Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Practicum I Código 652G02033
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Gabriel Fernandez, Narciso de
Galán Rodríguez, Noelia María
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Torres Santomé, Jurjo
Valle Arias, Antonio
Correo electrónico
narciso.de.gabriel@udc.es
noelia.galan@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
j.lorenzo.castineiras@udc.es
m.rodicio@udc.es
jurjo.torres@udc.es
antonio.valle@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es

CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 9 créditos da materia (225 horas), o 55% son de carácter presencial (135 horas) e o 45% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (90 horas).
Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 10 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade.
Durante o desenvolvemento do Prácticum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da titulación.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia denominada Prácticum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Sin modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Sin modificacións
Se non se puideran completar as horas de estadía no centro, estudarase a situación e seguiranse as indicacións que aparecen no punto terceiro proposto na RESOLUCIÓN REITORAL DO 23 DE MARZO DE 2020 MEDIANTE A QUE SE ADAPTA O PROCEDEMENTO ESTABLECIDO PARA AS PRÁCTICAS CURRICULARES E EXTRACURRICULARES DO ALUMNADO DO CURSO ACADÉMICO 2019/2020 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, ÁS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PREVISTAS PARA ACOMODAR AS ACTIVIDADES ACADÉMICAS Á SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE DOCENTE PRESENCIAL, así como as RECOMENDACIÓNS DA CONFERENCIA DE DECANOS/AS DE EDUCACIÓN RESPECTO AS PRÁCTICAS EXTERNAS DO ALUMNADO. A proposta de alternativas farase desde o Vicedecanato de Practicum, contando co acordo do profesorado titor de centro e da facultade así como do alumnado. A proposta presentarase fronte á Comisión de Título para o visto e prace da mesma.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sin modificacións
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

A través do correo electrónico, e das aplicacións Moodle e Teams

4. Modificacións na avaliación

Sin modificacións
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Sin modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A61 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A63 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A66 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se podan establecer nun centro.
A68 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a organización dos centros en que se imparten educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. A11
A68
B2
B7
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social A61
A68
B18
B23
Observar a actividade docente e aprender a saber facer, reflexionando desde e sobre a práctica, e asumir a necesidade de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais A9
A65
B16
B17
B21
B25
C4
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro, aplicando un pensamento crítico, lóxico e creativo A63
A64
B1
B3
B14
B15
B22
C7
Reflexionar sobre as propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro A66
C3
C4
C8
Comportarse con ética e responsabilidade social, como profesional dun centro educativo B6
B17
Saber elaborar discursos coherentes e organizados, así como expoñer ideas de forma oral e por escrito B8
B9
B24
C1

Contidos
Temas Subtemas
A organización das institucións educativas - Os órganos de goberno do centro e os órganos de coordinación das actividades que nel se desenvolven
- O réxime de funcionamento do centro: proxectos, programas, plans, horarios etc.
- A cultura do centro escolar
O coñecemento do currículo e a súa concreción como paso previo á intervención na educación primaria - Os niveis de concreción: Decreto de currículo, programación de ciclo e programación de aula
- As unidades didácticas, os centros de interese, os proxectos de aprendizaxe etc., como elementos chave do proceso formativo
de aprendizaxe etc.
A xestión da aula na educación primaria como marco de referencia para un desenvolvemento integral dos nenos de 6-12 anos - Principios e procedementos didácticos propios da etapa
- Culturas escolares e procesos de comunicación emerxentes nas aulas
- Usos críticos dos recursos e materiais curriculares na educación primaria
- A titoría (individual/grupal) como elemento dinamizador e de conexión entre os centros e as familias
- A avaliación de aprendizaxes como avaliación educativa e auténtica
A reflexión sobre a práctica observada como ferramenta para a innovación e a mellora - O interese pola avaliación do currículo deseñado e desenvolvido
- Técnicas e estratexias de recollida de información para a reflexión sobre a práctica tomando como referencia os discursos dos mestres e dos alumnos
- A elaboración de informes científicos portadores de liñas de mellora contextualizadas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Saídas de campo A9 A11 A61 A63 A64 A65 A66 A68 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B15 B17 B18 B24 B25 C4 C7 125 0 125
Seminario A9 A64 B1 B3 B9 B15 B21 B22 C1 8 0 8
Análise de fontes documentais A64 B1 B15 0 10 10
Portafolios do alumno A9 A64 A66 B1 B3 B6 B8 B9 B15 B16 B17 B22 B23 B25 C1 C3 C7 C8 0 80 80
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo CONSTITÚEN AS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS: 125 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc.
Seminario 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Prácticum.
2. Selección de centro (2 horas).
3. Un mínimo de dous seminarios de titoría obligatoria durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Prácticum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- A segunda (ou posteriores) serán convocadas polo titor e tratarán as seguintes temáticas: Posta en común do traballo realizado ata o momento polo alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Asimesmo tratarase a Avaliación, para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Prácticum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa.
Portafolios do alumno Ver documentos anexos

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Seminario
Portafolios do alumno
Análise de fontes documentais
Descrición
O titor/a do centro supervisará e orientará o traballo de observación e recollida de información do alumnado durante a súa permanencia no centro.
- O/a Titor/a da Facultade realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro. Este contacto servirá para constatar a recepción da documentación, comunicar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foren necesarios.

-O/a Titor/a da Facultade realizará os contactos que estime oportunos e necesarios co titor/a do centro durante o período do Practicum para o mellor desenvolvemento do mesmo.

Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
0
Saídas de campo A9 A11 A61 A63 A64 A65 A66 A68 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B15 B17 B18 B24 B25 C4 C7 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 45
0
Seminario A9 A64 B1 B3 B9 B15 B21 B22 C1 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
10
Portafolios do alumno A9 A64 A66 B1 B3 B6 B8 B9 B15 B16 B17 B22 B23 B25 C1 C3 C7 C8 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
Orixinalidade da proposta
45
 
Observacións avaliación

a) Requisitos para superar a materia:

- Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas pedagóxicas e portafolios.

b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):

- As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.

- Os seminarios e as xornadas (caso do practicum II) non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.

- O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o cartafol na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.

c) Cualificacións:

- A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.

- No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

- Non realizar as practicas pedagóxicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.

- No caso de non presentar o portafolio tendo as prácticas pedagóxicas superadas supón obter como máximo a cualificación de suspenso 4.


Fontes de información
Bibliografía básica

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010). Diversidad e igualdad en educación. Madrid: UNED.

CARBONELL SEBARROJA, J. (2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.

CARBONELL SEBARROJA, J. (2009). La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona: Graó.

CASADO ROMERO, A. (2010). Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

CAMPS, V. (2008). Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona: Península.

CASTELLS CUIXART, P. (2011). Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona: Península.

DOMENECH, J. y GUERRERO, J. (2005). Miradas a la educación que queremos. Barcelona: Graó.

ESCUDERO PEREZ, J. y MARTINEZ TEN, L. (Coord.) (2011). Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid: Los Libros de la Catarata.

ESTEVE, O., MELLEF, K. y ANSINA, A. (Coord.) (2010). Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona: Octaedro.

GARCIA ARETIO, L. (2009). Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid: UNED.

GIMENO SACRISTAN, J. (Comp.)(2006). La reforma necesaria. Entre la política educativa y la práctica escolar. Madrid: Morata.

MAÑU NOAIN, J. (2010). Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid: Narcea.

ORTEGA, R. (Coord.) (2010). Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid: Alianza.

PEREZ SERRANO, G. (2010). Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid: Narcea.

RODICIO-GARCÍA, M.L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M.J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid: Biblioteca Nueva.

RODRIGUEZ JARES, X. (2006). Aprender a convivir. Vigo: Xerais.

SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007). Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid: Fundación Europea Sociedad y Educación.

SEGOVIA GARCIA, N. (2006). Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo: Ideas Propias.

SUBIRATS, M. y TOME, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona: Octaedro.

Bibliografía complementaria

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2009). Narraciones de la Escuela. Barcelona: Editorial Davinci.

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2010). Narraciones de maestros. Barcelona: Editorial Davinci.

DIEZ NAVARRO, C. (2003). El piso de abajo de la escuela. Barcelona: Graó.

McCOURT, F. (2005). El profesor. Madrid: Maeva.

PENNAC C. (2008). Mal de escuela. Barcelona: Mondadori.

TONUCCI, F. (1994). Con ojos de niño. Barcelona: Barcanova (6ª ed.).

TONUCCI, F. (1988). Niño se nace. Barcelona: Barcanova (2ª ed.).

TONUCCI, F. (1989). Cómo ser niño. Barcelona: Barcanova.

TONUCCI, F. (1993). La soledad de los niños. Barcelona: Barcanova.

TONUCCI, F. (2003). Cuando los niños dicen ¡Basta! Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización da materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a practicum.educacion@udc.es, ainda que nese momento non cumpla os requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías