Identifying Data 2019/20
Subject (*) Fine Motor Games Code 652G02025
Study programme
Grao en Educación Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Optional 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Varela Garrote, Lara
E-mail
lara.varela@udc.es
Lecturers
Varela Garrote, Lara
E-mail
lara.varela@udc.es
Web
General description Dentro do perfil formativo do Grao en Educación Primaria contémplase esta materia (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes.

Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación do futuro Graduado en Educación Primaria xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir, por unha banda, que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e, por outro, supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no futuro para o traballo do resto de bloques de contidos.

Os coñecementos achegados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Graduado en Educación Primaria non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.

Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grao en Educación Primaria no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo; fundamentos teóricos do xogo motor; a evolución do xogo na etapa de Educación Primaria; o xogo como contido e como recurso metodolóxico; deseño de propostas de aprendizaxe a través do xogo motor; materiais didácticos para o xogo e propostas prácticas para a educación a través do xogo.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A57 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física.
A58 Coñecer o currículo escolar da educación física.
A59 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Situar o papel do xogo motor, a súa importancia e repercusións no contexto da Educación Primaria. A1
A7
A58
A59
A60
B15
C8
Saber empregar o xogo de forma global como medio para traballar todas as áreas do currículo e como contido de ensino - aprendizaxe en si mesmo. A1
A7
A58
A59
A60
B1
B2
B3
B5
B6
B14
B15
B21
B22
B24
C1
C7
Experimentar intervencións prácticas a través do xogo motor aplicadas á Educación Primaria analizándoas críticamente. A1
A7
A57
A58
A59
A60
B1
B3
B6
C1
Valorar críticamente a presenza do xogo na Educación Primaria, así como as súas repercusións no desenvolvemento integral da infancia. A1
A7
A57
A58
A59
B1
B3
B6
B23
B24
B25
C1
C7
Capacidade para realizar unha análise estrutural e funcional crítico no deseño e realización do xogo motor. A1
A7
A57
A58
A59
A60
B1
B2
B3
B5
B21
B22
B23
B24
C1
Capacidade para ofrecer ao alumnado de Educación Primaria recursos lúdico-motores para que os poidan empregar nas súas actividades de lecer. A1
A7
A57
A58
A59
A60
B1
B2
B3
B5
B15
B16
B21
C7
C8
Ser capaz de analizar o xogo da infancia e obter información de utilidade para futuras intervencións didácticas. A1
A7
A57
A58
A59
A60
B2
B3
B15
B16
C6
C7
Capacidade para deseñar, xustificar, aplicar e avaliar propostas de intervención para traballar a través do xogo motor na Educación Primaria. A1
A7
A57
A58
A59
A60
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B11
B14
B15
B16
B21
B22
B24
C1
C3
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE 1: FUNDAMENTOS TEÓRICOS DO XOGO Este bloque está formado por temas que abordan a parte teórica da materia.
Tema 1. Marco conceptual do xogo motor. - Concepto de xogo.
- Características e funcións do xogo.
Tema 2. Fundamentos teóricos do xogo. - Fundamentación, xustificación e análise da presenza do xogo na infancia.
Tema 3. O xogo infantil e a evolución das súas formas. - A evolución do xogo na infancia e a súa relación coa motricidade.
Tema 4. O xogo motor e o currículo da área de Educación Física.
- Análise do currículo de educación física da Educación Primaria e a súa relación co emprego do xogo.
- O emprego do xogo motor para o desenvolvemento dos bloques de contidos na Educación Primaria.


- Tema 5. O xogo motor e a súa didáctica. - Didáctica e metodoloxía do xogo.
- Perfil do docente no xogo.
- O xogo e a programación.
- A sesión de xogos.
BLOQUE 2: PROPUESTAS DE INTERVENCIÓN PARA EL DESARROLLO DE ACTIVIDADES FÍSICAS A TRAVÉS DEL JUEGO En este bloque se abordarán las diferentes temáticas a través de dos formas:
- por medio de sesiones teórico- prácticas dirigidas por la profesora;
- por medio de prácticas dirigidas por un grupo el alumnado a sus compañeras-compañeros y observadas por la profesora.
Tema 6. Propostas prácticas de intervención a través do xogo motor Abordaranse diversas propostas de carácter práctico. Sirvan de exemplo o emprego de:
- Dinámicas de presentación a través do xogo.
- Propostas lúdicas para a desinhibición.
- Xogos para o desenvolvemento da creatividade.
- Propostas lúdicas para o traballo sensorial.
- Xogos baseados en estratexias cooperativas.
- Educación da competición a través do xogo.
- Xogos de expresión corporal.
- Xogos de iniciación aos deportes.
- Xogos con material alternativo.
- Xogo dramático, entre outras propostas que poden ir variando.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B14 B15 B16 B21 B22 B23 B24 C1 C3 C8 3 21 24
Guest lecture / keynote speech A1 A7 A57 A58 A59 B6 B25 C6 C7 C8 8 8 16
Mixed objective/subjective test A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B9 B16 B21 B22 C1 C7 C8 2 20 22
Collaborative learning A1 A7 A58 A59 B1 B2 B3 B5 B6 B11 B14 B15 B16 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 3 4.5 7.5
Simulation A1 A7 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 3 4.5 7.5
Introductory activities B1 B2 B6 B9 B15 B21 C1 C6 C7 C8 1 1 2
Physical exercise A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B14 B22 B24 C1 C7 13 19.5 32.5
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realizarase un traballo teórico - práctico. Consiste no deseño e posta en práctica dunha sesión de xogos motores cunha temática asignada pola profesora, para aplicar a un curso concreto de Educación Primaria.
Guest lecture / keynote speech Os temas correspondentes ao bloque 1 da materia serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital.
Mixed objective/subjective test Realizarase unha proba obxectiva na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña.
A proba pode incluír preguntas longas, curtas e/ou tipo test e versará sobre todos aqueles contidos abordados tanto nas sesións teóricas como nas prácticas.
Collaborative learning Desenvolveránse diversos traballos guiados pola profesora na aula e tamén a través da Plataforma Virtual. Estes traballos organizaranse en pequenos grupos que traballarán de forma conxunta na resolución de problemas concretos.
Simulation Consiste na representación a través do xogo dramático de situacións procedentes da realidade.
O alumnado porase baixo condicións hipotéticas a partir dun tema ou situación problema elixido por eles de antemán, ante o cal se pon a proba a súa expresión corporal, capacidade comunicativa, de resolución de problemas e creatividade.
Introductory activities Ao comezar o curso levan a cabo actividades iniciais tanto na teoría como na práctica para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado para o logro dos obxectivos a alcanzar.
Así poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Physical exercise A través desta metodoloxía realizaranse prácticas en diversas instalacións a través dos contidos da materia e aplicados aos diferentes cursos da Educación Primaria.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Collaborative learning
Description
Traballos tutelados:
- dedicarase un tempo para todo o grupo no que se explicará en que consiste o traballo;
- previo á posta en práctica reunirase cada grupo coa profesora. Así se establecerá a validez do deseño e contidos de traballo para a súa posta en practica, establecéndose as correccións oportunas de face á exposición.

Aprendizaxe colaborativo:
- realizaranse diversos traballos en clase e a través da Plataforma Virtual (Moodle) para desenvolvelos individualmente ou en grupos. Nalgúns casos será necesario que o profesorado guíe este traballo para o seu axuste de face á consecución dos obxectivos da materia.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.






Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B14 B15 B16 B21 B22 B23 B24 C1 C3 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. A profesora especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto a súa parte escrita como a oral. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 40
Mixed objective/subjective test A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B9 B16 B21 B22 C1 C7 C8 Realizarase na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. Será de carácter teórico e/ou práctico podendo conter preguntas curtas, tema e/ou tipo test.
40
Collaborative learning A1 A7 A58 A59 B1 B2 B3 B5 B6 B11 B14 B15 B16 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 O alumnado cada vez que se aplique esta metodoloxía grupal deberá entregar no formato indicado, os traballos realizados polo grupo.
Valorarase a súa adecuación aos obxectivos previstos para cada traballo en concreto.
20
 
Assessment comments

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcanzasen ese mínimo.

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.


Sources of information
Basic

-Ballesteros, M. (2009). Los juegos populares en infantil y primaria:análisis y aplicación práctica. Almería: Procompal.

-Bantulá, J. (2001). Juegos motrices cooperativos. Paidotribo: Barcelona.

-Bernal, J.A. y Brito, L.F., (2005). 1,2.3… por todos mis compañeros.Algunos juegos de ayer y hoy entre México y España. Wanceulen: Sevilla.

-Berruezo, P. P. (2009). Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en aprendizaje infantil. Sevilla: Mad.

-Caillois, R. (1958). Teoría de los juegos. Seix Barral: Barcelona.

-Cañas, J. (1994). Didáctica de la expresión dramática. Octaedro:Barcelona.

-Carreño Gallego, C; Blandino Rosano, D. y Marchante Clavijo, J. M. (2003a). Batería Didáctica del juego: volumen I. Almería Procompal.

-Carreño Gallego, C; Blandino Rosano, D. y Marchante Clavijo, J.M. (2003b). Batería Didáctica del juego: volumen II. Almería Procompal.

-Conde, J. L. (1994). Los cuentos motores. Paidotribo: Barcelona.

-Conde, J. L. y Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Aljibe: Málaga.

-Conde, J. L; Martin, C. y Viciana, V. (1997). Las canciones motrices. Inde: Barcelona.

-Eines, J y Mantovani, A. (1997). Didáctica de la dramatización. Gedisa: Barcelona.

-Escriba, A. (1998). Los juegos sensoriales y psicomotores en Educación Física. Gymnos: Madrid.

-Gambero, J. (2011). El juego globalizado. Barcelona: Paidotribo.

-García Fernández, P. (2005). Fundamentos teóricos del juego. Sevilla:Wanceulen.

-Fraguela, R; Palacios, J. y Varela, L. (1996 ). Xogos cooperativos e actividades infantís: educar na cooperación no ámbito escolar. Santiago: Lea.

-Fraguela, R; Palacios, J. y Varela, L. (1996 ). Xogos competitivos: educar na competición no ámbito da educación física. Santiago: Lea.

-Ruiz Juan, F. (2001). Educación motriz a través del juego Infantil:materiales no convencionales. Gymnos: Madrid.

-Gil Madrona, P. (2004). Evaluación de la Educación Física en EducaciónInfantil. Sevilla: Wanceulen.

-Gil Madrona, P. y Navarro Adelantado, V. (2005). El juego motor en Educación Infantil. Sevilla: Wanceulen.

-Graça, A. y Oliveira, J.(1997). La enseñanza de los juegos deportivos. Barcelona: Paidotribo.

-Gray, P. (2018). Aprender en libertad. Edición de Esto no es una escuela.

-Gutiérrez, M. (2010). Juegos ecológicos con material alternativo…recursos domésticos y del entorno escolar. Barcelona: Inde.

-Hueso, K (2019). Jugar al aire libre. Barcelona: Plataforma Editorial.

-Huizinga, J. (1972). Homo ludens. Alianza editorial: Madrid.

-López de Soaga, A. (2004). El juego:análisis y revisión bibliográfica. Bilbao: Universidad del País Vasco.

-Lleixa, T. (1995). Juegos sensoriales y de conocimiento corporal.Barcelona: Paidotribo.

-Martínez, G. (1998). El juego y el desarrollo infantil. Octaedro:Barcelona.

-Mazón, V; Uriel, J. R; Campo, J. J; González, M. M; Real, A;Sarabia, D. et al. (2010). Juegos al aire libre. Barcelona: Inde.

-Mendez, A. (2003). Nuevas propuestas lúdicas para el desarrollo curricular en Educación Física. Paidotribo: Barcelona.

-Moreno, J. A. (2002). Aprendizaje a través del juego. Málaga: Aljibe.

-Navarro, V. (2002). El afán de jugar. Inde: Barcelona.

-Navarro, V., y Trigueros, C. (2009). Investigación y juego motor enEspaña. Lleida: Edicions de la Universitat de Lleida.

-Navas Torres, M. (2010). Juegos con balón. Barcelona: Inde.

-Omeñaca, R. y Ruiz, J.(1999). Juegos cooperativos y E.F. Paidotribo: Barcelona.

-Omeñaca, R., Puyuelo, E. y Ruiz, J. (2001). Explorar, jugar y cooperar.Paidotribo: Barcelona.

-Orlick, J. (1990). Libres para cooperar, librespara crear. Paidotribo: Barcelona.

-Palacios, J. (1998). Jugar es un derecho. Xaniño: A Coruña.

-Palacios, J; Fraguela, R. y Varela, L. (1996). Xogoscompetitivos: educar na competición no ámbito da educación física. Santiago:Lea.

-Palacios, J;Fraguela, R y Varela, L. (1996). Xogos cooperativos eactividades infantís. Educar na cooperación no ámbito escolar. Lea: Santiago.

-Paredes, J. (2003): Juego, luego soy. Wanceulen: Sevilla.

-Pérez y Verdes, R. y Tabernero Balsa, X. A. (1997). XogosPopulares en Galicia. Santiago de Compostela: Lea.

-Ruiz Pérez, LM; Gutiérrez Sanmartín, M; Graupera, J.L.; Linaza, J.L. yNavarro, F. (2001). Desarrollo, comportamiento motor y aprendizaje. Síntesis:Madrid.

-Sher, B. (1996). Juegos estupendos con juguetes improvisados. MartínezRoca: Barcelona.

-Sheridan, M.D. (2011). Play in early childhood. New York:Routledge.

-Stern, A. (2013). Yo nunca fui a la escuela. Litera: Albuixech.

-Stern, A. (2017). Jugar. Litera: Albuixech.

-Suari, C. (2005). Juegos tradicionales: del currículum a la clase. Wanceulen: Sevilla.

-Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos: un xeito novo de pensar en cidade. Pontevedra: Kalandraka.

-Trigo, E. (1995). Juegos motores y creatividad. Barcelona: Paidotribo.

-V.V.A.A. (2008). El juego como estrategia didáctica. Barcelona: Graó.

-V.V.A.A. (2010). 101 juegos de imagen y percepción corporal (3-6años). Sevilla: Wanceulen.

-Velázquez, C. C. (2010). Aprendizaje cooperativo en Educación Física. Barcelona: INDE.

-Vizuete, M. (2006). Juegos populares Rayanos. Badajoz: Diputación provincial de Badajoz.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Curriculum Design and Development in Physical Education/652G02014

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Physical Expression and Curriculum Adaptations/652G02026

Subjects that continue the syllabus
Foundations of Physical Education in Today's Society/652G02031
Introduction to Sports/652G02036
Physical Education and Leisure /652G02035

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.