Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Didáctica da expresión musical Código 652G02023
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
francisco.rnapal@udc.es
Profesorado
Castro Alonso, Vicente
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
vicente.castro@udc.es
francisco.rnapal@udc.es
Web
Descrición xeral A materia permite adquirir o coñecemento básico dos elementos constitutivos da linguaxe musical occidental e a súa aplicación didáctica, atendendo ao currículo da educación primaria. Debido á natureza dos seus contidos, presenta unha estreita relación entre os aspectos teóricos e os prácticos, e está deseñada baixo o principio interdisciplinar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
A53 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
A54 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
A55 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
A56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o currículo escolar da educación artística no seu aspecto musical, desenvolvendo e avaliando os contidos mediante recursos didácticos apropiados. A53
A54
A55
A56
B1
B13
B15
C5
C7
Comprender os elementos constitutivos da música occidental, a súa terminoloxía específica e as principais tendencias da educación musical. A55
B11
B12
B13
B15
B21
B22
C7
Empregar as aplicacións informáticas dirixidas á educación musical, así como as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). A55
A56
B1
B11
B12
B13
B23
C3
Aplicar as técnicas básicas de investigación para a recollida de datos, a súa análise e a transmisión da información en traballos sobre educación musical. A19
A53
A55
B1
B4
B9
B12
B15
B17
B22
B23
B24
B25
C5
C7
C8
Comprender a contribución das artes en xeral, e a música en particular, á formación cultural, persoal e social. A53
A55
B1
B14
B16
B19
B21
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
Códigos, recursos expresivos e técnicas básicas propias da linguaxe musical Calidades do son
Elementos constitutivos da música tonal occidental
Signos convencionais empregados na linguaxe musical
Discriminación auditiva de alturas e duracións
Creación de patróns melódico-rítmicos
Técnicas para a correcta interpretación de sinxelas obras musicais con voz, frauta de pico e instrumental Orff Interpretación de cancións
Realización de ritmos con percusión corporal e instrumental
Interpretación de melodías en intrumentos tradicionais e virtuais
Fundamentos do canto coral
Grupo instrumental mixto Orff
Composición e improvisación
Danzas populares e xogos infantís a través da expresión corporal Representación espacial do son
Creación e aprendizaxe de coreografías
O conto musicalizado
O xogo musical
O teatro musical
Novas correntes pedagóxicas musicais e a visión das máis divulgadas metodoloxías musicais Métodos activos relevantes do século XX:
Emile Xaques-Dalcroze
Zoltán Kodály
Carl Orff
Edgar Willems

Novos enfoques da educación musical de autoras e autores contemporáneos/as:
Murray Schafer
John Paynter
David J. Hargreaves
Keith Swanwick
David J. Elliot
Lucy Green
David K. Lines
Violeta Hemsy de Gainza
Principios da educación musical escolar. Aplicación dos métodos e sistemas actuais de pedagoxía musical Introdución ás TIC e ás novas tecnoloxías aplicadas á educación musical:
Secuenciación MIDI
Edición de partituras
Edición de audio e de vídeo
Aplicacións informáticas para o adestramento auditivo
Emprego das TIC para realizar e compartir exercicios.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A53 C7 3 0 3
Traballos tutelados A19 A54 A55 B1 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B19 B22 B24 B25 C3 C5 7 35 42
Obradoiro A53 A54 A55 A56 B1 B22 C3 C5 C7 15 21 36
Proba mixta A56 B1 B21 B22 B25 1 11 12
Prácticas a través de TIC A53 A54 A56 B1 B4 B9 B11 B12 B19 C3 C8 1 5 6
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 B23 C5 C7 15 30 45
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Traballos tutelados Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dous partes:
1. Parte escrita: elaboración dunha tarefa integrada, baseada nos elementos curriculares propios de 2 ou máis materias, sendo obrigatoriamente una delas "Música e Danza". Entre as propostas ha de contemplarse o movemento corporal ou a danza nalgunha das súas manifestacións.
2. Parte audiovisual (vídeo): o elemento corporal ou coreográfico da tarefa integrada será escenificado e gravado en vídeo polos compoñentes de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguintes recursos complementarios:
- Percusión corporal.
- Dramatización musical.
- Creación de xogos musicais.
- Emprego de playback, medios audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
- Emprego de escenografía e vestiario.
Valorarase positivamente a concienciación sobre a perspectiva de xénero a través destes recursos.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido.
Prácticas a través de TIC Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados).
Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Sesión maxistral Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/as.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Actividades iniciais
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada está dirixida tanto ao alumnado con matrícula total como a alumnos e alumnas con matrícula parcial. O profesorado atenderá a resolución de dúbidas que xurdan na materia, así como o seguimento dos traballos indicados.
Debido ao carácter teórico-práctico da materia, as orientacións do profesorado realizaranse na propia clase, por medio da rede ou en horario de titorías. A atención será tanto individual como en grupos reducidos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A19 A54 A55 B1 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B19 B22 B24 B25 C3 C5 A avaliación do Traballo tutelado responde ás seguintes partes:
1. Parte escrita: elaboración dunha Tarefa Integrada, basada nos elementos curriculares propios de dúas ou máis materias, sendo obrigatoriamente unha delas "Música e Danza". Entre as propostas contemplarase o movemento corporal ou a danza (75%).
2. Parte audiovisual: o elemento corporal ou coreográfico da Tarefa Integrada será escenificado y grabado en vídeo polos compoñentes de cada grupo (25%).

No proceso de avaliación contemplaranse as seguintes normas:
• No caso de que algúns grupos conten con poucos membros, poderían unirse sen exceder o número de 6 integrantes.
• O traballo escrito (parte 1: tarefa integrada) terá unha extensión entre 8 y 10 follas (sen contar portada, índice e anexos).
• Cada presentación escénica grabada en vídeo (parte 2) terá unha duración entre 2 y 3 minutos.
• Ambas partes serán entregadas a través da plataforma informática que se indique.

Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Adecuación ao currículo de Educación Primaria.
• Coherencia cos obxetivos e os contidos expostos (triangulación).
35
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 B23 C5 C7 Realizaranse unha ou vaias probas escritas, a través de Moodle, que podería conter:
1. Preguntas de resposta breve.
2. Preguntas tipo test.
3. Preguntas abertas.
4. Exercicios prácticos.
35
Proba mixta A56 B1 B21 B22 B25 Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Dictado musical (30 %)
2. Expresión vocal (35 %)
3. Expresión instrumental (35 %)
Aqueles estudantes cunha asistencia do 80% ou máis, poderán obter unha cualificación máxima de 5 sobre 10 sen necesidade de realizar as tres probas correspondentes á "proba mixta".
20
Prácticas a través de TIC A53 A54 A56 B1 B4 B9 B11 B12 B19 C3 C8 Os exercicios teóricos, prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades:
1. Manexo de editores de partituras.
2. Manexo de editores de audio.
3. Deseño de exercicios de percusión corporal.
4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical
5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais.
10
 
Observacións avaliación

De acordo á participación presencial do alumnado, a avaliación presenta
dúas opcións en calquera das convocatorias:

OPCIÓN A: Alumnado con asistencia igual ou superior ao 80%:

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10.

OPCIÓN B: Alumnado con matrícula en réxime de estudos a tempo parcial ou
que teña menos do 80% de asistencia.

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10. 

2. Debido as súas características, os
traballos tutelados poderán ser substituídos por outros similares a proposta do
profesorado.

3. O alumnado que non poda realizar as prácticas individuais (proba mixta),
deberá realizar unha proba dos contidos traballados na aula.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.
No caso no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia, se o profesorado detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Combatirase a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas acordes para corrixilas. Usarase unha linguaxe non sexista tanto nas sesións presenciais e tutorías, coma na realización dos traballos tutelados.



Fontes de información
Bibliografía básica

Referencias 

Akoschky, J. (2005). Los cotidiáfonos en la educación infantil. Eufonía, 33, 1-10.

Arguedas, C. (2006). Cuentos musicales para los más pequeños. Revista Electrónica Actualidades Investigativas en Educación, 6(1), 1-22.

Arriaga, C. (2007). Lucy Green. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 181-188). Graó.

Bermúdez, M. (2007). Aplicación didáctica de la canción. Filomúsica, 81, p. 1. http://www.filomusica.com/filo81/nana.html

Burkholder, J., Grout, D. y Palisca, C. (2019). Historia de la música occidental. Alianza.

Calvo-Manzano, A. (2002) Acústica físico-musical. Real Musical.

Camara, A. (2004). La actividad de cantar en la escuela: una práctica en desuso. Revista de Psicodidáctica, 17, 75-84.

Carbajo, C. (2009). El perfil profesional del docente de música en Educación Primaria: Autopercepción de competencias profesionales y la práctica del aula. (Tesis doctoral). Universidad de Murcia.

Cerrillo, P., Cañamares, C. y Sánchez, C. (Coords.) (2007). Literatura infantil: nuevas lecturas y nuevos lectores. UCLM.

Cervera, J. (1991) La creatividad dramática. En R. Marín, y S. de la Torre (Coords.). Manual de la Creatividad (pp. 419-423). Vicens Vives.

Chao, R. (2005). Fundamentos didácticos de los métodos pedagógicos del siglo XX a la actualidad. Vilalba: Conservatorio Municipal.

Comellas, J. (2017). Historia sencilla de la música. Rialp.

Cooper, G. y Meyer, L. (2001). Estructura rítmica de la música. Idea Books.

Copland, A. (2014). Cómo escuchar la música. F.C.E.

De Pedro, D. (2014). Teoría completa de la música. Real Musical.

Del Bianco, S. (2007). Jaques–Dalcroz. M. En Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 23-32). Graó.

Díaz, M. (2001). La música en la educación primaria y en las escuelas de música: la necesaria coordinación. Análisis para futuros planes de intervención educativa en la comunidad autónoma vasca. (Tesis doctoral). Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco.

Díaz, M. y Giráldez, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Graó.

Elliott, D. J.& Silverman, M. (2014). Music Matters: A Philosophy of Music Education. Oxford University Press

Escobar, M. (2005). Del movimiento a la danza en la educación musical. Educatio, 23, 125-139.

Espinar, J. (2011). Una aproximación a la música griega antigua. Thamyris, 2, 141-157.

Espinosa, S. (2007). Creación y pedagogía: los compositores van al aula. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 95-112). Graó.

Fernández, J. (2007). Edgar Willems. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 43-53). Graó.

Frederickson, M. (2010).The National Standards for Music Education: A Transdisciplinary Approach in the Applied Studio. Music Educators Journal, 97(2), 44-50.  https://doi.org/10.1177/0027432110387829

Gainza, V. (2002). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Lumen.

Gainza, V. (2003). La educación musical entre dos siglos: del modelo metodológico a los nuevos paradigmas. S P I M E Universidad de San Andrés. http://www.udesa.edu.ar/files/ESCEDU/DT/DT10-GAINZA.PDF

Gértrudix, F. (2005). Las TIC al servicio de la educación musical. Un binomio de siempre. Icono 14(5), 1 – 13.

Grabner, H. (2001). Teoría general de la música. Akal.

Green, L. (2001). Música, género y educación. Morata.

Green, L. (2009). Significado musical y reproducción social: Defensa de la recuperación de la autonomía. En D. Lines (Comp.) La educación para el nuevo milenio. Morata.

Hargreaves, D. J. (2002). Música y desarrollo psicológico. Graó.

Hentschke, L. y Teixeira, R. (2007). Keith Swanwick. En M. Díaz y A. Giráldez (cords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 257-266) Barcelona: Graó.

Ibarretxe, G. (2007). David J.Ellitott. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 95-112). Graó.

Jimeno, M.  (2007). David J. Hargreaves. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 203-210). Graó.

Jorquera, M. (2004). Métodos históricos o activos en educación musical. Revista Electrónica de LEEME, 14, 1-30.

Kühn, C. (2003). Tratado de la forma musical. Idea Books.

Lã, F.M. (2019). La voz: potenciando el aprendizaje musical con retorno visual en tiempo real. Enseñanza & Teaching, 37(1), 41-59.

Lago, P. y Cabrelles, M. (2010). La mejora del aprendizaje musical a través del juego musical. Revista de Folklore, 344, 47-60.

Langeveld, J. (2002). Escuchar y mirar. Teoría de la música. Akal.      

Latham, A. (2010). Diccionario enciclopédico de la música. F.C.E.

Loizaga, M. (2007). Thomas Adam Regelski. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 211-219) Graó.

López Ibor, S. (2007). Carl Orff. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 71-77). Graó.

Matsunobu, K. (2012). Instrument making as music making: A slow food approach to musicianship. In A. Brown (Ed.).  Sound musicianship: Understanding the crafts of music (pp. 171–181). Cambridge Scholarly Publishing.

McAuley, J. (2010). Tempo and Rhythm. In M. Jones, R. Fay & A. Popper (Eds.). Music Perception (pp. 165-199). Springer.

Michels, U. (2015). Atlas Musik. Bärenreiter

Morante, P. (2010). Programa de juegos musicales para desarrollar la creatividad en los niños. Congreso Iberoamericano de Educación. http://metas2021.org/congreso/aprobadas.htm.

Mulholland, J. & Hojnacki, T. (2013). Berklee Book of Jazz Harmony. Music Sales

Navarro, J. (2017). Pautas para la aplicación de métodos de enseñanza musical desde un enfoque constructivista. REDIE 19(3), 143-160. https://doi.org/10.24320/redie.2017.19.3.675

Núñez, L. y Navarro, M. (2007). Dramatización y educación: aspectos teóricos. Teoría de la educación, 19, 225-252.

Olazábal, T. (1998). Acústica musical y organología. Melos.

Ördög, L. (2000). La educación musical según el sistema Kodály. Rivera Mota.

Oriol, N. (2005). La música en las enseñanzas de régimen general en España y su evolución en el siglo XX y comienzos del XXI. Revista Electrónica de LEEME, 16, 1-33.

Pastor, J. (2007). El cuento musical: Una vía para la expresión de la comprensión lectora. En P. Cerrillo, C. Cañamares y C. Sánchez (Coords.). Literatura infantil: nuevas lecturas, nuevos lectores (pp. 117-124). UCLM.

Pedrero, C. (2013). Danza en Educación Primaria. Educatio Siglo XXI, 31(1), 129-148

Pérez de Arce, J.  y Gili, F. (2013). Clasificación Sachs-Hornbostel de instrumentos musicales: una revisión y aplicación desde la perspectiva americana. Revista Musical Chilena, 67(219), 42-80.

Pérez-Aldeguer, S. (2013). El teatro musical como vehículo de aprendizaje: un proyecto de innovación docente en la universidad. Publicacions de la Universitat Jaume I.

Piaget, J. (1961). La formación del símbolo en el niño. F.C.E.

Piston, W. (2008).  Armonía. Span Pres.

RAE (2014). Diccionario de la lengua española. Mateu-Cromo.

Randel, D. (Ed.) (2006). Diccionario Harvard de la Música. Alianza.

Regelski, T. (2002). On methodolatry and music teaching as critical and reflective praxis. Philosophy or Music Education Review, 10, 102-123.

Regelski, T. (2009). La música y la educación musical: Teoría y práctica para “marcar la diferencia”. En D. Lines (Comp.). La educación musical para el nuevo milenio (pp. 21- 47). Morata.

Rodríguez, Y. y Sosa, F. (2009). Uso y clasificación de programas informáticos musicales considerados como abiertos y cerrados. El Guiniguada, 18, 151-163.

Romero, V. y López, R. (2018). Las TIC en la educación musical para la educación básica primaria. Acalán, 107, 63-70.

Romero-Naranjo, F. (2008). Percusión corporal en diferentes culturas. Música y Educación 76, 45-96.

Romero-Naranjo, F. (2011a). BAPNE: Body percussion, Theoretical practical foundation, Vol 1. Body music –Body percussion Press.

Romero-Naranjo, F. (2011b). BAPNE: Body percussion, Theoretical practical foundation, Vol 2. Body music –Body percussion Press.

Romero-Naranjo, F. (2011c). BAPNE: Body percussion, Theoretical practical foundation, Vol 3. Body music –Body percussion Press.

Romero-Naranjo, F. (2013). Criterios de evaluación en la didáctica de la percusión corporal - Método BAPNE. Educatio Siglo XXI, 31(1), 235-254

Rosa-Napal, F. (2015). La formación musical del futuro profesorado de Educación Primaria. (Tesis doctoral). UDC.

Rosa-Napal, F. y Romero, I. (2015). La expresión musical desde el desarrollo auditivo y vocal en Educación Primaria. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr. 4, 30-33.

Rosa-Napal, F. y Romero, I. (2021). Las células rítmicas como recurso para la comprensión intercultural de la música. Sinfonía Virtual, 41, 01-15.

Rosa-Napal, F., Muñoz-Carril, P., González-Sanmamed, M. y Romero, I. (2021). Musical expression in the training of future primary education teachers in Galicia. International Journal of Music Education, 39(1) 50–65. https://doi.org/10.1177/0255761420919566

Sarget, M. (2000). Perspectiva histórica de la educación musical. Revista de la Facultad de Educación de Albacete, 15, 117-132.

Subirats, M. (2007). Zoltán Kodály. En M. Díaz y A. Giráldez (Coords.). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical (pp. 63-70). Graó.

Swanwick, K. (1991). Música, pensamiento y educación. Morata.

Tejada, J. (2001). MIDI para el conservatorio, la escuela y el instituto: encore, finale, band in a box. Rivera.

Tippens, P. (2001). Física: Conceptos y aplicaciones. McGraw-Hill.

Toch, E. (2001). Elementos constitutivos de la música. Idea Books.

Trainor, L. & Corrigall, K. (2010). Music acquisition and effects of musical experience.  In M. Jones, R. Fay & A. Popper (Eds.). Music Perception (pp. 89-127). Springer.

Trives-Martínez E. y Vicente-Nicolás G. (2013). La percusión corporal y los métodos Didácticos musicales. En  M. Tortosa, J. Álvarez-Teruel y N. Pellín (coords.). XI Jornades de xarxes d’investigació en docènciauniversitària. ICE (pp. 1748-1759). Universidad de Alicante.

Vargas-Gil, E., Gértrudix-Barrio, F. y Gértrudix-Barrio, M. (2022). La colaboración en red para el desarrollo creativo musical. Modelos, proyectos y plataformas virtuales. Humanidades & Tecnologia (FINOM), 1, 1-20. Doi 10.5281/zenodo.6418043

Villena, I., Vicente, A. y de Vicente, P. (1998). Pedagogía musical activa. Corrientes contemporáneas. Anales de pedagogía, 16, 101-122.

Willems, E. (2002).  El valor humano de la educación musical. Paidós.

Willems, E. (2011). Las bases psicológicas de la educación musical. Paidós.

Wuytack, J. y Palheiros, G. (2009). Audición musical activa con el musicograma. Eufonía. Didáctica de la Música, 47, 43-55.

Zamacois, J. (2002). Curso de formas musicales. Idea Books.

 

Referencias legislativas

 

Decreto 245/1992 de 30 de julio, por el que se establece el currículo de la Educación Primaria en la Comunidad Autónoma de Galicia

Decreto 130/2007, de 28 de junio, por el que se establece el currículo de la Educación Primaria en la Comunidad Autónoma de Galicia

Decreto 105/2014, de 4 de septiembre, por el que se establece el currículo de la Educación Primaria en la Comunidad Autónoma de Galicia

Ley orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de ordenación general del sistema educativo (LOGSE).

Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo de Educación (LOE).

Ley orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa (LOMCE).

Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOMLOE)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos corredores e noutras áreas comúns da facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e estea libre), co fin de realizar os ensaios de frauta e da coreografía nese espazo. 

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías