Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos Código 652G02038
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Web http://Www.udc.gal
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo que o futuro profesorado adquira competencias que lle permitan identificar e planificar a súa práctica educativa dende a perspectiva de atención á diversidade de necesidades, potencialidades, intereses individuais e colectivos de TODO O ALUMNADO, dende unha perspectiva do Deseño Universal de Aprendizaxe. Enténdese a diversidade como unha oportunidade de aprendizaxe. Por este motivo, é necesario identificar os elementos didácticos e organizativos que poden confluir no desenvolvemento de unha proposta pedagóxica. A partir de aí, trátase de buscar, analizar, utilizar metodoloxías, estratexias didácticas máis axeitadas a cada persoa, colectivo e contexto educativo, así como organizar ditos elementos didácticos para que todo o alumnado poida aprender conxuntamente de acordo coas súa características e condicións.
Esta materia ten como lingua vincular o galego. Os materiais e lecturas proporcionaranse en galego e tamén os haberá en cautelan. Ademais participamos no programa English Friendly e se algunha persoa desexa ter a blbliografía en inglés, tamén se lle proporcionará.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións. A3
A4
A6
A11
A20
B16
B17
B21
B22
B23
B24
B25
C4
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento. A4
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe. A6
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula. A11
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. A20
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. B16
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. B17
B21. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo B21
B22. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo B22
B23 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética B23
B24 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado B24
b 25 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía B25
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B24
C4

Contidos
Temas Subtemas
1A atención á diversidade na educación Primaria -Concepto
-Modelos
-Evolución
-Principios
2.Necesidades educativas específicas asociadas á diversidade da condición humana Respostas do Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), -Necesidades e asociadas á diversidade intelectual, sensorial, motórica, trastornos de hiperatividade ou autismo, cultural, de procedencia, identidade de xénero e sexualidade, de estilos de aprendizaxe, crenzas: metodoloxías, tempos, espazos, tarefas e actividades

3.Medidas curriculares de resposta á diversidade -Organización dunha práctica educativa na vida e para a vida, usando os recursos e materiais do entorno.
-As adaptacións curriculares e reforzos dende o DUA
-Modelos para promover a equidade como estratexia para a procura dunha escola equitativa
4.Medidas organizativas de resposta á diversidade -Modelos e organización dos apoios educativos. A parella profesional
-O rol transversal do DO para o deseño dun proxecto e dunha práctica educativa universal
-Identificación de barreiras que introducen sesgos que orixina segregación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B21 1 1 2
Discusión dirixida A3 A6 B16 B17 B23 C4 5 0 5
Estudo de casos A3 A4 A20 B16 B17 B22 5 17 22
Lecturas A3 B23 C4 3 10 13
Eventos científicos e/ou divulgativos B16 B22 B24 B25 3 6 9
Sesión maxistral B16 B17 B21 4 5 9
Traballos tutelados A3 A4 A6 A11 A20 B16 3 12.5 15.5
Proba práctica A6 A4 B22 B16 C4 3 10 13
Aprendizaxe colaborativa A4 A11 B16 B17 B23 C4 5 15 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais A principios do cuatrimestre cada estudante terá que describir unha experiencia, situación, reflexión sobre situacións vividas no practica con alumnado, profesorado e/ou familias. As experiencias agruparan nun documento compartido por toda á clase. Estas experiencias que estarán relacionados cos temas da materia servirán para traballar con elas nas clases é para a elaboración do traballo de investigación e os traballos tutelados.
Discusión dirixida Trátase de intercambiar razoamentos e elaborar un pensamento propio sobre os temas traballados
Estudo de casos Cada estudante ou grupo de estudantes seleccionará unha situación de ensino-aprendizaxe real que terá que describir, analizar e interpretar, e finalmente proporcionará pautas e orientacións para realizar promover unha educación inclusiva para todos e todas. O obxectivo desta actividade é que cada estudante sexa capaz de identificar variables, realizar hipóteses, etc que lle axuden a comprender qué está ocorrendo na aula. O alumnado conta con unha guía de análise de casos, que consta de tres apartados: identificación dos trazos significativos da situación, realización de hipóteses que axuden a explicar que pode estar ocorrendo nese e contexto e proporcionará suxerencias para o traballo na aula co obxectivo de superar esa situación. ESTAMOS EN PROCESO DE NEGOCIACIÓN, PARA INTENTAR QUE ESTA MATERIA POIDA DESENVOLVERSE A TRAVÉS DUN APS, POLO QUE ESTAS ACTIVIDADES PODERÍAN REALIZARSE DENTRO DEL.
Lecturas Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional
Eventos científicos e/ou divulgativos Trátase de aproveitar os distintos recursos da universidade e doutras institucións ou agrupacións de caracter cultural, educativo, en relación cos contidos e competencias da materia.
Sesión maxistral Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos
Traballos tutelados Os traballos realizaranse na aula maioritariamente e forma parte da avaliación continua. O alumnado ao longo do cuatrimestre terá que realizar cinco tarefas que servirán para a avaliación continua. Será un traballo en equipo, que non superen os cinco membros. Cada equipo terá que facer unha proposta de intervención contextualiza nunha aula ordinaria concreta que se definirá explicará detalladamente. Cada equipo terá que realizar unha proposta de intervención para dita aula ordinaria. A proposta didáctica farase dende unha perspectiva de atención á diversidade inclusiva, baseada no Deseño Universal de Aprendizaxe. Cada equipo exporá a súa proposta. ESTAMOS EN PROCESO DE NEGOCIACIÓN, PARA INTENTAR QUE ESTA MATERIA POIDA DESENVOLVERSE A TRAVÉS DUN APS, POLO QUE ESTAS ACTIVIDADES PODERÍAN REALIZARSE DENTRO DEL.
Proba práctica Esta actividade realízase en equipo. Ao alumnado propónselle un caso prácticos dos propostos polo propio alumnado e terán que analizar as posibles hipóteses do que sucede nesa situación, que obstáculos se detectan e que dificultan que todo a alumnado poida compartir unha experiencia de aprendizaxe exitosa para todas as persoas que integran a aula. Analizarase a capacidade do equipo para detectar o que ocorre, as estratexias e propostas que realizan para superar os problemas que caracterizan esa situación.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa será a constante da materia. Os traballos tutelados e a proba práctica realizaranse en equipo e, quen o considere, tamén poderá realizar o estudo de caso. Os equipos darán unha avaliación interna do seu grao de funcionamento e da implicación no seguimento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Tanto o estudo de caso como a simulación dunha situación real de aula, esixe un traballo moi personalizado, por este motivo, o alumnado recibirá individual ou colectivamente a atención da profesora da materia. A atención personalizada farase mediante as titorías pero tamén na aula ordinaria, pois a metodoloxía de traballo baséase nas necesidades e demandas individuais e grupáis. Nesta supervisión solventaranse as dúbidas que poidan presentarse e daranse indicacións sobre as diversas fases de elaboración dos traballos propostos.
Os traballos en equipo terán que realizar distintas tutorías coa profesora para deseñar as propostas.
O alumnado que teña dispensa académica ou a tempo parcial, desde a primeira semana, estabelecerase un calendario de xuntanzas para levar a cabo o seguimento da materia.




Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 A20 B16 B17 B22 Cada estudante individual ou grupo de estudantes seleccionará unha situación real que terá que describir, analizar e interpretar, e finalmente proporcionará pautas e orientacións para realizar promover unha educación inclusiva para todos e todas. O traballo terá unha extensión máxima de 5000 palabras. Os criterios de avaliación son:
-Descrición e identificación da información necesaria para realizar un informe do alumnado completo e adecuado a cada situación.
-Hipóteses que poidan contribuir a explicar e entender mellor que pode estar ocorrendo nesa aula para que se xenere esa situación.
-Pautas para implementar nese contexto específico de aula ordinaria para promover unha escola inclusivo para todos e todas
-Emprego de bibliografía inclusiva
-Valorarase positivamente a integración con carácter transversal a inclusión da análise e intervención dende unha perspectiva ecosistémica que integre a perspectiva de xénero, de sustentabilidade e lingüística, que se explicará detalladamente na clase.
-Uso de lenguaje inclusiva
20
Traballos tutelados A3 A4 A6 A11 A20 B16 Os traballos tutelados realizaranse maioritariamente dentro do horario lectivo da materia. Formará parte da avaliación continua. Cada equipo subirá 4 tarefas durante o cuatrimestre. Os traballos consistirán en:
deseño dunha aula ordinaria ordinaria accesible para a mobilidade e para o acceso ao coñecemento, realización do perfil de estudantes de EP que poderían estar na aula (algúns dos cales poden ser os mismos do proxecto de investigación). Finalmente o equipo deseñará unha proposta de intervención ou pautas orientadas á selección de obxectivos, contidos, metodoloxía, estratexias de intervención, recursos e materiais, avaliación, etc que respondan ás distintas necesidades do todo o alumnado da aula.
Criterios de avaliación:
1. Formulación de obxectivos acordes coas características dunha aula na que se pretende dar resposta á diversidade desde unha perspectiva inclusiva. (10%)
2. Selección e xustificación da metodoloxía, recursos e materiais, avaliación e todas as medidas necesarias para abordar a diversidade desa aula específica. (10%)
3. Propostas e directrices para adoptar na aula para superar situacións de discriminación, exclusión e para facilitar a cohesión e a convivencia na aula. (10%)
4. Uso da bibliografí inclusivaa (10%)
5. Exposición oral (10%)
40
Aprendizaxe colaborativa A4 A11 B16 B17 B23 C4 A aprendizaxe colaborativa será a constante da materia. Os traballos tutelados e a proba práctica realizaranse en equipo e, quen o considere, tamén poderá realizar o estudo de caso. Os equipos darán unha avaliación interna do seu grao de funcionamento e da implicación no seguimento da materia. 10
Proba práctica A6 A4 B22 B16 C4 Esta actividade realízase en equipo. Ao alumnado propónselle un caso prácticos dos propostos polo propio alumnado e terán que analizar as posibles hipóteses do que sucede nesa situación, que obstáculos se detectan e que dificultan que todo a alumnado poida compartir unha experiencia de aprendizaxe exitosa para todas as persoas que integran a aula. Analizarase a capacidade do equipo para detectar o que ocorre, as estratexias e propostas que realizan para superar os problemas que caracterizan esa situación. 30
 
Observacións avaliación

A modalidade de avaliación será a mesma para o todo o alumnado e para as dúas convocatorias (maio e xuño). P

O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá solicitar unha titoría para programar as sesións interactivas e expositivas nas que non puidera participar co fin de planificar os traballos. O alumnado non asistente (que non asista a un 80% das clases por motivos xustificados), realizará os mesmos traballos que o asistente, pero con adaptación que afectan aos traballos tutelados e as probas prácticas. Este alumnado poderá traballar en equipo (neste caso tamén terá a posibilidade de ser avaliada na opción de aprendizaxe colaborativa). A proba práctica pode ser realizada en equipo ou individualmente. No caso de non traballar en equipo, o 10% da avaliación engarriase á proba práctica que pasará a ser o 40% da cuaificación.

Os traballos presentaranse en formato dixital no campus virtual na tarefa deseñada para tal fin.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario"

No caso de poder implementar un APs, ambas actividades poderán realizarse dentro dese marco. 


Fontes de información
Bibliografía básica PÉREZ DÍEZ, L. y C. JIMÉNEZ FERNÁNDEZ (2018). Influencia de la organización escolar en la educación de los alumnos de altas capacidades. Enseñanza & Teaching
Alba Pastor, C, Sánchez, J., & Zubillaga, A (2014). Diseño Universal para el Aprendizaje (DUA) Pautas para su introducción en el curríc. Pastor, C. A., Sánchez, J., & Zubillaga, A
Crisol Moya, Martínez Moya, El Homrani (2015). El aula inclusiva. Condiciones didáctica y organizativas.. Revista nacional e internacional de educación inclusiva ISSN (impreso): 1889-4208.
Núñez Mayen, M.T. (2019). El estancamiento de la inclusión educativa del alumnado con discapacidad. Revisión de su escolarización entre 1985 y 2015.. Revista Nacional e Internacional de Educación Inclusiva
Moya Maya, A (2012). El profesorado de apoyo en los centros ordinarios. Nuevas funciones, nuevas contradicciones. Educatio siglo XXI: Revista de a Facultad de Educación
Trujillo Sáez, F. & Ariza Pérez (2006). Experiencias Educativas en Aprendizaje Cooperativo. Grupo Editorial Universitario
Goberno Vasco (2015). Guía de atención integral a las personas en situacións de transexualidad. http://www.siis.net/documentos/ficha/514165.pdf
Booth, T. & Ainscow, M. (2002). GUÍA PARA LA EVALUACIÓN Y MEJORA DE LA EDUCACIÓN INCLUSIVA.. https://sid-inico.usal.es/idocs/F8/FDO21426/guia_para_la_evaluacion_y_mejora.pdf
Bonilla-del-Río, M., & Sánchez-Calero, M. L (2022). Inclusión educativa en tiempos de COVID-19: Uso de redes sociales en personas con discapacidad intelectual. RIED-Revista Iberoamericana De Educación a Distancia
González-Gil, F. (2011). Inclusión y atención al alumnado con necesidades educativas especiales en España. CEE Participación Educativa, 18, noviembre 2011, pp. 60-78
Grau Rubio, C. e Fernández Hawrylak, M. (2008). La atención a la diversidad y las adaptaciones curriculares en la normativa española. Revista Iberoamericana de Educación, Revista Iberoamericana de Educación Boletín RIE digit@l 46/3
Castaño Calle, R. (2011). Las adaptaciones curriculares y otras medidas de carácter general en el contexto de la LOE respecto a la diversidad de los alumnos. Hekademos
Peirats Chacón, J. & Marín Suelves, D. (2018). Las medidas organizativas y curriculares en las necesidades específicas de apoyo educativo. Marín & Fajardo (2018). Intervención psicoeducativa en alumnado con necesidades específicas de
Caamaño Liñares, T. et ali (2022). Lo que la diversidad esconde. tab Edizioni
Saiz Fernández,H., Morote Blanco, D., Vidal Esteve, I., Gallardo Fernánd, I. (2016). Los espacios inclusivos de encuentro y el Modelo de Apoyos. Libro de Actas del XVI Congreso Nacional y VII Congreso Iberoamericano de Pedagogía: Democracia y Ed
González-Peiteado, M. e Martínez Geijo, P. (2016). (2016). Los estilos de enseñanza: construyendo puentes para transitar las diferencias individuales del alumnado. Revista Complutense de Educación
Pérez Galán, R. (2009). Los nuevos retos del aprendizaje social en niños con necesidades educativas especiales. El aprendizaje en comunidad o la comunidad de aprendizaje en el aula. Revista de Educación
Cidoncha, V. (2008). Materiales generales y específicos para los alumnos con necesidades educativas especiales. Educación y Futuro digital
CRTOADI TOMELLOSO (2009). Medidas organizativas y curriculares de atención a la diversidad desde una perspectiva inclusiva. CRTOADI TOMELLOSO. https://sosprofes.es/wp-content/uploads/2020/08/medidas_escuelainclusiva.pdf
Abalo Quintela, J. E. (2017). O ROL DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO NOS TRASTORNOS DA CONDUTA. INNOVACIÓN EDUCATIVA
Almazán, L.; Colmenero, M.J.; Ortíz, A (2002). Organización y atención a la diversidad en los centros educativos. Aula de Encuentro
Gobierno Vasco (d/d). ORIENTACIONES PARA EL TRATAMIENTO DE LA DIVERSIDAD EN EDUCACIÓN PRIMARIA . http://www.hezkuntza.ejgv.euskadi.eus/contenidos/informacion/dig_publicaciones_innovacion/es_diversi
Leiva Olivencia, J.J. (2010). Práctica de la interculturalidad desde la perspectiva docente: análisis y propuestas pedagógicas. C&E. Cultura y Educación
Pardo Baldoví et ali (2022). Prácticas docentes en la escuela digital: la inclusión como reto. RELATEC - Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa
Sanahuja, A., Borri-Sanahuja, A., Borri-Anadon, C. y De Angelis, C (2022). Prácticas inclusivas en el contexto escolar: una mirada sobre tres experiencias internacionales. Revista Iberoamericana de Educación
Torres, J.A. e Fernández Batanero, J.Mª (2015). Promoviendo escuelas inclusivas: análisis de las percepciones del profesorado desde unha perspectiva organizativa, curricular y de desarrollo profesional.. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado,
European Agency for Development in Special Needs Education (2017). RAISING THE ACHIEVEMENT OF ALL LEARNERS A Resource to Support Self-Review. https://www.european-agency.org/sites/default/files/raising_achievement_self-review.pdf
Ainscow (2011). Respondiendo al desafío de la equidad en los sistemas educativos. Revista de Pedagogía de la Universidad de Salamanca
Barreiro González, M.P. (2009). Resposta dos centros educativos á diversidade. Revista Galega de Educación
González Fontao, M.P. e Martínez Suárez, E.M. (2010). Una medida innovadora para la atención a la diversidad. La adaptación curricular por competencias. Innovación Educativa
European Agency for Development in Special Needs Education (2012). Welcome to the European Agency for Special Needs and Inclusive Education website!. https://www.european-agency.org
San Martín Ulloa, C. (2017). ¿Dónde y cuándo proporcionar apoyos pedagógicos para facilitar los procesos de inclusión?. http://www.repositoriocdpd.net:8080/handle/123456789/1914

Proporciónase unha relación importante de referencias bibliográficas porque o alumnado seleccionará as lecturas en función das temáticas que precisa para os traballos. A docente tamén solicitará a lectura de entre 5 e 7 documentos. 

Bibliografía complementaria Araque, N. e Barrio de la Puente, J.L. (2010). Atención a la diversidad y desarrollo de procesos educativos inclusivos. Revista de Ciencias Sociales
AA.VV. (2010). La respuesta educativa a la diversidad, aquí y ahora. Ediciones da Universidad de Castilla-La Mancha


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías