Identifying Data 2019/20
Subject (*) Teaching Diagnosis Code 652G02039
Study programme
Grao en Educación Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Losada Puente, Luisa
E-mail
luisa.losada@udc.es
Lecturers
Losada Puente, Luisa
E-mail
luisa.losada@udc.es
Web
General description Nesta materia optativa de 4º curso do Grao en Educación Primaria preténdese que o alumnado adquira as competencias básicas ou elementais para realizar un diagnóstico, aplicado ás problemáticas que presenten os futuros alumnos na escola, nas dimensións do ámbito escolar, aplicando as técnicas adecuadas de exploración e identificación diagnóstica e, finalmente, elaborar un informe do mismo.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
A21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período 6-12.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
B1 Aprender a aprender.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprende e identifica as características do alumnado de 6-12 anos, o desenvolvemento da súa personalidade e motivacións e as posibles disfuncións e/ou dificultades de aprendizaxe que poida presentar. A2
A3
A4
B18
B21
B22
Comprende e coñece os modelos de diagnóstico educativo e os sabe aplicar aos procesos de aprendizaxe individual, interacción e comunicación no contexto familiar, social e escolar, relativos ao período de 6-12 anos A1
A7
A11
B18
B21
B22
C3
Identifica e analiza as posibles dificultades de aprendizaxe dentro e fóra da aula en alumnado de 6-12 anos con diversas capacidades e ritmos, planifica a súa resolución no eido educativo, informa ás persoas involucradas e contribúe ao seu tratamento. A4
A6
A7
B21
B22
B23
B24
C1
C3
Analiza e interpreta a información procedente da aplicación de probas diagnósticas en situacións educativas nas que existe alumnado con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe, empregando para isto os medios e recursos tecnolóxicos ao seu alcance A6
A7
B9
B13
B23
C3
Domina as habilidades sociais, comunicativas e profesionais para entender ao alumnado e ás súas familias e facerse entender por todos eles, para exercer as funcións de titor/a e/ou orientador/a en relación á educación familiar e para establecer lazos de cooperación e comunicación coas familias e a comunidade A11
A20
A21
A22
B9
B14
B22
B24
C1
C4
C7
Dispón das habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía, comprendendo a importancia da cultura emprendedora e os medios ao alcance das persoas emprendedoras, e poñendo en valor a importancia da aprendizaxe ao longo da vida B1
B6
B25
C5
C7
Compórtase de xeito ético e responsable nas súas tarefas docentes, demostrando capacidade de tranallar en equipo e relacionarse con outras persoas, e de autoanálise e autoavaliación do seu traballo e do traballo en equipo. B6
B14
B17
B18

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Delimitación histórico-conceptual do diagnóstico en educación
1.1. Conceptualización do diagnóstico en educación
1.2. Modelos de diagnóstico en educación
Tema 2. O proceso de diagnóstico en educación 2.1. Problemática e elementos do diagnóstico: evaluador/a, evaluado/a e contextos
2.2. Fases do diagnóstico segundo o modelo de referencia
2.3. Ámbitos do diagnóstico: individual, académico e sociofamiliar
Tema 3. Técnicas e instrumentos de recollida de información do proceso diagnóstico 3.1. Técnicas obxectivas
3.2. Técnicas subxectivas
3.3. Técnicas proxectivas
Tema 4. O informe de diagnóstico educativo
4.1. Elaboración e interpretación do diagnóstico
4.2. Presentación de resultados
4.3. Problemas ético-sociais e deontoloxía profesional

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A1 A2 A22 B1 C3 1 0 1
Document analysis A6 A7 B14 B22 C4 C3 4 12 16
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A7 A11 A21 B6 B21 C1 C7 10 0 10
Mixed objective/subjective test A3 A4 A6 A7 A11 2 10 12
Supervised projects A4 A6 A7 B1 B9 B14 B17 B18 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 8 20 28
Simulation A11 A20 A21 A22 B6 B9 B22 B24 1 6 7
Case study A3 A4 A6 B1 B6 B13 B14 B23 B24 C3 C5 3 17.5 20.5
Oral presentation B1 B9 B13 B17 B23 B24 C1 C3 2 15 17
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade que se desenvolverá ao inicio do proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de coñecer qué competencias, intereses e motivacións presenta o alumnado en torno á materia para acadar os obxectivos vinculados ao diagnóstico pedagóxico.

A dita actividade consistirá en dúas partes: (a) unha parte na que o alumnado debera tratar de definir, desde o seu coñecemento previo, unha serie de conceptos de interese en relación á materia (diagnóstico, avaliación, medición, fases del diagnóstico...) e (b) unha parte na que se propón ao alumnado valorar nunha escala 0-10 as súas habilidades e destrezas previas, non so en relación aos contidos de aprendizaxe da materia, senón tamén no tocante ás habilidades transversais (idiomas, manexo de información, habilidades sociais...).

Preténdese que a obtención desta información permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativcas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Document analysis Actividade na que o alumnado realizara unha análise de documentos (xeralmente, instrumentos e probas diagnósticas) a través da súa lectura reflexiva, de xeito que lle permita a execución adecuada de actividades relacionadas coa aplicación e interpretación de probas de diagnóstico en educación, nun contexto de simulación de aula e/ou fóra dela.

Esta actividad se desarrollará en grupos de trabajo (número según el número de alumnado).
Guest lecture / keynote speech Exposición oral na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audivisuais, así como da inftroducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa finalidade de transmitir os coñecementos e facilitar as aprendizaxes.

A estrutura das sesións maxitrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades que se levarán a cabo a través das outras metodoloxías contempladas (análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados ...).
Mixed objective/subjective test Proba escrita para a avaliación do coñecemento, cuxa data é fixada pola Xunta de Facultade.
Esta proba poderá integrar preguntas de tipo objetivo: verdadeiro/falso, de selección múltiple, orde, resposta curta, discriminación, completar e/ou asociación.
Supervised projects Elaboraránse varios traballos relativos á aplicación e interpretación de probas diagnósticas que sexan útiles para o futuro profesional do alumnado. Tentarase que os instrumentos empregados sexan reforzados directamente cos contidos abordados teóricamente nas sesións expositivas, así como tamén complementarase coa actividade de análise de fontes documentais a fin de que alumnado comprenda o funcionamento dos instrumentos.

Este sistema de enseñanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento dese aprendizaxe pola profesora-tutora.
Simulation Durante as sesións expositivas, farase unha representación das aprendizaxes teóricas a partir da presentación de supostos supostos hipotéticos (simulacións) relacionados co uso da técnica da encuestación, na que o alumnado deberá poñer a proba o seu comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ate o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.

Realizarase de xeito presencial, apoiado polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos de traballo (3-4 estudantes) para que se traballe de forma conxunta na resolución de tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo.
Case study Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situación problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser capaz de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así coma outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da asignatura.

Realizarase grupalmente (número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado) e, será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Oral presentation O alumnado deberá presentar algunhas das actividades propostas no marco da simulación, o estudo de caso e, se procede, nos traballos tutelados. As presentacións das actividades traballadas en grupo será grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.

Deberase presentar a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademáis da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividad e a innovación.

Personalized attention
Methodologies
Case study
Mixed objective/subjective test
Supervised projects
Description
Acompañarase ao alumnado nas actividades mencionadas nas aulas interactivas, tanto nos traballos tutelados, como no estudo de casos e nas actividades iniciais.

O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A3 A4 A6 A7 A11 Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos por medio dunha proba obxectiva que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta restará unha resposta correcta.
- Preguntas de resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas – 1).
- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da resposta á pregunta formulada.
50
Supervised projects A4 A6 A7 B1 B9 B14 B17 B18 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo prácticas relacionadas cos contidos abordados nas sesións maxistrais. O alumnado deberá resolver as ditas prácticas de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.

Para cada unha das actividades especificarase: obxectivo, competencias a desenvolver, resultados de aprendizaxe, instruccións para o seu desenvolvemento y criterios de avaliación específicos.
25
Oral presentation B1 B9 B13 B17 B23 B24 C1 C3 O caso ou casos traballados en las prácticas de "estudio de casos" y "simulación" serán avaliados na súa presentación oral na aula, por parte dos integrantes do grupo, que traballarán e exporán os seus resultados dun modo colaborativo.

Os criterios chave para a valoración serán:

(a) Adecuación da presentación ao esixido na actividade
(b) Utilización dunha expresión oral (e escrita, apoiada en recursos TIC) adecuada, pertinente e non discriminatoria/non ofensiva
(c) Orixinalidade, ou capacidade de atraer ao público ao que se dirixe

Tamén se terá en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
25
 
Assessment comments
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

- Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto na entrada como na saída.

- Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase.

- Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.

- Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.

- Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.

- A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.

MODALIDADES DE AVALIACIÓN

Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:

AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):

- Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas (son materia de exame) e a súa presentación oral, revisado pola profesora, así como da avaliación final por medio da proba mixta.

- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:

(a) Terá que entregar un dossier coas actividades prácticas (traballos tutelados e estudo de casos) de xeito individual que será valorado cun 30% da cualificación final da materia; isto é, 3 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1.5 punto). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.

(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 70% da nota final; isto é, 7 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3.5 punto).

AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que:

(a) Terá que entregar un dossier cos traballos tutelados e estudo de casos de xeito individual, que será valorado cun 10% da cualificación final da materia; isto é, 1 punto sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 0.5 puntos). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.

(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 90% da nota final; isto é, 9 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4.5 puntos). Neste exame, contará con una/dúas pregunta/s adicionais sobre os contidos prácticos da materia.

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.

Sources of information
Basic Ibáñez López, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2014). Atención temprana. Diagnóstico e intervención psicopedagógica. Madrid: UNED
de Campo Adrián, M.E., Palomares, Delgado, L. y Arias Carmona, T. (2002). Casos prácticos de dificultades de aprendizaje y necesidades educativas especiales: diagnóstico e intervención psicoeducativa. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.
Anaya Nieto, D. (2003). Diagnóstico en educación. Diseño y uso de instrumentos. Madrid: Sanz y Torres
Iglesias Cortizas, M.J. (2005). Diagnóstico escolar. Teorías, ámbitos y técnicas. Madrid: Pearson. Prentice Hill.
Pascual Gómez, I. (2016). Diagnóstico pedagógico. conceptos básicos y aplicaciones en el aula de educación infantil. Barcelona: Editorial UOC
Cardona Moltó, M.C., Chiner Sanz, E. y Lattur Devesa, A. (2010). Diagnóstico psicopedagógico. Alicante: ECU
Ayala Flores, C.L. (2001). Evaluación e informes psicopedagógicos: de la teoría a la práctica. Madrid: CEPE
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Madrid: Síntesis
Anaya Nieto, D. (1992). Introducción al diagnóstico en orientación. Madrid: Sanz y Torres
Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS

Complementary Iglesias Cortizas, M.J. (2012). Aportaciones del diagnóstico pedagógico a la orientación educativa (pp. 89-112). Madrid: Biblioteca Nueva
Marí Molla, R. (2006). Diagnóstico pedagógico: Un modelo para la intervención psicopedagógica (2ª ed.). Madrid: Ariel Educación


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.