Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Diagnóstico pedagóxico Código 652G02039
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral A preocupación pola avaliación e a análise da conduta humana atendendo a unhas ou outras variable foi unha constante ao longo da historia da humanidade, e permitiru configurar o diagnóstico como ciencia vinculada a diversos campos de coñecemento: mediciña, psicoloxía, educación…

No campo da educación, o Diagnóstico Pedagóxico eríxese como disciplina que pretende o estudo dos aspectos relativos ao individuo en idade escolar e á súa contorna, mediante: (a) a identificación e valoraciónda das súas capaciadades, comportamientos, actitudes e atributos persoais no contexto escolar; (b) a procura dunha explicación sobre as causas, alternativas e factores implicados na situación experimentada polo escolar; (c) a explicación das consecuencias sobre el/ela, mediante a síntese da información recollida a través das diversas técnicas; e (d) a especificación, con base neses resultados, dos recursos singulares que require para a atención ás súas necesidades específicas de apoio educativo planificando, cando sexa necesario, unha intervención adecuada para mellorar satisfactoria esas accións, a personalidade e a madurez do escolar.

Por todo isto, nesta materia optativa de 4º curso do Grao en Educación Primaria preténdese ofrecer unha aproximación teórico-práctica ao campo do diagnóstico pedagóxico, a través da cal o alumnado adquirirá as competencias básicas ou elementais que lle permitan comprender os procesos de aprendizaxe no período 6-12 anos dentro e fóra da aula, as características do alumnado e os seus procesos motivacionais e sociais, así como identificar as dificultades de aprendizaxe dos seus estudantes, aplicar os seus coñecementos ás problemáticas que presentan os seus futuros/as alumnos/as na escola, empregar técnicas e instrumentos adecuados para a exploración e identificación diagnóstica, e realizar informes que permitan informar das ditas dificultades e colaborar no proceso de intervención.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: actividades iniciais, sesión maxistral, traballos tutelados, estudo de casos, discusión dirixida.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Simulación: no canto de realizar una representación das aprendizaxes teóricas en forma de suposto hipotético na aula, os grupos serán emparexados con outros grupos para traballar os supostos entre eles e deberán realizar un informe dos resultados. Non haberá presentación oral do traballo, senón que se terá en conta, únicamente, o informe entregado na data que indique a docente (no suposto dunha situación de confinamento).
- Presentación oral: sustitúese a modalidade de presentación oral presencial dos contidos por unha presentación elaborada por alumnado a través dun PPT con audio, ou dun vídeo elaborado cos recursos que a Universidade pon a disposición do alumnado.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) ou de calquera outra que a Universidade poña a disposición da comunidade universitaria, só no horario de clase e titorías. Non se atenderán dúbidas fóra de este horario (salvo excepcións).
- Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado no horario de titorías. Non se atenderán correos que sexan enviados fóra deste horario.
- Foro Moodle: habilitarase un espazo no Moodle para as dúbidas "xerais" e de cada un dos contidos da materia.

4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios.

*Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar nas datas previstas todas as actividades axendadas ao inicio do curso. No que respecta á proba mixta, no caso de non realizaren dous ou máis dos tests, deberá ir a proba final, prevista inicialmente para o alumnado non asistente, e cuxa data está fixada en Xunta de Facultade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
A21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período 6-12.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
B1 Aprender a aprender.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e contrastar os diferentes modelos de diagnóstico educativo, estimando o máis adecuado en relación aos procesos de aprendizaxe individual e á interacción e comunicación no contexto familiar, social e escolar, relativos ao período de 6-12 anos. A1
A7
A11
B18
B21
B22
C3
Comprender e ser capaz de explicar as características do alumnado de 6-12 anos, o desenvolvemento da súa personalidade e motivacións e as súas posibles disfuncións e/ou dificultades de aprendizaxe. A2
A3
A4
B9
B21
B22
B23
C1
C4
Identificar as posibles dificultades de aprendizaxe dentro e fóra da aula do alumnado de 6-12 anos, aplicando xuízos que son trasladados ás persoas involucradas e que contribúen ao seu tratamento. A4
A6
A7
B22
B23
B24
C1
Apreciar a diversidade de capacidades e ritmos de aprendizaxe na aula e fóra dela, estimando os mecanismos e estratexias adoitadas para a resolución de situacións que afectan ao proceso educativo do alumnado. A6
A7
B9
B13
B23
Dominar e facer uso das habilidades sociais, comunicativas e profesionais necesarias para entender ao alumnado e ás familias e facerse entender por todos eles, para exercer as funcións de tutor/a e/ou orientador/a en relación á educación familiar e para establecer lazos de cooperación e comunicación coas familias e a comunidade. A11
A20
A21
A22
B24
C1
C4
Investigar, de forma autónoma e/ou colaborativamente, novas formas de ensinar e de manter un coñecemento actualizado sobre o propio campo profesional. B1
B14
B17
C3
Emitir xuízos de valor argumentados, acerca dunha realidade, contrastando as súas opinións coas doutros profesionais do campo e contribuíndo á resolución conxunta dos problemas dentro da área de estudo con base na ética e na responsabilidade do traballo docente. B6
B9
B14
B22
B24
C1
Valorar de xeito crítico as propias habilidades de aprendizaxe e a súa necesidade de formación ao longo da vida. B1
B21
B25
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Delimitación conceptual do diagnóstico en educación
1.1. Concepto de diagnóstico en educación
1.2. Modelos de diagnóstico en educación
Tema 2. O proceso de diagnóstico en educación 2.1. Problemática e elementos do diagnóstico
2.2. Niveis de actuación e ámbitos do diagnóstico
Tema 3. Técnicas e instrumentos de recollida de información do proceso diagnóstico 3.1. Técnicas obxectivas, subxectivas e proxectivas
Tema 4. O informe de diagnóstico educativo
4.1. Solicitude de elaboración e interpretación do informe diagnóstico
4.2. Problemas ético-sociais e deontoloxía profesional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A22 B1 C1 C3 1 0 1
Sesión maxistral A1 A2 A3 A11 A21 C7 7.5 0 7.5
Traballos tutelados A4 A6 A7 B25 B24 B23 B22 B18 B17 B14 B9 B1 C1 C3 C4 7.5 30 37.5
Simulación A11 A21 A22 B6 B9 B21 B22 3 9 12
Estudo de casos A4 A6 A20 B1 B6 B13 B14 B23 B24 C5 C3 5.5 16 21.5
Presentación oral B1 B9 B13 B17 B23 B24 C3 C1 4 15 19
Discusión dirixida A7 A3 B9 B13 B24 1 0 1
Proba mixta A3 B21 B22 B23 B24 2 10 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se desenvolverá ao inicio do proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de coñecer as competencias previas, intereses e motivacións do alumnado en torno á materia e así poder articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas.

A dita actividade consistirá en dúas partes: (a)descripcion dun caso traballado no Practicum e (b) definición de conceptos a partires dun conxunto de posibles respostas.
Sesión maxistral Exposición dos contidos que conforman o marco teórico, mediante o uso de presentacións e medios audiovisuais que se subirán á plataforma que está a disposición da Universidad.

Ademáis, ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar en cada tema. Sempre que sexa posible, estas sesións serán complementadas con outras metodoloxías como discusión dirigida ou estudo de casos, introducindo cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividade de aula, coa finalidade de transmitir os coñecementos e facilitar as aprendizaxes.
Traballos tutelados O alumnado levará a cabo, ao longo do cuadrimestre, diversos traballos cuxa finalidade é que o alumnado coñeza, comprenda e sexa capaz de aplicar á súa vida diaria os principios básicos que sustentan o diagnóstico pedagóxico na actualidade. A dita capacidade deberá materializarse nun docmento final, que poderá ser presentado en formato vídeo, imaxe, debuxo, blogue... utilizando para isto os medios tecnolóxicos ao seu alcance.

O dito traballo suporá o proxecto final da materia e será presentado ao resto de compañeiros/as.
Simulación Levarase a cabo unha representación das aprendizaxes teóricas en forma de suposto hipotético (simulación) relacionado co uso dunha proba diagnóstica, na que o alumnado deberá poñer a proba o se comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ata o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.

Relizarase de xeito presencial, apoiados polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos (3-4 estudiantes) para que traballen de forma conxunta na resolución das tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo conxunto.
Estudo de casos Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situación problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. O alumnado deberá ser capaz de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así coma outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da asignatura.

Realizarase grupalmente (número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado) e, será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Presentación oral O alumnado presentará fronte á docente e os demáis compañeiros o seu proxecto final (traballo tutelado), así como se podera acordar a presentación doutras actividades (estudio de casos, simulación). As presentacións das actividades farase de forma grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.

Deberase presentar a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademáis da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividad e a innovación.
Discusión dirixida Proporanse dinámicas nas que se aborden temáticas que inviten á reflexión do alumnado acerca de contidos relativos ao diagnóstico no campo educativo. Preténdese favorecer a construción dunha visión crítica á hora de interpretar a realidade educativa.

Utilizaranse recursos como as lecturas ou os vídeos para a contextalización das discusións, para o cal requerirase que o estudantado, previamente, realice a súa lectura/visionado crítico (traballo autónomo).
Proba mixta Proba escrita para a avaliación continua das aprendizaxes. Esta proba subdividirase en varias partes/momentos, que corresponden coas diferentes partes do temario. Así, o alumnado poderá demostrar o seu grao de comprensión dos contidos e a súa progresión na aprendizaxe. Poderá integrar preguntas de tipo objetivo: verdadeiro/falso, de selección múltiple, orde, resposta curta, discriminación, completar e/ou asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1.30 h. de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

O alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As ditas titorías atenderanse tanto de forma presencial (despacho P1 A19) como virtual (TEAMS, Outlook), exclusivamente no horario de titorías que figura na web da Facultade.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudante dos Grao na UDC (Art. 2.3.,3b y 4.5) (29%5/212)", desenvolverá a súa actividade coa asistencia e a participación nas dinámicas recollidas no apartado de "Metodoloxías" y en "Atención personalizada" aplicable ás prácticas, sempre que lle sexa posible. A actividade farase seguindo as observacións de avaliación sobre a flexibilidade da asistencia-participación e os requerimentos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B21 B22 B23 B24 Realizaranse varias probas ao longo do cuadrimestre coa fin de valorar a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos.

Estas probas poderán incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta restará unha resposta correcta.

- Preguntas de resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas – 1).

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da resposta á pregunta formulada.

Non habrá una prueba final para el alumnado asistente; cada una de las pruebas a realizar al final de cada tema representan el 40% de la nota final de la asignatura. Cada prueba tendrá un valor de 1 punto.
40
Traballos tutelados A4 A6 A7 B25 B24 B23 B22 B18 B17 B14 B9 B1 C1 C3 C4 Levarase a cabo un proxecto final que o alumnado irá nutrindo de contidos ao lungo do cuadrimestre coas actividades que realice e que, polo tanto, poderán ser avaluadas dentro desta metodoloxía.

O dito traballo poderá consistir no deseño dun blogue, a realización dun vídeo ou a creación dun conto, entre outras posibilidades, e co que se logre reproducir os principios fundamentais que sustentan o diagnóstico pedagóxico en Educación Primaria.
40
Presentación oral B1 B9 B13 B17 B23 B24 C3 C1 Tanto o traballo tutelado (proxecto final) como outras metodoloxías empregadas na materia poderán ser avaliadas a través da súa presentación ante os compañeiros/as.

Os criterios chave para a valoración serán, entre outros:

(a) Adecuación da presentación ao esixido na actividade

(b) Utilización dunha expresión oral (e escrita, apoiada en recursos TIC) adecuada, pertinente e non discriminatoria/non ofensiva

(c) Orixinalidade, ou capacidade de atraer ao público ao que se dirixe

Tamén se terá en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
20
 
Observacións avaliación

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  • Asistir a clase. A asistencia a clase é
    obrigatoria nun 80% das sesiones.
  • Participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia)
    supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do
    tempo de clase. Para isto, é moi recomendable que o alumnado visualice e/ou realice a lectura dos materiais subidos á plataforma na que se colgan todos os materiais da asignatura, pois nela se atopan os contidos fundamentais para realizar un correcto desenvolvemento das sesións e para superar a materia.
  • Realizar
    todas as actividades obrigatorias que computan na avaliación final da materia;
    isto é: a proba mixta (tests dos bloques de contidos), os traballos tutelados
    e  a presentación oral.
  • Acadar
    o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar
    a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o
    estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación
    final será de 4 puntos.
  • Axustarse
    ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación
    da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha
    calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de
    suspenso.
  • Realizar
    as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na
    aula.
  • Realizar
    traballos de carácter orixinal. O incumprimento das normas éticas na
    realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na
    mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo
    ningunha circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos
    doutras fontes que non foran debidamente citadas. 


MODALIDADES DE AVALIACIÓN:

Tendo en conta a posible existencia de
alumnado que, polas súas circunstancias particulares non poda asistir a clase, e polo tanto, formar parte dun grupo de traballo e realizar a presentación oral do proxecto, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime
de adicación do alumnado:
  • AVALIACIÓN CONTINUA: modalidade de avaliación
    aplicable ao alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpra co requisito de
    asistencia dun 80%; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo
    parcial.
    • Alumnado asistente: Será avaliado ao longo
      do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas
      (traballos tutelados) e a súa presentación oral, revisado pola profesora, así
      como da avaliación formativa a través dos test correspondentes á proba mixta.
      Os test estarán programados para as datas que a docente indicará o primeiro día
      de clase. Non poderán ser realizados fora do horario de clase nin fora das
      datas establecidas.
    • Alumnado con recoñecemento de dedicación a
      tempo parcial: atendendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a
      permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
      Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016),
      nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa
      e a entregue á docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade será
      avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
(a) Terá que entregar o seu traballo tutelado
de xeito individual que será valorado cun 40% da cualificación final da
materia; isto é, 4 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da
puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 2 punto). O prazo para a entregar será
o mesmo que o dos compañeiros presenciais.

(b) Terá que entregar por escrito todas as
actividades que o alumnado presencial realice e entregue (ou presente). Será
valorado cun 20% da cualificación final da materia.

(c) Terá que realizar os tests correspondentes á proba mixta nas mesmas condicións que o alumnado asistente (isto é, debe cumprir os prazos establecidos pola docente) e cuxa cualificación será do 60% da nota final; isto é, 6 puntos sobre 10, pero é
necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3 punto). 
  • AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación
    aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de
    asistencia mínimo do 80%), así como aquel que non participa da realización de
    máis de dous das probas online (proba 
    mixta). Para este alumnado, establécese que:
    (a) Será recomendable que realice todas as
    actividades que se desenvolverán na aula co alumnado presencial, pero de forma
    autónoma e contando coa supervisión da profesora no horario de titorías. As
    ditas actividades serán avaliadas a través dunha proba que se desenvolverá ao
    final do cuadrimestre e que terá un peso do 60% da materia; isto é, 6 punto
    sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir,
    mínimo 3 puntos). A data da proba está fixada por Xunta de Facultade.
    (b) Terá que realizar un único examen de contidos teóricos, integrado na denominada proba mixta, cun peso do 40% na nota final; isto é, 4 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 2 puntos).

     

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio

Fontes de información
Bibliografía básica Ibáñez López, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2014). Atención temprana. Diagnóstico e intervención psicopedagógica. Madrid: UNED
de Campo Adrián, M.E., Palomares, Delgado, L. y Arias Carmona, T. (2002). Casos prácticos de dificultades de aprendizaje y necesidades educativas especiales: diagnóstico e intervención psicoeducativa. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.
Anaya Nieto, D. (2003). Diagnóstico en educación. Diseño y uso de instrumentos. Madrid: Sanz y Torres
Iglesias Cortizas, M.J. (2005). Diagnóstico escolar. Teorías, ámbitos y técnicas. Madrid: Pearson. Prentice Hill.
Pascual Gómez, I. (2016). Diagnóstico pedagógico. conceptos básicos y aplicaciones en el aula de educación infantil. Barcelona: Editorial UOC
Cardona Moltó, M.C., Chiner Sanz, E. y Lattur Devesa, A. (2010). Diagnóstico psicopedagógico. Alicante: ECU
Ayala Flores, C.L. (2001). Evaluación e informes psicopedagógicos: de la teoría a la práctica. Madrid: CEPE
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Madrid: Síntesis
Anaya Nieto, D. (1992). Introducción al diagnóstico en orientación. Madrid: Sanz y Torres
Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS

Bibliografía complementaria Iglesias Cortizas, M.J. (2012). Aportaciones del diagnóstico pedagógico a la orientación educativa (pp. 89-112). Madrid: Biblioteca Nueva
Marí Molla, R. (2006). Diagnóstico pedagógico: Un modelo para la intervención psicopedagógica (2ª ed.). Madrid: Ariel Educación


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías