Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Socioloxía Código 652G03005
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Profesorado
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como finalidade promover unha comprensión reflexiva e crítica da sociedade da que o educador social forma parte, tratando de ampliar a súa visión dos distintos contextos e variados ámbitos nos que desempeña o seu labor profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Realización adecuada das tarefas: neste sentido, enténdese que unha realización adecuada ou correcta inclúe unha entrega puntual dos traballos, e que estes se realizaron a computador. Ademais, cando teñas que redactar o exame final este debe aparece ben estruturado e redactado e sen faltas de ortografía. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A13
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C6
C7
C8
Organización adecuada do tempo: que aprendas a distribuír e priorizar tarefas, para non ter que facer as cousas no último minuto, ou ter que expor en clase sen preparar ben o tema. B1
B6
C6
Desenvolvemento de habilidades interpersoais: refírome á capacidade de traballar en equipo, que che obrigará a coordinarche cos teus compañeiros, a resolver conflitos, a ceder e negociar. B3
B5
B6
C1
Xestión de problemas: sen dúbida terás que solucionar dificultades de diverso tipo, porque quizá non atopes sempre o texto que queres na Biblioteca, e terás que ver como o resolves... A20
B1
B3
C6
C7
Desenvolvemento de habilidades lingüísticas: a comunicación e a expresión oral quizais resultarache algo difícil en ocasións, pero é necesario adestrarse... B6
C1
C7
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A13
A20
B1
B2
B4
B5
C4
C6
C8
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. A1
A3
A5
B5
Identificar e analizar os factores contextuales que afectan os procesos de intervención socioeducativa. A5
A8
A11
A20
B4
B5
B6
C4
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. A6
A9
A13
B2
B3
B4
B6
C1
C6
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. A4
A5
A8
A20
B1
B3
B4
C4
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. A6
A9
A10
A11
A13
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C6
C8
Analizar, difundir, xestionar, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural. A10
A11
A20
B1
B2
B5
B6
C1
C4
Observar, analizar, interpretar, facilitar e favorecer procesos de mediación social, cultural e educativa. A11
A20
B1
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- PENSANDO SOCIOLÓXICAMENTE
1.1.- Por que é necesario estudar humanidades e ciencias sociais?
1.2.- O carácter científico da socioloxía e o seu obxecto de estudo
1.3.- O xurdimento da socioloxía como ciencia
1.4.- As orixes da teoría sociolóxica: Comte e Saint-Simon


TEMA 2.- FERRAMENTAS METODOLÓXICAS NO ESTUDO DA SOCIOLOXÍA. O COÑECEMENTO DO MEDIO SOCIAL 2.1.- A metodoloxía cuantitativa e cualitativa nas Ciencias Sociais
2.2.- As fontes secundarias de información estatística e a enquisa.
2.3.- A observación participante
2.4.- A entrevista en profundidade
2.5.- O grupo de discusión
2.6.- As etapas da investigación social
TEMA 3.- OS PARADIGMAS TEÓRICOS DA SOCIOLOXÍA CLÁSICA E A SÚA OPERATIVIDADE NA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN 3.1.- O paradigma funcionalista representado por Émile Durkheim
3.2.- A teoría do conflito e o pensamento de Karl Marx
3.3.- A acción social e a educación en Max Weber

TEMA 4.- A SOCIALIZACIÓN
4.1.- Cultura, sociedade e personalidade
4.2.- O proceso de socialización
4.3.- Os axentes de socialización
TEMA 5.- ESTRATIFICACIÓN SOCIAL, CLASES SOCIAIS E EXCLUSIÓN SOCIAL 5.1.- Estratificación social
5.2.- Clases sociais
5.3.- Exclusión social e pobreza
TEMA 6.- AS DESIGUALDADES SOCIAIS, O ESTADO DE BENESTAR E AS RESPOSTAS DAS POLÍTICAS PÚBLICAS 6.1.- As desigualdades sociais
6.2.- O estado do Benestar

TEMA 7.- A GLOBALIZACIÓN. INMIGRACIÓN E DIVERSIDADE CULTURAL 7.1.- A globalización
7.2.- A inmigración e os modelos de integración social


TEMA 8.- A CONSTRUCIÓN SOCIAL DO XÉNERO: NON NACÍN MULLER, FÍXENME 8.1.- A construción social das diferenzas sexuais
8.2.- A división sexual do traballo
8.3.- Espazo privado/público


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 24 40 64
Lecturas A1 A2 A3 A4 B1 B6 C1 C7 0 20 20
Traballos tutelados A10 A11 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 15 48 63
Proba de ensaio A1 A2 B1 B5 B6 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.

Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados.

A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi imporante e moi valorado.

Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser máis difíciles de acceder ou de asimilar. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
Lecturas Nalgúns temas do programa existen un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.

Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
Traballos tutelados Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas realizadas en clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral).

O traballo grupal está exposto como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo debedes escollelos vós mesmos e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica.
Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha tutoría obrigatoria.

Proba de ensaio Exame final sobre os contidos da materia explicados nas sesións maxistrais e nos recolleitos nas lecturas obrigatorias. A data é marcada oficialmente pola UDC.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados contaredes coa miña presenza na aula durante as sesións en grupos medianos e reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías que considereis necesarias (hai unha obrigatoria para preparar o traballo grupal). Tamén estarei dispoñible vía virtual enviándome vosas cuestións por e-mail.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como a proba de ensaio.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 B1 B5 B6 C1 Exame escrito con preguntas breves e de desenvolvemento. 40
Traballos tutelados A10 A11 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 Prácticas realizadas en clase e traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica (o 40% da nota depende das prácticas, asistencia e participación e, o 20% restante, do traballo e a súa exposición). 60
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. O conxunto de prácticas, tarefas grupales, asistencia e participación suporán o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como a proba de ensaio.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como a proba de ensaio.

Gardaranse as notas prácticas e dos traballos para a segunda convocatoria.


Fontes de información
Bibliografía básica MACIONIS, J.J. Y K. PLUMMER (1999). Sociología. Madrid, Prenctice Hall
GIDDENS, A. (2002). Sociología. Madrid, Alianza Editorial
FERNÁNDEZ, F. (2003). Sociología de la Educación. Madrid, Pearson
TABERNER, J. (1997). Teoría Sociológica y Educación. Córdoba, Universidad de Córdoba

Bibliografía complementaria SUBIRATS, M. y TOMÉ, A. (2007). Balones Fuera: reconstruir los espacios de la coeducación. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA FERRANDO, M; IBÁÑEZ, J.; ALVIRA, F. (comp.) (2000). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación social. Madrid, Alianza Universidad Textos, 3ª edición revisada
BARLEY, N. (1989). El antropólogo inocente. Barcelona, Anagrama
FEITO, G. (1995). Estructura Social Contemporánea. Las clases sociales en los países industrializados. Madrid, Siglo XXI.
GINER, S. (1988). Historia del pensamiento social. Barcelona, Ariel
FERNÁNDEZ, M. (1996). Inmigración y Etnicidad. Madrid, Centro de Investigación y Documentación Educativa.
SHAW, I. (2003). La evaluación cualitativa. Introducción a los métodos cualitativos. Barcelona, Editorial Paidós Ibérica, S.A.
ALONSO, L.E (1998). La mirada cualitativa en sociología. Fundamentos, Madrid.
BERTAUX, D. (2005). Los relatos de vida. Perspectiva etnosociológica. Barcelona, Bellaterra.
VV.AA. (2008). Metodología de las Ciencias Sociales. Madrid, Editorial Tecnos
CASTELLS, M. y SUBIRATS, M. (2007). Mujeres y hombres: un amor imposible?. Madrid, Alianza.
BAUMAN, Z. y MAY, T. (2007). Pensando sociológicamente. Buenos Aires, Nueva Visión.
GARCÍA FERRANDO, M. (coord.) (1999). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de Sociología. Valencia, Tirant lo Blanch, 4ª edición.
ALONSO, L.E. et al. (2004). Pierre Bourdieu, las herramientas del sociólogo. Madrid, Fundamentos
SUBIRATS, M. y BRULLET, C. (1998). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid, Instituto de la Mujer
GIDDENS, A. (2002). Sociología. Madrid: Alianza Editorial, 4ª edición.
VALLES, M. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid, Síntesis
RITZER, G. (2001). Teoría sociológica clásica. Madrid, McGraw-Hill, 3ª edición.
RITZER, G (2002). Teoría sociológica moderna,. Madrid, McGraw-Hill, 5ª edición.
CARABAÑA, J. (2000). “Títulos contra el paro: ¿protegen los estudios del desempleo?, en SÁEZ, F. (coord.), Formación y empleo: programa de economía familiar. Madrid, Fundación Argentaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías