Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Valores e educación para a igualdade Código 652G02042
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Salvado, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Salvado, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende favorecer a reflexión, a formación e o compromiso cos valores e os dereitos humanos en xeral. Desde idades temperás resulta obrigado formar nuns valores básicos de convivencia que contribuían a fomentar o diálogo, o respecto, a empatía, etc., tanto nas aulas como na sociedade no seu conxunto. A escola, como institución, ademais de centrarse na adquisición dos coñecementos, ten a obriga de preocuparse de maneira especial pola formación en valores que posibiliten o desenvolvemento do alumnado como seres humanos, para que sexan quen de tomar as decisións axeitadas diante dos distintos problemas que se lles presenten agora e no futuro. O mestres e mestras, pola súa parte, deben ser conscientes da súa responsabilidade no traballo diario cos valores así como da formación que a sociedade lles esixe de cara a promover unha cidadanía democrática, activa, respetuosa e responsable.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
–Sesión maxistral
– Traballos tutelados (con atención personalizada que poderán ter carácter individual -caso da recensión bibliográfica- e ou grupal) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
– Presentación Oral
*Metodoloxías docentes que se modifican
–Proba de ensaio(non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Análise de fontes documentais ( a avaliación deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Lecturas

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións en pequeno grupo e en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación:
Traballos tutelados (60%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
–A profundidade do contido.
–O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
– O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
– A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
– A presentación e a claridade da exposición que terá un valor do 40% da nota que se sumará ao 60% do traballo tutelado
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A19 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
A20 Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A35 Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
A40 Formular e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
A67 Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B20 Relación con diversos interlocutores sociais.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar. Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias. Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula. Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. Formular e resolver problemas vinculados coa vida cotiá. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos. Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais. Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática. Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación. Abordar e resolver problemas de disciplina. A1
A5
A7
A11
A12
A13
A14
A15
A19
A20
A22
A23
A40
A67
B21
B25
Aprender a aprender. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. Traballar de forma autónoma con iniciativa. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. A17
A23
A34
A35
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B12
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
B22
B23
B24
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C1
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Dereitos humáns e cidadanía 1.1. Aproximación histórico-conceptual ós dereitos humáns.
1.2. Democracia, cidadanía e dereitos humáns.
1.3. A evolución no concepto de cidadanía.

2. A construción da cidadanía a través da educación: o papel do currículo escolar.
2.1. Valores e curriculum escolar
2.2. Actitudes, valores e normas para unha cidadanía crítica.
2.3. O papel do currículo na construcción da cidadanía e as identidades.
2.4. Construcción dos valores no proceso educativo.
2.5. Os valores na formación docente.
3. Igualdade de oportunidades e xustiza social. 3.1. Evolución social do concepto de xénero. Políticas de igualdade.
3.2. Perspectivas de análise sobre da convivencia e do conflicto social.
3.3. Dereitos e deberes para unha sociedade democrática.
4. A coeducación como proxecto.
4.1. Estratexias e recursos metodolóxicos das boas prácticas coeducativas.
4.2. Incidencia doutros axentes de socialización: familias, mass-media, TIC, grupos de iguais, tribus urbanas...
5. A convivencia como reto educativo. 5.1. Estratexias metodolóxicas para a mediación e a resolución de conflictos.
5.2. Modelos de convivencia a través doutros axentes de socialización: familias, mass-media, TIC, grupos de iguais, tribus urbanas...
5.3. Activismo, asociacionismo e o papel das ONG.
6. A Educación para o desenvolvemento. 6.1. Aproximación conceptual a unha realidade emerxente: orixe e tendencias.
6.2. Cidadanía global e cultura da solidariedade.
6.3. Da exclusión á promoción do desenvolvemento humano sostible

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A5 A11 A17 A23 A35 A40 C4 C7 2 0 2
Análise de fontes documentais A7 A15 A23 B4 B5 B12 B14 B15 B16 B17 B23 C1 C6 2 16 18
Traballos tutelados A12 A13 A15 A17 A19 A34 B4 B12 B15 B17 B22 B23 B24 3 4.5 7.5
Lecturas A13 A15 A19 A22 A35 B3 B4 B12 B15 B18 B19 B23 C4 2 20 22
Sesión maxistral A14 A15 A17 A20 A22 A23 A34 A35 B1 B3 B6 B8 B25 C7 15 0 15
Recensión bilbiográfica A7 A11 A23 A40 B3 B4 B8 B12 B14 B15 B16 B17 B21 B22 B25 C6 2 10 12
Presentación oral B3 B4 B5 B8 B14 B16 B22 B23 B24 C6 2 13 15
Aprendizaxe colaborativa A5 A11 A13 A14 A17 A19 A40 A67 B5 B14 B20 B23 C4 2 18 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de caracter expositivo, por parte do profesor, nas que se presentará o programa da materia e mesmo a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Análise de fontes documentais Basease na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia.
Traballos tutelados Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado.
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido e pautado.
Sesión maxistral Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza.
Presentación oral Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada.
Aprendizaxe colaborativa Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempo son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non s eopón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Tanto as sesións maxistrais como a análise de fontes documentais, os traballos tutelados e a atención personalizada serán obxecto dunha atención individualizada coa finalidade de facer un seguimento personalizado de cada alumno e alumna, tanto do seu traballo como das distintas actividades de aprendizaxe programadas. Neste senso convén ter presente o que sobre a avaliación e a asistencia queda reflictido no apartado 7 desta guía. De maneira especial todo o que ten que ver coa realización da proba de ensaio e a avaliación. En calquera caso para unha mellor e máis axustada atención personalizada as alumnas e alumnos que teñan o recoñecemento de asistencia parcial deberán pasar pola titoría obrigadamente nos primeiros días do cuadrimestre para establecer unha dinámica de traballo específica e individualizada.
Para a segunda oportunidade de avaliación( Xullo) mantéñense as cualificacións aprobadas, de maneira que o alumno só deberá repetir aquelas que non foran superadas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A7 A15 A23 B4 B5 B12 B14 B15 B16 B17 B23 C1 C6 Basease na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados A12 A13 A15 A17 A19 A34 B4 B12 B15 B17 B22 B23 B24 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 30
Lecturas A13 A15 A19 A22 A35 B3 B4 B12 B15 B18 B19 B23 C4 Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. 20
Sesión maxistral A14 A15 A17 A20 A22 A23 A34 A35 B1 B3 B6 B8 B25 C7 Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe.
10
Recensión bilbiográfica A7 A11 A23 A40 B3 B4 B8 B12 B14 B15 B16 B17 B21 B22 B25 C6 Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. 20
Presentación oral B3 B4 B5 B8 B14 B16 B22 B23 B24 C6 Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
 
Observacións avaliación

- A asistencia as clases é obrigatoria e será obxecto de avaliación e control. O límite de asistencia mínimo é do 80%.

- Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesor para a súa oportuna e axeitada consideración.

- As faltas de asistencia puntuais non precisan ser xustificadas mentres non excedan o 20% do total.

- Para os alumnos de dedicación a tempo completo os traballos individuais, entre os que se considera a proba de ensaio, se fose o caso, terán un valor do 60% na nota final. Os traballos realizados en grupo un 40%. En calquera caso para aprobar a materia é necesario ter unha avaliación positiva en cada un dos partados, mesmo no traballo de grupo como traballo individual. Para segunda oportunidade de avaliación, no mesmo curso consérvanse as notas das partes que o alumnado teña superadas, debendo realizar unicamente as non superadas.

- Para o alumnado que teña o recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTE DE GRAO NA UDC”-concretamente o Art. 3 (apartados a, b, c) e  o Art. 4. (apartado 5) de 29/05/2012-, establécese que, ademais dos traballos obrigatorios que con carácter individual  en cada caso particular se especifiquen nas primeiras semanas do cuadrimestre, este alumnado realizará ademais unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do mesmo na data sinalada oficialmente. Esta proba, nestes casos específicos, terá un valor do 50% do total da nota final. Igual que no caso do alumnado con dedicación a tempo completo para a segunda oportunidade de avaliación, no mesmo curso, consérvanse as notas das partes que o alumnado teña superadas, debendo realizar unicamente as non superadas.

- Para superar a materia é necesario ter aprobados os dous apartados correspondentes mesmo para o caso dos alumnos asistentes a tempo completo como para os que teñan o recoñecemento de asistencia parcial. Estás condicións mantéñense ao longo do curso en todas as convocatorias.

- Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra dentro do mesmo curso académico.

- Mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados é obrigatorio pasar pola titoría cando menos unha vez.






Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Salinas Ramos, Konsue (2014). Acercando la educación para el desarrollo a la escuela: una mirada internacional, una mirada local. Navarra, Gráficas Castuera
Jares, Xesús R. (2006). Aprender a convivir.. Vigo. Xerais
Instituto Pedagógico Padres y Maestros (2003). Cine y Transversales. Treinta películas para trabajar en el aula.. Bilbao. Mensajero
García Aretio, M., Ruiz Corbella, R., García Blanco, R. (2009). Claves para la educación. Madrid. Narcea
Casamayor, G. (coord.) (1999). Cómo dar respuesta a los conflictos.. Barcelona. Graó
Pérez, G. (1997). Cómo educar para la democracia. Estrategias educativas.. Madrid. Popular
Nussbaum, M. C (2012). Crear capacidades:propuesta para el desarrollo humano. Barcelona, Paidós
Camps, V. (2008). Creer en la educación.. Barcelona. Península
González-Varas Ibáñez, A (2015). Derechos educativos, calidad de enseñanza y proyección jurídica de los valores en las aulas. Valencia, Tirant lo Balnch
Revista de Estudios del Curriculum (2000). Educación cívica (Vol 3, nº 1). Barcelona. Ediciones Pomares-Corredor
Jares, Xesús R. (2008). Educación e paz. 25 anos de educadores pola Paz.. Vigo. Xerais
Ribotta, S (ed) (2006). Educación en derechos humanos. La asignatura pendiente. Madrid. Dykinson
Asís Roig, R. et al. (2006). Educación en derechos humanos: la asignatura pendiente.. Madrid. Dykinson
Payá, M. (1999). Educación en valores para una sociedad abierta y plural. Aproximación conceptual.. Barcelona. DDB
Tuts, M., Martínez Teu, L. (2006). Educación en valores y Ciudadanía: propuestas y técnicas didácticas para la formación integral. Madrid. Los libros de la Catarata
Morgensen, Finn et alii (2009). Educación para el Desarrollo Sostenible: Tendencias, divergencias y Criterios de calidad. Barcelona, Graó
Revista de Educación (2003). Educación y ciudadanía (nº extraordinario). Madrid. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Revista Iberoamericana de Educación (2006). Educación y Ciudadanía (nº42 septiembre-diciembre)). Madrid.OEI
Jares, Xesús R. (1999). Educación y derechos humanos. Estrategias didácticas y organizativas.. Madrid. Popular
Yuste, A. (2006). Educación, ciudadanía y democracia.. Barcelona. Octaedro-OEI
Jares, Xesús R. (2004). Educar para la paz en tiempos difíciles.. Bilbao. Bakeaz
Cavell, S. (2005). El cine, ¿puede hacernos mejores?. Madrid. Katz
Arenas-Dolz, F.,Gallegos Salazar, D. (ed) (2009). El ciudadano democrático. Madrid. PyV
Martínez Huerta, J (2014). El fulgor de la luciérnaga: cuentos para repensar la educación. Madrid, Los libros de la Catarata
Trilla, J. (1992). El profesor y los valores controvertidos.. Barcelona. Paidós
Savater, F. (1997). El valor de educar.. Barcelona. Ariel
Nussbaum, M. C (2014). Emociones políticas. Barcelona, Paidós
Haydon, G. (2003). Enseñar valores. Un nuevo enfoque.. Madrid, Morata
Tarbiya. Revista de Investigación e Innovación Educativa (2004). La Educación en Derechos Humanos. Madrid. Instituto Universitario de Ciencias de la Educación
Naya, L. M. (coord.) (2005). La educación y los derechos humanos.. Madrid. Erein
Cortina, A. (coord) (2009). La educación y los valores. Madrid. Biblioteca Nueva
Bárcena,F., Gil, F., Jover, G. (1999). La escuela de la ciudadanía. Bilbao.DDB
Bárcena, F.; Gil, F. y Jover, G. (1999). La escuela de la ciudadanía: educación ética y política.. Bilbao. DDB
Buxarrais, R. (1999). La formación del profesorado en educación y valores.. Barcelona. DDB
Martínez, M. y Hoyos, G. (coord.) (2006). La formación en valores en sociedades democráticas.. Barcelona. Octaedro-OEI
Álvarez, B. (2011). La verdadera historia de los cuentos populares. El Pulgarcito para el siglo XXI. Madrid, Morata
Cerezo Martínez, F. (2001). La violencia en las aulas. Análisis y propuestas de intervención. . Madrid. Anaya
Esteban Bara, F. (2007). Lluvia de valores. Barcelona. CEAC
Camps, V. (1994). Los valores de la educación.. Madrid. Alauda
Elzo, J. (2000). Los valores de los jóvenes españoles.. Madrid. Fundación Santa María
Pereira, C. (2005). Los valores del cine de animación: propuestas pedagógicas para padres y educadores.. Barcelona. PPU
Peiró i Gregori, S (2013). Los valores en educación: modelos procedimientos y técnicas. Madrid, Dykinson
Ortega Ruiz, P. y Mínguez Vallejos, R. (2001). Los valores en la educación.. Barcelona. Ariel
Juul, J. (2008). Los valores para la familia hoy.. Madrid. Maeva
Ortega Aguaza, Judit; Lubián Graña, Carlos (Coords) (2014). Manual de educación para el desarrollo: orientaciones didácticas para el aula. Jaén,Universidad de Jaén
Tiana Ferrer, A. (2009). Por qué hicimos la LOE. Madrid. Wolters Kluwer España
Nussbaum, M.C (2010). Sin fines de lucro. Madrid. Katz Editores
Calero, J. (2008). Sociedad desigual, ¿educción desigual?. Madrid. Ministerio de Educación
Sancho Gil, J. Mª. (2006). Tecnologías para transformar la educación.. Madrid. Akal
Amar Rodríguez, V. M. (2008). TICs, sociedad y educación.. Madrid. Tébar
Carbonell Sebarroja, J (2008). Una educación para mañana. Barcelona. Octaedro.
Ollero, A. (coord.) (1999). Valores en una sociedad plural.. Madrid. Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales
Anaut, L. et al. (2002). Valores escolares y educación para la ciudadanía. Barcelona. Graó
Loscertales, F. y Núñez, T. (2001). Violencia en las aulas.. Barcelona. Octaedro
Sánchez Alcón, Ch. y Navarro Navarro, L. (2007). ¿Cómo educar en valores cívicos a los peques?. Barcelona. Octaedro
Cortina, A. (2013). ¿Para qué sirve realmente...? La ética. Barcelona, Paidós
Hoyos, G. y Martínez, M. (coords.) (2004). ¿Qué significa educar en valores hoy?. Barcelona. Octaedro

Recursos en REDE:

http://fund-culturadepaz.org/spa/espanol.htm
http://www.alliance21.org/2003
http://www.alteris.org/quees.html
http://www.aulaintercultural.org
http://www.citized.info
http://www.ciudadania.profs.net
http://www.coe.int
http://www.dadalos.org
http://www.edualter.org
http://www.educacionciudadania.mec.es
http://www.educacionenvalores.org
http://www.es.amnesty.org
http://www.escuelalibre.org
http://www.mec.es/creade
http://www.capitalemocional.com/apa.htm
http://www.movimientocontralaintolerancia.com
http://www.oei.es
http://www.sgep.org
http://www.unesco.org
Bibliografía complementaria Cortina Orts, Adela (2017). Aporofobia, el rechazo al pobre: un desafío para la democracia. Barcelona, paidós
Jares, Xesús R. (2006). Aprender a convivir.. Vigo, Xerais
Subirats, M., Tomé, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación.. Barcelona, Octaedro
Carreras, Ll. y otros (1995). Cómo educar en valores.. Madrid, Narcea
Pérez, G. (1997). Cómo educar para la democracia. Estrategias educativas.. Madrid. Popular
Tomé, A., Rambla, X. (2001). Contra el sexismo. Coeducación y democracia en la escuela.. Madrid, Síntesis
Camps, V. (2008). Creer en la educación.. Barcelona, Península
Tonucci, F. (2003). Cuando los niños dicen basta.. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
Ferland, F. (2011). Cuéntame un cuento. Madrid. Narcea
Asís Roig, R. et al. (2006). Educación en derechos humanos: la asignatura pendiente.. Madrid, Dykinson
Paya, M. (1999). Educación en valores para una sociedad abierta y plural. Aproximación conceptual.. Barcelona. DDB
Jares, Xesús R. (1999). Educación y derechos humanos. Estrategias didácticas y organizativas.. Madrid, Ed. Popular
García Inda, Andrés (2018). Educar para el asombro. Bilbao, Ediciones Mensajero
Jares, Xesús R. (2004). Educar para la paz en tiempos difíciles.. Bilbao, Bakeaz
Calvo Buezas, T. (1990). El racismo que viene. Otros pueblos y culturas vistos por profesores y alumnos.. Madrid, Tecnos
Savater, F. (1997). El valor de educar.. Barcelona. Ariel
Haydon, G. (2003). Enseñar valores. Un nuevo enfoque.. Madrid, Morata
Bauman, Zigmunt (2016). Extraños llamando a la puerta. Barcelona, Paidós
Rodríguez Martínez, C. (comp.) (2006). Género y currículo: aportaciones del género al estudio y práctica del currículo.. Madrid, Akal
Barrére, Mª A., Campos, A. (coord.) (2005). Igualdad de oportunidades e igualdad de género, una relación a debate.. Madrid, Dykinson
Coombs, Ph. (1986). La crisis mundial de la educación: perspectivas actuales.. Madrid, Santillana
Gerilla, E.,Jiménez, F.J., Santos, M. (coords) (2011). La educación nos hace libres. Madrid. Biblioteca Nueva
Sánchez Ferriz, R., Jimena Quesada, L. (1995). La enseñanza de los derechos humanos.. Barcelona. Ariel
Micheá, J. Cl. (2002). La escuela de la ignorancia.. Madrid, Ediciones Acuarela
Ordine, Nuccio (2013). La utilidad de lo inútil. Barcelona, Acantilado
Jackson, Ph. W. (1991). La vida en las aulas.. Madrid, Morata
Lomas, C. (comp.) (2007). Los chicos también lloran. Identidades masculinas, igualdad entre los sexos y coeducación.. Barcelona, Paidós
Delval, J. (1990). Los fines de la educación.. Madrid, Siglo XXI
Camps, V. (1994). Los valores de la educación.. Madrid, Anaya
Juul, J. (2008). Los valores para la familia hoy.. Madrid, Maeva
Esteban Bara, F. (coord.) (2003). Mi querida educación en valores. cartas entre docentes e investigadores.. Bilbao, DDB
Doménech, J; Guerrero, J. (2005). Miradas a la educación que queremos.. Barcelona, Graó
Sancho Gargallo, M. et al. (2007). Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica.. Madrid, Fundación Europea Sociedad y Educación
Torres Santomé, Jurjo (2017). Políticas educativas y construcción de personalidades neoliberales y neocolonialistas. Madrid, Ediciones Morata
Meirieu, P. (2004). Referencias para un mundo sin referencias.. Barcelona. Graó
Subirats, M., Brullet, C. (1988). Rosa y azul. la transmisión de los géneros en la escuela mixta.. Madrid, Instituto de la Mujer
Amar Rodríguez, V. M. (2008). Tecnologías de la información y la comunicación, sociedad y educación.. Madrid. Tébar
Tierno, B. (1996). Valores humanos.. Madrid, Taller de Editores
Bindé, J. (dir.) (2005). ¿A dónde van los valores? Coloquios del siglo XXI.. Barcelona, Icaria-UNESCO


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-Non se admitirán traballos dos que o profesor  non teña constancia da sua realización.

-As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais.

-Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A.

-Os traballos escritos presentaránse a dobre cara, sen grapas e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora, e sempre que conteñan referencias bibliográficas é imprescindible seguir as normas da APA que se poden encontrar aloxadas, entre outras, na seguinte dirección web: http://www.capitalemocional.com/apa.htm

-Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue e enviar por email unha copia ao profesor da materia

-  Titorías: Martes (16-19 h.) no despacho P0B7 (Telf. 981.167100, Ext. 4664). 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías