Identifying Data 2019/20
Subject (*) Sociology Code 652G03005
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
E-mail
carmen.rodriguez2@udc.es
Lecturers
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
E-mail
carmen.rodriguez2@udc.es
Web
General description Esta materia ten como finalidade promover unha comprensión reflexiva e crítica da sociedade da que o educador social forma parte, intentando ampliar a súa visión sobre os distintos contextos e variados ámbitos nos que desempeña o seu labor profesional. Para iso, esta asignatura trata de subliñar a importancia de fomentar a reflexividade e o pensamento crítico, de proporcionar as bases teóricas e conceptuais fundamentais e as ferramentas metodolóxicas coas que facer investigación social e de profundar nas interrelacións existentes na realidade social. Supón un achegamento ao coñecemento científico das sociedades para procurar explicar o mundo no que vivimos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender os supostos e fundamentos históricos e sociolóxicos da acción social valorando as súas implicaciones. Estudar ao individuo como produto da realidade social e como actor nela. A2
A4
A5
A8
A10
A11
A13
A20
B1
B5
C4
C6
C8
Identificar e analizar os distintos contextos, institucións e actores sociais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa A1
A3
A5
A8
A11
A20
B3
B5
B6
C4
Entender os paradigmas sociolóxicos como mapas de comprensión da realidade social. A2
A8
B1
Comprender e analizar o concepto de cultura, a súa complexidade e a súa pluralidade e ver a súa concreción no proceso de socialización. A4
A8
A10
A11
A20
B1
B5
B6
C1
C4
Observar, analizar, interpretar, facilitar e favorecer a diversidade humana de todo tipo, incidindo en cuestións como a diversidade cultural, a diversidade funcional ou o xénero. A11
A20
B1
B4
B5
C4
Observar e analizar os distintos factores e procesos de creación de vulnerabilidade, de exclusión, de desigualdade e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. A1
A4
A5
A8
A20
B1
B4
C4
Xestión e procura de solucións a problemas que se atopen na investigación social. A13
A20
B1
C4
C6
C7
Desenvolvemento de habilidades interpersonales, en especial, a capacidade de traballar en equipo, que fomentará a coordinación e diálogo entre compañeiros. A13
B5
B6
C1
C4
Desenvolvemento de habilidades lingüísticas, a comunicación e a expresión oral. A13
A20
B6
C1
C7

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1.- PENSANDO SOCIOLÓXICAMENTE 1.1.- O carácter científico da socioloxía e o seu obxecto de estudo
1.2.- O xurdimento da socioloxía como ciencia
1.3.- As orixes da teoría sociolóxica: Comte e Saint-Simon


TEMA 2.- FERRAMENTAS METODOLÓXICAS NO ESTUDO DA SOCIOLOXÍA. O COÑECEMENTO DO MEDIO SOCIAL 2.1.- As etapas da investigación social e a metodoloxía cuantitativa e cualitativa nas Ciencias Sociais
2.2.- As fontes secundarias de información estatística e a enquisa.
2.3.- A observación participante
2.4.- A entrevista en profundidade
2.5.- O grupo de discusión
TEMA 3.- OS PARADIGMAS TEÓRICOS DA SOCIOLOXÍA CLÁSICA E A SÚA OPERATIVIDADE NA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN 3.1.- O paradigma funcionalista representado por Émile Durkheim
3.2.- A teoría do conflito e o pensamento de Karl Marx
3.3.- A acción social e a educación en Max Weber

TEMA 4.- CULTURA E SOCIALIZACIÓN 4.1.- Cultura, sociedade e personalidade
4.2.- O proceso de socialización
4.3.- Os axentes de socialización
TEMA 5.- ESTRATIFICACIÓN SOCIAL 5.1.- O concepto de estrutura e estratificación social
5.2.- Tipos de sociedades. Unha historia da desigualdade
5.3.- Sistemas de estratificación social
TEMA 6.- DESIGUALDADES SOCIAIS E ESTADO DO BENESTAR 6.1.- Desigualdade social, pobreza e exclusión
6.2.- O xénero como variable de desigualdade. A construcción social do sexo
6.3.- O Estado do benestar

TEMA 7.- A GLOBALIZACIÓN. INMIGRACIÓN E DIVERSIDADE CULTURAL 7.1.- A globalización
7.2.- A inmigración e os modelos de integración social



Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 24 38 62
Workbook A2 A4 B1 B6 C1 C7 0 20 20
Supervised projects A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 14 46 60
Oral presentation B1 B6 C1 C7 1 2 3
Seminar A1 A2 A8 B3 B6 C1 C4 C6 2 0 2
Long answer / essay questions A2 A3 A4 A5 A8 B1 B5 B6 C1 2 0 2
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.

Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados.

A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi imporante e moi valorado.

Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser máis difíciles de acceder ou de asimilar. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
Workbook Nalgúns temas do programa existen un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.

Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
Supervised projects Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas realizadas en clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral).

O traballo grupal está exposto como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo debedes escollelos vós mesmos e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica.
Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha tutoría obrigatoria.

Oral presentation O traballo grupal sobre un tema sociolóxico será exposto en clase (tamén de forma grupal) a final de curso.
Seminar Seminario sobre temas sociais formando parte do Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social.
Long answer / essay questions Exame final sobre os contidos da materia explicados nas sesións maxistrais e nos recolleitos nas lecturas obrigatorias. A data é marcada oficialmente pola UDC.

Personalized attention
Methodologies
Seminar
Workbook
Supervised projects
Guest lecture / keynote speech
Oral presentation
Description
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa miña presenza no aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias no horario que comunicarei ao comezo de curso. Hai unha tutoría presencial obligatoria para preparar o traballo grupal. Tamén estarei dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Long answer / essay questions A2 A3 A4 A5 A8 B1 B5 B6 C1 Exame escrito con preguntas breves e de desenvolvemento sobre a materia da asignatura.
Nel valorarase:
-O manexo de conceptos e teorías.
-A comprensión da materia da asignatura.
-A coherencia do discurso.
-A correcta expresión escrita.
40
Supervised projects A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica (o 40% da nota depende das prácticas, asistencia e participación e, o 15% restante, do traballo grupal obrigatorio).
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
55
Oral presentation B1 B6 C1 C7 A presentación oral sobre o traballo grupal é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
5
 
Assessment comments
Avaliación continua.
A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo grupal, a exposición, a asistencia e a participación) suporá o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.
As prácticas que se realizarán ao longo do cuatrimestre terán un contido variado.
O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame.
Avaliación non continua.
Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación.
A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota).
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.
Segunda oportunidade.
A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da asignatura pero non se presenten ou suspendan o exame da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).
Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela, deberán facer o mesmo exame que os seus compañeiros que a teñan superada e ademais responder a unha ou varias cuestións para recuperar a parte práctica.
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame.

Sources of information
Basic RODRÍGUEZ IBÁÑEZ, J.E. (1989). La perspectiva sociológica: historia, teoría y método . Madrid: Taurus
JONES, O. (2013). Chavs: la demonización de la clase obrera. Madrid: Capitán Swing
ALGUACIL, J. (2011). Cómo se hace un trabajo de investigación en sociología. Madrid: Los Libros de la Catarata
IGLESIAS, P. (Coord.) (2013). Cuando las películas votan: lecciones de ciencias sociales a través del cine. Madrid: Los Libros de la Catarata
GARCÍA FERRANDO, M. ET AL. (2015). El análisis de la realidad social: métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza
REQUENA, M. ET AL. (2013). Estratificación social. Madrid: McGraw-Hill
KERBO, H. (2003). Estratificación social y desigualdad: el conflicto de clases en perspectiva histórica, comparada y global. Madrid: McGrawHill
VARELA, N. (2016). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B
WEBER, M. (2011). La ética protestante y el espíritu del capitalismo. Madrid: Alianza Editorial
MILLS, C. W. (2003). La imaginación sociológica. México: Fondo de Cultura Económica
LAMO DE ESPINOSA, E. (1990). La sociedad reflexiva: sujeto y objeto del conocimiento sociológico. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
PASTOR, J. (2002). Qué son los movimientos antiglobalización. Barcelona: RBA
NUSSBAUM, M.C. (2010). Sin fines de lucro: por qué la democracia necesita de las humanidades. Madrid: Katz
MACIONIS, J.J. Y K. PLUMMER (2011). Sociología. Madrid: Pearson
GIDDENS, A. (2014). Sociología. Madrid: Alianza Editorial
FERNÁNDEZ, F. (2003). Sociología de la Educación. Madrid: Pearson
FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coord.) (2003). Sociología de la educación. Madrid: Prentice-Hall
PICÓ, J. Y SANCHÍS, E. (2003). Sociología y sociedad. Madrid: Tecnos
RODRÍGUEZ CAAMAÑO, M.J. (Coord.) (2001). Temas de sociología. Madrid: Huerga y Fierro
GINER, S. (2011). Teoría sociológica clásica. Barcelona: Ariel

Complementary SUBIRATS, M. y TOMÉ, A. (2007). Balones Fuera: reconstruir los espacios de la coeducación. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA FERRANDO, M; IBÁÑEZ, J.; ALVIRA, F. (comp.) (2000). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación social. Madrid, Alianza Universidad Textos, 3ª edición revisada
BARLEY, N. (1989). El antropólogo inocente. Barcelona, Anagrama
FEITO, G. (1995). Estructura Social Contemporánea. Las clases sociales en los países industrializados. Madrid, Siglo XXI.
GINER, S. (1988). Historia del pensamiento social. Barcelona, Ariel
FERNÁNDEZ, M. (1996). Inmigración y Etnicidad. Madrid, Centro de Investigación y Documentación Educativa.
SHAW, I. (2003). La evaluación cualitativa. Introducción a los métodos cualitativos. Barcelona, Editorial Paidós Ibérica, S.A.
ALONSO, L.E (1998). La mirada cualitativa en sociología. Fundamentos, Madrid.
BERTAUX, D. (2005). Los relatos de vida. Perspectiva etnosociológica. Barcelona, Bellaterra.
VV.AA. (2008). Metodología de las Ciencias Sociales. Madrid, Editorial Tecnos
CASTELLS, M. y SUBIRATS, M. (2007). Mujeres y hombres: un amor imposible?. Madrid, Alianza.
BAUMAN, Z. y MAY, T. (2007). Pensando sociológicamente. Buenos Aires, Nueva Visión.
GARCÍA FERRANDO, M. (coord.) (1999). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de Sociología. Valencia, Tirant lo Blanch, 4ª edición.
ALONSO, L.E. et al. (2004). Pierre Bourdieu, las herramientas del sociólogo. Madrid, Fundamentos
SUBIRATS, M. y BRULLET, C. (1998). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid, Instituto de la Mujer
GIDDENS, A. (2002). Sociología. Madrid: Alianza Editorial, 4ª edición.
VALLES, M. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid, Síntesis
RITZER, G. (2001). Teoría sociológica clásica. Madrid, McGraw-Hill, 3ª edición.
RITZER, G (2002). Teoría sociológica moderna,. Madrid, McGraw-Hill, 5ª edición.
CARABAÑA, J. (2000). “Títulos contra el paro: ¿protegen los estudios del desempleo?, en SÁEZ, F. (coord.), Formación y empleo: programa de economía familiar. Madrid, Fundación Argentaria


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.