Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Didáctica da expresión musical Código 652G02023
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Coordinación
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
francisco.rnapal@udc.es
Profesorado
Chao Fernández, Aurelio
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
aurelio.chao@udc.es
francisco.rnapal@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia permite adquirir o coñecemento básico dos elementos constitutivos da linguaxe musical occidental e a súa aplicación didáctica, atendendo ao currículo da educación primaria. Debido á natureza dos seus contidos, presenta unha estreita relación entre os aspectos teóricos e os prácticos, e está deseñada baixo o principio interdisciplinar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A53 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
A54 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
A55 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
A56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o currículo escolar da educación artística, no seu aspecto musical. A54
Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais dentro e fóra da escola. A55
Aprender a aprender. B1
Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas. B11
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. B15
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes. A56
Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. B12
Lectura e interpretación de imaxes. B13
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo B21
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo B22
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética B23
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado B24
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía B25
Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes. A53

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO 1. Audición: Coñecemento dos elementos que constitúen a manifestación musical a través da práctica auditiva. 1.1. Calidades do son.
1.2. Elementos constitutivos da música tonal occidental.
1.2.1. Ritmo.
1.2.2. Melodía.
1.2.3. Harmonía.
1.2.4. Forma.
1.3. Análise auditivo da sonoridade.
1.3.1. Timbre.
1.3.2. Dinámica.
1.3.3. Textura.
1.4. Realización de dictados.
1.4.1. Melódicos.
1.4.2. Rítmicos.
1.4.3. Mixtos.
MÓDULO 2: Práctica vocal - instrumental. 2. 1. Individual.
2.1.1. Interpretación de cancións.
2.1.2. Realización de ritmos con percusión corporal.
2.1.3. Interpretación de melodías na frauta doce.
2.1.4. Realización de acompañamentos harmónicos básicos en instrumentos polifónicos.
2.2. Colectiva.
2.2.1. Fundamentos do canto coral.
2.2.2. Grupo instrumental mixto.
2.2.3. Improvisación.
MÓDULO 3: Elementos que conforman a linguaxe musical, consolidada en occidente, entre os séculos VII - XIX. 3.1. Sistema tonal.
3.1.1. Intervalos.
3.1.2. Tonalidade.
3.1.3. Modalidade.
3.1.4. Escalas.
3.1.5. Acordes.
3.1.6. Funcións tonais.
3.2. Métrica y ritmo.
3.2.1. Pulso.
3.2.2. Compás.
3.2.3. Agrupacións rítmicas.
3.2. Signos empregados para representar os seguintes aspectos:
3.2.1. Duración.
3.2.2. Altura.
3.2.3. Dinámica.
3.2.4. Articulación.
3.2.5. Timbre.
3.2.6. Carácter.
3.2.7. Repetición.
3.2. Notación alternativa.
3.2.1. Cifrado americano.
3.2.2. Tablatura.
3.2.3. Musicograma.
MÓDULO 4. Música, movemento e xogo. Integración de diferentes recursos na expresión musical. 4.1. Representación espacial do son.
4.2. Creación e aprendizaxe de coreografías.
4.3. O conto musicalizado.
4.4. O xogo musical.
4.5. O teatro musical.
MÓDULO 5: Bases teóricas. Estudo das mais importantes liñas da pedagoxía musical xurdidas no século XX 5.1. Métodos activos relevantes do século XX, entre outros:
5.1.1. Emile Jaques-Dalcroze.
5.1.2. Zoltán Kodály.
5.1.3. Carl Orff.
5.1.4. Edgar Willems.

5.2. Novos enfoques do ensino musical, entre outros:
5.2.1. Murray Schafer
5.2.2. John Paynter
5.2.3. David J. Hargreaves.
5.2.4. Keith Swanwick.
5.2.5. Elliot David J.
5.2.6. Lucy Green.
5.2.7. David K. Lines.
MODULO 6: Introdución ás TIC e ás novas tecnoloxías aplicadas ao ensino musical. 6.1. Secuenciación MIDI.
6.2. Edición de partituras.
6.3. Edición de audio.
6.4. Aplicacións para o adestramento auditivo.
6.5. Transferencia de arquivos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A53 C7 6 0 6
Traballos tutelados A55 A54 B1 B12 B13 B22 B25 C3 C5 4 20 24
Investigación (Proxecto de investigación) B1 B12 B13 B15 B21 B23 B24 1 18 19
Obradoiro A53 A54 A55 A56 B1 B22 C3 C5 C7 20 20 40
Proba mixta A56 B1 B21 B22 B25 1 2 3
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 C5 C7 16 32 48
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Traballos tutelados Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable.
Estas propostas poderán ter o apoio dos seguintes recursos:
1. Musicalización de textos, dramatización musical e creación de xogos musicais.
2. Interpretación de pezas vogais, instrumentais e mixtas.
3. Emprego de playback, audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
Os traballos serán realizados por grupos de cinco membros como máximo, e para que sexan válidos deberán responder aos obxectivos e contidos da materia.
Investigación (Proxecto de investigación) Indicarase un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profesor/a guiarán ao alumnado no proceso de realización. Indicaranse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva.
4. Elementos básicos de dirección vocal e instrumental.
5. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), entre as obrigatorias do curso. As cancións leranse e mediranse (solfeo), cantaranse e interpretaranse coa frauta doce.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Investigación (Proxecto de investigación)
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
Orientación e seguimento por parte do profesor/a tanto en horas de clase coma de titoría. Con isto preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A53 A54 A55 A56 B1 B22 C3 C5 C7 Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación da propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a capacidade para integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados
É imprescindible asistir a un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos sobre 10).
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1.25 puntos por cada asistencia, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a 14 sesións.
Nos casos de situacións excepcionais poderase recuperar algunha clase tras un previo consenso co profesorado.
15
Traballos tutelados A55 A54 B1 B12 B13 B22 B25 C3 C5 Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable. Teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade.
2. Creatividade.
3. Utilidade práctica e viabilidade.
4. Coherencia cos obxectivos e contidos da materia
15
Investigación (Proxecto de investigación) B1 B12 B13 B15 B21 B23 B24 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia no que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso axeitado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
15
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 C5 C7 Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes formatos:
1. Probas de resposta breve.
2. Preguntas tipo test.
3. Preguntas abertas.
4. Exercicios prácticos.
25
Proba mixta A56 B1 B21 B22 B25 Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Lectura musical (25%).
2. Dictado musical (15%).
2. Entoación vocal (30%).
3. Interpretación con frauta doce (30%).
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura cómpre
superar cada un dos anteriores apartados e obter unha nota mínima de 5 sobre 10
en cada un dos exames da proba mixta. No alumnado que, de xeito debidamente
xustificado non poda realizar as prácticas instrumentais, deberá realizar unha
proba dos contidos traballados na aula. Debido a que parte desta materia
consiste na interpretación instrumental e vogal en grupo,  o alumno que reúna os requisitos para considerarse
non presencial deberá acudir á proba acompañado como mínimo de catro
persoas.  No caso de no ser posible isto,
presentará o acompañamento das pezas do programa en calquera formato dixital
dos que se contemplan nos contidos da materia.

Como consideración xeral, terase especialmente en
conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas, de
puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada,
deficiente presentación, excesivo número de riscaduras, etc. Todo elo suporá
redución de puntos da nota obtida.

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sostenible. Atendendo a isto, sempre que sexa posible, na elaboración dos traballos empregarase materiais reciclables e evitarase o uso de productos plásticos na entrega dos mesmos.

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Referencias bibliográficas

ALSINA. P. (1999). El área de educación musical. Barcelona: Graó.

ALSINA, P., Díaz, M., GIRÁLDEZ, A. e Ibarretxe, G. (2010). 10 ideas clave: El aprendizaje creativo. Barcelona: Graó

CHAO, R. (2005). Fundamentos didácticos de los métodos pedagógicos del siglo XX a la actualidad. Vilalba: Conservatorio       Municipal.

DÍAZ, M. (2002). La música en el currículum de primaria. En Aula 112, junio. Barcelona: Grao. 

DÍAZ, M. y GIRÁLDEZ, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Una selección de autores relevantes. Barcelona: Graó.

DÍAZ, M. y RIAÑO, M. (Coords.) (2007). Creatividad en educación musical. Santander: Universidad de Cantabria. Servicio de Publicaciones.

DOMEQUE, M., LAGARRIGA, E. y SEGALÉS, E. (1988). Audición musical. Barcelona: Teide.

EISNER, E. (2004). El arte y la creación de la mente. Barcelona: Paidós.

ELLIOT, D. (Ed.) (2005). Praxial Music Education: reflections and dialogues. Oxford: University Press.

GARCÍA, P. y ESTEBARANZ, A. (2005). Innovación y creatividad en la enseñanza musical. Barcelona: Octaedro.

GARDNER, H. (2005). Inteligencias múltiples. La teoría en la práctica. Buenos Aires: Paidós

GIRÁLDEZ, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.

GIRÁLDEZ, A. (2007). La competencia cultural y artística. Madrid: Alianza.

GIRÁLDEZ, A. (2010). (Coord.). Música. Complementos de formación disciplinar. Vol. I. Barcelona: Graó.

GIRÁLDEZ, A. (2010). (Coord.). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.

GIRÁLDEZ, A. (Coord.) (2011). Didáctica de la música. Barcelona: Graó.

GÓMEZ ALEMANY, I. y VILAR MONMANY, M. (2003). Diez años de formación de maestros de música. En Eufonía nº 28. Barcelona: Grao.

GRAEME, F. (2003). Arte, educación y diversidad cultural. Barcelona: Paidós.

GREEN, L. (2001). Música, género y educación. Madrid: Morata.

HARGREAVES, D. (1991). Infancia y educación artística. Madrid: Morata.

HARGREAVES, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.

HEGYI, E. (1999). Método Kodály de solfeo vol. I y II. Madrid: Pirámide.

HEMSI DE GAÍNZA, V. (2002). Música: amor y conflicto. Diez estudios de psicopedagogía musical. Buenos Aires: Lumen

HEMSI DE GAÍNZA, V. (2002). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Buenos Aires: Lumen.

HURTADO, J. (2003). “Muchas leyes y pocas notas. Reflexiones de un maestro”. En Eufonía 28.Barcelona: Grao. 

LEVITIN, J. (2008). Tu cerebro y la música. El estudio científico de una obsesión humana. Barcelona: RBA.

LINES, D. (comp.) (2009). La educación musical para el nuevo milenio. Madrid. Morata.

MALAGARRIGA, T. y A. VALLS (2003). La audición musical en la Educación Infantil. Barcelona: Ceac.

MARTENOT, M. (1993). Principios fundamentales de formación musical y su aplicación. Madrid: Rialp.

MARTÍ, J. (2000). Más allá del arte: la música como generadora de realidades sociales. San Cugat del Vallés: Deriva Editorial.

PASCUAL, P. (2006). Didáctica de la música. Madrid: Pearson Prentice Hall.

PAYNTER, J. (1991). Oir, aquí y ahora.Buenos aires: Ricordi.

PAYNTER, J. (1999). Sonido y estructura. Madrid: Akal.

PIERRETTE, M. (1974). Bartók. Madrid: Espasa Calpe S.A.

SACKS, O. (2009). Musicofilia. Relatos de la música y el cerebro. Barcelona: Anagrama.

SANJOSÉ HUGUET, V. (1997). Didáctica de la Expresión Musical para maestros. Valencia: Piles.

SCHAFER, M.(1967). Limpieza de oídos. Buenos Aires: Ricordi.

SCHAFER, M. (1975). El rinoceronte en el aula. Buenos Aires: Ricordi.

SCHAFER, M. El nuevo paisaje sonoro. Buenos Aires: Ricordi.

SANUY, M. y GONZÁLEZ SARMIENTO, L. (1969). ORFF Shulwert. Música para niños. Introducción. Madrid: Unión Musical Española.

SMALL, CH. (2003). Exploración, afirmación y celebración. En Eufonía nº 28. . Barcelona: Grao.

SWANWICK, K. (1991). Música, pensamiento y educación.Madrid: Morata M.E.C.

VÍLCHEZ, L. (2009). La música y su potencial educativo. Madrid: SM.

WARD, J. (1964). Método Ward. Pedagogía musical escolar. París: Desclee & C.

WILLEMS, E. (1979). II ritmo. Brescia: La Scuola.

WILLEMS, E. (1979). Las bases psicológicas de la educación musical. Buenos Aires: Eudeba.

WILLEMS, E. (1994) El valor humano de la educación musical. Barcelona: Lábor.

WILLEMS, E. (2001). El oído musical. La preparación auditiva del niño. Barcelona: Paidós.

WUYTACK, J. (1988). Musicograma. Vigo: Asociación de Pedagogía Musical.

WUYTAC, J. (1998). Audición musical activa.  Porto: Associaçao  Wuytack  de Pedagogía Musical.

 

Revistas

Didáctica de la música: Clases prácticas. Revista trimestral de Pedagogía musical. Ediciones C.I.D.M. Benavente (Zamora).

Eufonía. Didáctica de la música. Edtoria. GRAO. Barcelona.

Isme: Revista Internacional de Educación Musical. Ediciones diversas.

Keyboard: Revista de música y tecnología. Ed. Música y tecnología. Barcelona.

Música y Educación: Revista trimestral de Pedagogía musical. Apdo. 46230 Madrid.

Música y Tecnología: Revista bimestral de informática musical. Córcega, 89, entlo. , 08029 Barcelona.

Música Terapia y Comunicación: Revista semestral de musicoterapia. MI-CI- Bilbao.

Páginas WEB

http://www.aulamusical.com/pedagog.html

http://www.hermex.es/musica/

http://80.34.38.142/bivem/

http://www.filomusica.com/filo86/audicion.html

http://presencias.net/ 

http://rincones.educarex.es/musica/

http://www.aprendomusica.com/#

http://www.aulamusical.com/

http://www.educaweb.com/

http://www.hagaselamusica.com/

http://www.ite.educacion.es/

http://www.educateca.com/

http://www.educared.net/

http://www.docenotas.com/

http://eufonia.grao.com/revistas/presentacion.asp?ID=7

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías