre, C. (1985 b): Principios de análisis del texto literario, Barcelona: Crítica.

Sobejano, G. (1973): El comentario de textos, Madrid: Castalia, 2 vols.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dada a relevancia do traballo interactivo, sempre en relación coa teoría impartida nas sesións maxistrais, é fundamental a asistencia e a participación activa tanto nas sesións maxistrais como nas sesións interactivas, sexan virtuais ou non, en todas as actividades desenvolvidas no contexto da cadeira. Por suposto, como é máis que evidente, sempre se valorará o uso da lingua, isto é, ora en calquera tipo de proba escrita ora en todo tipo de intervencións orais, significando que aqueles alumnos ou alumnas que decidan non dirixirse ao profesor en idioma galego contarán, por supostísimo, cunha valoración negativa que se reflectirá na cualificación final, onde de ser este o caso non se podería recoller ningún tipo de avaliación a respecto do uso oral da lingua galega



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías