Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Deseño e desenvolvemento curricular da educación física Código 652G02014
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia supón a introdución da Educación Física (EF) no grao de Educación Primaria. Por este motivo comezamos cunha contextualización da EF na Etapa Primaria. En segundo lugar, analízase o currículo da materia, relacionándoo cos dominios de acción motriz, xa que estas dúas referencias serán a base do proceso de programación durante o curso. En terceiro lugar afróntase o proceso de programación a través da concreción o currículo (competencias, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe, metodoloxía, avaliación, etc.) e tamén a posta en práctica da mesma a través das sesións de actividade física. Por último, faise unha aproximación aos plans de centro que fomentan estilos de vida activos e saudables, como os "proxectos de centros activos" ou, na nosa comunidade autónoma, os "proxectos deportivos de centro".

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A16 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A19 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
A37 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A57 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física.
A58 Coñecer o currículo escolar da educación física.
A59 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o papel da Educación Física (en diante, EF) no contexto da Educación Primaria. A1
A3
A57
B1
B3
B6
B18
B23
Analizar o currículo da EF e relacionalo cos dominios de acción motriz, adoptando unha actitude crítica e reflexiva. A1
A8
A57
A58
B3
B5
B15
Capacidade para deseñar e xustificar propostas que concreten o currículo da EF. A1
A6
A16
A17
A19
A37
A58
A59
A60
A64
A65
B1
B2
B5
B11
B12
B14
B15
B19
B21
B22
B24
B25
C3
C4
C6
C7
C8
Ser capaz de aplicar e avaliar propostas didácticas a través de prácticas de actividade física. A16
A17
A19
A37
A59
A60
A64
A65
B1
B2
B3
B5
B6
B12
B18
B19
C1
C3
C4
Ser capaz de desenvolver estratexias para a promoción de estilos de vida activos desde a escola. Os proxectos de centros activos. A57
A59
B1
B2
B3
B12
B14
C1
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
A EF no contexto da Educación Primaria. .
Análise do currículo de EF na Educación Primaria e a súa relación cos dominios de acción motriz. .
Programación en EF: o proceso de concrección do currículo. .
Aplicación da programación: a sesión de EF e os seus aspectos organizativos. .
Promoción de estilos de vida activos: os proxectos de centros activos. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A57 1 0 1
Análise de fontes documentais A58 B15 B5 5 15 20
Aprendizaxe colaborativa A58 A59 A60 B2 B3 B5 B14 B22 5 5 10
Práctica de actividade física A16 A17 A19 A37 A59 A60 A64 A65 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B18 B19 C1 C3 C4 12 12 24
Presentación oral B2 B11 B24 B25 C1 C3 1 4 5
Proba de resposta breve A1 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B11 B14 2 12 14
Proba mixta A57 A58 A60 B3 B6 B22 2 20 22
Sesión maxistral A57 A58 A59 A60 C7 C8 10 10 20
Traballos tutelados A1 A3 A6 A8 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 B24 B25 C6 C8 2 30 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Práctica de actividade física Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades físicas e/ou deportivas de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, etc., a execución dos fundamentos psicomotores e/ou sociomotores das distintas habilidades deportivas.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba de resposta breve Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Práctica de actividade física
Descrición
Práctica de actividade física

Na posta en práctica das sesións de actividade física, o profesor observará aos alumnos que están a impartir a sesión e realizará a cada un observacións sobre a forma de pór en práctica as distintas actividades. Ao final de clase, poranse en común co resto do grupo aqueles aspectos destacables relacionados coa docencia que xurdisen no desenvolvemento da sesión.


Traballos tutelados.

Para a súa realización os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.

Alumnado con reconocimiento de dedicación a tiempo parcial y dispensa académica de exención de asistencia.

Podrá recibir orientación sobre la preparación de la materia en el horario habitual de tutorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B11 B14 Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. 30
Proba mixta A57 A58 A60 B3 B6 B22 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de breve desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
40
Traballos tutelados A1 A3 A6 A8 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 B24 B25 C6 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Físcia, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase grupalmente.

O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
30
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía es orientativa y podrá ser ampliada por el profesor al comienzo de la materia.

Arias, A., Arias, D., Navaza, M. V. y Rial, M. D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Retrieved from http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf

Blázquez, D. (2013). Iniciación a los deportes de equipo. Del juego al deporte: de los 6 a los 10 años. Barcelona: INDE.

Blázquez Sánchez, D. (2016). Métodos de enseñanza en Educación física. Enfoques innovadores para la enseñanza de competencias. Barcelona: INDE.

Blázquez Sánchez, D. y Sabastiani, E. M. (2009). Enseñar por competencias en Educación Física. Barcelona: INDE.

Campillo Álvarez, J. E. (2013). El mono obeso. La evolución humana y las enfermedades de la opulencia: obesidad, diabetes, hipertensión, dislipemia y aterosclerosis. Barcelona: Crítica.

Doherty, J. y Brennan, P. (2014). Physical Education 5-11: A guide for teachers. New York: Routledge.

Fernández García, E. (2009). Materiales para la didáctica de la educación física. Barcelona: INDE.

Kirk, D. (2006). The ‘obesity crisis’ and school physical education. Sport, Education and Society, 11(2), 121-133.

Kirk, D. (2010). Physical Education futures. London: Routledge.

Kirk, D. y Kinchin, G. (2003). Situated learning as a theoretical framework for sport education. European Physical Education Review, 9(3), 221–235.

Kirk, D., Macdonald, D. y O'Sullivan, M. (2006). Handbook of physical education. Londres: Sage.

Laker, A. (2003). The future of physical education. Building a new pedagogy. Nueva York: Routledge.

Larraz, A. (2009). ¿Qué aprendizajes de educación física debería tener el alumnado al finalizar sexto curso de primaria? Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(29), 45-63.

Lavin, J. (2008). Creative approaches to Physical Education. Helping children to achieve their true potential. New York: Routledge.

Learreta, B., Sierra, M. A. y Ruano, K. (2006). Didáctica de la expresión corporal: talleres monográficos. Barcelona: INDE.

López, P. A. (2000). Ejercicios desaconsejados en la actividad física. Barcelona: INDE.

López, P. A. (2002). Mitos y falsas creencias en la práctica deportiva. Barcelona: INDE.

Marés, R. (2009). Estiramientos. Barcelona: Hispano-Europea.

O'Sullivan, M. y MacPhail, A. (2010). Young people's voices in physical education and youth sport. Nueva York: Routledge.

Otero Saborido, F. M. (2010). Proyecto globalizador en un centro educativo: educación física interdisciplinar, juegos olímpicos en la antigua Grecia. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(33), 36-45.

Pangrazi, R. P. y Beighle, A. (2011). Dynamic Physical Education for Elementary School Children (16th edition). San Francisco: Pearson.

Pérez Pueyo, A. y López Pastor, V. M. (2010). La evaluación en las unidades didácticas de educación física: base legal, análisis de tópicos y ejemplificación. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(33), 109-120.

Pickard, A. y Maude, P. (2014). Teaching physical education creatively. Learning to teach in the primary school series. Abingdon, Oxon: Routledge.

Rey-López, J. P., Ruiz, J. R., Vicente-Rodríguez, G., Gracia-Marco, L., Manios, Y., Sjöström, M., . . . Group, H. S. (2012). Physical activity does not attenuate the obesity risk of TV viewing in youth. Pediatric Obesity, 7(3), 240-250. doi: 10.1111/j.2047-6310.2011.00021.x

Ruíz Pérez, L. M. y Graupera, J. L. (2011). Práctica, aprendizaje y educación física: un viejo tema con nuevas variaciones. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 7-16.

Sánchez Bañuelos, F. (2002a). Didáctica de la Educación Física. Madrid: Pearson Educación.

Sánchez Bañuelos, F. (2002b). Didáctica de la educación física para primaria. Madrid: Pearson Educación.

Seners, P. (2001). La lección de educación física. Barcelona: INDE.

Vázquez, P., Balagué, N. y Hristovski, R. (2011). Creatividad o aprendizaje en la educación física escolar: ¿por dónde empezamos? Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 36-43.

Velázquez Buendía, R. (2011). El modelo comprensivo de la enseñanza deportiva. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(37), 7-19.

VVAA. (2011a). El diseño de contextos de enseñanza-aprendizaje para el desarrollo de la motricidad. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 27-35.

VVAA. (2011b). Lo que los deportes enseñan cuando se aprenden los deportes. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 17-26.

Wheaton, B. (2004). Understanding lifestyle sport. Consumption, identity and difference. Nueva York: Routledge.

Whitehead, M. (2010). Physical literacy. Throughout the lifecourse. Nueva York: Routledge.

Willingham, D. T. (2011). ¿Por qué a los niños no les gusta ir a la escuela? Barcelona: Graó.

Wright, J. y Macdonald, D. (2010). Young people, physical activity and the everyday. Nueva York: Routledge.

Zimmerman, F. J. y Bell, J. F. (2010). Associations of television content type and obesity in children. American

Journal of Public Health, 100(2), 334-340.

Bibliografía complementaria

Educación Física: selección de revistas nacionales

Apunts. Educación Física y Deportes.
Apunts. Medicina del Deporte. 
Archivos de Medicina del Deporte. 
Cuadernos de Psicología del Deporte. 
Cultura, Ciencia y Deporte. 
Kronos. La revista científica de actividad física y deporte. 
Motricidad. European Journal of Human Movement. 
Revista de Educación Física. Renovar la teoría y la práctica. 
Revista de Entrenamiento Deportivo. 
Revista de Psicología del Deporte. 
Revista Española de Educación Física y Deportes. 
Revista Iberoamericana de Psicomotricidad y Técnicas Corporales. 
Revista Internacional de Medicina y Ciencias de la Actividad Física y el Deporte. 
RICYDE. Revista Internacional de Ciencias del Deporte. 
Selección. Revista Española e Iberoamericana de Medicina de la Educación Física y el Deporte. 
Tándem. Didáctica de la Educación Física.

Educación Física: selección de revistas internacionales

Physical Education and Sport Pedagogy.
Association for Physical Education.

Journal of Teaching in Physical Education.
Estados Unidos: International Association for Physical Education in Higher Education.

Sport, Education and Society. 
Reino Unido: Routledge.

European Physical Education Review. 
Europa: North West Counties Physical Education Association y SAGE.

Journal of PE, Recreation & Dance. 
Estados Unidos: American Alliance for Health, Physical Education, Recreation and Dance (AAHPERD).

Educación Física: bases de datos

Sportdiscus (disponible online biblioteca UDC). 
Base de datos específica del deporte (internacional y multidisciplinar).

Heracles
Base de datos de Educación Física y deportes (en francés).

Bases de datos generales

ERIC (Education Resources Information Center) (disponible online biblioteca UDC).
Biblioteca digital específica de educación.

EBSCOhost. Online Research Databases.
Base de datos multidisciplinar que incluye diferentes bases de datos.

Informaworld 
Base de datos multidisciplinar que incluye diferentes bases de datos, especialmente en ciencias sociales y de la educación.

Dianet (disponible online) 
Portal de difusión de producción científica multidisciplinar hispana.

CSIC-ISOC (disponible online biblioteca UDC) 
Base de datos en ciencias sociales y humanidades del CSIC.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fundamentos da educación física na sociedade actual/652G02031
Xogos motores/652G02025
Expresión corporal e adaptacións curriculares/652G02026
Iniciación deportiva/652G02036
Educación física para o lecer/652G02035

Observacións

No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías