Identifying Data 2022/23
Subject (*) Design and Development of the Socio-Educational Action Code 652G03002
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Rodriguez Romero, Maria del Mar
E-mail
mar.rromero@udc.es
Lecturers
Rodriguez Romero, Maria del Mar
E-mail
mar.rromero@udc.es
Web
General description A materia busca ofrecer recursos conceptuais, metodolóxicos e éticos para comprender diversas aproximaciónss metodolóxicas e analizar proxectos e experiencias específicas aplicadas no deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos comprometidos coa democracia participativa e a autoxestión da vida cotiá no escenario da crise ecosocial e da pandemia

A materia busca presentar o deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos non como meros dispositivos técnicos senón como opcións epistemolóxicas e prácticas situadas que implican posicionamentos e compromisos políticos, sociais e pedagóxicos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A18 Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Analizar criticamente procesos, accións e proxectos socioeducativos identificando a súa perspectiva ética e/ou paradigma. A2
A9
A10
A11
B5
C1
C4
Familiarizarse coas metodoloxías participativas descubrindo as posibilidades que ofrecen para empoderar ás persoas e os grupos sociais e transformar a sociedade e o mundo. A1
A9
A10
A11
A18
A19
B2
B5
C1
C4
Vincular a acción socioeducativa e concretamente o deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos coa extensión da democracia participativa, a xustiza social e os Dereitos Humanos A1
A9
A10
A11
B1
B2
B5
C1
C4
Aplicar habilidades de reflexión e traballo cooperativo á lectura, interpretación e discusión de fontes primarias de información (documentos impresos, electrónicos, audiovisuais, etc.) e tamén á análise de experiencias de educación social mediante a realización dun traballo de campo. A6
A8
A9
A10
A11
A13
B1
B2
B5
C1
C3
C4
Utlizar o galego a nivel escrito e oral coa calidade lingüística requirida. B1
B2
C1
C3
Coñecer referentes profesionais no ámbito da inserción laboral que teñen o galego como lingua de traballo A20
C4

Contents
Topic Sub-topic
NÚCLEO 1. Mapeando os proxectos de acción educativa sociocomunitaria no escenario do procomún 1.1. O proxecto en educación social como construción educativa, sociocomunitaria e política.
1.2. As bases do proxecto: democracia participativa e xustiza social, autoxestión da vida cotiá, dereitos humanos, dereitos das seres humanas, obxectivos de desenvolvemento sostible, obxectivos do bo vivir e sostenibilidade.
1.3. Prácticas de innovación cidadá, creatividade social e micro utopías baseadas nos coidados.
1.4. O proxecto desde diferentes perspectivas epistemolóxicas. A perspectiva adaptativo-conservadora, a perspectiva educativo-reformadora, a perspectiva crítico-transformadora. O interese técnico, o interese práctico e o interese emancipador. Os paradigmas positivista, interpretativo, crítico, postcrítico e desconstrutivista
NÚCLEO 2. : Metodoloxías de participación comunitaria na sociedade dos coidados 2.1. Metodoloxías participativas e Investigación Acción Participativa
2.2. O ilusionismo social
2.3. A fotovoz e as pedagoxías feministas
2.4. A cartografía social
2.5. A metodoloxía Oásis

NÚCLEO 3. Fases e elementos dos proxectos socioeducativos 3.1. O estudo do contexto e a negociación inicial
3.2. O traballo de campo, a devolución da información, o autodiagnóstico e a construción de acordos
3.3. A planificación das accións
3.4. O desenvolvemento das accións
3.5. Avaliación do proceso e dos resultados
3.6. Participación cidadá, grupos de traballo e estruturas organizativas e institucionais
3.7. Ferramentas e técnicas relacionadas coa información, coa participación e coa construción de acordos
Núcleo 4. Procesos participativos en marcha: orzamentos participativos e rede muncial de cidades, pobos, barrios, illas en transición, investigación acción participativa feminista, 4.1. Porta Aberta (A Coruña)
4.2. Decide Madrid
4.3. Orzamentos participativos en Portugal
4.4. Escenarios en transición
4.5. Microutopias da vida cotia: grupos de apoio mutuo, aplana a curva, etc.
4.6. Xustiza reproductiva, alfabetización menstrual crítica e IAP feminista

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A1 A2 A9 A10 A11 B1 8 25 33
Collaborative learning A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 5 20 25
Case study A1 A6 A8 A9 A10 A11 A18 A19 A20 B1 C3 C4 5 25 30
Directed discussion A2 A9 A10 A11 A13 A20 B1 B5 C1 C4 12 12 24
Supervised projects A9 A10 A11 A13 A20 B1 B2 B5 C1 C4 12 24 36
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Presentación comprensiva de documentos multitextuais e análise e reflexión sobre o seu contido en relación con procesos participativos e propostas, perspectivas, experiencias e proxectos estudados.
Collaborative learning Traballo en equipos, presencial ou on line, para contrastar puntos de vista sobre a información extraída dos documentos, realización de resumos analíticos e aplicación a estudos de caso e resolución de problemas.
Case study Selección de casos (experiencias, proxectos, etc) para analizar e reflexionar sobre a súa vinculación cos contidos da materia.

Presentación de casos e/ou experiencias participativas na Galicia formando parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social". Con unha finalidade dupla:
Visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo.
Achegar praxes profesionais vencelladas á paricipación de diferentes colectivos na Galicia
Directed discussion Posta en común do traballo de análise e reflexión realizado polos equipos sobre os documentos multitextuais e os casos estudados formulando argumentos con diferentes perspectivas tendo en conta a diversas propostas estudadas na materia.
Supervised projects Traballo en equipo que implica a realización de traballo de campo en escenarios socioeducativos, aplicando a metodoloxia de estudo de caso ou a análise de documentos multitextuais e a recollida de datos mediante medios dixitais. Esixe asistencia obrigatoria ás titorías planificadas para guíar o proceso.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Supervisión nas clases interactivas e nas titorías do traballo en grupo que implica a realización dun estudo de caso. A estrutura e as condicións de realización entregaranse a comenzo de curso.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A9 A10 A11 A13 A20 B1 B2 B5 C1 C4 Traballo en equipo: análise de estudos de caso, realización de microinvestigación con traballo de campo. Por exemplo, Fotovoz.
Criterios de cualificación do análise dos estudos de caso:
- Informe: adecuación aos requisitos de estrutura e contido, e elaboración da información.
- Apéndices: organización e análise de datos (fotos, resúmos, etc.).
- Traballo de campo (cantidade e pertinencia da recollida de datos, número de compoñentes do equipo, complexidade/diversidade dos datos).

45
Document analysis A1 A2 A9 A10 A11 B1 Proba mixa que permite examinar ideas procedentes das fontes documentais, establecer conexións entre contidos, dar razóns e argumentar e deseñar unha acción socioeducativa a partir dun caso.

Criterios de avaliación:
- Definición de conceptos: mencionando/recoñecendo aspectos claves.
- Explicación de conceptos: presentación razonada das características ou implicacións relacionadas cos conceptos ou identificación de explicacións axeitadas
- Relación fundamentada entre contidos de propostas ou proxectos diferentes ofrecendo/recoñecendo información sobre as razóns dos vínculos.
- Acción socioeducativa coherente co caso e con as decisións metodolóxicas.
45
Collaborative learning A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 Cartafol do grupo (10%)
Criterios de avaliación do cartafol:
- análise da información
- presentación da información
- número de tarefas de clase incluidas
10
 
Assessment comments

Cualificación final 

Tanto o exame como o traballo colaborativo teñen que ser avaliados con nota mínima de 5 para poder considerarse aptos. Cando algunha das actividades de avaliación non acade a cualificación de aprobado e a suma dos poncentaxes sexa de 5 o superior a 5 a cualificación que figurará nas actas será a obtida na actividade suspensa.

Integridade académica:

Os contidos incluidos nos traballo deben estar
apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de
referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse
usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes
orixe das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindible para
demostrar excelencia académica.

Recoméndase consultar:

www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

Política antiplaxio:

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben
declararse. O uso de texto literal ou ideas de outros autores ou autoras
parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en
aplicación do artígo 14.4 da normativa académica de avaliacións,
cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de
decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade".

Debe consultarse:

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico

Prazo de Admisión de propostas para o traballo tutelado:

Non serán admitidas propostas para o traballo tutelado unha vez rematado o prazo de admisión fixado na documentación complementaria que será entregará na clase.

Composición dos grupos e traballo:

Nas tarefas en grupo, incluído o traballo tutelado, a avaliación de cada membro variará en función da asistencia a clase, as sesións obrigatorias de seguimento e en función da implicación no proceso. Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación ponde darse variacións na composición dos grupos e no número de compoñentes se, a criterio da profesora, así se asegura a elaboración apropiada do mesmo. 

Asistencia:

Cunha asistencia inferior o 80% das clases presenciais non contará a nota da aprendizaxe colaborativa. 

É obrigatoria a asistencia do alumnado ao 80% das sesións. 

Se realiza o exame sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final del alumnado será de 50% para o exame e 50% para o traballo tutelado. Nestos casos o alumnado ten que falar co profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Dispensa académica de exención de asistencia:

Aqueles e aquelas estudantes que teñan recoñecida a dispensa académica de exención, mediante solicitude previa na Administración do centro, de asistencia serán avaliados a través de traballo e exame individual, igual que aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das clases. A nota final será de 50% para o exame e 50% para o traballo tutelado. Será necesario unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Condición de NON PRESENTADO

A condición de  NON PRESENTADO só será acadada cando non realice ninguna das actividades de avaliación, é dicir nin o dossier, nin a proba de exame nin o traballo tutelado. A realización dalgunha das actividades de avaliación obriga recibir a correspondente cualificación.

Linguaxe non discriminatorio e inclusivo, transversalidade de xénero e interculturalidade::

É obrigatorio o uso dunha linguaxe correto, respectuoso e inclusivo que visibilice o feminino, evitando termos discriminatorios relativos a xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O non cumplimento deste requisito en todos os traballos da materia acarreará consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.

Segunda convocatoria

Seguirase os criterios definidos para a primeira convocatoria.

Citas e referencias

Usarase unha adaptación do modelo de citas APA para cumprir co ODS 5, Igualdade das mulleres, e facer visible a figura das mulleres e facilitar o análise da paridad das bibliografías. Deberán usarse referencias que aseguren ou estean próximas a paridade na realización dos traballos da materia. O incumplemento acarreará ata un punto de penalización.

Pode consultarse a seguinte ligazón para ver exemplos de citación

https://biblioteca.uoc.edu/es/pagina/Estilo-APA/


Sources of information
Basic Villasante, Tomás R. (2006). Desbordes creativaos. Estilos y estrategias para la transformación social.. Madrid: La Catarata
Andreotti, Vanessa et al. (2019). Da casa construída pela modernidade o micelio saudável. Sinergias – diálogos educativos para a transformação social
Max-Neef, Manfred (1998). El desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones. Barcelona: Icaria
Encina, J. y Ávila, María Ángeles (2014). El desempoderamiento. Viviendo la construcción de un nuevo mundo sin poder. Sevilla: Edita UNILCO-espacio nómada
Hernández, Mª Dolores; Martín, Pedro y Tomás R. Villasante (2003). Estilos y coherencias entre las metodologías creativas. Metodologías y presupuestos participativos
Soliz, Fernanda y Maldonado, Adolfo (2012). Guía de metodologías comunitarias participativas Guía No. 5 . Clínica Ambiental
Encinas, Javier et al (2010). Ilusionismo social. Investigación participativa y culturas populares. http://ilusionismosocial.org/
ENDA América Latina - Colombia (2003). La cartografía social como recurso metodológico para el proyecto barrios del mundo. http://territorioyculturapuj.files.wordpress.com/2010/07/la-cartografia-social-como-recurso-metodolo
García Barón, Catalina (2005). La cartografía social en la práctica. http://www.quartiersdumonde.org/uploads/documento/archivo/25/Documento_de_sistematizaci_n_de_la_util
Sanz Vega,Carlos Miguel; Noriega Pérez, Alba; Noguerol del Cid, Carmen y Serra Lorenzo, Rubén (2018). Manejo de la técnica Fotovoz como herramienta comunitaria. RqR
Andreotti, Vanessa et al. (2015). Mapping interpretations of decolonization in the context of higher education. Decolonization: Indigeneity, Education & Society
Instituto ELOS (s/d). Metodologia Elos Manual de Bolso .
Fernández Ramos, Javier y Piñeiro García de León,Concepción (2015). Metodología OASIS: vivir el cambio que queremos ver en el mundoEREMOS VER EN EL MUNDO. REVISTA INTERNACIONAL sobre INVESTIGACIÓN en EDUCACIÓN GLOBAL y para el DESARROLLO
Red Cimas (2015). Metodologías Participativas. http://www.book2look.com/book/wAaFoznPtl
ALBERICH, Tomás. et al. (2010). Metodologías Participativas. Manual. http://www.redcimas.org//archivos/libros/manual_2010.pd
Lather, Patti (2006). Paradigm proliferation as a good thing to think with: teaching research in education as a wild profusion. International Journal of Qualitative Studies in Education
Escalante Ruiz, María Gracia (2015). Photovoice: voces sin sonido. Servicios Sociales y Política Social
Encina, Javier y Ezeiza, Ainoa (2017). Sin poder. VolapuK

Basaigoti, Manuel;  Bru, Paloma y Lorenzada, Concha (2001): IAP (Investigación-acción participativa) “de bolsillo”. Madrid: ACSUR-Las Segovias.

Lorenzana, Concha (ed.) (2002): Tomamos la palabra. Experiencias de ciudadanía participativa. Barcelona: Icaria/ACSUR-Las Segovias.

Bibliografía xeral

Ander Egg, E. (1988). Formulación de Proyectos de Acción Social. Buenos Aires: Húmanitas Ander Egg, E. (1990). Repensando la investigación-acción participativa. Comentarios, Críticas y sugerencias. Vitoria-Gasteiz: Servicio de Publicaciones, Gobierno Vasco.

Ander Egg, E. (1997). Cómo elaborar un proyecto. (15ª ed.). Albacete: Editorial. Instituto de Ciencias Sociales Aplicadas.

Ander Egg, E. y Aguilar, María José (2005). Guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Buenos Aires: Lumen / Humanitas.

Feliz, T. (2010). Diseño de Programas de Educación Social. Madrid: McGraw Hill. Herrero

García, G. Y Ramírez Navarro, J.M. (2006). Manual práctico para elaborar Proyectos sociales. Madrid: Siglo XXI

Parcerisa, A., Ginés, N. Y Forés, A. (Coord).(2010). La Educación social: una mirada didáctica. Barcelona: Graó

Complementary (). .
Fdez. Casadevante, José Luis; Morán, Nerea y Prats, Fernando (2018). Ciudades en movimiento. Avances y contradicciones en las políticas municipalistas desde la óptica de las transiciones ecosociales. FUHEM
Welp, Yanina (2018). Todo lo que necesitás saber sobre las democracias del siglo XXI. Buenos Aires: Paidós


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Theory of Education/652G03001

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente
 A entrega dos traballos documentais  será en formato virtual e / ou soporte informático. No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis, dípticos, etc.; a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habilitados para tal fin. Os materiais empregados para a realización das experiencias deben ser na medida do posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no caso de ser necesario. Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais

Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural no relativo a realización dos traballos da materia.

Ter en conta os principios éticos relacionados coa sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, analizase os textos tendo en conta estereotipos e nesgos).

Será obrigatorio a utilización dunha linguaxe inclusivo e do tratamento da perspectiva de xénero nos traballos da materia. De non ter sido considerados podería penalizarse a nota final con un punto menos por cada aspecto.

Traballárase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades o acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

A integridade académica terá que estar presente nos traballos realizados no senso de referenciar axeitadamente as fontes orixinais e usar os modos de citación axeitados para honrar as autoras e autores das ideas utilizados nos mesmos. Non cumprir con este requisito carrexará consecuencias negativas na calificación final en función do alcance da falta cometida.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.