Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Sistemas alternativos de comunicación Código 652G02037
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Gomez Taibo, Maria Luisa
Correo electrónico
luisa.gomez.taibo@udc.es
Profesorado
Gomez Taibo, Maria Luisa
Correo electrónico
luisa.gomez.taibo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta é unha materia na que se trata de dotar o futuro mestre das ferramentas necesarias para facilitar o acceso ó curriculum ordinario e adaptado a á comunicación do alumnado con necesidades educativas especiais sen fala o con trastorno severo da fala por mor de discapacidades conxénitas ou adquiridas. O uso de sistemas alternativos de comunicación baseados en símbolos gráficos coma os SPC, BLISS, PIC, a ortografía, etc., signos manuales, e o uso de opcións de alta e baixa tecnoloxía de apoio á comunicación xunto con programas especiales para a comunicación e a escritura serán as ferramentas básicas para a participación e a aprendizaxe escolar do alumnado con discapacidade e trastornos da comunicación e da linguaxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A30 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, respetar e valorar os diferentes grupos de alumnos que se poden beneficiar dos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación. A3
A4
A6
B1
B18
C4
Coñecer as opcións simbólicas e non simbólicas así como coñecer e desenvolver tecnoloxía de apoio a comunicación aumentativa e alternativa e o seu papel como sistemas de acceso ó currículum. A3
A4
A6
A11
A13
A17
A30
B11
B12
B14
B18
C3
C4
C7
Recoñecer as diferentes barreiras á comunicación e á participación na aula e dentro da contorna escolar e saber intervir para a sú eliminación. A6
A11
A13
A17
B14
B18
C4
Dominar o proceso de ensinanza e aplicación de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación na contorna escolar. A17
A30
B14
B16
B21
B22
B23
B24
B25
C3
C4
C7
Valorar e respetar as formas alternativas de comunicación, en tanto que estas poden constituir a forma principal de linguaxe para as persoas con discapacidade da fala. B2
B6
B18
C4

Contidos
Temas Subtemas
Sistemas alternativos de comunicación e acceso ó currículum. Conceptualización da comunicación aumentativa e alternativa
Ol modelo de comunicación aumentativa e alternativa.
Competencia comunicativa nos estudantes con necesidades especiais de comunciación.
Os sistemas alternativos de comunicación como acceso á comunicacion, ó currículum e coma ferramenta de inclusión educativa.
Sistemas asistidos e sistemas non asistidos de comunicación aumentativa e alternativa. Sistemas alternativos e aumentativos asistidos.
Os símbolos asistidos.
Sistemas alternativos e aumentativos non asistidos.
Dos xestos de uso común ás linguaxes codificadas xestuais
A lingua de signos.
Tecnoloxía de apoio á comunicación e acceso á comunicación escrita. Medios de indicación dos símbolos asistidos.
Accesos ós dispositivos de comunicación.
Opcións de baixa tecnoloxía.
Opcións de alta tecnoloxía: comunicadores e ordenador.
Sotware específico para a comunicación.
O proceso de valoración-intervención. O modelo de participación. Valoración para a participación na aula. Oportunidades e barreiras para a comunicación.
Técnicas específicas de intervención.
Programas de comunicación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A4 A6 A11 B6 B18 B25 C4 C7 8 16 24
Traballos tutelados A13 A30 B14 B16 B22 B23 6 60 66
Eventos científicos e/ou divulgativos A17 B11 B12 2 2 4
Análise de fontes documentais A6 A11 A17 A30 B2 1 0 1
Glosario A17 B11 B24 1 0 1
Obradoiro A6 A11 3 3 6
Aprendizaxe colaborativa A6 A13 B1 C3 5 0 5
Simulación A6 A11 A17 B1 1.5 0 1.5
Proba obxectiva A6 A17 B2 B11 B21 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos programáticos.
Traballos tutelados O alumnado entregará os materiais produto das actividades de aprendizaxe: taboleiros e plantillas de comunicación, caderno de PECS, catálogo de tecnoloxía de apoio, conto adaptado, unidade didáctica adaptada e os materiais necesarios de avaliación e para a participación dos alumnos con necesidades comunicativas especiales. Computa na avaliación
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá obrigatoriamente ós eventos divulgativos programados para a materia. Nestes eventos contarase coa participación de profesionales da área da comunicación aumentativa e alternativa; estes amosarán unha selección de produtos de apoio á comunicación de alta tecnoloxía, accesos alternativos e programas específicos de comunicación alternativa.
Análise de fontes documentais Uso de seccións de documentos audiovisuais, relevantes para os sistemas alternativos de comunicación, con actividades especialmente deseñadas para o seu análise. Estes documentos se usarán como introducción xeral a diferentes temáticas do programa.
Glosario Ferramenta para a explicación e contextualización de termos e conceptos na área dos sistemas de comunicación aumentativa e alternativa para facilitar a súa comprensión.
Obradoiro Os alumnos realizarán prácticas para a aprendizaxe de sistemas alternativos non asistidos (alfabeto dactilolóxico, sistema bimodal e palabra complementada) coa axuda e superivisión da profesora.
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos, organizados en pequenos grupos, traballarán colaborativamente para resolver as tarefas asinadas pola profesora. Serán guiados persoalmente ou mediante o uso de tecnoloxías da información e da comunicación.
Simulación Presentaránse ós alumnos situación semellantes as que atoparán no eido educativo relacionada coa aplicación dos sistemas de alternativos de comunicación
Proba obxectiva Os alumnos terán que superar unha proba obxectiva que consistirá na combinación de preguntas de ordenación e secuenciación, de preguntas de resposta breve e de preguntas de completar.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A docente adicará atención persoal a tódolos alumnos e alumnas para a resolución de dúbidas, aclaración de conceptos e cuestións de carácter teórico, para asesoramiento na elaboración dos traballos tutelados, durante as prácticas con TIC, etc.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A30 B14 B16 B22 B23 Coa realización dos traballos valorarase a adquisición de procedimentos "saber facer".
Cada grupo de traballo colaborativo entregará nos axeitados prazos os materiais que son produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante as clases interactivas.
Os traballos tutelados computan o 25% da nota final.
25
Eventos científicos e/ou divulgativos A17 B11 B12 A asistencia ós eventos programados é obrigatoria.
O alumnado elaborará e entregará un catálogo cos últimos produtos de apoio á comunicación do mercado.
O catálogo entregado computa un 5% da calificación final.
5
Proba obxectiva A6 A17 B2 B11 B21 Con esta proba valorarase o dominio e asimilación dos contidos teóricos do temario.
A proba obxectiva consiste nunha combinación de preguntas de asociacion, de resposta breve, de completar e de ordenación.
Computa o 70% da calificación final.
70
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é obrigatoria. As ausencias terán que estar debidamente xustificadas.

Para aprobar a materia é imprescindible superar a proba obxectiva que computa o 70% da nota, maila achega do catálago de produtos de apoio á comunicación (5%) e de todos os traballos tutelados (25%).

Admítese dispensa académica. O alumnado con dispensa ou non presencial terá que informar necesariamente á profesora desta situación ó principio do curso para recibir as pautas correspondentes e terá que firmar o día que se presente para que haxa constancia da entrevista. O alumnado neste caso terá que facer o exame na data da convocatoria oficial de todos os contidos da materia, téoricos e prácticos. Os requisitos para superar a materia na modalidade no presencial son os mesmos que para os alumnos que asisten a clase. 


Fontes de información
Bibliografía básica LLOYD, L., FULLER, D., & ARVIDSON, H. (1997). Augmentative and Alternative Communication. A handbook of principles and practices.. Boston: Allyn & Bacon
BEUKELMAN, D. R., & MIRENDA, P. (2005). Augmentative and Alternative Communication. Supporting children and adults with complex communication needs.. Baltimore: Paul H. Brookes
Gómez Taibo, M. L. (2000). Curso de comunicación aumentativa y alternativa. Sevilla: Fundación Verbum
Frost, L., y Bondy, A. (2002). El manual de PECS. Pyramid Educational Products
GOOSSENS’, C., CRAIN, S., & ELDER, P (1992). Engineering the preschool environment for interactive, symbolic communication. . Birmingham, AL: Southeast Augmentative Communication Conference Publications.
Candelos, A. y Lobato, M. (1997). Guía de acceso al ordenador para personas con discapacidad. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales
Zeina, R. M. (2014). High-tech augmentative and alternative communication and autism. Saarbrücken: Lambert Academic Publishing
Asorey, E., Foz, S., y Vargas, E. (2016). Implementación de SAAC en las aulas para alumnos con discapacidad física.. Gobierno de Aragón: Departamento de Educación, Cultura y Deporte
Von Tetzchner, S. y Martinsen, H. (1991). Introducción a la enseñanza de signos y al uso de ayudas técnicas para la comunicación. Madrid: Visor
Cabezón Herrero y otros. (1994). Lenguajes alternativos para personas con dificultades de comunicación. Madrid: Cepe
Schaeffer, B (2005). Programa de Comunicación Total – Habla Signada. Madrid: Alianza
Monfort, M., Juárez, A. y Rojo. (1982). Programa elemental de comunicación bimodal. Madrid: Cepe
Sotillo, M. (1993). Sistemas alternativos de comunicación. Madrid: Trotta
Baumgart, D.; Johnson, J. y Helmstetter, E. (1996). Sistemas alternativos de comunicación para personas con discapacidad. Madrid: Alianza
Torres, S. (2001). Sistemas alternativos de comunicación. Manual de comunicación aumentativa y alternativa: sistemas y estrategias. Málaga: Aljibe
Martín-Caro, L. y Junoy, M. (2001). Sistemas de comunicación y parálisis cerebral. Madrid: Cepe
Basil, C., Soro-Camats, E., y Rosel, C. (1998). Sistemas de signos y ayudas técnicas para la comunicación aumentativa y la escritura. Principios teóricos y aplicaciones.. Barcelona: Masson.
DOWNEY, J. E. (1999). Teaching Communication Skills to Students with Severe Disabilities. . Baltimore: Paul H. Brookes
CORNET, R. O., & DAISEY, M. E. (1992). The Cued Speech Resource Book for Parents of Deaf Children Hardcover.. National Cued Speech Association
GLENNEN, S. & DeCOSTE, D. (1997). The Handbook of Augmentative and Alternative Communication. . San Diego: Singular Publishing Group Inc.
BONDY, A. (2011). The Pyramid Approach to Education: A Guide to Functional ABA. . Pyramid Educational Consultants.

Bibliografía complementaria (). Augmentative and Alternative Communication.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a asistencia a clase.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías