Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas alternativos de comunicación Código 652G02037
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Gomez Taibo, Maria Luisa
Correo electrónico
luisa.gomez.taibo@udc.es
Profesorado
Gomez Taibo, Maria Luisa
Correo electrónico
luisa.gomez.taibo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta é unha materia na que se trata de dotar o futuro mestre das ferramentas necesarias para facilitar o acceso ó curriculum ordinario e adaptado a á comunicación do alumnado con necesidades educativas especiais sen fala o con trastorno severo da fala por mor de discapacidades conxénitas ou adquiridas. O uso de sistemas alternativos de comunicación baseados en símbolos gráficos coma os SPC, BLISS, PIC, a ortografía, etc., signos manuales, e o uso de opcións de alta e baixa tecnoloxía de apoio á comunicación xunto con programas especiales para a comunicación e a escritura serán as ferramentas básicas para a participación e a aprendizaxe escolar do alumnado con discapacidade e trastornos da comunicación e da linguaxe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios nos contidos desta materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral: impártese virtualmente.
- Proba obxectiva: a avaliación será continua e virtual e tamén se manterá a proba obxectiva final.
- Eventos científicos e/ou divulgativos: son desenvolvidos virtualmente.

*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de confinamento
- Obradoiro: as prácticas dos sistemas alternativos non asistidos se impartirán virtualmente. As aprendizaxes serán supervisados por vía telemática por grupos de traballo.
- Aprendizaxe colaborativa. Os membros dos grupos de traballo colaborarán virtualmente para a realización das tarefas asignadas.
- Simulación: os casos prácticos serán prantexados e resoltos telemáticamente.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Teams:
a) Haberá unha sesión semanal virtual en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario.
b) Haberá dúas sesións semanais para a atención en pequeno grupo (grupos de traballo de ata 5 persoas) para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados e para axustarse as necesidades da aprendizaxe do alumnado.

Correo: O alumnado poderá facer uso do correo electrónico para as consultas breves que precisen, ou para solicitar encontros virtuais en Teams para a resolución das dúbidas que puideran ter, e facer o seguimento dos traballos tutelados.



4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios. Se manterán os mesmos criterios establecidos na guía docente tanto para o alumnado con dedicación completa como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

*Observacións de avaliación:
Polo tanto, OS REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA PARA TODO O ALUMNADO calquera que sexa a súa dedicación son:
1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (proba obxectiva e traballos tutelados).
2.Entregar os traballos tutelados na data que se indique.
3.A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
O alumnado dispoñerá de todos os materiais de traballo en formato dixital en Moodle e de todos os sitios web de internet o comezo de cada tema ou o comezo de impartirse un bloque de contidos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A30 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, respetar e valorar os diferentes grupos de alumnos que se poden beneficiar dos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación. A3
A4
A6
B1
B18
C4
Coñecer as opcións simbólicas e non simbólicas así como coñecer e desenvolver tecnoloxía de apoio a comunicación aumentativa e alternativa e o seu papel como sistemas de acceso ó currículum. A3
A4
A6
A11
A13
A17
A30
B11
B12
B14
B18
C3
C4
C7
Recoñecer as diferentes barreiras á comunicación e á participación na aula e dentro da contorna escolar e saber intervir para a sú eliminación. A6
A11
A13
A17
B14
B18
C4
Dominar o proceso de ensinanza e aplicación de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación na contorna escolar. A17
A30
B14
B16
B21
B22
B23
B24
B25
C3
C4
C7
Valorar e respetar as formas alternativas de comunicación, en tanto que estas poden constituir a forma principal de linguaxe para as persoas con discapacidade da fala. B2
B6
B18
C4

Contidos
Temas Subtemas
Sistemas alternativos de comunicación e acceso ó currículum. Conceptualización da comunicación aumentativa e alternativa
O modelo de comunicación aumentativa e alternativa.
Competencia comunicativa dos estudantes con necesidades especiais de comunciación.
Os sistemas alternativos de comunicación como acceso á comunicacion, ó currículum e coma ferramenta de inclusión educativa.
Sistemas asistidos e sistemas non asistidos de comunicación aumentativa e alternativa. Sistemas alternativos e aumentativos asistidos.
Os símbolos asistidos.
Sistemas alternativos e aumentativos non asistidos.
Dos xestos de uso común ás linguaxes codificadas xestuais
A lingua de signos.
Tecnoloxía de apoio á comunicación e acceso á comunicación escrita. Medios de indicación dos símbolos asistidos.
Accesos ós dispositivos de comunicación.
Opcións de baixa tecnoloxía.
Opcións de alta tecnoloxía: comunicadores e ordenador.
Sotware específico para a comunicación.
O proceso de valoración-intervención. O modelo de participación. Valoración para a participación na aula. Oportunidades e barreiras para a comunicación.
Técnicas específicas de intervención.
Programas de comunicación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A4 A6 A11 B6 B18 B25 C7 C4 8 16 24
Traballos tutelados A13 A30 B14 B16 B22 B23 B24 6 60 66
Eventos científicos e/ou divulgativos A17 B11 B12 2 2 4
Obradoiro A6 A11 3 3 6
Aprendizaxe colaborativa A6 A13 B1 C3 6 0 6
Simulación A6 A11 A17 B1 2.5 0 2.5
Proba obxectiva A6 A17 B2 B11 B21 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición virtual dos contidos programáticos para cada un dos temas da materia
Traballos tutelados O alumnado entregará os materiais produto das actividades de aprendizaxe: taboleiros e plantillas de comunicación, caderno de PECS, catálogo de tecnoloxía de apoio, materiais para a alfabetización, unidade didáctica adaptada e os materiais necesarios de avaliación e para a participación dos alumnos con necesidades comunicativas especiales na escola. Computa na avaliación
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá obrigatoriamente ós eventos divulgativos programados para a materia. Nestes eventos contarase coa participación dun profesional da área da comunicación aumentativa e alternativa que amosará virtualmente o funcionamento de dous programas específicos de comunicación alternativa.
Obradoiro Os alumnos realizarán prácticas para a aprendizaxe de sistemas alternativos non asistidos (alfabeto dactilolóxico, sistema bimodal e palabra complementada) coa axuda e superivisión da profesora.
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos, organizados en pequenos grupos, traballarán colaborativamente para resolver as tarefas asinadas pola docente. Serán guiados persoalmente ou mediante o uso de tecnoloxías da información e da comunicación.
Simulación Presentaránse ós alumnos situación semellantes as que atoparán no eido educativo relacionada coa aplicación dos sistemas de alternativos de comunicación
Proba obxectiva A aprendizaxe do alumnado será avaliada de forma continua de xeito que o longo do curso terán que facer probas obxectivas por bloques de contidos (temas completos ou por partes), que consistirán en preguntas de verdadeiro-falso, de resposta múltiple e de resposta breve que serán desenvolvidas a través de plataforma Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A docente adicará atención persoal virtual a tódolos alumnos e alumnas para a resolución de dúbidas, aclaración de conceptos e cuestións de carácter teórico
Asimesmo, a docente asesorará virtualmente de xeito persoal ó alumnado en cualquier cuestión relacionada coa elaboración dos traballos tutelados, durante as prácticas e obradoiros, etc.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A30 B14 B16 B22 B23 B24 Coa realización dos traballos valorarase a adquisición de procedimentos "saber facer".
Cada grupo de traballo colaborativo entregará nos axeitados prazos os materiais que son produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante as clases interactivas.
Os traballos tutelados computan o 50% da nota final.
50
Proba obxectiva A6 A17 B2 B11 B21 A aprendizaxe do alumnado será avaliada de forma continua de xeito que o longo do curso os e as alumnas terán que facer probas obxectivas por bloques de contidos (temas completos ou por partes), que consistirán en preguntas de verdadeiro-falso, de resposta múltiple ou de resposta breve e que serán desenvolvidas a través de plataforma Moodle.


50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible superar todas as probas obxectivas programadas da avaliación continua. Tamén é imprescindible a presentación de todos os traballos tutelados.

Admítese dispensa académica. O alumnado con dispensa terá que informar necesariamente á profesora desta situación ó principio do curso para recibir as pautas correspondentes nunha titoría virtual. Os requisitos para superar a materia nesta modalidade son os mesmos que para o resto de alumnado; os alumnos con dispensa terán que facer o exame na data da convocatoria
oficial e presentar os mesmos traballos tutelados.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
LLOYD, L., FULLER, D., & ARVIDSON, H. (1997). Augmentative and Alternative Communication. A handbook of principles and practices.. Boston: Allyn & Bacon
BEUKELMAN, D. R., & MIRENDA, P. (2005). Augmentative and Alternative Communication. Supporting children and adults with complex communication needs.. Baltimore: Paul H. Brookes
Gómez Taibo, M. L. (2020). Comunicación simbólica: Comunicación Aumentativa y Alternativa. Madrid: Pirámide
Gómez Taibo, M. L. (2000). Curso de comunicación aumentativa y alternativa. Sevilla: Fundación Verbum
Frost, L., y Bondy, A. (2002). El manual de PECS. Pyramid Educational Products
GOOSSENS’, C., CRAIN, S., & ELDER, P (1992). Engineering the preschool environment for interactive, symbolic communication. . Birmingham, AL: Southeast Augmentative Communication Conference Publications.
Zeina, R. M. (2014). High-tech augmentative and alternative communication and autism. Saarbrücken: Lambert Academic Publishing
Asorey, E., Foz, S., y Vargas, E. (2016). Implementación de SAAC en las aulas para alumnos con discapacidad física.. Gobierno de Aragón: Departamento de Educación, Cultura y Deporte
Von Tetzchner, S. y Martinsen, H. (1991). Introducción a la enseñanza de signos y al uso de ayudas técnicas para la comunicación. Madrid: Visor
Schaeffer, B (2005). Programa de Comunicación Total – Habla Signada. Madrid: Alianza
Monfort, M., Juárez, A. y Rojo. (1982). Programa elemental de comunicación bimodal. Madrid: Cepe
Sotillo, M. (1993). Sistemas alternativos de comunicación. Madrid: Trotta
Baumgart, D.; Johnson, J. y Helmstetter, E. (1996). Sistemas alternativos de comunicación para personas con discapacidad. Madrid: Alianza
Torres, S. (2001). Sistemas alternativos de comunicación. Manual de comunicación aumentativa y alternativa: sistemas y estrategias. Málaga: Aljibe
Martín-Caro, L. y Junoy, M. (2001). Sistemas de comunicación y parálisis cerebral. Madrid: Cepe
Basil, C., Soro-Camats, E., y Rosel, C. (1998). Sistemas de signos y ayudas técnicas para la comunicación aumentativa y la escritura. Principios teóricos y aplicaciones.. Barcelona: Masson.
DOWNEY, J. E. (1999). Teaching Communication Skills to Students with Severe Disabilities. . Baltimore: Paul H. Brookes
GLENNEN, S. & DeCOSTE, D. (1997). The Handbook of Augmentative and Alternative Communication. . San Diego: Singular Publishing Group Inc.
BONDY, A. (2011). The Pyramid Approach to Education: A Guide to Functional ABA. . Pyramid Educational Consultants.

Bibliografía complementaria (). Augmentative and Alternative Communication.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Se recomenda  a práctica dos sistemas de comunicación non asistidos dende o principio do curso e maila realización das tarefas programadas e a súa entrega nos prazos establecidos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías