Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Educación física para o lecer Código 652G02035
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Fraguela Vale, Raul
Gonçalves López, María Paz
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
paz.goncalves@udc.es
Web
Descrición xeral Nun contexto social no que o lecer sedentario converteuse nun problema de primeiro nivel na infancia e a adolescencia, espérase que o sistema educativo sexa capaz de promocionar estilos de vida activos. Isto supón que a influencia docente traspase o contexto da aula e fomente que os alumnos sexan máis activos durante o seu tempo libre e na esfera familiar. Para iso é necesario un coñecemento específico no ámbito da Educación Física para o lecer.
Nesta materia abórdase o tratamento didáctico dos elementos do currículo de Educación Física máis relacionados co lecer. Ademais téntase que os futuros docentes se familiaricen coas prácticas de actividade física de tempo libre preferidas polo seu alumnado para que sexan capaces de realizar propostas axustadas ás súas necesidades e intereses. A organización de actividades complementarias e extraescolares é outra das responsabilidades do profesorado á que se tenta dar resposta desde esta materia.
Doutra banda, unha crecente concienciación social solicita que as actividades educativas de lecer sexan impartidas por especialistas no ámbito educativo e en colectivos en idade escolar. Ambos requisitos forman parte do perfil do docente en Educación Primaria, que pode encargarse das actividades de lecer destes grupos. A demanda social rexeita xa outras figuras con escasa formación e dedicación e busca profesionais cunha maior cualificación, capaces de programar e organizar actividades de lecer en contextos e con finalidades educativas.
Os contidos da mención de Educación Física máis relacionados coa materia, son os seguintes: educación do lecer na infancia e a súa relación coa actividade física; fomento da participación en actividades físico-deportivas ao longo da vida; actividades físicas no medio natural; e deseño e desenvolvemento de propostas educativas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A57 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física.
A58 Coñecer o currículo escolar da educación física.
A59 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer aspectos básicos da Pedagoxía do Lecer, así como estratexias para o seu desenvolvemento desde a Educación Física. A59
A60
B1
B4
B5
B15
B21
C3
Analizar e valorar a presenza de contidos relacionados co lecer no currículo de Educación Física para a Educación Primaria. A58
B1
B5
B16
B23
C6
Capacidade de deseñar, xustificar, organizar e avaliar actividades físicas para a educación do lecer dos alumnos de Educación Primaria, con especial atención ao deporte recreativo, as actividades físicas no medio natural e as propostas interdisciplinares. A59
A60
B1
B2
B5
B6
B9
B11
B14
B15
B22
B24
B25
C3
C8
Ser capaz de identificar estratexias e recursos metodolóxicos para a promoción da práctica físico-deportiva durante o lecer. A57
A59
B1
B2
B3
B14
B21
C3
C7
Asumir a importancia do sector extraescolar como ámbito de acción educativa. A57
A59
B3
B6

Contidos
Temas Subtemas
1. A pedagoxía do lecer
.
2. A recreación na área de Educación Física .
3. A actividade física no medio natural .
4. Promocionando o lecer activo desde a Educación Física: en busca da autonomía na práctica de actividade física .
5. O sector extraescolar como ámbito de acción educativa .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A58 B5 B15 B25 1 5 6
Aprendizaxe colaborativa A58 A59 A60 B2 B3 B5 B14 C8 2 6 8
Discusión dirixida B1 B2 B3 B9 B16 C7 1 4 5
Sesión maxistral A57 A58 A59 A60 C7 C8 10 10 20
Práctica de actividade física A57 A58 A59 A60 B1 B2 B4 B5 B14 C7 12 12 24
Traballos tutelados A57 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B9 B14 B16 B22 B23 B24 C3 C8 2 24 26
Presentación oral B2 B11 B24 C3 C6 1 6 7
Proba de resposta breve A57 A58 B2 B3 B5 B14 1 3 4
Proba mixta A57 A58 A60 B2 B3 B6 B21 1 10.5 11.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Práctica de actividade física Metodoloxía que permite ó alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades físicas e/ou deportivas de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, etc., a execución dos fundamentos psicomotores e/ou sociomotores das distintas habilidades deportivas.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba de resposta breve Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballos tutelados.

Para a súa realización os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría) despois da primeira corrección e antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212). Para aquelas actividades que non poida realizar por no asistir a clase, deberá acudir á revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A57 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B9 B14 B16 B22 B23 B24 C3 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase grupalmente.

O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
30
Proba de resposta breve A57 A58 B2 B3 B5 B14 Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. 30
Proba mixta A57 A58 A60 B2 B3 B6 B21 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. 40
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria á asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia.

Aguilar Gutiérrez, E. (2008). OcioGune 2008. El influjo del tiempo en la vivencia del ocio: transformaciones, oportunidades y riesgos en la sociedad apresurada. Comunicaciones. Bilbao: Universidad de Deusto.

Aguilar Idáñez, M. J. (2000). Cómo animar un grupo. Madrid: CCS.

American College of Sports Medicine, Nike, I. y International Council of Sport Science and Physical Education. (2012). Designed to move. A physical activity action agenda  Retrieved from http://designedtomove.org/downloads/Designed_To_Move_Full_Report.pdf

Beroujon, Y., Gachet, C., Matera, P., Mazard, G. y Pruneau, C. (1999). Fichero de... juegos de escalada. Barcelona: INDE.

Bilton, H. (2010). Outdoor Learning in the Early Years. Management and Innovation, 3rd Edition. London: Routledge.

Camerino, O. (2000). Deporte recreativo. Barcelona: INDE.

Canto Ortiz, J. M. (2000). Dinámica de grupos. Aspectos técnicos, ámbitos de intervención y fundamentos teóricos. Málaga: Aljibe.

Carmona, C., Sánchez, P. y Bakieva, M. (2011). Actividades Extraescolares y rendimiento académico: diferencias en autoconcepto y género. Revista de Investigación Educativa, 29(2), 447-465.

Carol, M. N., Cory-Wright, J. y Renfrew, T. (2006). Carreras de orientación. Guía de aprendizaje. Badalona: Paidotribo.

Castillo, S. y Sánchez, G. (2003). Animación y dinámica de grupos. Barcelona: Altamar.

Contreras, O. R., Torre, E. d. l. y Velázquez, R. (2001). Iniciación deportiva. Madrid: Síntesis.

Coterón, F. J. y Sánchez, G. (2009). Innovación educativa en educación física escolar: expresión corporal. Madrid: Universidad Politécnica de Madrid.

Cuenca, M. (2006). Aproximación multidisciplinar a los estudios de ocio. Bilbao: Universidad de Deusto.

Fraguela, R. (2004). O deporte como ocupación do  lecer dos cidadáns. Interea Visual, 2, 36-38.

Fraguela, R., Lera, A. y Varela, L. (2002). Contribución al desarrollo grupal a través de actividades motrices. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, 8(6), 9-25.

Fraguela, R. y Varela, L. (2005). A acción municipal e as políticas de ocio nos procesos de desenvolvemento comunitario: o ámbito do deporte. In M. B. Caballo y R. Fraguela (Eds.), A acción Municipal no tempo libre (pp. 48-60). A Coruña: Diputación de A Coruña.

Fraguela, R., Varela, L., Caride, J. A. y Lera, A. (2009). Deporte y ocio: nuevas perspectivas para la acción socioeducativa. Bilbao: Instituto de Estudios de Ocio. Universidad de Deusto.

Fraile, A. (2004). Didáctica de la Educación Física. Una perspectiva transversal. Madrid: Biblioteca Nueva.

Funollet i Queixalós, F. (2004). La necesidad de las actividades deportivas en el medio natural. Tándem: Didáctica de la educación física, 16, 7-19.

Funollet i Queixalós, F. y Fuster, J. (2004). Riesgo y seguridad en las actividades deportivas en el medio natural. Tándem: Didáctica de la educación física, 16, 20-33.

García, M. (2006). Posmodernidad y deporte: entre la individualización y la masificación. Encuesta sobre hábitos deportivos de los españoles. Madrid: CIS.

Green, K. (2010). Key themes in youth sport. Nueva York: Routledge.

Honoré, C. (2006). Elogio de la lentitud. Barcelona: RBA.

Honoré, C. (2008). Bajo presión. Como educar a nuestros hijos en un mundo hiperexigente. Barcelona: RBA.

Humberstone, B., Prince, H. y Henderson, K. A. (2017). Routledge International Handbook of Outdoor Studies. London: Routledge.

Jiménez, A. y Montil, M. (2006). Determinantes de la práctica de actividad física. Madrid: Dykinson.

Kay, T. (2009). Fathering through sport and leisure. Nueva York: Routledge.

Kirk, D. (2010). Physical Education futures. London: Routledge.

López Herrerías, J. A. (1998). El deporte, espacio educativo. In L. Pantoja (Ed.), Nuevos espacios de la educación social (pp. 337-365). Bilbao: ICE-Universidad de Deusto.

Louv, R. (2018). Los últimos niños en el bosque. Madrid: Capitán Swing.

Maiztegui, C. y Pereda, V. (2000). Ocio y deporte escolar. Bilbao: Universidad de Deusto.

Martin, A. y Franc, D. (2017). Outdoor and Experiential Learning. London: Routledge.

Ministerio de Educación. (2009). Actividades del alumno fuera del horario escolar. Actividades extraescolares. In Ministerio de Educación (Ed.), Sistema estatal de indicadores de la evaluación. Edición 2009 (pp. 96-97). Madrid: Ministerio de Educación. Instituto de Evaluación.

Monteagudo, M. J. (2006). Ocio y deporte. In A. M. González Suárez (Ed.), Avances en ciencias del deporte (pp. 285-304). Bilbao: Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco.

Monteagudo, M. J. y Puig, N. (2004). Ocio y deporte. Un análisis multidisciplinar. Bilbao: Universidad de Deusto.

O'Sullivan, M. y MacPhail, A. (2010). Young people's voices in physical education and youth sport. Nueva York: Routledge.

Ortí Ferreres, J. (2004). La animación deportiva, el juego y los deportes alternativos. Barcelona: INDE.

Rey-López, J. P., Ruiz, J. R., Vicente-Rodríguez, G., Gracia-Marco, L., Manios, Y., Sjöström, M., . . . Group, H. S. (2012). Physical activity does not attenuate the obesity risk of TV viewing in youth. Pediatric Obesity, 7(3), 240-250. doi: 10.1111/j.2047-6310.2011.00021.x

Robert Wood Johnson Foundation. (2012). Active Living Research  Retrieved 28/06/2012, 2012, from http://www.activelivingresearch.org/

Roman, B., Serra, L., Ribas, L. y otros. (2006). Actividad física en la población infantil y juvenil española en el tiempo libre. Estudio enKid (1998-2000). Apunts Medicina del´esport(151), 86-94.

Rovira, R. (2004). La escalada en la escuela: una experiencia práctica. Tándem: Didáctica de la educación física, 16, 53-65.

Sánchez, G. y Coterón, J. (2012). Un modelo de intervención para una motricidad expresiva y creativa. Tándem Didáctica de la Educación Física(39), 37-47.

Soria, M. A. y Cañellas, A. (1991). La animación deportiva. Barcelona: INDE.

Varios. (1997). Manual de maestro especialista en Educación Física. Madrid: Pila Teleña.

Waite, S. (2017). Children Learning Outside the Classroom From Birth to Eleven,Second Edition. London: SAGE Publications Ltd.

Wheaton, B. (2004). Understanding lifestyle sport. Consumption, identity and difference. Nueva York: Routledge.

Whitehead, M. (2010). Physical literacy. Throughout the lifecourse. Nueva York: Routledge.

Woods, A. (2016). Elemental Play and Outdoor Learning. London: Routledge.

World Leisure Organization. (2012). World Leisure Organization official website  Retrieved 10/12/2012, 2012, from http://www.worldleisure.org/

Wright, J. y Macdonald, D. (2010). Young people, physical activity and the everyday. Nueva York: Routledge.

Zavalloni, G. (2011). La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no violenta. Barcelona: Graó.

Bibliografía complementaria

Educación Física: selección de revistas nacionales

Apunts. Educación Física y Deportes.
Apunts. Medicina del Deporte.
Archivos de Medicina del Deporte.
Cuadernos de Psicología del Deporte.
Cultura, Ciencia y Deporte.
Kronos. La revista científica de actividad física y deporte.
Motricidad. European Journal of Human Movement.
Revista de Educación Física. Renovar la teoría y la práctica.
Revista de Entrenamiento Deportivo.
Revista de Psicología del Deporte.
Revista Española de Educación Física y Deportes.
Revista Iberoamericana de Psicomotricidad y Técnicas Corporales.
Revista Internacional de Medicina y Ciencias de la Actividad Física y el Deporte.
RICYDE. Revista Internacional de Ciencias del Deporte.
Selección. Revista Española e Iberoamericana de Medicina de la Educación Física y el Deporte.
Tándem. Didáctica de la Educación Física.

Educación Física: selección de revistas internacionales

Physical Education and Sport Pedagogy.
Association for Physical Education.

Journal of Teaching in Physical Education.
Estados Unidos: International Association for Physical Education in Higher Education.

Sport, Education and Society.
Reino Unido: Routledge.

European Physical Education Review.
Europa: North West Counties Physical Education Association y SAGE.

Journal of PE, Recreation & Dance.
Estados Unidos: American Alliance for Health, Physical Education, Recreation and Dance (AAHPERD).

Educación Física: bases de datos

Sportdiscus (disponible online biblioteca UDC).
Base de datos específica del deporte (internacional y multidisciplinar).

Heracles
Base de datos de Educación Física y deportes (en francés).

Bases de datos generales

ERIC (Education Resources Information Center) (disponible online biblioteca UDC).
Biblioteca digital específica de educación.

EBSCOhost. Online Research Databases.
Base de datos multidisciplinar que incluye diferentes bases de datos.

Informaworld
Base de datos multidisciplinar que incluye diferentes bases de datos, especialmente en ciencias sociales y de la educación.

Dianet (disponible online)
Portal de difusión de producción científica multidisciplinar hispana.

CSIC-ISOC (disponible online biblioteca UDC)
Base de datos en ciencias sociales y humanidades del CSIC.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño e desenvolvemento curricular da educación física/652G02014
Fundamentos da educación física na sociedade actual/652G02031
Xogos motores/652G02025
Expresión corporal e adaptacións curriculares/652G02026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Iniciación deportiva/652G02036

Materias que continúan o temario

Observacións

No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías