Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua e literatura castelá e a súa didáctica Código 652G02017
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Carballal Miñan, Patricia
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
Profesorado
Carballal Miñan, Patricia
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral 1. Desenvolvemento das competencias en expresión oral, lectura e escritura en lingua castelá. Coñecemento e dominio de técnicas de expresión oral e escrita.
2. Características da aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
3. Desenvolvemento e avaliación de contidos curriculares de lingua castelá a través dos recursos didácticos axeitados.
4. Adquisición de formación literaria e de coñecementos básicos de Literatura Castelá.
5. Panorámica actual da Literatura Infantil e Xuvenil en lingua castelá.
6. Literatura e aprendizaxe lingüística. A utilización escolar dos diferentes xéneros literarios e doutros textos. A biblioteca na aula.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Mantéñense todas as metodoloxías
Metodoloxías docentes que se modifican:
-Non se modifica ningunha metodoloxía

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:

– Correo electrónico: en horario lectivo. Pode empregarse para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: en horario lectivo. Crearanse foros e tarefas para o intercambio de opinións do alumnado e para poñer en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. A través de presentacións e lecturas propostas explicaranse os contidos. Asimesmo achegarase bibliografía específica dos diferentes temas expostos en caso de que o estudantado non poda acceder a ela.
– Teams: cando se requira por parte dos/as alumnos/as, sempre no horario de titorías da profesora ou no marco horario da materia.

4. Modificacións na avaliación:

Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
-As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
b) Resumo/ reflexión individual (30%)
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
b) Resumo/ reflexión individual (30%)
C) Alumnado non presencial:
a) Proba mixta (100)%
b) En casos excepcionais e previa autorización por parte da docente, os /as estudantes non presenciais poderán realizar o traballo de modo individual e o resumo/reflexión individual.

2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.



5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
A44 Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
A45 Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
A46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
A48 Fomentar a lectura e animar a escribir.
A49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes de outras linguas.
A50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A51 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
A52 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B10 Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira).
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil. A44
B21
B22
C8
Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura. A45
A50
B23
B24
B25
Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino. A43
A46
A47
A49
B9
B10
B11
C2
Fomentar a lectura e animar a escribir. A48
A51
C3
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes. A52
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. B7
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. B8
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. B15
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Didáctica da literatura. 1. Que é a literatura?
2. A literatura como feito artístico.
3. Paradigmas teóricos da educación literaria. A competencia literaria e as destrezas lingüísticas.
4. O currículum de Lingua e literatura castelá en Educación Primaria.
Tema 2. A literatura infantil e xuvenil. 1. Breve panorama da LIX universal.
2. A LIX en lingua castelá.
Tema 3. Didáctica da poesía.
1. A poesía.
2. A poesía en lingua castelá e o alumnado de Educación Primaria.
3. O cancioneiro infantil tradicional: características, xéneros, funcións e
temas.
4. A escritura creativa e a didáctica da poesía nas aulas de Educación
Primaria.
Tema 4. Didáctica da narración. 1. A narrativa.
2. Elementos da narración.
3. Xéneros narrativos.
4. O conto literario e o conto tradicional.
5. Apuntes sobre a historia do conto tradicional en lingua castelá.
6. O conto tradicional na aula: Gianni Rodari e Vladimir Propp.
7. A escritura creativa e a didáctica da narración nas aulas de Educación Primaria.
8. O conto contado.

Tema 5. Didáctica do teatro 1. Apuntes sobre a historia da arte escénica.
2. O texto dramático: texto literario e texto espectacular.
3. Elementos da ficción dramática.
4. O teatro escolar e a dramatización como recursos educativos nas aulas de lingua e literatura en lingua castelá.
Tema 6. Bibliotecas e animación á lectura. 1. A biblioteca escolar.
2. A biblioteca de aula.
3. Animación á lectura dende as bibliotecas escolares.
Tema 7. Lingua e literatura. 1. As habilidades lingüísticas a través da literatura.
2. Técnicas de expresión oral e escrita a través dos textos literarios: ler, escribir, narrar, recitar e contar.
3. A aprendizaxe da lingua e da literatura en contextos multilingües.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A52 A50 A49 A48 A47 A46 A45 A44 A43 B11 B15 B21 B23 B24 B25 C2 C3 9 26 35
Traballos tutelados A44 A45 A47 A48 A51 A52 B7 B8 B9 B10 B15 B22 C1 C8 17 35 52
Discusión dirixida A43 A44 A45 A46 A48 A50 A52 B7 B8 B9 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 11 15 26
Resumo A47 A46 B7 B8 B9 B15 C1 0 1 1
Lecturas A44 A45 A47 A48 B15 5 21 26
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Participación de todos os alumnos e alumnas na construción dos saberes e na análise crítica dos contidos presentados na materia.
Traballos tutelados Realización dun traballo relacionado cos contidos comunicativo-literarios tratados no programa docente, adecuado ao alumnado de Educación Primaria.
Discusión dirixida Conversacións, debates e tertulias sobre obras literarias e sobre documentos teóricos.
Resumo Resumo e reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas na materia.
Lecturas Os alumnos e alumnas deberán achegarse a un corpo bibliográfico indicado nas aulas e a varias obras literarias.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao alumnado consistirá no asesoramento pedagóxico, didáctico e bibliográfico da materia, así como na dirección dos traballos titorizados e na súa corrección. A profesora estará dispoñíble no horario de titorías sinalado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A44 A45 A47 A48 A51 A52 B7 B8 B9 B10 B15 B22 C1 C8 Ao longo do curso os alumnos e alumnas deberán realizar un traballo en grupo. 70
Resumo A47 A46 B7 B8 B9 B15 C1 Resumo e reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas ao longo da materia. 30
 
Observacións avaliación

Os alumnos e alumnas presenciais (é dicir, aqueles que asistan a un 80% das clases), para superar a materia na oportunidade de xuño, deberán obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto no traballo tutelado como no resumo. Cunha nota inferior en calquera das dúas partes non superarán a materia e deberán presentarse á oportunidade de xullo para ser avaliados da parte que non superaran na convocatoria anterior.

Os alumnos e alumnas non presenciais (aqueles que falten a más dun 20% das clases) serán avaliados na oportunidade de xuño soamente mediante unha proba obxectiva na data fixada pola Xunta de Facultade.


Fontes de información
Bibliografía básica Tejerina Lobo. (). Algunas consideraciones pedagógicas sobre la poesía. http://www.biblioteca.org.ar/libros/132273.pdf
Besora, R. (1992). Aproximación a la poesía a través del juego. Papeles de literatura infantil, núm. 15, pp. 3-12
Cerrillo, P. (2013). Canon Literario, Canon escolar, canon oculto. Cuaderns de Filologia. Estudis literaris, XVIII. pp. 17-13
Ortiz, E. (2009). Contar con los cuentos. Guadalajara: Palabras del candil
Noia Campos, C. (2002). Contos galegos de tradición oral. Vigo : NigraTrea
Chambers, Aidan (2015). Dime. México: Fondo de Cultura Económica
García Carcedo, P. (2011). Educación Literaria y Escritura Creativa. Granada: GEU
Cone Bryant, S. (1999). El arte de contar cuentos. Barcelona: Biblaria
Fortún, E. (2003). El arte de contar cuentos a los niños. Sevilla: Espuela de Plata
Zipes, J. (2012). El irresistible cuento de hadas. Buenos Aires: Fondo de cultura económica
Díaz Plaja, Ana; G. Bordóns (2006). Enseñar literatura en secundaria La formación de lectores críticos, motivados y cultos. Barcelona: Graó
Moreno, Víctor (1996). Escritura imaginativa. Abecedario de la escritura. Santiago de Compostela: Universiade de Santiago de Compostela
Rodari, G. (1991). Gramática de la fantasía. Introducción al arte de contar historias. Barcelona: Aliorna
Morilla, L. e Hohan, S. A. (1999). Hacer escribir a los niños. La metodología del taller de escritura y consignas prácticas para incentivar el mundo creativo y novelesco de los niños. Barcelona: Grafein
Garralón, A. (2005). Historia portátil de la literatura infantil. Salamanca: Anaya
Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis
Zumthor, P. (1991). Introducción a la poesía oral. Madrid: Taurus
Motos, T. (1996). Juegos creativos de lenguaje. Santiago de Compostela: Universiade de Santiago de Compostela
Badia, D. & Vilà, M. (2000). Juegos de expresión oral y escrita. Barcelona: Graó
Rodari, G. (2004). Juegos de fantasía. Zaragoza: Edelvives
Colomer, T. (2010). La evolución de la literatura infantil y juvenil en España. Ibby
Pelegrín, A. (1996). La flor de la maravilla. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez
Pelegrín, A. (1996). La flor de la maravilla. Juegos, recreos, retahílas.. Madrid: Fundación. Germán Sánchez Ruipérez
Lluch, G. et alii. (2010). Las lecturas de los jóvenes. Barcelona: Anthropos
Machado, A. Mª. (2002). Lectura, escuela y creación literaria. Salamanca: Anaya
García Padrino, J. (1992). Libros y literatura para niños en la España contemporánea. Revista interuniversitaria de formación del profesorado, 18, pp 302-3013.
Sobrino Freire, I. (2012). O Obradoiro de contacontos na titulación de Educación Infantil. Didáctica de la Lengua y la Literatura: experiencias de innovación docente en la universidad. Barcelona: Universidad de Barcelona
Couto Palmeiro, V; Lamapereira, e Vieites, M. (1992). Práctica teatral na escola. Vigo: Ir Indo
Atero Burgos, V. (2010). Retahílas y canciones infantiles. Patrimonio oral de la provincia de Cádiz. Cádiz: Universidad de Cádiz
Prado Díez, D. (1996). Técnicas creativas y lenguaje total . Santiago de Compostela: Universiade de Santiago de Compostela
Anderson Imbert, E. (1996). Teoría y técnica del cuento. Barcelona: Ariel
Moreno, V. (1998). Va de poesía. Navarra: Pamilela

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica/652G02029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G02001
Socioloxía da educación/652G02004

Materias que continúan o temario
Lingua castelá e a súa didáctica/652G02010
Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica/652G02029

Observacións

A asistencia regular ás aulas dará ao alumno ou alumna o dereito de realizar os traballos titorizados. Se o alumno ou alumna non cumpre con este requisito de asistencia (é dicir, falta máis dun 20% das horas) será avaliado unicamente mediante a proba obxectiva fixada en xuño pola xunta de facultade.

En ningún caso se permitirá o plaxio. De ser detectado en calquera traballo, exame ou outro documento entregado á profesora, este será avaliado directamente cun 0 (nunha escala do 0 ao 10).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e a igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Todos os traballos serán enviados telematicamente e só se imprimirán en casos excepcionais, coa fin de facer un uso sustentable dos recursos e previr impactos negativos sobre o medio natural.

 




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías