Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Expresión corporal e adaptacións curriculares Código 652G02026
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Carretero García, Miriam
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
Profesorado
Carretero García, Miriam
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
Web http://campusvirtual.es/moodle/
Descrición xeral Esta materia facilitará ao alumnado a comprender a relevancia do traballo da expresión corporal no eido da educación integral do neno. O alumno adquirirá unha serie de competencias que lle axudará a elaborar as adaptacións curriculares necesarias para atender a diversidade na aula.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
A57 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física.
A58 Coñecer o currículo escolar da educación física.
A59 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A61 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A62 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A63 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a terminoloxía básica e os conceptos elementais da expresión corporal así como recoñecer as distintas adaptacións curriculares aplicadas nos alumnos con dificultades a nivel motor, psíquico e social. A4
A6
A57
A58
Analizar e experimentar os beneficios das prácticas de expresión corporal nos alumnos sen e con necesidades educativas especiais. A6
A12
A13
A14
A23
A57
A59
A60
A62
A64
A65
B6
B14
B17
C4
C6
Experimentar as distintas posibilidades de movemento do corpo como elemento de expresión e comunicación. A8
A13
A14
A57
A58
A60
A62
A64
A65
B1
B17
Capacitar ao alumno para o deseño e creación de propostas educativas de expresión corporal e confección de adaptacións individuais curriculares necesarias en nenos con N.E.E. A13
A56
A58
A60
A61
A63
A65
B1
B3
B11
B14
B15
B16
B17
B18
B19
C3
C4
Fomentar a actitude de análise crítica da información extraída sobre a concepción do modelo de corpo dominante nos medios de comunicación e na sociedade actual, ademais de analizar as barreiras arquitectónicas que dificultan as posibilidades do movemento. A7
A10
A13
A14
A15
A23
B12
B13
B14
B15
B16
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Marco histórico e conceptual da Expresión Corporal. -
TEMA 2. A Expresión Corporal como contido de Educación Física en Educación Primaria. -
TEMA 3. A Expresión Corporal e as súas implicacións didácticas. -




TEMA 4. As adaptacións curriculares para os alumnos con necesidades educativas especiais na Expresión Corporal. -
TEMA 5. Propostas prácticas de intervención para o traballo de Expresión Corporal en Educación Primaria. -

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A23 A57 B13 C4 2 0 2
Proba de resposta breve A4 A7 A8 A58 A64 1 4.5 5.5
Análise de fontes documentais B1 B11 B12 B15 B18 C6 2 5 7
Aprendizaxe colaborativa A12 A13 A56 A63 B13 B14 B16 B17 C4 4 8 12
Proba mixta A61 C3 2 10 12
Sesión maxistral A10 A57 7 25 32
Traballos tutelados A6 A15 A23 A62 A65 B1 B18 B19 C3 C4 3 26 29
Práctica de actividade física A14 A59 A60 B3 B6 10 0 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais
Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Proba de resposta breve Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso.
Análise de fontes documentais
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Aprendizaxe colaborativa
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Proba mixta
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais por parte do docente pero sempre buscando a participación activa do alumnado, favorecendo a reflexión e o pensamento crítico.
Traballos tutelados
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Práctica de actividade física
Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que os alumnos poidan impartilas (función docente), experimentalas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba de resposta breve
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría) despois da primeira corrección e antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A15 A23 A62 A65 B1 B18 B19 C3 C4 635/10000
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha sesión ou proposta docente (segundo a profesora estime conveniente) na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física respecto da expresión corporal e as adaptacións curriculares necesarias para casos concretos, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
40
Proba de resposta breve A4 A7 A8 A58 A64
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso.
10
Proba mixta A61 C3 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de breve desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.  

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. 

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica


Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia.

Alvarado Gil, M. (2011). La atención a la diversidad. Revista Digital Innovación y Experiencias Educativas.(42), 1-10.

Antolín Jimeno, L. (2013). Expresión Corporal. Fundamentos Motrices. Valencia: Universitat de València.

Arnaiz, P. (2000). Hacia una educación sin exclusión. En A. Miñambres y G.Jové (coords.) La atención a las necesidades educativas especiales: de la Educación Infantil a la Universidad. . Lleida: Fundació Vall i Universitat.

Arnaiz, P. (2005a). Atención a la diversidad. Programación curricular. Costa Rica: EUNED.

Arnaiz, P. (2005b). Educación inclusiva:Una escuela para todos. Málaga: Aljibe.

Arteaga Checa, A., Viciana Garófano, V., & Conde Caveda, J. (1997). Desarrollo de la expresividad corporal. Tratamiento globalizador de los contenidos de representación., . Barcelona: INDE.

Arteaga, M. (2003). Fundamentois de la expresión corporal ámbito pedagógico. Granada: Grupo Editorial Universitario.

Arufe, V. (2011). Propuesta de actividades psicomotrices adaptadas a los niños con Necesidades Educativa Especiales dentro del aula de Educación Física. Revista digital de Educación Física EmásF(11), 1-13.

Asún, S. (2001). La integración en la Educación Física: Una realidad a tener en cuenta. Revista de Educación Física(82), 31-33.

Barrena, P. I. (2010). Adaptaciones curriculares en Educación Física. Revista Autodidacta(4), 84-92.

Bernal, J. A. (2002). El profesor de educación física y el alumno sordo. Sevilla: Wanceulen.

Cachadiña Casco, M. P. c., Rodríguez Terrón, J. J., & Ruano Arriagada, K. (2006). Expresión corporal en clase de Educación Física. Sevilla: Wanceulen

Cañabate, D., & Soler, A. c. (2017). Movimiento y lenguajes. De la experiencia sensoperceptiva a la conciencia y el pensamiento. Barcelona: Graó.

Castañer, M. (2000). Expresión Corporal y danza. Barcelona: INDE.

Cuadrado Gordillo, I., Davara Rodríguez, L., López Risco, M., & Murillo Gil, M. (1998). Alumnos con necesidades educativas especiales. Tomo I. Guía de adaptación de materiales didácticos. Badajoz: INDUGRAFIC.

Cumellas, M., & Estrany, C. (2006). Discapacidades motoras y sensoriales en Primaria. La inclusión del alumnado en Educación Física. 181 Juegos adaptados. Barcelona: INDE.

Hernández Vázquez, F. J. (2012). Inclusión en Educación Física: las claves del éxito para la inclusión del alumnado con capacidades diferentes. Barcelona: INDE.

Larraeta Ramos, B. c., Sierra Zamorano, M. A., & Ruano Arriagada, K. (2005). Los contenidos de Expresión Corporal. Barcelona: INDE.

Learreta, B. c., Ruano, K., & Sierra, M. A. (2006). Didáctica de la Expresión Corporal. Talleres monográficos. Barcelona: INDE.

Linares, P., & Arraez, J. c. (1999). Motricidad y necesidades especiales. Granada: Aemne.

Lledó, A. (2008). La discapacidad auditiva. Un modelo de esducación inclusiva. Barcelona: Edebé.

Mateu Serra, M., Durán Delgado, C., Troguet Taull, M., & Cases Castillo, O. (1999). 1000 Ejercicios y juegos aplicados a las actividades corporales de expresión. (4ª ed.). Barcelona: Paidotribo.

Montávez Martín, M. (1998). Expresión Corporal. Propuestas para la acción. Málaga: Re-Crea y Educa.

Montávez Martín, M., & Zea Montero, M. J. c. (2004). Recreación Expresiva. Málaga: Re-Crea.

Montesinos Ayala, D. (2004). La expresión corporal. Su enseñanza por el método natural evolutivo. Barcelona: INDE.

Motos Teruel, T., & G. Aranda, L. (2001). Práctica de la Expresión Corporal. Ciudad Real: Ñaque Editora.

Narváez Sánchez, M. C. (2011). La atención a la diversidad en el aula: niños TDAH. Revista Digital Innovación y Experiencias Educativas.(40), 1-14.

Ortiz Camacho, M. M. (2002). Expresión corporal. Una propuesta didáctica para el profesorado de Educación Física. Granada: Grupo Editorial Universitario.

Ortiz, R., Pérez, O., Calle, A., Fernández, F., & Muñoz, E. (2002). La escalada: una propuesta de integración con deficientes visuales. . Revista Integración(38), 35-43.

Pérez, D. (2004). La atención a la diversidad en Educación Física. Sevilla: Wanceulen.

Pérez Turpín, A., & Suárez Llorca, C. (2004). Educación física y alumnos con necesidades educativa especiales. Sevilla: Wanceulen.

Pierre, J. d. (2007). Educación Física y discapacidades motrices. Barcelona: Inde.

Porras, R. (1998). Una escuela para la integración educativa. Una alternativa al modelo tradicional. Sevilla: MCEP.

Rebullido, T. R., & Lameiro, C. V. (2016). El Flashmob como propuesta de innovación educativa en expresión corporal y danza. Retos. Nuevas tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación(29), 126-128.

Ridocci, M. (2009). Expresión Corporal. Arte del Movimiento. Las bases prácticas del lenguaje expresivo. Madrid: Biblioteca Nueva.

Ríos Hernández, M., Ruíz Sánchez, P., & Carol Gres, N. (2014). La inclusión en la actividad física y deportiva. Barcelona: Paidotribo.

Rodriguez Catejón, J. J. (2009). La atención y tratamiento de las necesidades educativas especiales en los elementos de acceso al currículo y en los elementos básicos del mismo (objetivos, contenidos, criterios de evaluación y metodología) en Educación Física. Revista Digital de Educación Física y Deporte, 133, 1-7.

Romero Lacal, J. L. (2011). La educación en España. Análisis, evolución y propuesta de mejora. Revista Digital Innovación y Experiencias Educativas.(42), 1-9.

Romero Martín, M. R. (2015). Expresión corporal en Educación Física. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza.

Ruano, K., & Sánchez, G. C. (2009). Expresión Corporal y Educación. Sevilla: Wanceulen.

Ruiz González, L. (2011). Adaptaciones curriculares en alumnos con asma en las clases de Educación Física. Revista Digital de Educación Física y Deporte(155), 1-6.

Sanz Redín, C. (2004). Aquí jugamos todos: una propuesta para la integración de alumnos con discapacidad motriz en las sesiones convencionales de eduación física. Alpedrete: Pila Teleña.

Tierra Orta, J. e. a. e. (2012). Las actividades físicas adaptadas: un medio adecuado para mejorar la inclusión en los centros educativos. Huelva: Universidad de Huelva.

Timón Benitez, M., & Hormigo Gamarro, F. c. (2010). La atención a la diversidad en el marco escolar. Sevilla: Wanceulen.

Vegas González, G. (2011). Estrategias de trabajo con parálisis cerebral. Revista Digital Innovación y Experiencias Educativas.(43), 1-11.

Zuhrt, R. (1986). Educación del movimiento y del cuerpo en niños discapacitados físicamente. Buenos Aires: Panamericana.

-->

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño e desenvolvemento curricular da educación física/652G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xogos motores/652G02025

Materias que continúan o temario
Iniciación deportiva/652G02036
Educación física para o lecer/652G02035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías