Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I Código 652G02020
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rivadulla López, Juan Carlos
Correo electrónico
juan.rivadulla@udc.es
Profesorado
Paz Villasenín, Carlos Isolino de
Rivadulla López, Juan Carlos
Vázquez Ben, Lucía
Correo electrónico
c.de.paz@udc.es
juan.rivadulla@udc.es
lucia.vben@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura inclúese o estudo sobre que Ciencias ensinar, o recoñecemento sobre a importancia da educación científica e a problemática da aprendizaxe das Ciencias en nenos/as de Educación Primaria. Posteriormente, plantéxase unha análise científica-didáctica sobre dous bloques temáticos concretos: a) os materiais, as súas propiedades e os seus cambios e b) a enerxía e as máquinas, introducindo as correspondentes recomendacións en canto ao seu ensino.

Competencias do título
Código Competencias do título
A25 Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía).
A26 Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
A27 Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
A28 Valorar as ciencias como un feito cultural.
A29 Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable.
A30 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais, concretamente da Física e a Química. A25
B8
B9
B21
B25
C1
C7
Coñecer o currículo escolar destas ciencias na educación primaria A26
B16
B17
Formular e resolver problemas asociados coa Física e a Química á vida cotiá. A27
B2
B14
B23
C6
Valorar as ciencias como un feito cultural. A28
B9
B15
C4
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. A29
B2
B19
B24
C4
C8
Desenvolver contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. A30
B17
B18
B22
C7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1. As Ciencias da natureza na educación primaria 1. As Ciencias no currículum oficial de educación primaria. A súa contribución á adquisición de competencias básicas dos escolares.
2. A natureza da Ciencia como referente para o seu ensino e aprendizaxe: A construción do coñecemento científico, as interrelacións C/T/S/A, o valor cultural da Ciencia.
3. Posibilidades e limitacións do alumnado da etapa 6-12 para aprender Ciencias. Implicacións para a selección de contidos e de actividades de ensino. As actividades prácticas e o desenvolvemento de habilidades de indagación e exploración do medio.
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe sobre os materiais 1. Interese formativo do estudo dos materiais na educación primaria.
2. Análise científica: Revisión de conceptos e principios fundamentais para o ensino das propiedades e comportamentos materiais na educación primaria. Delimitación do contido escolar que contribúa á adquisición dun modelo axeitado de materia.
3. Problemática de aprendizaxe: os coñecementos previos dos/as nenos/as de primaria sobre o tema. Influencia na selección e secuenciación de contidos ao longo da etapa 6-12.
4. Recomendacións metodolóxicas e actividades de indagación sobre obxectos e materiais cotiás, as súas propiedades e cambios. O desenvolvemento de habilidades e comportamentos en relación ao seu uso.
5. O estudo do comportamento dos corpos ante a luz, a calor, etc. na educación primaria. Plantexamentos metodolóxicos e tipos de actividades.
BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe sobre a enerxía e as máquinas 1. A relevancia social da enerxía, as súas aplicacións tecnolóxicas e o seu impacto ambiental. Importancia do seu estudo na educación primaria.
2. Análise científica. Revisión de conceptos e principios fundamentais sobre a enerxía, os seus tipos e as súas transformacións, para o seu ensino na educación primaria. Delimitación do contido escolar que costribúa á adquisición dun modelo axeitado de enerxía.
3. Problemática de aprendizaxe: ideas e modelos cotiás sobre o tema. Influencia na selección e secuenciación de contidos ao longo da etapa 6-12.
4. Recomendacións metodolóxicas e tipos de actividades de ensino sobre tipos e transformacións enerxéticas asociadas ao ámbito cotiá. O desenvolvemento de habilidades e comportamentos en relación ao seu uso.
5. O estudo das máquinas e aparatos na educación primaria. Plantexamentos metodolóxicos, actividades e recursos para o desenvolvemento de contidos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 26 30 56
Sesión maxistral A25 A26 B23 B25 C6 C7 16 0 16
Traballos tutelados A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 0 44 44
Proba mixta A25 A26 A27 A30 B8 B21 0 32 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Sesiones interactivas presenciais asociadas á realización/análise/deseño de experiencias en pequeno grupo e baixo a dirección docente en torno a situacións e fenómenos relativos aos temas tratados: características dos materiais, obxectos… os seus cambios e os seus comportamentos, cambios enerxéticos...
Sesións interactivas de lapis e papel centradas no estudo de exemplos ou situacións diversas e de propostas ou materiais didácticos en pequeno grupo, presentadas e orientadas polo profesorado. Intercambio de ideas e puntos de vista sobre a situación ou proposta obxecto de estudo, discusión/debate das mesmas e síntese/reflexión do coñecemento adquirido no grupo-clase.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais. Empregarase especialmente para introducir novos coñecementos científicos/didácticas. Ademais, procurarase interaccionar co alumnado a partir de plantexamentos de interrogantes que favorezan a reflexión, discusión e xustificación da idoneidade do novo coñecemento frente a posibles interpretacións menos axeitadas.
Traballos tutelados Actividades nas que o alumnado, organizado en pequeno grupo, é autónomo e realiza tarefas relativas á función de mestre/a (análise e/ou deseño de propostas de contidos e/ou actividades, emprego de recursos) xustificando as súas opcións. Estas tarefas serán dirixidas e orientadas polo/a docente. Realizaranse dúas deste tipo de actividades ao longo do desenvolvemento da asignatura
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, deseño de propostas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe dos contidos científicos na escola de primaria, tratados durante o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Programaranse reunións con grupos reducidos de alumnado ou, no seu caso, de maneira individual co alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas e/ou teña recoñecida a dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase, co obxecto de realizar unha axeitada orientación dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc nas tarefas realizadas nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requeridas, tanto de forma grupal como individual. 10
Traballos tutelados A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus/súas compañeiros/as. 40
Proba mixta A25 A26 A27 A30 B8 B21 Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (maio/xuño).

Alumnado que acude ao 80% das sesións interactivas:

A cualificación final será consecuenciados resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación activa do alumnado nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou á calidade e orixinalidade nas entregas requeridas polos docentes de cada sesión (tanto de forma grupal como individual). Supón un 10% da cualificación final.
  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos/as). Os traballos serán entregados a través do campus virtual. As características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas de clase. Presentaranse na aula e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non facelo, a cualificación será de 0. Non serán avaliados aqueles traballos entregados fora de prazo, nin as entregas realizadas a través do correo electrónico. A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 40 % da cualificación final.
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 50 % da cualificación final.

Segundo o establecido no artigo 12º de la “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só se refire ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluidas as probas de avaliación continua que se realicen fóra de dito período. Por este motivo, non se aceptarán documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesións interactivas e/ou ás sesións de seguemento / presentación dos traballos tutelados.

Para obter unha cualificación de aprobado/a, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (sesión interactivas, traballos tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa.

Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña" (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase.

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Traballos tutelados. Realizaranse, obligatoriamente, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD), individualmente. Os traballos serán entregados a través do campus virtual, as características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico). Presentaranse virtualmente e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non facelo, a cualificación será de 0. Non serán avaliados aqueles traballos entregados fora de prazo, nin as entregas realizadas a través do correo electrónico. A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 20 % da cualificación final.
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 80 % da cualificación final.

Segunda oportunidade (xullo).

A avalicación farase do mesmo xeito que na oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (tarefas das sesión interactivas -sempre que as teña suspensas, pero alcanzara o 80% de presencialidade-, traballos tutelados e/ou proba escrita individual).

Tanto no caso dos/as asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.

NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES:

· A cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico.

· É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

· "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario"


Fontes de información
Bibliografía básica Pedrinaci, E. y otros (2012). 11 ideas clave. El desarrollo de la competencia científica.. Barcelona: Graó
Martí, J (2012). Aprender ciencias en la educación primaria. Barcelona: Graó
De Pro Bueno, A. y Rodríguez Moreno, J (2010). Aprender competencias en una propuesta para la enseñanza de los circuitos eléctricos en Educación Primaria. Enseñanza de las Ciencias, 28(3), 385-404
García, J. y García, F., (1989). Aprender investigando. Diáda. Sevilla
Garrido, J.M. y Galdón, M (2003). Ciencias de la naturaleza y su didáctica. Grupo Editorial Universitario
Cañas, A., Martín-Díaz, M.J., Nieda, J. (2007). Competencias en el conocimiento y la interacción con el mundo físico. La competencia científica. Alianza Editorial. Madrid
Driver,R. y otros (1999). Dando sentido a la Ciencia en secundaria. Investigaciones sobre las ideas de los niños. Visor.­Madrid
Rivero, A., Martín del Pozo, R., Solís, E. y Porlán, R. (2017). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Síntesis
Pujol, R.M. (2003). Didáctica de las Ciencias en la educación primaria. Síntesis. Madrid
Perales, F.J. y Cañal, P (2000). Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil. Alcoy
Cañal, P., García Carmona, A. y Cruz-Guzmán, M. (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Paraninfo
Vílchez, J. M. (2014). Didáctica de las Ciencias para Educación Primaria. Tomo I: Ciencias del espacio y de la Tierra. Madrid: Pirámide
García-CArmona, A. y Criado, A. M. (2013). Enseñanza de la energía en la etapa de 6-12 años: un planteamiento desde el ámbito curricular de las máquinas.. Enseñanza de las Ciencias, 31(3), 87-102
Membiela, P (2001). Enseñanza de las Ciencias desde la perspectiva CTS. Narcea. Madrid
Harlen, W (1998). Enseñanza y aprendizaje de las Ciencias. Mora­ta. Madrid
De Vecchi, G. y Giordan, A (2006). Guía práctica para la enseñanza científica. Sevilla: Día
Driver, R. y otros (1989). Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. MEC/Morata </a></p><a>. Morata.Madrid
Flinn, E. y Mulligan, A. (2022). Ideas STEM para Primaria. Narcea
Martínez Losada, C. y García Barros, S (2008). Interpretando fenómenos ópticos cotidianos. Padres y Mestros, 326, 23-2
Cañal, P., Lledó, A., Pozuelos, F. J., y Travé, G. (1997). Investigar en la escuela: elementos para una enseñanza alternativa. Sevilla: Díada
Del Carmen, L. Y otros (1997). La enseñanza y el aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza. Horsori/ICE UAB. Barcelona
Prieto, M.T. y otros (). La materia y los materiales. Síntesis
Martín del Pozo (coord.) (2013). Las ideas científicas de los aluumnos y alumnas de primaria: tareas, dibujos y textos. Madrid: Universidad Complutense https://www.ucm.es/data/cont/docs/153-2013-12-16-libro%20completo%5B
Jiménez-Tenorio, N., Aragón, L., Aragón-Méndez, M.M. y Oliva, J.Mª. (2022). Modelizar en las clases de ciencias. Actividades y recursos útiles para la enseñanza y el aprendizaje con modelos. Octaedro
Domènech Casal, J. (2022). Mueve la Lengua, que el cerebro te seguirá. 75 acciones lingüísticas para enseñar a pensar Ciencias. Graó
Díez, F. (coord.) (2004). Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. Madrid: Secretaría general técnica. MEC. Colección aulas de verano
Izquierdo, M. (2012). Química en infantil y primaria. Una nueva mirada. Barcelona: Graó
Arillo, Mª. A., Martín del Pozo, R. y Martín, P. (2015). Talleres para enseñar Química en Primaria. Madrid: Universidad Complutense http://www.ucm.es/data/cont/docs/153-2015-11-13-LIBRO%20Talleres%20p
De Pro, A. (2014). Uso, consumo y ahorro energético en la vida cotidiana. Barcfelona: Graó
Martínez-Losada, C. y Rivadulla-López, J. (2015). ¿Cómo progresar en la enseñanza de la energía? Una propuesta para discutir. . Alambique, 79, 17-24.

Bibliografía complementaria
Algunas de las revistas especializadas en el área de didáctica de las ciencias experimentales son:

•Apice: https://revistas.udc.gal/index.php/apice
•Eureka: https://revistas.uca.es/index.php/eureka
•Enseñanza de las Ciencias: https://ensciencias.uab.es/
•Aula de innovación educativa: https://www.grao.com/es/productos/revista-aula-de-innovacion-educativa
•Alambique: https://www.grao.com/es/alambique
•Revista electrónica de Enseñanza de las Ciencias: http://reec.uvigo.es/

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Na entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:&nbsp;

- Realizaranse impresións a dobre cara.&nbsp;

- Empregarase papel reciclado.&nbsp;

- Evitarase a impresión de borradores.&nbsp;

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural&nbsp;

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais&nbsp;

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)&nbsp;

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade&nbsp;

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas&nbsp;

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías