Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento Código 652G03003
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Ferradás Canedo , María del Mar
Correo electrónico
mar.ferradasc@udc.es
Profesorado
Ferradás Canedo , María del Mar
Correo electrónico
mar.ferradasc@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Psicoloxía do desenvolvemento" pretende aportar unha formación básica no eido do plano de estudos do Grao en Educación Social. O obxectivo xeral da mesma é que o alumnado acade un coñecemento sobre as distintas etapas que constitúen o desenvolvemento ao longo do ciclo vital, así como das necesidades e demandas específicas de cada unha delas, aspectos, todos eles, esenciais para poder emprender as tarefas vencelladas á futura actividade profesional do educador social (i.e., deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos educativos dirixidos a persoas de distintas idades e condicións, desde a infancia até a vellez). Ademáis, a inclusión de contidos referidos non só ao desenvolvemento típico ou normativo, senón tamén ás dificultades ao longo do ciclo vital, é un aspecto necesario na formación do futuro educador social, na medida en que responde á posibilidade de que estes exerzan as súas funcións con persoas con diversos tipos de problemas ou discapacidades. Porén, coñecer o proceso de desenvolvemento humano nas súas distintas facetas (física, cognitiva, social e emocional) ao longo de toda a vida é un requisito imprescindible para poder realizar calqueira das intervencións con persoas que un educador social pode levar a cabo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición e os seus antecedentes históricos. A1
A2
Examinar as distintas perspectivas teóricas nas que se basea o estudo do desenvolvemento ao longo do ciclo vital. A2
A11
C1
C8
Analizar as distintas etapas que conforman o ciclo vital e os procesos de desenvolvemento ao longo do mesmo. A4
B2
C1
C6
Identificar e comprender os cambios, desaxustes e conflitos que poden xurdir desde a concepción até a morte do individuo. A5
A12
A14
A15
B4
C4
C7
Valorar a importancia do entorno socio-cultural nos procesos de desenvolvemento. A2
A5
A9
B4
C4
Acadar inquietudes éticas en relación ás implicacións socioeducativas dos coñecementos adquiridos A17
B5
C4
Acadar hábitos de estudo, de análise crítica e de discusión que promovan a construción activa do coñecemento por parte do alumnado. B1
B6
C6

Contidos
Temas Subtemas
Introducción á Psicoloxía do desenvolvemento Concepto de desenvolvemento
Obxecto da Psicoloxía do desenvolvemento
Ámbitos, etapas e contextos de desenvolvemento
Factores determinantes do desenvolvemento
Evolución histórica da Psicoloxía do desenvolvemento
Perspectivas teóricas na Psicolxía do desenvolvemento Modelos e paradigmas na Psicoloxía do desenvolvemento
Principais orientacións teóricas na Psicoloxía do desenvolvemento:
- Teorías psicoanalíticas
- Teorías da aprendizaxe
- Teorías cognitivas
- Teorías sociobiolóxicas
- Teorías contextuais
O desenvolvemento na infancia Desenvolvemento físico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento cognitivo na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento lingüístico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento socio-emocional na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
O desenvolvemento na adolescencia Desenvolvemento físico: adrenarquia e gonadarquia
Desenvolvemento cognitivo: a etapa das operacións formais
Desenvolvemento socio-emocional:
- Autoconcepto e autoestima
- Relacións familiares
- Relacións cos iguais
- Relacións de parella
O desenvolvemento na etapa adulta Cambios físicos na xuventude e na madurez
Desenvolvemento cognitivo na xuventude e na madurez: intelixencia e procesamento da información
Desenvolvemento socio-emocional na xuventude e na madurez: traballo, relacións sociais, matrimonio, fillos.
O desenvolvemento na vellez Cambios físicos na vellez
Desenvolvemento cognitivo: a memoria das persoas maiores
O benestar psicolóxico na vellez

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A14 A15 B1 C4 C6 C7 15 15 30
Lecturas A1 A2 A17 B5 C4 C6 3 3 6
Análise de fontes documentais A1 A2 A5 A11 A14 B1 C6 10 10 20
Portafolios do alumno A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 3 12 15
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 3 30 33
Resumo B1 B2 B5 B6 2 2 4
Actividades iniciais A1 A5 A14 B6 C7 1 0 1
Solución de problemas A5 A9 A12 A14 B1 C6 2 0 2
Simulación A12 A14 A17 B4 B5 B6 C4 2 0 2
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A5 A14 2 0 2
Discusión dirixida A1 A4 A5 A12 A14 B1 B4 B5 B6 C1 C7 6 0 6
Glosario A1 A2 A4 1 1 2
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A17 C6 C7 C8 21 0 21
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Portafolios do alumno É un cartafol (físico ou virtual) ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron e que pode ter máis dunha posible solución.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Glosario Un glosario é un recurso que consiste na explicación e contextualización dun conxunto de termos ou conceptos propios dun material especializado para facilitar a súa comprensión.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba mixta
Descrición
Tanto a preparación do exame como a realización das actividades que se incluirán no portafolio serán obxecto de atención individualizada ao longo do curso durante as horas de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.
30
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 70
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%:

a) Elaboración e presentación do portafolio (30%).

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%).

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b; e 4.5) (29 de maio de 2012).

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 80%:

a) Exame escrito sobre os contidos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dossier e proba mixta).

2. O dossier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier).

3. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

4. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 


Fontes de información
Bibliografía básica Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2010). Desarrollo humano. . México D. F.: McGraw Hill.
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2009). Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. México D. F.: McGraw Hill.
Giménez-Dasí, M. y Mariscal, S. (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia.. UNED: McGraw Hill.
Delgado, B. (2008). Psicología del desarrollo. Desde la infancia a la vejez. . UNED: McGraw Hill.
Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo. El ciclo vital. . Madrid: McGraw Hill.

Bibliografía complementaria Serulnikov, A., y Suárez, R. (2001). Piaget para principiantes. Buenos Aires, Argentina: Era Naciente SRL


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías